DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44259

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 15 de xullo de 2024 pola que se modifica a autorización do Centro Privado Plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña.

A titularidade do Centro Privado (CPR) Plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Animación 3D, xogos e contornos interactivos, o curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e o curso de especialización en Intelixencia artificial e big data; así mesmo solicita a supresión do CM Xestión administrativa, do CM Atención a persoas en situación de dependencia, do CS Patronaxe e moda e do CS Documentación e administración sanitarias.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para impartir o CS Animación 3D, xogos e contornos interactivos, o curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e o curso de especialización en Intelixencia artificial e big data; e suprimir o CM Xestión administrativa, o CM Atención a persoas en situación de dependencia, o CS Patronaxe e moda e o CS Documentación e administración sanitarias, quedando o centro configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado plurilingüe.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titulares: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

Composición resultante:

Educación infantil: 15 unidades.

Educación primaria: 30 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato:

• 8 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía; Humanidades e Ciencias Sociais.

• 4 unidades da modalidade de Artes: vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño e vía de Música e Artes Escénicas.

Formación profesional:

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

• 2 CM Coidados auxiliares de enfermería (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Emerxencias sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Sistemas microinformáticos e redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS) modalidade presencial:

• 2 CS Administración e finanzas (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Acondicionamento físico (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Animación 3D, xogos e contornos interactivos (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Ensinanza e animación sociodeportiva (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Administración de sistemas informáticos en rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Educación infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Transporte e loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

c) Cursos de especialización, na modalidade presencial:

• Curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información (1 unidade para 30 alumnos/as).

• Curso de especialización en Intelixencia artificial e big data (1 unidade para 30 alumnos/as).

d) Ciclos formativos na modalidade semipresencial e/ou a distancia:

• CM Farmacia e parafarmacia.

• CM Sistemas microinformáticos e redes.

• CS Administración e finanzas.

• CS Administración de sistemas informáticos en rede.

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

• CS Desenvolvemento de aplicacións web.

• CS Dietética.

• CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear.

• CS Educación infantil.

• CS Transporte e loxística.

Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

• Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional