DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións relativas á LAT 132 kV evacuación PE Airas, sita no concello de Mondoñedo (Lugo) e promovida por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (expediente 009/2011 AT).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Fergo Galicia Vento, S.L., na actualidade Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción, e declaración de utilidade pública, en concreto, da LAT 132 kV evacuación PE Airas, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 24.6.2011, Fergo Galicia Vento, S.L., en diante o promotor, presentou ante a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, actual Consellería de Economía, Industria e Innovación, a solicitude da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LAT 132 kV evacuación parque eólico Airas, no concello de Mondoñedo (expediente 009/2011 AT).

Segundo. Pola Resolución do 31.8.2017, da Xefatura Territorial de Lugo, en diante xefatura territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, e declaración de impacto ambiental da instalación eléctrica LAT 132 kV evacuación parque eólico Airas.

Terceiro. O 9.9.2020, o promotor presentou ante a xefatura territorial a modificación substancial do proxecto inicial, consistente no cambio do modelo dos apoios metálicos de celosía e a ampliación da zona de protección da liña, o que motivou un cambio nas servidumes sobre o trazado.

Cuarto. O 15.10.2020, a xefatura territorial achegou ao promotor un requirimento de aclaración en relación coa solicitude presentada o 9.9.2020, relativa á tramitación do expediente.

Quinto. O 4.11.2020, o promotor, en resposta ao requirimento de aclaración, solicitou á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, en diante esta dirección xeral, a autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial para a LAT 132 kV evacuación parque eólico Airas, sita no concello de Mondoñedo (Lugo), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (en diante, Lei 8/2009, do 22 de decembro). O promotor achegou, xunto coa solicitude, o proxecto de execución, o proxecto sectorial, as separatas aos organismos e entidades afectados, o estudo de impacto ambiental (en diante EIA), a relación de bens e dereitos afectados (en diante RBDA), e o trazado da liña de evacuación, e solicitou que se considere como modificación substancial do proxecto e a tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria para as instalacións de referencia, de acordo co artigo 45 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (en diante Lei 21/2013, do 9 de decembro).

Sexto. O 25.11.2020, desde esta dirección xeral solicitouse a relación de organismos que deben consultar a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en diante órgano ambiental, e mais á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. O 26.2.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo comunicou a relación de organismos que se deben consultar, e o 9.3.2021 o órgano ambiental comunicou a apertura dun novo expediente ambiental que recolle as modificacións presentadas, indicando que o proxecto se sometería a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria e remitiu a relación dos organismos aos cales se deberían solicitar os informes de carácter ambiental.

Sétimo. O 5.5.2021, desde esta dirección xeral requiríuselle ao promotor ampliar o contido do anexo IX, Efectos sinérxicos e acumulativos, do estudo de impacto ambiental. O 11.5.2021, o promotor achegou nova documentación Estudo de impacto ambiental LAT evacuación parque eólico Airas. Maio 2021.

Oitavo. O 21.5.2021, esta dirección xeral remitiu a documentación do expediente á Xefatura Territorial de Lugo por ser a unidade tramitadora e para os efectos de que se continuase coa tramitación ata a remisión do expediente completo, de acordo co indicado no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Noveno. Mediante o Acordo do 2.6.2021, da xefatura territorial, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución LAT de evacuación do parque eólico Airas.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante DOG) núm. 112, do 15.6.2021, por un prazo de trinta (30) días e na mesma data no xornal El Progreso. Así mesmo, foi exposto ao público no taboleiro de anuncios do Concello de Mondoñedo, segundo o certificado asinado o 2.8.2021, onde non se presentou ningunha alegación. Asemade, o dito acordo estivo exposto nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo, conforme o certificado asinado o 4.8.2021, e no portal de transparencia da actual Consellería de Economía, Industria e Innovación para a súa consulta pública polo tempo regulamentario.

A documentación que se expuxo en cumprimento do artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, foi a seguinte:

1. Proxecto de execución (asinado outubro de 2020).

2. Relación de bens e dereitos afectados (asinada outubro de 2020).

3. Planos parcelarios (asinado outubro de 2020).

4. Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado maio de 2021).

5. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico (asinado outubro de 2020).

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

Ademais do anterior, desde a xefatura practicáronse as correspondentes notificacións individuais aos titulares coñecidos de bens e dereitos afectados da solicitude de declaración de utilidade pública.

Décimo. O 5.7.2021, a xefatura territorial, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o previsto nos artigos 127, 131 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (en diante, RD 1955/2000), remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Mondoñedo, Augas de Galicia, Deputación Provincial de Lugo e Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (en diante Begasa). Os informes recibidos foron remitidos ao promotor para a aceptación dos condicionados impostos ou para a presentación dos seus reparos.

A seguir relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Augas de Galicia o 22.7.2021 e achegado o 26.7.2021, Deputación Provincial de Lugo o 3.8.2021 e achegado o 10.8.2021, e Begasa o 2.8.2021 e achegado o 4.8.2021.

Augas de Galicia concluíu, no seu informe do 22.7.2021, que non é previsible que o proxecto poida causar impactos ambientais significativos, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar no documento ambiental presentado e as consideracións para tal efecto referidas no seu informe. Durante os procesos de execución dos traballos de desenvolvemento e implantación da actuación proposta, de cara á non afección ao dominio público hidráulico, deberán recollerse as directrices sinaladas no seu informe, así como as indicadas na documentación sometida a informe. Tras o traslado ao promotor, o 30.7.2021 achegou a súa resposta coa conformidade ao respecto.

A Deputación Provincial de Lugo emitiu, o 3.8.2021, o seu informe condicionado relativo ao expediente no cal indicou, entre outros, que:

«1ª. Antes do comezo das obras deberá presentar ante esta Deputación, como titular da estrada, a correspondente solicitude de autorización, (...).

2ª. Nas conducións aéreas os apoios e postes de sostemento, tanto de liña paralela como de cruzamentos de vía, correspondentes a LMT e LAT, situaranse en todo caso fóra da liña límite de edificación situada a sete (7) metros desde o bordo exterior da calzada; debe resultar fóra da zona de servidume e a distancia superior a 10 m do eixo da vía provincial, medidos en horizontal e perpendicular a este, segundo a definición do artigo 41 da mencionada Lei 8/2013, de estradas de Galicia, e Acordo do Pleno desta Deputación do 30.4.2019 (BOP de Lugo núm. 255, do 7.11.2019), e a unha distancia da calzada non inferior á altura dos postes (art. 146 RXEG 66/2016) e, con carácter xeral, os apoios correspondentes a LBT coas excepcións establecidas nos artigos 43, 44 e 46 da LEG 8/2013.

O trazado dos cruzamentos aéreos será sensiblemente perpendicular ao eixo da vía e o cable situarase á altura que corresponda á tensión segundo a normativa sectorial, resultando en todo caso a máis de seis metros sobre a calzada co fin de evitar posibles accidentes aos vehículos.

3ª. Os cruzamento/s subterráneo/s realizaranse conforme o previsto no artigo 148 RXEG, as instalacións serán sensiblemente perpendiculares ao eixe da vía (ángulo entre 60º e 90º) e realizaranse polo sistema de medias calzadas e coa sinalización necesaria para o mantemento da circulación alternativa. (...).

4ª. Os elementos das conducións subterráneas paralelas á vía cumprirán o disposto no artigo 147 RXEG e, con carácter xeral, deberanse situar fóra das zonas de dominio público e servidume, sen prexuízo das excepcións previstas no dito artigo debidamente xustificadas. (...).

5ª. As canalizacións subterráneas situadas por diante da liña límite de edificación da estrada situada a 7 m do bordo exterior da estrada provincial, e a distancia superior a 10 metros do eixe da estrada (artigo 41 LEG 8/2013, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e Acordo do Pleno desta Deputación do 20.4.2019 (BOP Lugo núm. 255, do 7.11.2019) deberán ser sinalizadas con fitos de formigón ou metálicos visibles e situados a distancia máxima de 70 metros, coa indicacións gravadas, as cales figurarán tamén nas tapas de arquetas de rexistro, da natureza da canalización xunto coa identificación do titular da instalación.

6ª. A realización de calquera tipo de obras de construción ou edificación aterase ao disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembre, de medidas fiscais e administrativas, e no Acordo do Pleno desta Deputación do 30.4.2019. (...).

7ª. A autorización, no caso de se conceder logo de solicitude do interesado, non dá dereito a ocupar con materiais ou cascallos a plataforma da vía, e durante a instalación dos cruzamentos establecerase a debida vixilancia en ambas as direccións, para previr os usuarios e evitar posibles accidentes de circulación. Se por causa de tales obras ocorrese algún dano no camiño ou danos aos usuarios deste, será responsable o concesionario da autorización.

8ª. O permiso caducaría por desuso ao cabo dun ano e enténdese concedido sen prexuízo de terceiro e deixando a salvo o dereito de propiedade.

9ª. Ademais das precedentes condicións, o concesionario deberá cumprir as instrucións e normas sectoriais vixentes.

10ª. De se conceder a autorización logo de solicitude, o orixinal ou unha fotocopia dela deberá acharse en poder da persoa que se atopa á fronte da obra.

11ª. O incumprimento de calquera das precedentes condicións levaría consigo a nulidade da autorización.

12ª. Documentación que debe presentar o promotor para a tramitación da solicitude de autorización de obras ou instalacións situadas en zonas de dominio público e de protección das vías provinciais, segundo os artigos 37 a 41 da Lei 8/2013, de estradas de Galicia, mediante separata (...)».

Tras o traslado do condicionado da Deputación Provincial de Lugo ao promotor, o 10.9.2021 achegou a súa resposta, en que indicou que todos os condicionados técnicos observados pola Deputación de Lugo xa foran considerados na elaboración do proxecto, especialmente nas zonas ocupadas, distancias, paralelismos e alturas de cruzamento. Tamén expuxo que, en canto á documentación que se debe achegar para a solicitude dos permisos unha vez que se alcance a fase de construción, serán presentada no momento adecuado do procedemento.

Begasa emitiu, o 2.8.2021, condicionado relativo ao expediente en que solicitaba a ampliación da información para poder emitir o seu correspondente condicionado. Tras o traslado ao promotor, o 3.9.2021 achegou a información solicitada en referencia ás distancias verticais e horizontais do proxecto da LAT evacuación do PE Airas á LMT existente propiedade de Begasa. O 7.9.2021, remitiuse a Begasa a contestación do promotor achegando o plano coa información solicitada. O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Respecto ao resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33.14 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución foi dun mes desde a recepción da solicitude. De non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo primeiro. O 5.7.2021, no procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, a xefatura territorial iniciou o trámite de consultas aos seguintes organismos: Concello de Mondoñedo, Augas de Galicia, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Pública e Instituto de Estudos do Territorio. Ata a data 7.7.2022 de remisión do expediente da xefatura territorial a esta dirección xeral, non se recibiu resposta da Dirección Xeral de Defensa do Monte. A respecto dos restantes organismos, o promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos, tal e como se indica a continuación.

Augas de Galicia concluíu, o 22.7.2021, no seu informe que non é previsible que o proxecto poida causar impactos ambientais significativos, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar no documento ambiental presentado e as consideracións para tal efecto referidas no seu informe. Durante os procesos de execución dos traballos de desenvolvemento e implantación da actuación proposta, de cara á non afección ao dominio público hidráulico, deberanse ter en conta as directrices sinaladas no seu informe, así como as indicadas na documentación sometida a informe. Tras o traslado ao promotor, o 30.7.2021 achegou a súa resposta coa conformidade ao respecto.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior emitiu os informes nas datas 8.7.2021 e 9.9.2021 (co mesmo contido), en que expuxo, entre outros, e se cita textualmente:

– «Revisada a documentación, considérase que o risco de accidentes graves ou catástrofes é baixo, todo iso sen prexuízo de que, se este proxecto puidese estar afectado polo Decreto 171/2010, sobre plans de autoprotección na Comunidade Autónoma de Galicia, o titular deberá elaborar e implantar o correspondente plan, elaborado por un técnico competente, e deberá xuntar aos restantes documentos necesarios para o outorgamento da licenza, permiso ou autorización, previamente á autorización de inicio da actividade por parte da autoridade competente».

Tras o traslado ao promotor, o 12.8.2021 indicou que acepta as consideracións do informe.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural concluíu no seu informe, emitido o 1.2.2022 e achegado na mesma data, o que se cita textualmente «Á vista do exposto na análise da documentación presentada e nas consideracións técnicas, emítese informe favorable dos documentos Estudo de impacto ambiental da LAT evacuación P.E. Airas.Maio 2021, e Proxecto sectorial LAT evacuación P.E. Airas. Outubro 2020, e débense levar a cabo as medidas correctoras recollidas no EIA e no seu anexo III, tendo en conta as seguintes consideracións e condicións:

– Os traballos de construción realizaranse baixo control e seguimento arqueolóxico; para tal fin, e antes do seu inicio, deberá presentarse un proxecto arqueolóxico axustado ao establecido na Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16.5.2016), e no Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 150, do 6.8.1997).

– En relación cos accesos aos apoios da liña de evacuación, prestarase especial consideración aos elementos existentes nos núcleos polos que se pretenda atravesar, así como aos existentes ao bordo dos camiños, como hórreos ou cruceiros, e os valados e muros de pedra feitos coa técnica tradicional de construción de pedra en seco. Cómpre sinalar que esta técnica está incluída no Censo do patrimonio cultural de Galicia como manifestación do patrimonio cultural inmaterial pola Resolución da DXPC do 31.8.2016 (DOG núm. 186, do 29.9.2016) e tamén incluída na Lista representativa do patrimonio cultural inmaterial da humanidade desde 2018.

– No que respecta aos traballos de acondicionamento ou nova apertura de accesos aos apoios da liña, no caso de existencia de muros de peche tradicional, deberán realizarse sen alteralos. Cando as obras impliquen a ampliación dunha vía existente, esta realizarase pola marxe oposta á do peche tradicional e, no caso da presenza de muros tradicionais nas dúas marxes da vía, a ampliación levarase a cabo unicamente por unha delas e, finalizadas as obras, procederase á reposición do muro alterado mantendo as súas características e técnica construtiva.

– A totalidade das obras que comporten movementos ou remocións de terras deberán levar aparellado o seu control arqueolóxico, que deberá ser continuo e presencial no contorno de protección dos bens arqueolóxicos documentados, ou sobre calquera outro ben que poida aparecer durante o transcurso das obras. Neste sentido e debido á súa proximidade, as tarefas de control deberanse estender á totalidade dos movementos de terras precisos para executar o acceso ao apoio número 13, xa que as obras se localizan de xeito parcial no contorno de protección do Menhir da Toxiza GA27030034.

– Realizarase un especial seguimento da roza das zonas de obra, así como o control dos perfís e cortes que se xeren. No caso de que se constate a existencia de restos arqueolóxicos, primarase a súa conservación.

– Calquera modificación do proxecto terá que contar co informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

– Certificarase o estado final dos elementos incluídos no patrimonio cultural unha vez rematada a totalidade de las obras.

– Respecto ao proxecto sectorial, pese a recollerse na planimetría de clasificación urbanística todos os bens patrimoniais recollidos no estudo de impacto ambiental, non aparecen enumerados en ningunha parte do documento, polo que se deberá considerar a súa inclusión no texto, así como reflectir nel as medidas correctoras específicas previstas para ambos os bens».

Tras o traslado ao promotor, o 2.3.2022 indicou que «está de acordo coa valoración que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural fai dos documentos e a terá en consideración nos seguintes trámites administrativos do proxecto». Tamén achegou documentación en referencia ao trámite do proxecto sectorial tal e como se indica no antecedente de feito décimo segundo.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu informe favorable condicionado o 28.6.2022 e achegouno o 30.6.2022, indicando «considérase que non é previsible que o proxecto xere efectos significativos sobre o patrimonio natural e a biodiversidade. Non obstante o anterior, a maiores do incluído na documentación achegada, debe cumprirse cos seguintes aspectos:

– En canto a aquelas pistas que non vaian ser empregadas durante a fase de funcionamento da liña, así como as campas de traballo que fosen necesarias para a instalación das torretas, deberán reintegrarse á paisaxe. As sementes da vexetación para a restauración nas áreas alteradas deben ser autóctonas da zona.

– Debe asegurarse un efectivo tratamento dos residuos, verteduras e emisión xerados, coa interposición dos medios necesarios e dos oportunos mecanismos de control e vixilancia, co fin de evitar a contaminación que potencialmente se pode producir na contorna, especialmente sobre os sistemas hídricos e, por extensión, nos ecosistemas asociados a rede fluvial, zonas húmidas, hábitats de interese comunitario e/ou naturais prioritarios, en xeral.

– Garantirase a conservación dos exemplares de especies de flora e fauna recollidas no Catálogo galego de especies ameazadas (Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas), que poidan estar presentes na zona de actuación. En xeral, cumpriranse as obrigas establecidas a este respecto no artigo 89 e 93 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

En calquera caso, antes do inicio dos traballos levarase a cabo unha prospección minuciosa para constatar a presenza ou ausencia de especies do catálogo comunicándoo, en caso de detección, ao Servizo de Patrimonio Natural de Lugo, xunto coas medidas que se propoñan.

– Así mesmo, cómpre sinalar que, se durante a execución aparecen afeccións ao medio natural non recollidas na documentación achegada, neste informe e/ou na tramitación ambiental, deberán paralizarse as actuacións e informar de maneira inmediata o Servizo de Patrimonio Natural, para a avaliación e tratamento desta/s afección/s».

A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal concluíu, no seu informe do 10.12.2021 e achegado o 20.12.2021, tal e como se cita literalmente que «Analizado o informe emitido polo Distrito Forestal VI- A Mariña lucense. Afeccións:

– A instalación da LAT afectaría terreos de MVMC de Toxiza, Braña, Pena do Boi e Pombeiro, co número de expediente 17/79, pertencente á comunidade de Figueiras.

– O trazado da LAT, entre os apoios 7 e 9, discorrería parcialmente por unha zona de frondosas (fraga natural/bosque de ribeira no contorno do río Figueiras), cuxa formación forestal superaría as 15 ha con Quercus robur e Bétula sp. como especies principais (FCC 100 %).

– Así mesmo, afectaría formacións forestais de latizal e fustal de Pinus radiata e Pinus pinaster e latizal/fustal de Pinus sylvestris presentes no MVMC.

– En canto á titularidade/propiedade dos terreos afectados, actualmente estase a tramitar o deslindamento entre particulares e a comunidade de montes de Figueiras».

Con base no exposto infórmase, entre outros, que «De acordo cos datos do Servizo de Montes e o informe emitido polo Distrito Forestal, as obras afectan montes veciñais en man común, polo que será necesario o informe do Servizo de Montes sobre compatibilidade e prevalencia de ambas as utilidades públicas.» Ademais, «Procedería declarar as superficies afectadas pola LAT do parque eólico como solo rústico de especial protección de infraestruturas. O Servizo de Montes lembra que, neste tipo de proxectos, dentro das superficies de vocación forestal, convén sempre superpoñer a nova clasificación á de protección forestal de xeito, que en cada caso, prevalezan as condicións de uso máis restritivas dentro das correspondentes ás dúas clasificacións, e que os montes conserven integramente a clasificación que incide na conservación dos seus valores forestais. Ademais, este servizo considera que para estes proxectos o cambio de clasificación debería limitarse ás superficies de afección directa dos apoios, co obxecto de non perder potencial para a produción forestal nos arredores.

Existen valores forestais relevantes dentro da zona de afección, especialmente formacións forestais do anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que sexan superiores a 15 ha, con Quercus robur e Bétula sp. como especies principais (FCC 100%)».

Tras o traslado ao promotor, o 17.2.2022 indicou que será de consideración para os futuros trámites administrativos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública emitiu informe favorable o 15.2.2022, que foi remitido ao promotor quen, o 18.3.2022, achegou a súa resposta de conformidade.

O Instituto de Estudos do Territorio achegou o 19.7.2021 o informe condicionado emitido o 15.7.2021, en que conclúe que é necesario completar o estudo de impacto e integración paisaxística, tal e como se indica a continuación: «O EIIP deberá completarse coa xustificación a que se refire o disposto no artigo 11.2.d) da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, e no artigo 27.d) do Regulamento da Lei 7/2008. Polo que atinxe ás medidas preventivas de deseño (artigo 30.2 do Regulamento da Lei 7/2008) e de acordo coa directriz de paisaxe DX.19.b3, para reducir os impactos sobre a AEIP-11-13 Serra da Toxiza-Tronceda-Fragavella, deberase valorar a posibilidade de utilizar os corredores xa abertos no territorio das outras liñas eléctricas existentes ao norte e oeste do trazado proposto e, de non ser viable tecnicamente esta solución, deberá quedar debidamente xustificado no proxecto.

Así mesmo, tendo en conta que a LAT atravesa unha AEIP, o contido do EIIP deberá completarse co disposto na directriz de paisaxe DX.19.i.

En todo caso, de acordo co artigo 30.3 do Regulamento da Lei 7/2008, as medidas de integración paisaxística deberán quedar oportunamente recollidas no proxecto».

Tras o traslado ao promotor, o 15.9.2021 achegou en resposta ao informe condicionado, o documento:

– Estudo de impacto ambiental de LAT de evacuación do PE Airas. Setembro de 2021. Anexo VIII-Estudo de impacto e integración paisaxística.

O 20.10.2021, o Instituto de Estudos do Territorio achegou o informe emitido o 19.10.2021, en que indica que «Coas emendas introducidas pode considerarse cumprido o disposto no artigo 11.2 da Lei 7/2008 e nos artigos 26 e seguintes do Regulamento da Lei 7/2008». Así mesmo, indícase «Como xa se indicara no informe do 15.7.2021, a construción dos apoios proxectados dentro da AEIP, seguindo o trazado dunha devasa existente, non incrementará de xeito substancial a incidencia visual que actualmente se produce no lugar debido á presenza das infraestruturas dun parque eólico nas proximidades da liña eléctrica. Así mesmo, a visibilidade da LAT dende os núcleos de poboación próximos verase atenuada pola orografía da contorna e a presenza de masas forestais que actúan de pantallas visuais.

Lémbrase que, de acordo co artigo 30.3 do Regulamento da Lei 7/2008, as medidas correctoras determinadas no EIIP deberán quedar oportunamente recollidas no proxecto».

Décimo segundo. Simultaneamente, o 5.7.2021, a xefatura territorial iniciou o trámite de consultas sobre o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) aos seguintes organismos: Augas de Galicia, Delegación do Goberno, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Telecomunicacións, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Servizo de Enerxía e Minas, Instituto de Estudos do Territorio.

Décimo terceiro. O 6.9.2021, desde a xefatura territorial achegouse ao promotor un requirimento de emenda para a corrección ou aclaración das cuestións expostas de conformidade coas distancias mínimas indicadas.

O promotor modificou o inicio e final da liña para cumprir coas distancias aos aeroxeradores do PE Figueiras, así como cos aeroxeradores do PE Mondoñedo.

Décimo cuarto. O 1.7.2022, a xefatura territorial remitiulle ao promotor o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 30.6.2022 e reiteroulle o requirimento pendente de data do 11.5.2022.

O promotor, o 8.8.2022, presentou modificación da documentación en resposta ao devandito requirimento da xefatura territorial e ante a remisión dos trámites de consultas, información pública e o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Entre a documentación o promotor presentou a RBDA-asinada agosto 2022 en substitución da anterior (RBDA-asinada outubro 2020), un novo proxecto de execución e proxecto sectorial, ambos asinados en agosto de 2022.

Na nova documentación presentada modifícase o trazado, inicialmente aéreo na súa totalidade, e divídese en tres tramos. O primeiro tramo soterrado partirá desde a subestación do parque eólico Airas ata o apoio núm. 2 da LAT, cunha lonxitude de 168 m; o segundo tramo aéreo, cunha lonxitude de 3.468 m, está formado por 12 vans entre 13 apoios; e o terceiro tramo é soterrado e partirá desde o apoio núm. 14 da liña, ata o apoio de entroncamento núm. 10 na LAT ST PE Mondoñedo-ST Estelo, cunha lonxitude de 205 m.

Esta modificación determinouse coma non substancial baseada no punto 4 da LAT 09 do RD 223/2008.

Décimo quinto. O 12.5.2022, o promotor presentou ante esta dirección xeral a solicitude de aplicación do procedemento de urxencia baseándose na declaración do Consello da Xunta de Galicia da declaración de iniciativas empresariais prioritarias (en diante IEP) dos parques eólicos Figueiras, Canedo e Airas, e ao formar parte a LAT 132 kV evacuación PE Airas das infraestruturas de evacuación dos devanditos parques eólicos.

Décimo sexto. O 23.5.2022, mediante resolución desta dirección xeral declarouse a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente á LAT 132 kV evacuación PE Airas (expediente 009/2011-AT), de acordo co establecido no artigo 44.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Décimo sétimo. O 7.7.2022, a xefatura territorial, logo de rematar a tramitación do expediente citado e de conformidade co disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, remitiu o expediente do proxecto a esta dirección xeral para continuar coa súa tramitación.

Xunto co expediente, achegouse o informe asinado o 31.5.2022 por persoal facultativo da xefatura territorial, conforme non se dan as prohibicións e limitacións de servidume de paso establecidas no artigo 161 do RD 1955/2000, do 1 de decembro, así como o documento resumo da tramitación feita ata a data 6.7.2022 e asinada na mesma data.

Logo da remisión do expediente, o 3.11.2022 a xefatura territorial remitiu como complemento a esta dirección xeral a seguinte documentación: táboa de seguimento de consultas ás administracións públicas e clasificación de alegacións.

Décimo oitavo. O 25.10.2022, esta dirección xeral achegou un requirimento ao promotor en relación coa nova documentación presentada o 8.8.2022, con relación a:

– Memoria en que ambientalmente se xustifiquen e describan as modificacións propostas para o proxecto a liña eléctrica e a valoración do seu impacto. Recoméndase incluír unha análise comparativa sobre o impacto da configuración da liña que se someteu a información pública e a configuración modificada achegada a esta dirección xeral o 8.8.2022.

– Arquivos SHP actualizados coa configuración da liña proposta na modificación do proxecto remitido o 8.8.2022, incluíndo en formato Excel as coordenadas dos apoios e a relación de servidumes actualizadas.

O 7.11.2022 o promotor, en resposta ao requirimento do 25.10.2022, achegou a documentación requirida.

Décimo noveno. O 28.11.2022, a Consellería do Medio Rural, desde a Dirección Xeral de Defensa do Monte, achegou á xefatura territorial o informe técnico sobre o estudo de impacto ambiental, que resulta favorable coas indicacións expresadas no informe. Este informe é conforme co estudo de impacto ambiental antes da modificación feita tras o condicionado da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Vixésimo. O 18.1.2023 enviouse un requirimento ao promotor solicitando o seguinte:

– Corrección de erros no documento presentado: Relación de bens e dereitos afectados LAT evacuación PE Airas. Agosto 2022.

– Actualización das Separatas LAT evacuación PE Airas. Outubro 2020, de acordo coas modificacións indicadas no proxecto de agosto 2022, no caso de que estean afectadas polas devanditas modificacións. Deberá indicar, no caso de modificación, que a nova versión que se presenta substitúe a versión anterior de outubro 2020.

– Bosquexo do proxecto.

O 2.2.2023, o promotor achegou a resposta ao requirimento coa documentación necesaria e modificando a separata que afecta o concello de Mondoñedo, que é a única baixo a súa consideración afectada polo cambio no proxecto enviado a esta dirección xeral o 8.8.2022.

Vixésimo primeiro. O 22.2.2023, para proceder á notificación individual, solicitóuselle ao promotor o plano parcelario de afección ao concello de Mondoñedo, e o acordo ou declaración responsable de acordo asinado. Nesa mesma data o promotor achegou a declaración responsable de acordo coas parcelas 1, 42, 59 e 61, máis o plano individual de afección á parcela núm. 71.

A devandita modificación do trazado implica a variación de determinadas superficies de expropiación previstas na RBDA publicada no trámite de IP e, en consecuencia, o 24.3.2023 notificóuselle ao titular desas parcelas, concretamente o Concello de Mondoñedo, os devanditos cambios.

Vixésimo segundo. O 24.3.2023 solicitouse á xefatura territorial o informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas conforme o artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, achegando o oficio da nova documentación necesaria. Previamente á emisión do informe, a xefatura territorial, logo de examinar o proxecto de execución de agosto de 2022 e co obxecto de emitir o informe técnico, requiriulle ao promotor a emenda de varios aspectos.

O 20.6.2023, o promotor presentou un novo proxecto de execución refundido como contestación ao requirimento e a xefatura territorial emitiu o informe o 30.6.2023.

A xefatura territorial remitiu o citado informe o 30.6.2023, en que se «emite informe favorable sobre o cumprimento da normativa analizada co alcance establecido co obxecto de obter as autorizacións administrativa previa e de construción» condicionado ao cumprimento das condicións especificadas nel.

Vixésimo terceiro. O 27.4.2023, esta dirección xeral autorizou a transmisión de titularidade do parque eólico Airas, ata agora Fergo Galicia Vento, S.L. e a partir de agora a favor de Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U.

Vixésimo cuarto. O 12.7.2023, esta dirección xeral, como órgano substantivo por razón da materia, enviou ao órgano ambiental o expediente ambiental do proxecto para continuar coa tramitación de avaliación de impacto ambiental ordinaria de cara á formulación da DIA. Con carácter previo, o 30.6.2023, o promotor ratificou que toda a documentación presentada ata a data era válida e xuntou unha declaración responsable.

O 27.9.2023, o Servizo de Avaliación Ambiental de proxectos solicitou emendar o expediente ambiental en varios termos, que lle son remitidos nas datas 19.10.2023 e o 27.10.2023.

Vixésimo quinto. Cumprida a tramitación ambiental, con data 10.11.2023 o órgano ambiental emitiu a resolución pola que formulou a DIA relativa ao proxecto LAT 132 kV evacuación do PE Airas, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, concluíndo que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo do documento de formulación da DIA, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto na DIA.

O 13.11.2023, o órgano ambiental notificoulle a esta dirección xeral a resolución da DIA e, o 14.11.2023, esta dirección xeral comunicoulle ao promotor a devandita resolución solicitándolle a documentación técnica refundida para autorización, que o promotor achegou o 15.11.2023. Posteriormente, o 30.11.2023 o promotor remitiulle a esta dirección xeral o Plan de vixilancia ambiental previsto para garantir o cumprimento do exixido no punto 5.1 da DIA en canto á responsabilidade do órgano substantivo.

O 24.11.2023 publicouse no DOG núm. 224 o Anuncio do 13 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 132 kV de evacuación do parque eólico Airas, no concello de Mondoñedo (Lugo) (expediente 2020/0283).

Vixésimo sexto. O 15.11.2023, o promotor achegou solicitude de cambio de titularidade, ata agora Fergo Galicia Vento, S.L., a favor de Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. Achegou a documentación necesaria e o pagamento da taxa.

O 19.12.2023 ditouse a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se autoriza a transmisión de titularidade do expediente da LAT 132 kV evacuación PE Airas, sita no concello de Mondoñedo (Lugo), titularidade de Fergo Galicia Vento, S.L., a favor de Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (expediente 009/2011-AT).

O 20.12.2023 remitiuse a dita resolución ao cedente, ao adquirinte e á xefatura territorial.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), actualmente Consellería de Economía, Industria e Innovación, conforme o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 113, do 15 de xuño), no Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño), e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, de acordo co artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, conservouse a validez de todas as alegacións presentadas que figuran no expediente de referencia.

A xefatura territorial, como complemento ao informe emitido o 6.7.2022, emitiu outro informe complementario o 12.1.2024 co seguinte contido:

1. Relación das persoas e asociacións que presentaron alegacións.

Na táboa de abaixo (correspondente ao anexo I do presente informe) preséntase a lista completa de alegantes. Nela inclúense todos os datos requiridos en canto a identificación dos alegantes (nome completo, enderezo, CIF), datas de recepción e posterior traslado ao promotor dos escritos de alegacións e análise destas (tipo de alegación, clasificación, etc.).

Alegación

CIF/DNI

Enderezo notificación

Rexistro entrada

Data aleg./entra

Daxt

Data envío promotor

Data resposta

promotor

Tipo alegación

Sol.

Recoñecemento

Condición interesado

Observ.

Amb.

Urb.

Dup.

/Rbda

Outras

1

María Remedios García Fernández

33860030M

Lugar de Aldea nº 11, 27749 Figuelras, Mondoñedo

2021/1588383

30.6.2021

6.7.2021

27.7.2021

X

X

Non

TIPO 1

2

María Remedios García Fernández

Lidia García Fernandez

33860030M

33814719G

Lugar de Aldea

nº 11, 27749 Figuelras, Mondoñedo Aldea nº 12 27749 Figueiras, Mondoñedo

428B6/ RX158BS19

30.6.2021

6.7.2011

27.7.2021

X

X

Non

TIPO 1

3

Francisco Gardaméndez

336940035

Lugar da Orden nº 3, Parroquia de Adelán 27773 Alfoz, Lugo

2021/1643683

6.7.2021

6.7.2011

27.7.2021

X

Non

TJPO 2

4

Lidia García Fernández

33814719G

Aldea nº 12 27779 Figueiras, Mondoñedo

2021/1648548

7.7.2021

8.7.2021

27.7.2021

X

X

Non

TIPO 1

5

María Teresa Porto

76617546S

Lugar San Mariño de Couto n° 1 Taboada (tugo)

2021/1784946

22.7.2021

23.7.2021

16.8.2021

X

Non

TIPO J

6

Maria Justa Amelia

337S77S7J

Aldea nº 13 27779 Figueiras, Mondoñedo

2021/1807963

26.7.2021

28.7.2021

17.8.2021

X

X

X

Non

TIPO 4

7

César Folgueira Vizoso

3334S497M

Aldea nº 15 2779 Figueiras, Mondoñedo

2021/1808133

26.7.2021

28.7.2021

17.8.2021

X

X

X

Non

TIPO 4

B

Olimpia Pérez Cuba

3334S831V

Aldea nº 4 2779 Figueiras, Mondoñedo

2021/1808302

26.7.2021

28.7.2021

17.8.2021

X

X

X

Non

TIPO 4

9

CMVMC Figueiras (Rpte.: Justo Sánchez Fernádez)

76575014X

Romeu Figueiras 2779 Mondoñedo

2021/1816172

26.7.2021

28.7.2021

17/08/21

X

'

X

Non

TIPO 4

Lenda:

AMB: ambientais

URB: urbanísticas

DUP/RBDA: relacionadas cos bens e dereitos afectados, titularidades, clasificación do solo, etc.

OUTRAS: outras casuísticas diferentes ás anteriores

A seguir amósase un resumo agregado das alegacións, agrupadas por tipo xunto cunha proposta de resposta a elas:

2. Alegacións presentadas.

Resumo de alegacións presentadas clasificadas por tipos e facendo referencia aos principais puntos tratados segundo o ámbito a que se refiren:

a) Ambientais.

• As autorizacións ambientais dos parques eólicos a que dá servizo esta liña de evacuación deberían ser tramitadas nun único documento.

b) RBDA/DUP.

• Propietarios que están sendo informados na actualidade e outros que aparecen como descoñecidos na relación de bens e dereitos afectados, traballo de campo deficiente.

• Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

• Inexistencia de causa de utilidade pública e interese social que acredite a necesidade de ocupación.

• Falta de información previa por parte da Administración aos afectados pola expropiación.

c) OUTRAS.

• Solicítase anular ou cambiar a localización do parque eólico en convenio cos propietarios.

• O proxecto sectorial non xustifica suficientemente a utilidade pública.

• O proxecto sectorial non se pode cualificar como de carácter supramunicipal.

3. Respostas ás ditas alegacións.

En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas na táboa anterior, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

• Respecto a que a autorización ambiental dos parques eólicos Airas, Canedo e Figueiras debería ser tramitada nun único documento, o interesado non xustifica o porqué, nin que prexuízo ocasiona para os dereitos dos que é titular, ou do menoscabo ao interese xeral que tal tramitación separada produce.

Con todo, a pesar da falta de motivación que impide facer unha axeitada valoración da alegación presentada, ponse de manifesto, por unha banda, que a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban ter en conta os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia de instalacións, neste caso de evacuación de enerxía e outros parques eólicos nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «fraccionamento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.

O proxecto da liña de evacuación conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental cunha zona de estudo nun raio de 15 km dos proxectos da mesma natureza presentes na zona de estudo; sinala que no contorno máis próximo se atoparían, entre outras infraestruturas, o parque eólico Figueiras, o parque eólico Canedo e o parque eólico Airas, aos cales dará servizo a liña obxecto desta DIA.

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que «… unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

• No que respecta aos elementos que se poderán ver afectados pola expropiación (árbores), extensión da afección e o menor aproveitamento do monte, as ditas cuestións deberán ser valoradas no momento de determinación do prezo xusto dos bens e dereitos afectados.

• En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento…), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

• No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, só no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador se fixarán as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

• En relación coas parcelas que hai que incluír na relación de bens e dereitos afectados, o artigo 44 da Lei 8/2009 especifica que a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública incluirá a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos sobre os cales non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación.

• En canto a peticións por parte dos afectados da expropiación da leira na súa totalidade por deixar de ser produtiva, cómpre aclarar que esta non se apoia en ningún informe técnico que a avale; o artigo 23 da LEF dispón: «Cando a expropiación implique só a necesidade de ocupación dunha parte de predio rústico ou urbano, de tal modo que como consecuencia daquela resulte antieconómica para o propietario a conservación da parte do predio non expropiada, este poderá solicitar da Administración que a expropiación comprenda a totalidade do predio, sobre o cal se deberá decidir no prazo de dez días. Esta resolución é susceptible do recurso de alzada previsto no artigo anterior, e non procederá o recurso contencioso-administrativo; observarase o disposto no artigo 46».

Este precepto, pola súa vez, dispón: « No suposto do artigo 23, cando a Administración rexeite a expropiación total, incluirase no prezo xusto a indemnización polos prexuízos que se produzan como consecuencia da expropiación parcial do predio».

• No que respecta á declaración de utilidade pública do proxecto de execución da liña de evacuación, o artigo 52 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, reguladora do sector eléctrico, declara de utilidade pública as instalacións de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, e iso é concordado polo artigo 140 do RD 1955/2000, do 1 de decembro. Esa determinación legal exime ab initio de ter que xustificar a utilidade pública ou o interese social da rede eléctrica e as centrais produtoras de electricidade, pois a lei así o recoñece. Esa declaración de utilidade pública, tal e como recolle o punto 2 dese artigo 52, esténdese para os efectos da expropiación forzosa de instalacións eléctricas e das súas localizacións cando por razóns de eficiencia enerxética, tecnolóxicas ou ambientais sexa oportuna a súa substitución por novas instalacións ou a realización de modificacións substanciais nelas. En consecuencia, produce como efecto a posibilidade de ocupación efectiva dos bens afectados.

O artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, baixo a rúbrica Limitacións á constitución de servidume de paso, dispón que non se poderá impoñer servidume de paso para as liñas de alta tensión:

a) Sobre edificios, os seus patios, currais, centros escolares, campos deportivos e xardíns e hortos, tamén pechados, anexos a vivendas que xa existan ao tempo de decretarse a servidume, sempre que a extensión dos hortos e xardíns sexa inferior a media hectárea.

b) Sobre calquera xénero de propiedades particulares, se a liña pode tecnicamente instalarse, sen variación de trazado superior á que regulamentariamente se determine, sobre terreos de dominio, uso ou servizo público ou patrimoniais do Estado, comunidades autónomas, das provincias ou os municipios, ou seguindo lindeiros de leiras de propiedade privada. Así mesmo, o artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, pronúnciase en idénticos termos sempre que se cumpran as condicións seguintes: a) Que a liña poida instalarse sobre terreos de dominio, uso ou servizo público ou patrimoniais do Estado, da Comunidade Autónoma, das provincias ou dos municipios, ou seguindo lindeiros de leiras de propiedade privada. b) Que a variación do trazado non sexa superior en lonxitude ou en altura ao 10 por 100 da parte de liña afectada pola variación que, segundo o proxecto, transcorra sobre a propiedade do solicitante desta. c) Que tecnicamente a variación sexa posible. A indicada posibilidade técnica será apreciada polo órgano que tramita o expediente, logo de informe das administracións ou organismos públicos a quen pertenzan ou estean adscritos os bens que resultan afectados pola variante e, de ser o caso, con audiencia dos propietarios particulares interesados. En todo caso, considerarase non admisible a variante cando o seu custo sexa superior nun 10 por 100 ao orzamento da parte da liña afectada pola variante. A alegante non indica ningún trazado alternativo á marxe de referir a existencia dun monte veciñal en man común na parroquia de Figueiras.

• No que respecta á alegación relativa a que o proxecto non cumpre cos criterios establecidos no artigo 4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, para cualificar o proxecto como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Cómpre poñer de manifesto que a aprobación da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, derrogou tanto o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, como a Lei 10/1995, do 2 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, segundo a súa disposición derrogatoria única.

A Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, recolle no artigo 40, nos seus puntos:

1. Os proxectos de interese autonómico, como aqueles instrumentos de intervención directa na ordenación do territorio da Comunidade Autónoma que teñen por obxecto planificar e proxectar as seguintes actuacións sempre que transcendan do ámbito territorial pola súa incidencia territorial, económica ou social ou cultural, a súa magnitude ou as súas singulares características que as fagan portadoras dun interese supramunicipal cualificado:

a) Implantación de dotacións urbanísticas (equipamentos e infraestruturas).

2. Consonte o establecido no número anterior, considéranse:

a) Dotacións urbanísticas: son o conxunto de instalacións e servizos destinados á satisfacción das necesidades da cidadanía. Poden ser de uso e titularidade públicos ou privados e comprenden as infraestruturas de transporte e comunicación, as redes de servizos de telecomunicacións, de execución da política enerxética, de subministración de enerxía eléctrica e de gas, de abastecemento de auga e de evacuación de augas residuais e depuración e de tratamento e eliminación de residuos, as instalacións destinadas á loita contra a contaminación e á protección da natureza e os grandes equipamentos de uso sanitario-asistencial, educativo, cultural, deportivo, administrativo-institucional e de servizos públicos, de acordo co establecido nos artigos 65, 71 e 72 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Pola súa banda, o seu artigo 41 dispón que deberá xustificarse o interese autonómico nun dos seguintes puntos:

1º. Que as actuacións previstas transcendan o ámbito municipal pola súa incidencia territorial, económica, social ou cultural, a súa magnitude ou as súas singulares características, que as fagan portadoras dun interese supramunicipal cualificado, sen que sexa suficiente xustificación a súa localización en terreos de varios termos municipais.

2.º. Que as actuacións previstas posúan unha función vertebradora e estruturante do territorio, de impulso e de dinamización demográfica, ou que sirvan para desenvolver, implantar ou executar políticas sectoriais previstas na lexislación sectorial, ou que a declaración de interese autonómico sexa necesaria para garantir a adecuada inserción no territorio das actuacións que constitúen o seu obxecto, a súa conexión coas redes e servizos correspondentes sen menoscabo da funcionalidade dos existentes ou a súa adaptación ao entorno no que se sitúen.

Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto de liña de alta tensión a 132 kV de evacuación do parque eólico Airas, no concello de Mondoñedo (Lugo), formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 10.11.2023:

a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve: «Formular a declaración de impacto ambiental do proxecto LAT 132 kV evacuación do PE Airas, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, concluíndo que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA.

Esta declaración de impacto ambiental emítese sen prexuízo da obrigación do promotor de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente exixibles e remitirase ao órgano substantivo, para os efectos do artigo 42 da Lei de avaliación ambiental.

Mediante o anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia farase pública esta declaración de impacto ambiental, que estará dispoñible na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

De acordo co punto 4 do artigo 41 da Lei de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de ningún recurso, sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto».

A DIA que nos ocupa refírese ao proxecto da LAT 132 kV evacuación do PE Airas. Nos puntos 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

Consonte o disposto no artigo 52 da dita Lei 21/2013, correspóndelle ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento da declaración de impacto ambiental.

Quinto. No expediente administrativo, e polo que respecta á tramitación realizada pola xefatura territorial, o 30.6.2023 emite informe favorable sobre o cumprimento da normativa analizada co alcance establecido, co obxecto de obter as autorizacións administrativa previa e de construción, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no proxecto, e a dirección de obra deberá levala a cabo persoal técnico competente.

Segunda. A dirección de obra, unha vez executada a liña de evacuación e efectuadas as preceptivas medicións da resistencia de posta á terra nos apoios non frecuentados, certificará que o tempo de actuación das súas proteccións, unha vez feitos os axustes que procedan, é inferior a 1 segundo.

Terceira. O titular da instalación terá en conta para a execución os condicionantes técnicos impostos polos organismos que os estableceron, os cales foron postos no seu coñecemento e aceptados expresamente por el e, en especial, os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.

Cuarta. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de que en todo momento se garantan as condicións regulamentarias de seguridade.

Quinta. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias. De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa relativa ao proxecto da LAT 132 kV evacuación do PE Airas, no concello de Mondoñedo (Lugo), promovido por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (expediente 009/2011-AT).

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao proxecto de execución LAT evacuación PE Airas, redactado polo enxeñeiro industrial Eloy Prada Hervella, colexiado núm. 1.898 do ICOIIG e asinado o 20.6.2023, xunto coa declaración responsable.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto da LAT 132 kV evacuación do PE Airas, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro), en relación coas parcelas recollidas no anexo desta resolución.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

– Solicitante/Promotor: Fergo Galicia Vento, S.L. NIF B-15752611.

– Denominación do proxecto: proxecto de execución LAT evacuación PE Airas.

– Situación: concello de Mondoñedo (Lugo).

– Orzamento de execución material: 650.987,55 €.

A instalación consta dunha liña aérea de evacuación da enerxía de 132 kV proxectada para o parque eólico de Airas, que servirá para evacuar a enerxía producida polos parques eólicos de Airas, Canedo e Figueiras, e está situada no concello de Mondoñedo (Lugo) e dividida en tres tramos:

– Tramo soterrado 1: ten como orixe a subestación do parque eólico Airas (non forma parte deste proxecto) ata o apoio nº 2 da LAT cunha lonxitude de 168 m, condutor tipo HEPRZ1 76/132kV e sección 300 mm2.

– Tramo aéreo: formada por 12 vans entre 13 apoios cunha lonxitude de 3.468 m, formada por un circuíto simple con condutor tipo LA-280 (242-Al 1/39-ST1A) e con condutor de protección OPGW-2 24F.

– Tramo soterrado 2: partirá desde o apoio nº 14 da liña, ata o apoio de entroncamento nº 10 na LAT ST PE Mondoñedo-ST Estelo cunha lonxitude de 206,6 m, condutor tipo HEPRZ1 76/132 kV e sección 300 mm2.

Coordenadas indicadas no proxecto que definen a orixe e final do tramo aéreo da liña proxectada:

UTM ETRS89-H29

Núm. apoyo

Coordenada X

Coordenada Y

AP-2

628.644

4.815.795

AP-3

628.679

4.815.514

AP-4

628.687

4.815.179

AP-5

628.575

4.814.888

AP-6

628.506

4.814.709

AP-7

628.134

4.814.582

AP-8

627.947

4.814.401

AP-9

627.887

4.814.140

AP-10

627.967

4.813.946

AP-11

628.116

4.813.588

AP-12

628.207

4.813.369

AP-13

628.361

4.813.208

AP-14

628.614

4.812.941

Coordenadas indicadas no proxecto que definen a orixe e final dos tramos 1 e 2 da liña soterrada:

Tramo 1:

Coordenada X

Coordenada Y

Orixe

628.684

4.815.958

Fin

628.644

4.815.795

Tramo 2:

Coordenada X

Coordenada Y

Orixe

628.614

4.812.941

Fin

628.525

4.812.754

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, antes do inicio das obras o promotor deberá depositar un aval para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do custo da restauración. O importe do aval, que fixará o órgano substantivo, será actualizable e unha parte corresponderá á fase de obras e outra á de desmantelamento e abandono das instalacións, de conformidade co disposto na DIA. Polo anteriormente exposto, este órgano substantivo fixa en 11.392 € a contía do aval, dos que 4.557 € corresponderán á fase de obras e 6.835 € á fase de desmantelamento.

Para a cancelación do dito aval será preciso o informe favorable do órgano ambiental, logo da redacción dunha acta de comprobación pola inspección ambiental, conforme establece o referido Decreto 455/1996.

A solicitude de cancelación realizarase a través do órgano substantivo, e só se poderá efectuar unha vez que estean totalmente rematados os labores de restauración e integración paisaxística e logo de que o promotor acredite, mediante os informes do programa de vixilancia ambiental e calquera outra documentación que se considere oportuna, de ser o caso, a suficiencia e o éxito dos traballos efectuados, tanto os referentes á restauración (coa vexetación debidamente implantada) como ás demais actuacións relacionadas coa imposición do aval ambiental.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 10.11.2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o promotor deberá levar a cabo unha prospección minuciosa para constatar a presenza ou ausencia de especies do Catálogo galego de especies ameazadas e, no caso de detección, comunicaráselle á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, a través do seu Servizo de Patrimonio Natural de Lugo, xunto coas medidas que se propoñan.

3. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, o promotor deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano cartográfico as built en formato shape das instalacións do expediente.

4. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e antes da súa posta en servizo, a xefatura territorial inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

5. En canto aos bens e dereitos afectados polas instalacións deste expediente e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións deste expediente, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a eles.

6. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contados desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións, nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

7. O promotor deberá cumprir todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 10.11.2023, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

8. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

9. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou doutros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servicios públicos ou de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

10. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados LAT 132 kV evacuación do PE Airas

Predio núm.

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Apoio

Voo

Vía acceso

Liña soterrada

Pol. núm.

Parc. núm.

Nome e apelidos

Enderezo

Núm.

Superficie
(m2)

Longitud
(m)

Superficie
(m2)

Superficie
(m2)

Superficie
(m2)

Concello de Mondoñedo

13

14

476

Estrigueira

Mª Remedios García Fernández

Aldea, núm. 11 Figueiras
27749 Mondoñedo (Lugo)

PD

AP4
(4 %)

3

6

446

0

0

14

14

469

Estrigueira

Terencio González Requejo

Romeu, núm. 5 Figueiras
27749 Lugo

C, FG

 

 

23

629

0

0

15

14

471

O Brañón

Lidia García Fernández

Aldea, núm. 11 Figueiras
27749 Mondoñedo (Lugo)

PD

 

 

0

290

0

0

16

14

472

O Brañón

Mª Remedios García Fernández

Aldea, núm. 11 Figueiras
27749 Mondoñedo (Lugo)

IU

 

 

3

349

0

0

18

14

473

O Brañón

Lidia García Fernández

Aldea, núm. 11 Figueiras
27749 Mondoñedo (Lugo)

IU

 

 

59

2.539

0

0

20

14

701

Costa Verde

Terencio Gonzalez Requejo

Romeu, núm. 5 Figueiras
27749 Lugo

PD

 

 

12

441

0

0

21

14

700

Cerrado

Lidia García Fernández

Aldea, núm. 11 Figueiras
27749 Mondoñedo (Lugo)

IU, FC, I

 

 

63

2.264

0

0

26

14

667

Folgueirosa

Lidia García Fernández

Aldea, núm. 11 Figueiras
27749 Mondoñedo (Lugo)

IU

 

 

135

3.560

0

0

27

14

1069

Vilariño

Mª Remedios García Fernández

Aldea, núm. 11 Figueiras
27749 Mondoñedo (Lugo)

IU

 

 

0

97

0

0

33

14

673

Castrillón

Terencio González Requejo

Romeu, núm. 5 Figueiras
27749 Lugo

IU

 

 

30

1.112

0

0