DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 29 de xullo de 2024 Páx. 44754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0980/2023-PRE e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0980/2023-PRE e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 12 de xullo de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0980/2023-PRE

36066720Y

Resolución

Curra, 18, Vilaboa

PSC-PO-0055/2024-PRE

44086598Z

Resolución

Illas Alvedosas, 9, Soutomaior

PSC-PO-0101/2024-PPM

53191233F

Resolución

Camiño da Calima, 2, Redondela

PSC-PO-0102/2024-PPM

53181235Z

Resolución

Otero Pedrayo, 69, Nigrán

PSC-PO-0134/2024-PPM

35561686Y

Resolución

A Granxa, 4, Camposancos, A Guarda

PSC-PO-0152/2024-PPM

44078126Y

Resolución

Avenida de Lugo, 84, Pontevedra