DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 26 de xullo de 2024 Páx. 44264

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2024/25.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulou o bacharelato para persoas adultas pola modalidade a distancia mediante a Orde do 26 de abril de 2007 (DOG número 88, do 8 de maio), establecendo un bacharelato a distancia con titorías telemáticas e un bacharelato a distancia semipresencial, en que o alumnado recibe atención do profesorado a través de titorías presenciais.

Así mesmo, regulou as ensinanzas de bacharelato presencial para persoas adultas mediante a Orde do 20 de xullo de 2009 (DOG número 149, do 31 de xullo) pola que se regulan as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas pola modalidade presencial na Comunidade Autónoma de Galicia. No artigo 13 desta orde regúlase a mobilidade entre os diversos réximes de bacharelato.

O propósito das ordes citadas é ofrecer unha atención educativa adaptada ás diversas condicións e circunstancias das persoas adultas, achegando a cada persoa a oferta máis axeitada para cursar con éxito os estudos de bacharelato.

O Ministerio da Presidencia estableceu no Real decreto 1203/1999, do 9 de xullo, as normas de funcionamento dos centros educativos con sede en centros penitenciarios.

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, introduciu modificacións na Lei educativa, no currículo e na ordenación do bacharelato.

En desenvolvemento normativo posterior, o Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, estableceu a ordenación e as ensinanzas mínimas desta etapa. Isto concretouse en Galicia no Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, e na Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o antedito decreto e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Ademais, ditouse a Orde do 13 de febreiro de 2023 pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta.

O Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle na disposición adicional cuarta que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo destas ensinanzas para persoas adultas.

A Resolución do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25, concreta as instrucións para os centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de réxime ordinario.

Co obxectivo de adaptar as ensinanzas para persoas adultas á normativa citada e unificar criterios de funcionamento nos centros que as imparten no curso 2024/25,

RESOLVO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta resolución ten por obxecto ditar instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas para persoas adultas no curso académico 2024/25.

2. Será de aplicación en todos os centros EPA da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e nos institutos de educación secundaria autorizados que impartan ensinanzas para persoas adultas.

Artigo 2. Oferta formativa

Son ensinanzas para persoas adultas as seguintes:

a) Niveis I e II da etapa das ensinanzas iniciais: modalidades presencial e semipresencial.

b) Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial, semipresencial e a distancia.

c) Bacharelato nas modalidades presencial e a distancia (semipresencial e telemática).

d) Castelán e galego para inmigrantes.

e) Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

f) Actividades non regradas de carácter profesionalizante, de formación sociocultural e de desenvolvemento persoal e comunitario.

g) Aula Mentor.

Artigo 3. Requisitos de idade

1. Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de dezaoito anos ou que os fagan no ano 2024, así como aquelas que cursasen ensinanzas para persoas adultas en cursos anteriores.

2. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre na educación secundaria para persoas adultas, deberán facer os dezaoito anos no ano 2025.

3. Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2024, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto rendemento. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.

4. A dirección do centro correspondente poderá autorizar a matriculación do alumnado interno en réxime pechado nun centro de reeducación de menores baixo a custodia do organismo competente da Xunta de Galicia. Para isto será necesario a certificación emitida pola persoa responsable do centro onde o menor cumpra esas medidas de internamento. No caso do alumnado que sexa internado no transcurso do curso académico, o servizo territorial de Inspección educativa determinará o modo en que será avaliado este alumnado de forma que non sexa prexudicado pola súa incorporación ao réxime de persoas adultas.

5. A Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional correspondente poderá autorizar a matriculación do alumnado maior de dezaseis anos, ou que os faga no ano 2024, nos seguintes casos:

a) Alumnado que estea en posesión do título de bacharel e desexe adquirir outra modalidade ou vía, logo de informe do servizo territorial de Inspección educativa.

b) Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de música ou de danza, logo de informe do servizo territorial de Inspección educativa.

c) Alumnado que curse simultaneamente ensinanzas profesionais de grao medio de artes plásticas e deseño, logo de informe do servizo territorial de Inspección educativa.

d) Alumnado que curse simultaneamente un ciclo formativo de grao medio, logo de informe do servizo territorial de Inspección educativa.

e) Cando concorran circunstancias que lle impidan acudir a centros educativos ordinarios e que estean debidamente acreditadas (cargas familiares, vítimas de violencia, mulleres embarazadas, menores en situación de risco ou desamparo, etc.), ou alumnado que non estivese escolarizado no sistema educativo español, logo de informe do servizo territorial de Inspección educativa.

Artigo 4. Horario das ensinanzas para persoas adultas

1. As ensinanzas para persoas adultas impartiranse, con carácter xeral, entre as dezasete e as vinte e dúas horas trinta minutos, de luns a venres. Dentro deste período de horario máximo, o centro establecerá o seu propio horario lectivo e, cando menos, un período de descanso, que non será inferior aos quince minutos e que se situará entre dous períodos lectivos.

2. No caso do bacharelato a distancia, as titorías lectivas impartiranse entre as dezaoito trinta horas e as vinte e tres horas, de luns a venres.

3. A persoa responsable da dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional poderá autorizar, logo de informe do servizo territorial de Inspección educativa, cambios no horario sinalado nos puntos anteriores cando as circunstancias organizativas do centro ou as necesidades do alumnado así o aconsellen.

4. No caso de contar con máis dun grupo por nivel na modalidade a distancia, establecerase un horario de titorías na quenda de mañá e outro de tarde, co fin de que cada alumna ou alumno se poida inscribir no grupo que mellor se adapte ás súas posibilidades.

5. Para favorecer a conciliación da vida laboral coa vida familiar e racionalizar na medida do posible o horario do alumnado, o centro poderá concentrar como máximo na mesma xornada dous períodos lectivos da mesma materia.

6. Os períodos lectivos nas ensinanzas para persoas adultas terán unha duración mínima de 45 minutos.

CAPÍTULO II

Ensinanzas iniciais

Artigo 5. Matriculación

1. O día 2 de setembro de 2024 abrirase o prazo de matriculación de ensinanzas iniciais de persoas adultas, que permanecerá aberto durante todo o curso.

2. Cando a persoa non acredite estudos que poidan ser obxecto de validación, a adscrición desta a unha etapa, nivel ou módulo realizarase mediante o procedemento de valoración inicial das aprendizaxes, conforme o artigo 13 da presente resolución.

Artigo 6. Actividades lectivas

As actividades lectivas realizaranse desde o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025.

Artigo 7. Distribución horaria

1. Nas modalidades presencial e semipresencial, o horario das ensinanzas iniciais comprenderá os períodos lectivos semanais que figuran no anexo III.

2. Co fin de que o alumnado das ensinanzas iniciais acade as destrezas de lectoescritura, razoamento matemático e cálculo, o número de sesións establecido para cada ámbito poderase adaptar ás necesidades educativas que presente ese alumnado, logo de autorización do servizo territorial de Inspección educativa, sempre que se respecte a duración global establecida.

CAPÍTULO III

Educación secundaria

Artigo 8. Solicitude de inscrición

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos no historial académico dos estudos cursados en centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo na solicitude de admisión (anexo I) e achegar a documentación correspondente.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 9. Número mínimo de alumnas e alumnos por grupo

Con carácter xeral, non poderán establecerse grupos con menos de dez alumnas e alumnos. Cando o número de alumnado matriculado nun grupo sexa menor de dez, a dirección do centro solicitaralle autorización á dirección territorial que corresponda para a súa posta en marcha, se procede.

Artigo 10. Admisión do alumnado

1. No caso de que o número de persoas solicitantes inscritas supere as prazas ofertadas polo centro, aplicaranse os seguintes criterios de preferencia:

– Continuar estudos no propio centro.

– Proceder das ensinanzas de adultos doutros centros.

– Ter estado máis tempo desescolarizado.

– Matricularse de todos os ámbitos dun nivel.

– Ser deportista de alto rendemento.

– Menor renda persoal do alumno con ingresos ou da unidade familiar a que se pertenza.

2. Se, rematado o procedemento de admisión, non se completasen as prazas ofertadas, a dirección do centro poderá aceptar a matrícula do novo alumnado que o solicite por orde de entrada na secretaría do centro ata completar todas as prazas ofertadas.

Artigo 11. Prazo de matrícula

a) Modalidade presencial.

1. Prazo de matrícula:

– Entre o 2 e o 10 de setembro de 2024 para o primeiro cuadrimestre.

– Entre o 8 e o 17 de xaneiro de 2025 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.

2. Nos centros EPA en institucións penitenciarias, se se alega causa xustificada, poderá incorporarse alumnado novo á educación secundaria en datas posteriores ás establecidas anteriormente.

b) Modalidades semipresencial e a distancia.

1. A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria na modalidade semipresencial e a distancia para persoas adultas realizarase nos seguintes prazos:

– Para o primeiro cuadrimestre: desde o 2 de setembro de 2024 ata o 17 de xaneiro de 2025.

– Para o segundo cuadrimestre: desde o 3 de febreiro ata o 25 de abril de 2025.

2. Para o alumnado que, por motivos laborais, necesite xustificación de estar cursando ensinanzas básicas para persoas adultas con posterioridade á data de matrícula establecida, o centro educativo poderá realizar a reserva de matrícula ata a apertura do novo prazo no curso seguinte.

Artigo 12. Equivalencias e validacións

1. Cando a persoa que accede a esta oferta educativa teña acreditados estudos realizados ou ámbitos superados nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, poderá acollerse ás equivalencias recollidas nos anexos do IV ao XVII desta resolución.

2. Canto ao alumnado procedente da ESO que cursase estudos dese nivel con anterioridade á entrada en vigor da Lei 2/2006 e que teña algunhas materias pendentes, considerarase que ten o curso superado se foi promovido ao seguinte. No caso contrario aplicaráselle o establecido nos anexos do IV ao XVII desta resolución.

3. Cando, en aplicación dos cadros de equivalencias recollidos nos anexos do IV ao XVII, unha persoa teña dereito á validación do módulo IV de todos os ámbitos da educación secundaria para persoas adultas e nunca fose proposta para título deberá matricularse e superar, como mínimo, o módulo IV dun ámbito.

4. Das validacións e das exencións nos ámbitos deixarase constancia no expediente académico mediante unha dilixencia.

Artigo 13. Valoración inicial das aprendizaxes

1. Para as persoas que non acrediten estudos que poidan ser obxecto de validación e desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez, os centros efectuarán con carácter preceptivo unha valoración inicial das aprendizaxes co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento.

2. Tamén poderán solicitar a valoración inicial das súas aprendizaxes aquelas persoas que interrompesen os seus estudos durante cando menos un curso académico e poidan acreditar nova formación.

3. Durante os días 11, 12 e 13 de setembro de 2024 e os días 20, 21 e 22 de xaneiro de 2025 realizaranse nos centros EPA e nos IES autorizados as probas de valoración inicial. Cando fóra das datas establecidas sexa necesario realizar a valoración inicial, a xefatura de estudos establecerá unha/s nova/s data/s para realizala.

Artigo 14. Actividades lectivas

1. As actividades lectivas realizaranse desde o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025.

2. As ensinanzas do primeiro cuadrimestre impartiranse desde o 11 de setembro de 2024 ata a primeira semana de febreiro incluída. As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo na segunda semana do mes de febreiro e as actividades lectivas rematarán o 20 de xuño de 2025.

3. Con carácter xeral, na modalidade presencial impartiranse as ensinanzas dos módulos I e III no primeiro cuadrimestre, mentres que no segundo cuadrimestre se impartirán os módulos II e IV. Excepcionalmente, e con autorización da dirección territorial, logo de informe favorable do servizo territorial de Inspección educativa, os centros que dispoñan de recursos poderán optar por impartir de maneira simultánea os catro módulos de cada ámbito de coñecemento.

4. Na modalidade a distancia ofertaranse de forma simultánea todos os módulos dos tres ámbitos da educación secundaria organizados por cuadrimestres.

5. Na modalidade semipresencial poderanse ofertar de forma simultánea todos os módulos dos tres ámbitos da educación secundaria organizados por cuadrimestres.

6. A distribución horaria semanal será a que se recolle no anexo III desta resolución.

Artigo 15. Recursos didácticos na modalidade a distancia

1. O alumnado matriculado no IES San Clemente contará para o desenvolvemento do seu proceso de aprendizaxe cunha atención titorial telemática a través da plataforma educativa http://www.iessanclemente.net/

2. Tendo en conta as características específicas desta modalidade, e para facilitar que o alumnado acade os obxectivos establecidos, o profesorado aproveitará o potencial que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación mediante diferentes accións, como a elaboración de documentos interactivos, a publicación de videotitoriais e clases gravadas, o uso do foro da plataforma virtual e a presentación de ligazóns de interese para o alumnado.

Artigo 16. Avaliación

1. As probas de avaliación na modalidade a distancia realizaranse presencialmente no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Excepcionalmente, cando as circunstancias así o aconsellen, estas probas, coordinadas polo IES San Clemente, poderán ter lugar noutras localidades. Para este fin, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá designar centros colaboradores nas catro provincias da Comunidade Autónoma.

Neste suposto os centros EPA e os IES autorizados a impartir ensinanzas para persoas adultas porán á disposición dese alumnado os espazos necesarios. A vixilancia da realización das probas escritas realizaraa o profesorado do IES San Clemente, que se desprazará para este efecto ata os centros correspondentes.

2. Para establecer a cualificación do Ámbito de Comunicación cando interveñan dous profesores ou profesoras, realizarase a media ponderada dos dous submódulos integrados nel, de xeito que o Submódulo de Lingua Estranxeira nunca teña unha valoración superior ao 30 % da cualificación do módulo correspondente.

3. Cando o Ámbito Científico-Tecnolóxico sexa impartido por dous docentes, a cualificación deste será a media ponderada das dúas cualificacións, establecida proporcionalmente en función da carga lectiva impartida por cada un deles.

4. As sesións de avaliación final ordinaria dos módulos impartidos no primeiro cuadrimestre terán lugar na primeira quincena do mes de febreiro e realizaranse a partir do 9 de xuño de 2025 no caso dos módulos do segundo cuadrimestre.

5. O alumnado que supere os catro módulos de cada ámbito de coñecemento no mes de febreiro será proposto para o título de graduada ou graduado en educación secundaria con anterioridade ao 1 de marzo.

6. As probas extraordinarias correspondentes aos módulos impartidos no primeiro cuadrimestre realizaranse antes de rematar o mes de maio de 2025. No caso dos módulos impartidos no segundo cuadrimestre, as probas extraordinarias terán lugar entre o 18 e o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

No caso do alumnado dos centros EPA dos centros penitenciarios que sexa trasladado de centro unha vez finalizado o primeiro cuadrimestre sen realizar a correspondente avaliación extraordinaria, o centro de orixe enviará as probas que se realizarán no novo centro supervisadas polo seu profesorado. Estas probas serán devoltas ao centro de orixe para poder ser corrixidas e completar o proceso de avaliación deste alumnado.

7. No caso de alumnado que se matricule no segundo cuadrimestre nun novo centro nun ámbito do cal teña sen superar o módulo precedente, deberá avaliarse deste último na avaliación extraordinaria de maio.

8. As sesións de avaliación final extraordinaria deberán realizarse a partir do día 20 de xuño de 2025.

9. No caso de concorreren circunstancias especiais que xustifiquen a modificación do calendario da avaliación extraordinaria establecido, a dirección territorial correspondente poderá autorizar o cambio de datas.

10. Os módulos I, II, III ou IV de cada ámbito da educación secundaria para persoas adultas avaliados positivamente ou promovidos con avaliación negativa consideraranse superados, polo que non poderán volver ser cursados.

11. Para cada ámbito, a cualificación final será a media aritmética dos módulos superados que o integran, expresada en números naturais, por arredondamento dos decimais ao natural máis próximo e, en caso de equidistancia, ao superior. Cando unha alumna ou alumno teña recoñecida a validación do módulo IV dalgún ámbito da educación secundaria para persoas adultas, a cualificación final do ámbito será a correspondente a esa validación.

12. A nota media de educación secundaria para persoas adultas será a media aritmética das cualificacións finais de cada un dos ámbitos de coñecemento, arredondada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior.

Artigo 17. Matrícula condicionada

1. O alumnado que curse a educación secundaria para persoas adultas durante o primeiro cuadrimestre, que non supere algún módulo e que non sexa promovido ao módulo seguinte nalgún ou todos os ámbitos cursados poderá matricularse durante o segundo cuadrimestre do módulo seguinte deses ámbitos de maneira condicional, sempre que siga escolarizado no mesmo centro. Nestes casos recibirá atención educativa do módulo mediante os mecanismos que estableza o centro.

2. No caso de cambiar de centro, a dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional poderá autorizar a matriculación no módulo seguinte de xeito condicional, cando este cambio estea motivado por causas de forza maior debidamente acreditadas. Para estes efectos, este alumnado debe renunciar á avaliación extraordinaria correspondente ao primeiro cuadrimestre dos ámbitos non superados no centro de partida para poder realizala no novo centro.

3. Analogamente, o alumnado ao cal unicamente lle falten para titular un ámbito do módulo III e ámbitos do módulo IV poderá matricularse de forma condicional nos dous módulos do mesmo ámbito de coñecemento. En todo caso, terá que superar ou obter a promoción no módulo III do ámbito para poder ser avaliado do módulo IV deste.

4. Cando este alumnado supere algún módulo na avaliación extraordinaria do mes de maio ou sexa promovido ao módulo seguinte, poderá ser avaliado no mes de xuño do módulo en que foi matriculado de maneira condicional. No caso contrario, este módulo será cualificado como pendente («P»).

5. Cando unha alumna ou alumno curse estas ensinanzas nun centro en que se impartan simultaneamente os catro módulos da educación secundaria e non supere o módulo que cursou no primeiro cuadrimestre, poderá volver matricularse deste no segundo cuadrimestre, sempre que renuncie á avaliación extraordinaria de maio.

6. Agás nos casos recollidos nos puntos 1, 2 e 3 deste artigo, o alumnado non poderá estar matriculado simultaneamente no mesmo cuadrimestre en dous módulos dun mesmo ámbito.

7. As alumnas e os alumnos que teñan superado o primeiro ou o terceiro módulo da educación secundaria para persoas adultas e estean matriculados en centros onde non se imparten todos os módulos simultaneamente poderán matricularse e asistir ás actividades lectivas outra vez nestes módulos no primeiro cuadrimestre, sempre e cando a dispoñibilidade de prazas do centro o permita. En todo caso, os módulos xa superados non poden ser avaliados novamente.

Artigo 18. Cambio de centro e modalidade

1. O alumnado poderá cambiar de centro e modalidade de ensinanza nas seguintes condicións:

a) Unha vez rematado o cuadrimestre e logo de solicitude á dirección do centro en que estea matriculado nese momento, o alumnado poderá cambiar de modalidade ou de centro para o cuadrimestre seguinte a aquel en que está escolarizado.

b) Con carácter excepcional, durante a escolarización de cada módulo cuadrimestral a dirección do centro poderá autorizar o cambio de modalidade ou de centro, logo de escrito da persoa interesada en que aduza as razóns persoais ou profesionais que o xustifiquen.

c) Cando o cambio de modalidade ou centro supoña optar a unha praza da modalidade presencial, ese cambio estará supeditado á existencia de prazas dispoñibles.

Artigo 19. Matrícula simultánea coa modalidade a distancia

1. Poderá solicitar matrícula simultánea co IES San Clemente o alumnado de educación secundaria para persoas adultas naqueles casos en que o seu centro non imparta todos os módulos necesarios para continuar o seu itinerario formativo.

2. Este alumnado realizará o seguimento das actividades lectivas do ámbito correspondente na aula virtual da mesma maneira que o resto do alumnado do IES San Clemente, e relacionarase co seu profesorado polos procedementos establecidos.

3. Ese alumnado realizará as probas escritas de avaliación dos módulos que estea cursando no IES San Clemente da mesma maneira e no mesmo lugar que o resto do alumnado deste centro.

4. O alumnado interesado terá que presentar a solicitude na dirección do centro en que estea matriculado, que a remitirá ao servizo territorial de Inspección educativa. Logo de informe desta, a dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional poderá autorizar esa matrícula.

5. Unha vez recibida a autorización, para formalizar a matrícula na educación secundaria a distancia no IES San Clemente seguirase o seguinte procedemento:

a) Como requisito previo, o alumnado solicitará a matrícula de todos os ámbitos que desexe cursar no seu centro, incluídos tamén aqueles que non se impartan nel.

b) A dirección do centro de referencia remitiralle á Dirección do IES San Clemente a relación do alumnado que, estando matriculado nese centro, non poida recibir atención por non impartirse nel o ámbito correspondente. Esa relación incluirá o nome do centro, os datos persoais do alumnado e o ámbito ou ámbitos en que deba ser atendido no IES San Clemente. Enviará, igualmente, as autorizacións da dirección territorial correspondente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

c) A Dirección do IES San Clemente dará de alta ese alumnado como usuario da súa aula virtual e elaborará a listaxe do alumnado que se encontra nesas condicións en cada un dos ámbitos, con indicación do seu centro de procedencia.

d) Para rexistrar as cualificacións obtidas polo alumnado dos diferentes centros na aplicación Xestión Administrativa da Educación (XADE), a dirección de cada un dos centros dará de alta a xefatura de estudos do IES San Clemente como profesorado autorizado para rexistrar as cualificacións correspondentes. O Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente enviaralles aos centros implicados as instrucións técnicas precisas para formalizar a alta mencionada neste punto.

e) As actas coas cualificacións dese alumnado imprimiraas e asinaraas a dirección do centro de procedencia.

Artigo 20. Profesorado

1. Con carácter xeral, cada ámbito de coñecemento será impartido por unha única profesora ou un único profesor pertencente ao departamento didáctico dalgunha das materias que forman parte do ámbito, conforme a disposición adicional cuarta do Decreto 156/2022, do 15 de setembro.

2. O Ámbito de Comunicación, cando non exista unha profesora ou un profesor que poida impartir os contidos correspondentes ás tres linguas incluídas nel, poderá ser impartido por dous docentes. Un deles impartirá os contidos correspondentes ás linguas galega e castelá e outro, os correspondentes á lingua estranxeira.

3. Cando na adscrición do profesorado ao Ámbito Científico-Tecnolóxico existan dificultades para elaborar os horarios do centro polo feito de asignar oito períodos lectivos semanais a un único profesor ou profesora, o centro poderalle solicitar que ese ámbito sexa impartido por dous profesores ou profesoras á dirección territorial, que resolverá segundo proceda, logo do informe do servizo territorial de Inspección educativa. Esta adscrición non suporá a distribución dos contidos do ámbito polas especialidades dos profesores que o vaian impartir.

4. Para dar o primeiro e o segundo módulos de cada ámbito de coñecemento terá prioridade o profesorado do corpo de mestres que viña impartindo ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas. No caso de que máis dun mestre opte por impartir as ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de adscrición.

5. O profesorado do corpo de catedráticos e profesores de ensinanza secundaria poderá impartir todos os módulos dos ámbitos de coñecemento, de acordo coa atribución de especialidades do anexo IV da presente resolución.

6. Cando nos centros EPA con sede en institucións penitenciarias se deixe de impartir algún ámbito por non dispor de profesorado, a dirección territorial que corresponda poderá establecer que o profesorado do centro EPA máis próximo realice parte do seu horario no centro EPA en institucións penitenciarias.

7. A dirección do centro EPA poderá asignarlle a todo o profesorado con dispoñibilidade horaria períodos lectivos para a atención do alumnado matriculado no centro que acode a institucións do contorno acollidas a convenios de colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

8. Para o seguimento do alumnado e a coordinación das titorías a distancia, as direccións dos centros, por proposta da xefatura de estudos, nomearán entre o profesorado con docencia na modalidade de educación semipresencial ou a distancia unha persoa coordinadora, que poderá ter unha dedicación horaria semanal de ata tres horas.

9. O profesorado que vaia impartir por primeira vez ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas deberá asistir ás actividades de formación que se establezan para o efecto.

10. As direccións dos centros quedan autorizadas para introduciren as modificacións oportunas nos horarios do profesorado a partir do día 9 de xuño de 2025, asignando tarefas da súa responsabilidade, así como dando prioridade á realización de actividades de apoio, de reforzo e de recuperación para o alumnado con ámbitos sen superar e de preparación das probas extraordinarias, de xeito que o profesorado desenvolverá en todo momento e ata a finalización das actividades lectivas o horario que lle corresponde conforme a normativa vixente.

11. O período comprendido entre o día 23 de xuño e o 30 de xuño de 2025, ambos inclusive, dedicarao o profesorado, entre outras actividades, a elaborar as actas de avaliación, os informes individualizados, os consellos orientadores e os documentos de avaliación que correspondan, a entrega de cualificacións, a atención a reclamacións e cantas outras actividades estean relacionadas co final de curso. Todo o profesorado dos centros públicos permanecerá no centro ata o día 30 de xuño de 2025, inclusive. Nese período de tempo, a dirección adaptará o horario do profesorado de acordo coas actividades programadas. En todo caso, a adaptación do horario do profesorado non poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no centro previsto no horario lectivo de cada profesora ou profesor.

Artigo 21. Reclamacións

O procedemento de revisión e reclamación axustarase ao disposto na Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

CAPÍTULO IV

Bacharelato

Artigo 22. Lugar e prazo de matrícula

1. Abrirase un prazo de matrícula do 2 ao 20 de setembro de 2024.

2. O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 17 ao 28 dese mesmo mes.

3. No bacharelato a distancia, a dirección do centro poderá autorizar ata o 25 de abril de 2025 a matrícula fóra de prazo nos seguintes casos:

a) Cando a alumna ou o alumno acredite documentalmente un cambio na súa situación laboral que lle impida continuar os estudos con regularidade.

b) En caso de enfermidade prolongada acreditada.

c) Por outras circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.

4. O alumnado que desexe cursar o bacharelato a distancia telemática solicitará a matrícula a través a plataforma en liña https://matricula.iessanclemente.net, habilitada para estes efectos.

5. O alumnado matriculado no bacharelato a distancia será considerado oficial para todos os efectos, polo que terá dereito de acceso aos servizos e ás instalacións do centro e quedará suxeito a todas as súas normas de funcionamento, así como, no caso de ter menos de vinte e oito anos, ao aboamento do seguro escolar obrigatorio.

Artigo 23. Condicións de matriculación

1. Poderán matricularse nas ensinanzas de primeiro de bacharelato as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.

b) Estar en posesión do título de técnica/o de formación profesional, correspondente á formación profesional de grao medio.

c) Estar en posesión do título de técnica/o superior de formación profesional.

d) Estar en posesión do título de técnica/o de artes plásticas e deseño de grao medio.

e) Estar en posesión do título de técnica/o superior de artes plásticas e deseño.

f) Estar en posesión do título de técnica/o deportiva/o de grao medio de réxime especial.

g) Estar en posesión do título de técnica/o deportiva/o superior de réxime especial.

h) Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado e polivalente ou ter, como máximo, dúas materias non superadas no conxunto dos dous cursos.

i) Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.

j) Ter superados os estudos do primeiro ciclo do Programa experimental de reforma das ensinanzas medias (REM).

k) Ter superados os cursos comúns dos estudos de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.

l) Ter superados outros estudos declarados equivalentes aos citados anteriormente.

2. Poderán matricularse nas ensinanzas de segundo de bacharelato as persoas procedentes de réximes de ensinanzas extinguidos que cumpran algún dos requisitos académicos seguintes:

a) Ter superado o terceiro curso do bacharelato unificado e polivalente e ter o título de bacharel. O alumnado nestas condicións poderá matricularse en calquera modalidade de bacharelato, independentemente da modalidade pola cal cursou terceiro de BUP.

b) Ter superado o terceiro curso de formación profesional de segundo grao (réxime de ensinanzas especializadas).

c) Ter superado o segundo curso de formación profesional de segundo grao (réxime xeral).

d) Ter superado o primeiro curso dunha modalidade de bacharelato experimental.

e) Ter superada a segunda especialidade ou título de graduado en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.

3. Durante o curso escolar 2024/25, as materias de bacharelato impartiranse de acordo co currículo establecido no Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O alumnado que se incorpore ao bacharelato para persoas adultas con materias superadas do bacharelato ordinario conservará a cualificación positiva destas no réxime de persoas adultas. Se o alumno ou alumna repetiu un curso completo polo réxime ordinario, só se terán en conta as materias superadas no último ano académico en que realizou ese curso.

5. O alumnado que curse por primeira vez o bacharelato para persoas adultas e non cursase previamente o bacharelato polo réxime ordinario non se poderá matricular simultaneamente nas materias con relación de continuidade que figuran no anexo III do Decreto 157/2022, do 15 de setembro.

6. O alumnado que cursou e superou materias de bacharelato de acordo co establecido no Decreto 231/2002, do 6 de xuño; no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, ou no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, adaptará a súa matrícula á estrutura e currículo definidos polo Decreto 157/2022.

7. Porén, se se mantén na mesma modalidade, o alumnado que cursou e superou o primeiro curso de bacharelato completo de acordo co establecido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, ou co Decreto 86/2015, do 25 de xuño, incorporarase ao segundo curso de acordo coa estrutura e co currículo establecidos no Decreto 157/2022.

Artigo 24. Continuidade entre materias

1. Nas materias de opción do bloque de materias de modalidade e nas materias optativas de segundo curso, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que a alumna ou o alumno reúne as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo curso. No caso contrario, deberase cursar a materia de primeiro curso.

2. A decisión de que a alumna ou o alumno reúne as condicións para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo curso deberá adoptarse segundo criterios obxectivos e avaliables, de maneira que sexa posible acreditar tal condición. O departamento didáctico correspondente poderá realizar unha proba.

3. A data límite para realizar esta acreditación será antes do inicio das actividades lectivas. Desta circunstancia deixarase constancia mediante unha dilixencia no historial académico, no expediente académico e, de ser o caso, por medio de observación no informe persoal por traslado.

4. Nas materias de opción do bloque de materias de modalidade e nas materias optativas, cando non se opte por matricular o alumnado da correspondente materia de primeiro de bacharelato, ten que incluírse a devandita dilixencia na aplicación XADE, na epígrafe de dilixencias/observacións.

5. En calquera caso, ao rematar o segundo curso de bacharelato e para os efectos de titulación, o alumnado deberá ter en conta o establecido no artigo 30 da presente resolución.

Artigo 25. Cambio do idioma da materia Lingua Estranxeira

1. O alumnado que no segundo curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia Lingua Estranxeira II poderá facelo coa autorización da dirección do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro curso. Esta solicitude realizarase no momento da matrícula e, en calquera caso, antes do inicio das actividades lectivas.

Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliada ou avaliado na materia de segundo.

Artigo 26. Cambio de modalidade ou vía

1. O alumnado poderá solicitarlle á dirección do centro o cambio de modalidade ou vía cando formalice a matrícula. Excepcionalmente, poderanlle solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade, no prazo dun mes, logo da formalización da matrícula.

2. Para estar en condicións de obter a titulación, o alumnado deberá ter cursadas e superadas:

a) Todas as materias comúns.

b) Todas as materias específicas da nova modalidade ou vía, das cales unha obrigatoria e dúas de opción serán de primeiro e unha obrigatoria e dúas de opción serán de segundo.

c) Dúas materias optativas, unha de primeiro e outra de segundo.

3. Non se terán en conta para o cómputo da media de bacharelato as materias específicas da modalidade ou vía que abandone que non formen parte das materias requiridas para os efectos de titulación.

4. Dos cambios de modalidade ou vía deixarase constancia no expediente académico mediante unha dilixencia.

Artigo 27. Matrícula simultánea coa modalidade telemática

1. Poderá solicitar matrícula simultánea coa modalidade a distancia telemática no IES San Clemente o alumnado de bacharelato do réxime ordinario ou do réxime para persoas adultas que desexe cursar algunha materia que non se imparta no seu centro.

2. Este alumnado realizará o seguimento das actividades lectivas da materia correspondente na aula virtual da mesma maneira que o resto do alumnado do IES San Clemente, e relacionarase co seu profesorado polos procedementos establecidos.

3. Ese alumnado realizará as probas escritas de avaliación das materias nas cales sexa atendido no IES San Clemente da mesma maneira e no mesmo lugar que o resto do alumnado deste centro.

4. As persoas interesadas terán que solicitarlle a autorización correspondente á dirección do seu centro, que lla remitirá ao servizo territorial de Inspección educativa. Logo de informe desta, a dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional poderá autorizar esa matrícula.

5. Unha vez recibida esa autorización, para formalizar a matrícula telemática no bacharelato a distancia no IES San Clemente seguirase o seguinte procedemento:

a) Como requisito previo, o alumnado solicitará a matrícula de todas as materias que desexe cursar no seu centro, incluída a materia ou materias que non se impartan nel.

b) A dirección do centro de referencia enviaralle á Dirección do IES San Clemente a relación do alumnado que, estando matriculado no seu centro, non poida recibir atención lectiva por non impartirse nel a materia correspondente. Esa relación incluirá o nome do centro, os datos persoais do alumnado e a materia ou materias en que deba ser atendido no IES San Clemente. Enviará, igualmente, as autorizacións da dirección territorial correspondente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

c) A Dirección do IES San Clemente dará de alta ese alumnado como usuario da súa aula virtual e elaborará a listaxe do alumnado que se encontra nesas condicións en cada unha das materias, con indicación do seu centro de procedencia.

d) Para rexistrar as cualificacións obtidas polo alumnado dos diferentes centros na aplicación de xestión XADE, a dirección de cada un dos centros dará de alta a Xefatura de Estudos do IES San Clemente como profesor/a autorizado/a para rexistrar as cualificacións correspondentes. O Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente enviaralles aos centros implicados as instrucións técnicas precisas para formalizar a alta mencionada neste punto.

e) As actas coas cualificacións dese alumnado imprimiraas e asinaraas a dirección do centro de procedencia.

Artigo 28. Actividades lectivas

As actividades lectivas impartiranse desde o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025.

Artigo 29. Avaliación

1. O alumnado que non se presente a algunha ou a todas as probas das avaliacións parciais poderá presentarse directamente ás probas das avaliacións ordinaria e extraordinaria.

2. A superación das materias de segundo curso relacionadas no anexo III do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, estará condicionada, por implicar continuidade, á superación das correspondentes materias de primeiro curso.

3. A terceira avaliación parcial poderá coincidir coa avaliación final do período ordinario.

4. As materias nas cales o alumnado obteña cualificación positiva consideraranse definitivamente superadas e non poderán volver ser cursadas.

5. O alumnado matriculado en materias de primeiro curso terá dereito a dúas avaliacións finais: unha ordinaria, que se realizará a partir do 9 de xuño de 2025, e outra extraordinaria, que se realizará a partir do 21 de xuño de 2025.

6. O alumnado matriculado en materias de segundo curso terá dereito a dúas avaliacións finais: unha ordinaria e outra extraordinaria, que se realizarán nunhas datas que permitan a inscrición nas probas de acceso á universidade (ABAU).

7. No segundo curso de bacharelato as probas finais da convocatoria ordinaria adecuaranse para todo o alumnado, independentemente da opción que elixa entre as relacionadas no punto 9 deste artigo, ás datas previstas para a ABAU.

8. As sesións de avaliación final ordinaria e de avaliación final extraordinaria do alumnado de segundo curso de bacharelato adecuaranse ás datas previstas para a ABAU.

9. O alumnado matriculado en materias do primeiro curso e do segundo poderá optar entre:

a) Adiantar as avaliacións finais ordinaria e extraordinaria das materias de primeiro curso. Neste caso as sesións de avaliación adecuaranse ás datas previstas para a ABAU.

b) Realizar as avaliacións finais ordinaria e extraordinaria das materias de primeiro curso nas datas establecidas con carácter xeral no punto 5 deste artigo. Neste caso, as sesións de avaliación final ordinaria das materias, tanto de primeiro como de segundo, realizaranse a partir do 9 de xuño de 2024.

10. O alumnado que opte por adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso deberá comunicarllo antes do 14 de abril de 2025 á dirección do centro correspondente, que creará grupos XADE diferenciados. Para garantir este dereito, a dirección do centro, en colaboración coas persoas titoras, informará todo o alumnado matriculado en materias de primeiro e segundo de bacharelato das súas opcións e do prazo estipulado para facer a escolla.

11. As probas de avaliación na modalidade a distancia telemática realizaranse presencialmente no IES San Clemente de Santiago de Compostela. Excepcionalmente, cando as circunstancias así o aconsellen, a Dirección Xeral de Formación Profesional poderá designar centros colaboradores nas catro provincias da Comunidade Autónoma.

12. Para levar a cabo estas probas, as direccións dos centros EPA e o IES Monte Castelo de Burela porán a disposición do alumnado os locais axeitados. A vixilancia da realización das probas escritas efectuaraa o profesorado do IES San Clemente desprazado para este efecto ata os centros correspondentes.

Artigo 30. Titulación

1. Ao finalizar o segundo curso de bacharelato, para estar en condicións de titulación, o alumnado deberá ter cursadas e superadas:

a) Todas as materias comúns de cada un dos cursos.

b) Todas as materias da modalidade ou vía pola cal remata de cada un dos cursos.

c) Unha materia optativa de cada un dos cursos.

2. Porén, de conformidade co establecido na disposición adicional terceira do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, o alumnado que supere todas as materias, agás unha, poderá obter o título de bacharel sempre que reúna as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias clave e os obxectivos vinculados a ese título.

b) Que non se produciu un abandono da materia por parte da alumna ou do alumno, conforme os criterios establecidos por parte dos centros no marco do disposto pola consellería con competencias en materia de educación.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade pola cal se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo da cualificación final da etapa, considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

Artigo 31. Obtención dunha segunda modalidade de bacharelato

1. De conformidade co establecido na disposición adicional cuarta do Decreto 157/2022, do 15 de setembro, o alumnado que obtivese o título de bacharel no curso académico 2023/24 conforme a estrutura establecida polo citado decreto poderá ter unha nova modalidade de bacharelato, para o que deberá cursar as seguintes materias:

a) A materia obrigatoria de primeiro curso da nova modalidade elixida.

b) Dúas materias de opción de primeiro curso da nova modalidade elixida.

c) A materia obrigatoria de segundo curso da nova modalidade elixida.

d) Dúas materias de opción de segundo curso da nova modalidade elixida.

2. O alumnado que solicite cursar as materias de primeiro curso e de segundo simultaneamente deberá ter en conta que non poderá ser avaliado das materias de continuidade de segundo curso en canto non teña superadas as correspondentes de primeiro curso.

Artigo 32. Titorías na modalidade a distancia

1. Todo o alumnado que curse bacharelato a distancia terá asignado, no seu centro respectivo, unha profesora titora ou un profesor titor por cada unha das materias.

2. Terán carácter de horas lectivas todas aquelas dedicadas ás titorías presenciais, que deberán distribuírse no horario de cada docente de luns a venres, ambos incluídos.

3. A atención do alumnado do bacharelato de adultos a distancia semipresencial:

a) Realizarase fundamentalmente a través de titorías presenciais, que serán de dous tipos: titorías lectivas e titorías de orientación.

As titorías lectivas dedicaranse a abordar co alumnado os aspectos fundamentais da materia correspondente. Estas titorías serán de asistencia obrigatoria para o alumnado.

As titorías de orientación dedicaranse a solucionar as dúbidas e a realizar as orientacións necesarias para o mellor aproveitamento do estudo autónomo do alumnado.

b) A xefatura de estudos asignará, no horario do profesorado, un período lectivo semanal de titoría de orientación por cada materia que imparta. A cada grupo de primeiro e de segundo de bacharelato que se estableza para estes efectos ofertaráselle unha titoría de orientación con periodicidade quincenal en cada materia.

c) O horario das titorías lectivas poderá concentrarse en tres días para adaptarse mellor ás posibilidades de asistencia do alumnado adulto. Cando a dirección do centro considere necesaria esta concentración, solicitaralle autorización á dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que poderá autorizala, logo do informe do servizo territorial de Inspección educativa.

4. A atención do alumnado do bacharelato de adultos a distancia telemática:

a) Realizarase a través da aula virtual do IES San Clemente utilizando os recursos dispoñibles das tecnoloxías da información.

b) Ao inicio de curso publicaranse e comunicaranse ao alumnado o calendario de avaliacións, os servizos a que ten acceso a través da aula virtual, o horario de atención telefónica, se o houber, e calquera outra información que poida ser relevante.

c) Con carácter xeral, as consultas realizadas á titora ou ao titor deberán resolverse e remitirse ao alumnado nun prazo máximo de vinte e catro horas despois da súa recepción. No caso de se recibiren en véspera de día non lectivo, deberán ser remitidas no inmediato día hábil seguinte.

Artigo 33. Recursos didácticos no bacharelato a distancia

1. O alumnado recibirá ao comezo do curso unha guía de cada materia que oriente o seu traballo autónomo. Esta guía incluirá indicacións sobre a distribución temporal dos contidos, os criterios de avaliación, as orientacións metodolóxicas, as datas das probas de avaliación e calquera outra información que se considere de interese para a súa aprendizaxe. A elaboración e a actualización destas guías serán responsabilidade dos departamentos didácticos correspondentes. O equipo directivo tomará as medidas oportunas para que o alumnado reciba ou teña acceso a esta guía.

2. O contido das guías electrónicas utilizadas no bacharelato a distancia con titorías telemáticas non poderá alterarse sen a autorización da dirección do centro.

3. Cando a dispoñibilidade de medios persoais e materiais o permita, o alumnado do bacharelato a distancia semipresencial tera acceso aos recursos educativos do bacharelato a distancia con titorías telemáticas baixo a supervisión da súa titora ou titor. A dirección do centro adoptará as medidas oportunas para que o alumnado de bacharelato semipresencial teña acceso aos instrumentos e mecanismos de información e interacción proporcionados polas tecnoloxías da información e comunicación, que completarán así a atención que o alumnado recibe a través das titorías presenciais. A Dirección do IES San Clemente colaborará, na medida dos recursos dispoñibles, para acader este obxectivo a través da súa aula virtual.

Artigo 34. Profesorado da modalidade a distancia

1. O profesorado do IES San Clemente, por instancia da dirección, realizará as tarefas que aseguran e intensifican a comunicación e a interacción co seu alumnado, especialmente a de gravación de clases e videotitorías, tendo en conta a importancia actual da canle de comunicación visual en todos os ámbitos e, en concreto, no da educación a distancia.

2. O profesorado participará naquelas accións formativas promovidas pola dirección do centro e relacionadas cos aspectos específicos da metodoloxía e dos recursos propios desta modalidade de ensinanza.

3. O profesorado, por instancia da dirección do centro e cando as circunstancias así o aconsellen, desprazarase ata os centros EPA das institucións penitenciarias ou outras institucións onde exista alumnado matriculado no bacharelato a distancia para supervisar a realización dos exames.

4. A dirección do centro, por proposta da xefatura de estudos, nomeará un coordinador ou coordinadora de actividades de bacharelato a distancia, que terá unha dedicación dunha a seis horas semanais no horario lectivo. A persoa coordinadora do bacharelato a distancia colaborará coa xefatura de estudos en todos os asuntos relacionados con estas ensinanzas, preferentemente nas tarefas de realización e coordinación das probas escritas nos centros EPA, na coordinación do foro específico da aula virtual do centro e na coordinación de actividades nos centros penitenciarios.

Artigo 35. Atención do alumnado interno en centros penitenciarios

1. O alumnado interno dos centros EPA de Bonxe, Monterroso e O Pereiro de Aguiar que desexe seguir as ensinanzas de bacharelato realizará a súa matrícula no IES San Clemente, na modalidade de bacharelato a distancia.

2. No mes de setembro, o equipo directivo do IES San Clemente manterá unha reunión co profesorado dos centros EPA mencionados co fin de planificar a oferta educativa, coñecer o número de posibles alumnos e entregar a documentación de matrícula.

3. Posteriormente, profesorado do IES San Clemente desprazarase aos centros EPA para informar o alumnado sobre o sistema de ensinanza a distancia, así como da organización do plan de traballo.

4. Ao finalizar cada trimestre, o profesorado responsable desta tarefa avaliará o plan de traballo e os rendementos do alumnado para introducir as correccións que sexan convenientes e os plans de recuperación.

5. O profesorado de educación secundaria que estea destinado neses centros EPA prestará atención presencial a este alumnado, dentro das posibilidades do seu horario.

6. A xefatura de estudos e o profesorado do IES San Clemente manterán contactos periódicos co profesorado dos mencionados centros EPA con sede nos centros penitenciarios, co fin de facilitar a mellor atención a este alumnado.

Artigo 36. Reclamacións

O procedemento de revisión e reclamación axustarase ao disposto na Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

CAPÍTULO V

Ensinanzas non regradas

Artigo 37. Admisión e matrícula

Para outras ensinanzas de adultos de carácter non regrado, os centros autorizados a impartilas establecerán, na primeira semana de setembro de cada curso escolar, o calendario de actividades que se van impartir, así como o prazo de inscrición. Este prazo iniciarase, como mínimo, dez días antes do inicio das actividades.

Artigo 38. Castelán e galego para inmigrantes

Os grupos que se establezan para impartir as ensinanzas non regradas de castelán e galego para inmigrantes terán, con carácter xeral, un máximo de 25 alumnas/os.

Artigo 39. Aula Mentor

1. O programa de Aula Mentor é un sistema de formación aberto, libre e a distancia a través da internet que se organiza nos centros EPA e IES autorizados mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Centro Nacional de Información e Comunicación do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

2. A matrícula estará aberta durante todo o curso escolar e pecharase no mes de agosto.

3. A atención do alumnado realízase a través do/da profesor/a-titor/a telemático/a e un administrador/a presencial, quen orientará e axudará o alumnado na elección do curso e na utilización do soporte técnico para contactar co profesor/a-titor/a.

4. No momento da inscrición, o alumnado aboará o custo do curso por un período de 60 días naturais. O custo do curso fixarao anualmente o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes en concepto de matrícula e acción titorial. O ritmo de aprendizaxe do alumnado e as características do curso condicionarán a duración deste. No caso de ser necesario ampliar a inscrición inicial, o dito custo renovarase para cada novo período de 30 días naturais.

5. Cando finalice o curso e supere a proba final presencial realizada na aula, o alumnado obterá a certificación da actividade realizada.

6. Para mellorar a cualificación profesional das persoas que realicen e superen un curso de Aula Mentor e favorecer a súa inserción laboral, este alumnado poderá realizar con carácter voluntario prácticas laborais en empresas baixo as especificacións seguintes:

a) As prácticas laborais en centros de traballo realizaranse despois de que o alumnado obteña a avaliación positiva no curso correspondente de Aula Mentor.

b) Estas prácticas terán unha duración máxima de cen horas. A xornada de prácticas será, como máximo, de cinco horas diarias e deberá axustarse ao horario do centro de traballo onde se realicen.

c) A empresa a que pertenza o centro de traballo onde se realicen as prácticas designará unha persoa responsable do seguimento e control desas prácticas laborais. Igualmente, o director ou a directora do centro educativo nomeará responsable desas prácticas por parte do centro o administrador ou administradora da Aula Mentor ou outro/a profesor/a do centro con horario dispoñible.

d) Os centros educativos que imparten cursos de Aula Mentor e desexen acollerse a este plan de prácticas laborais subscribirán acordos de colaboración co centro de traballo pertencente a empresas ou agrupacións de empresas para a realización destas prácticas.

e) O centro educativo comunicaralle á Dirección Xeral de Formación Profesional, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente o acordo ou acordos que ten intención de subscribir e o alumnado a que afecta. A Dirección Xeral de Formación Profesional autorizará, de ser o caso, a sinatura do acordo ou acordos mencionados.

f) Os acordos de colaboración para realizar as prácticas nun centro de traballo deberanse formalizar por escrito e estarán asinados pola dirección do centro educativo e pola persoa que teña a representación legal do centro de traballo, da empresa ou da institución colaboradora. Asinarase un acordo por cada tipo de ensino e por cada centro de traballo, onde se identificará o alumnado que será acollido pola entidade colaboradora asinante.

g) A relación entre o alumnado e o centro de traballo derivada do acordo de colaboración non terá natureza xurídica para os efectos laborais. Xa que logo, o alumnado non poderá percibir retribución económica ningunha pola súa actividade formativa nin polos resultados que puideren derivar dela.

h) A empresa ou entidade colaboradora non poderá ocupar ningún posto de traballo, nin sequera con carácter de substitución ou interinidade, co alumnado que realice as prácticas na empresa.

i) O centro de traballo expediralle ao alumnado que complete as prácticas de empresa unha certificación que acredite o número de horas de prácticas realizadas.

j) Dez días antes do inicio das prácticas no centro de traballo, o centro educativo enviaralle unha copia do acordo específico de colaboración coas empresas ao servizo de Inspección educativa da respectiva dirección territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para que desde alí se traslade á Inspección de Traballo.

k) Para calquera dúbida sobre a natureza xurídica e a aplicación práctica dos acordos asinados e das prácticas nun centro de traballo do alumnado de aulas Mentor observarase o disposto na lexislación que regula, na Comunidade Autónoma de Galicia, a formación en centros de traballo na formación profesional.

7. As funcións do administrador ou administradora son as seguintes:

a) Xestión administrativa da Aula Mentor, así como a realización das tarefas relacionadas co seu mantemento informático e a supervisión e o control nas probas de avaliación do alumnado.

b) Informar periodicamente de todos os aspectos relacionados co funcionamento da aula ao equipo directivo.

c) Cubrir as actas de avaliación das diferentes convocatorias e entregalas para a súa custodia á secretaría do centro.

d) Manter un rexistro de asistencia e uso da aula, así como das súas altas e baixas, que se lle entregará á xefatura de estudos mensualmente, xunto cun informe de incidencias, se as houbese, en cada grupo de alumnado.

e) Realizar a memoria final de actividades da aula, que se incluirá na memoria anual do centro.

f) Supervisar as prácticas que o alumnado faga no centro de traballo.

8. Con carácter xeral, o profesorado que administre unha Aula Mentor terá unha dedicación horaria de tres horas por cada grupo de 10 alumnos activos, sempre que a dispoñibilidade de recursos humanos do centro o permita.

9. A xestión económica do programa Aula Mentor realizarase seguindo as seguintes indicacións:

9.1. A Dirección Xeral de Formación Profesional comunicaralle periodicamente aos centros os datos necesarios para realizar o pagamento dos titores telemáticos, así como a retención aplicable en concepto de IRPF, de acordo coa información recibida do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

9.2. Os ingresos realizados polo alumnado, en concepto de matrícula, faranse na conta do centro e a súa xestión e administración correspóndelles aos administradores da Aula Mentor para o pagamento de titores e a administración da aula.

9.3. A persoa administradora da aula e a secretaría do centro seguirán o seguinte procedemento para o pagamento de titores:

a. Ingreso mediante transferencia bancaria a cada titor da cantidade correspondente aos seus honorarios.

b. Envío ao profesorado titor do xustificante bancario do ingreso, así como do documento de percepción de honorarios; do dito documento e do xustificante de pagamento por transferencia conservarase copia na secretaría do centro.

c. Comunicación ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente da data en que se realizou o pagamento dos honorarios e as retencións correspondentes á Administración tributaria.

CAPÍTULO VI

Centros en institucións penitenciarias

Artigo 40. Aspectos específicos dos centros EPA en institucións penitenciarias

1. O profesorado que desenvolva a súa función docente nos centros penitenciarios está suxeito á normativa xeral de control e seguridade destas institucións. Terá que respectar e cumprir o establecido con carácter xeral na normativa penitenciaria, así como as normas do seu réxime interior.

2. A actividade educativa desenvolverase de maneira que se adecúe, en materia de horarios, á organización xeral de cada centro penitenciario.

3. Ao inicio do curso, os centros establecerán o seu horario, que será aprobado pola dirección territorial correspondente.

4. O horario dos funcionarios docentes con destino nos establecementos penitenciarios está sometido á lexislación que rexe para o corpo a que pertencen e deberá satisfacer a demanda educativa efectiva da poboación penitenciaria, de acordo co principio de flexibilidade e adecuación horaria á realidade da institución en que se encontra a sede do centro EPA.

5. Durante o mes de setembro de 2024 e segundo o sinalado no artigo 11 do Real decreto 1203/1999, en cada establecemento penitenciario constituirase un órgano permanente de coordinación e seguimento, que se reunirá como mínimo tres veces ao ano.

6. A dirección do centro educativo no establecemento penitenciario exercerá as funcións propias do seu cargo establecidas na normativa aplicable de carácter xeral e, ademais, exercerá as seguintes:

a) Informar os representantes do órgano de coordinación docente do establecemento penitenciario de todo canto concirna á organización e funcionamento da actividade do centro de educación de persoas adultas.

b) Coordinar a función docente que atinxe ás ensinanzas de persoas adultas no establecemento penitenciario conforme os criterios establecidos no proxecto educativo e de acordo coas normas de réxime interno do establecemento penitenciario.

c) Darlle a coñecer á xunta de tratamento do establecemento penitenciario a evolución do alumnado a través dos informes que o profesorado lle proporcione cos resultados das avaliacións e calquera outro sobre o rendemento pedagóxico.

d) Facilitarlle á dirección do establecemento penitenciario a listaxe de persoal interno que diariamente deba incorporarse á actividade educativa, con indicación dos niveis educativos que lle correspondan.

e) Elaborar informes, por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e sobre aqueloutros aspectos relacionados coa actividade docente nel.

f) Atender as consideracións da comisión mixta creada por convenio entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o Ministerio de Interior.

Disposición transitoria primeira. Currículo das ensinanzas iniciais e de educación secundaria para persoas adultas

Mentres que non se establezan os currículos de aplicación en Galicia das ensinanzas iniciais e de educación secundaria para persoas adultas, en desenvolvemento do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, serán de aplicación no curso académico 2024/25 os currículos provisionais dos ámbitos das ensinanzas iniciais e de educación secundaria para persoas adultas, publicados no portal educativo da Xunta de Galicia https://www.edu.xunta.gal/portal/node/3468

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

1. Ensinanzas iniciais da educación básica para persoas adultas. Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os tres ámbitos de coñecemento.

Ámbito de coñecemento

Modalidade presencial

Modalidade semipresencial

Nivel I

Nivel II

Totais

Nivel II

Ámbito de Comunicación

5

6

11

2

Ámbito da Competencia Matemática

4

5

9

2

Ámbito de Ciencia, Sociedade e Tecnoloxía

2

2

4

1

Ámbito de Desenvolvemento e Iniciativa Persoal e Laboral

2

2

1

Titoría

1

1

2

1

Totais:

12

16

7

2. Educación secundaria para persoas adultas. Distribución horaria semanal dos períodos lectivos para os tres ámbitos de coñecemento.

a) Modalidade presencial.

Ámbito de coñecemento

Módulos

I

II

III

IV

Totais

Ámbito de Comunicación*

8

8

7

7

30

Ámbito Científico-Tecnolóxico

8

8

8

8

32

Ámbito Social

3

3

4

4

14

Titoría

1

1

1

1

4

Totais:

20

20

20

20

* No caso de ser impartido por dous docentes, o submódulo de Lingua Estranxeira terá asignada unha carga horaria de 2 horas semanais en cada un dos módulos.

b) Modalidade semipresencial.

Ámbito de coñecemento

Módulos

I

II

III

IV

Totais

Ámbito de Comunicación

2

2

2

2

8

Ámbito Científico-Tecnolóxico

2

2

2

2

8

Ámbito Social

1

1

1

1

4

Titoría

1

1

1

1

4

Totais:

6

6

6

6

ANEXO IV

Atribucións de especialidades do profesorado de ensino secundario aos tres ámbitos de coñecemento en que se organiza a educación secundaria para persoas adultas en función das áreas ou materias da educación secundaria obrigatoria integradas en cada ámbito de coñecemento

Especialidades do corpo de profesores de ensino secundario

Ámbitos de coñecemento

Xeografía e historia

Filosofía

Ámbito Social

Lingua Castelá e Literatura

Lingua Galega e Literatura

Linguas estranxeiras

Ámbito de Comunicación

Tecnoloxía

Matemáticas

Bioloxía e Xeoloxía

Física e Química

Ámbito Científico-Tecnolóxico

ANEXO V

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións dos cursos do sistema educativo da Lei 14/1970, do 4 de agosto, e do sistema educativo da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Sistema educativo da Lei 14/1970

Sistema educativo da Lei 1/1990

Sistema de educación básica para persoas adultas

Sexto de educación xeral básica

Sexto de educación primaria

Nivel II das ensinanzas iniciais

Sétimo de educación xeral básica

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo I dos tres ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Oitavo curso de educación xeral básica e título de graduado escolar ou oitavo curso de educación xeral básica e certificado de escolaridade

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo II dos tres ámbitos de coñecemento do nivel I das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Primeiro curso de bacharelato unificado e polivalente con dúas materias pendentes como máximo ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo III dos tres ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Segundo curso de bacharelato unificado e polivalente (ata con dúas materias suspensas no conxunto dos dous cursos) ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV dos tres ámbitos de coñecemento do nivel II das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será de 5.

ANEXO VI

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Lei orgánica 2/2006

Primeiro curso de educación secundaria pbrigatoria

Módulo I de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Ciencias da Natureza

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Ámbito Social

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxías

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

Ámbito Social

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxías

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Ámbito Social

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

(no caso de non ter cursado algunha destas materias deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 da presente orde, xunto coa cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética das materias obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, no caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO VII

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Lei orgánica 8/2013

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo I de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía.

(no caso de non ter cursado algunha destas materias, deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 da presente orde, xunto coa cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética das materias obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, no caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO VIII

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria do sistema definido pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Lei orgánica 3/2020

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo I de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía e Dixitalización

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía e Dixitalización

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia e Educación en Valores Cívicos e Éticos

Ámbito Social

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Materias

Ámbito de coñecemento

Matemáticas A ou B, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química

(no caso de non ter cursado ningunha destas materias, deberá ter superada a materia do terceiro curso)

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira ou Segunda Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Xeografía e Historia

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 da presente orde, xunto coa cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética das materias obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, no caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO IX

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos módulos de programas de cualificación profesional inicial (PCPI) definidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Módulos de programas de cualificación profesional inicial

Ámbitos da educación secundaria para persoas adultas

Módulos formativos de carácter xeral de 1º curso

Módulos I e II de educación secundaria para persoas adultas

Competencia comunicativa e dixital I

Ámbito de Comunicación

Sociedade e cidadanía I e Iniciativa persoal e relacións laborais

Ámbito Social

Científico-matemático I

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulos formativos de carácter xeral de 2º curso

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Competencia comunicativa e dixital II

Ámbito de Comunicación

Sociedade e cidadanía II

Ámbito Social

Científico-matemático II

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulos voluntarios

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Comunicación

Ámbito de Comunicación

Social

Ámbito Social

Científico-tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos módulos voluntarios obxecto de validación.

ANEXO X

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos ámbitos e materias dun programa de diversificación curricular (PDC) definidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Ámbitos e materias do primeiro curso dun programa de diversificación curricular de dous anos

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico-Social e a materia de Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico-Social

Ámbito Social

Ámbito Científico-Técnico e a materia de Tecnoloxías

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos e materias dun programa de diversificación curricular dun ano ou de segundo curso dun programa de diversificación curricular de dous anos

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico-Social e a materia de Lingua Estranxeira

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico-Social

Ámbito Social

Ámbito Científico-Técnico e a materia de Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XI

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos ámbitos e materias dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR) definidos pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Ámbitos e materias de segundo de ESO dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR)

Módulo II de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico e Social e Ámbito de Linguas Estranxeiras

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito Social

Ámbito Científico e Matemático e a materia de Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos e materias de terceiro de ESO dun programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR)

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico e Social e o Ámbito de Linguas Estranxeiras

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito Social

Ámbito Científico e Matemático e a materia de Tecnoloxía

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XII

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos ámbitos e materias dun programa de diversificación curricular (PDC) definidos pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Ámbitos e materias do primeiro curso dun programa de diversificación curricular (PDC)

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social e Educación en Valores Cívicos y Éticos

Ámbito Social

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos e materias do segundo curso dun programa de diversificación curricular (PDC)

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito Lingüístico y Social

Ámbito de Comunicación

Ámbito Lingüístico e Social

Ámbito Social

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XIII

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos módulos dos ciclos de formación profesional básica definidos pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Módulos dos ciclos de formación profesional básica

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Módulo de Comunicación e Sociedade I

Ámbito de Comunicación

Módulo de Comunicación e Sociedade I

Ámbito Social

Módulo de Ciencias Aplicadas I

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulos dos ciclos de formación profesional básica

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ámbito de Comunicación

Módulo de Comunicación e Sociedade II

Ámbito Social

Módulo de Ciencias Aplicadas II

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XIV

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos ámbitos dos ciclos formativos de grao básico definidos pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas

Ámbitos dos ciclos formativos de grao básico

Módulo III de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I

Ámbito Social

Ámbito de Ciencias Aplicadas I

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbitos dos ciclos formativos de grao básico

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais I

Ámbito Social

Ámbito de Ciencias Aplicadas I

Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XV

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos módulos
de educación secundaria para persoas adultas establecidos na Orde do 26
de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) coas ensinanzas reguladas nesta orde

Orde do 26 de maio de 1997

Ensinanzas reguladas nesta orde

Módulo 1, 2 ou 3 do Ámbito da Comunicación

Módulo I, II ou III do Ámbito de Comunicación

Módulo 1, 2 ou 3 do Ámbito da Sociedade

Módulo I, II ou III do Ámbito Social

Módulo 1, 2 ou 3 do Ámbito da Natureza e mais o módulo do mesmo número do Ámbito Tecnolóxico-Matemático

Módulo I, II ou III do Ámbito Científico-Tecnolóxico

Módulo 4A ou módulo 4B do Ámbito da Comunicación

Módulo IV do Ámbito de Comunicación

Módulo 4A ou módulo 4B do Ámbito da Sociedade

Módulo IV do Ámbito Social

Módulo 4A ou 4 B do Ámbito da Natureza e mais o módulo 4A ou 4B do Ámbito Tecnolóxico-Matemático

*Módulo IV do Ámbito Científico-Tecnolóxico

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados reflectirase conforme o establecido no artigo 30 da presente orde, xunto coa cualificación numérica sen decimais resultante da media aritmética dos módulos obxecto de validación, arredondada ao número natural máis próximo e, no caso de equidistancia, ao superior.

ANEXO XVI

Cadro de equivalencias, para os efectos académicos e de validacións, dos módulos de educación secundaria para persoas adultas establecidos na Orde do 24 do xuño de 2008 (DOG do 23 de xullo) e na Orde do 20 de marzo de 2018 (DOG do 12 de abril) coas ensinanzas reguladas nesta resolución

Módulos do I ao IV

*Módulos do I ao IV

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Social

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nos ámbitos obxecto de validación.

ANEXO XVII

Cadro de equivalencias dos ámbitos das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos cos ámbitos do módulo IV das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria

*Módulo IV de educación secundaria para persoas adultas

Ámbito de Comunicación

Ámbito de Comunicación

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Científico-Tecnolóxico

Ámbito Social

Ámbito Social

* A cualificación do módulo IV dos ámbitos validados será a obtida nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

ANEXO XVIII

Materias do bacharelato

a) Tipos de materias que se impartirán nos centros EPA e IES autorizados.

Tipos de materias

Oferta

Materias comúns*

A totalidade

Materias obrigatorias*

A totalidade das materias das modalidades ou vías que teñan autorizadas

Materias de opción*

A totalidade das materias das modalidades ou vías que teñan autorizadas

Materias optativas*

As establecidas na concreción curricular de cada centro

Relixión¹

* As cualificacións obtidas na avaliación destas materias computarán na nota media para os efectos de acceso a outros estudos, para a obtención da mención de matrícula de honra e nas convocatorias para a obtención de bolsas e axudas ao estudo en que deban entrar en concorrencia os expedientes académicos.

¹ O alumnado poderá elixir cursar ou non a materia de Relixión, pero non se ofrece a posibilidade de alternativa a esta materia.

b) Materias que debe cursar o alumnado que opte por matricularse dun curso completo.

Materias

Número

Materias comúns

5

Materia obrigatoria da modalidade ou vía elixida

1

Materias de opción da modalidade ou vía elixida

2

Materia optativa

1

ANEXO XIX

Horario de titorías presenciais lectivas para o bacharelato de adultos
a distancia semipresencial

a) 1º de bacharelato.

Materias

Horas

Lingua Castelá e Literatura I

1

Lingua Galega e Literatura I

1

Lingua Estranxeira I ou II

1

Filosofía

1

Educación Física

1

Materia obrigatoria da modalidade ou vía elixida

1

1ª materia de opción da modalidade ou vía elixida

1

2ª materia de opción da modalidade ou vía elixida

1

Materia optativa

1

Total

9

Relixión

1

Total

10

b) 2º de bacharelato.

Materias

Horas

Lingua Castelá e Literatura II

1

Lingua Galega e Literatura II

1

Lingua Estranxeira II

1

Historia da Filosofía

1

Historia de España

1

Materia obrigatoria da modalidade ou vía elixida

1

1ª materia de opción a) da modalidade ou vía elixida

1

2ª materia de opción a) da modalidade ou vía elixida

1

Materia optativa

1

Total

9

Relixión

1

Total

10

ANEXO XX

Correspondencia entre materias do bacharelato

a) Correspondencia entre determinadas materias da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e as establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

LOXSE

LOE

Economía e Organización de Empresas

Economía da Empresa

Filosofía I

Filosofía e Cidadanía

Filosofía II

Historia da Filosofía

Fundamentos do Deseño

Deseño

Historia

Historia de España

Historia da Música

Historia da Música e da Danza

Imaxe

Cultura Audiovisual

Materia optativa

Materia optativa

b) Correspondencia entre determinadas materias da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e as establecidas na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

LOE

LOMCE

Cultura Audiovisual

Cultura Audiovisual I

Filosofía e Cidadanía

Filosofía

Tecnoloxías da Información e a Comunicación

Tecnoloxías da Información e a Comunicación I

Lingua Estranxeira I

Primeira Lingua Estranxeira I

Lingua Estranxeira II

Primeira Lingua Estranxeira II

Ciencias da Terra e Ambientais

Ciencias da Terra e do Ambiente

Ciencias para o Mundo Contemporáneo

Cultura Científica

c) Correspondencia entre determinadas materias da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, e as establecidas na Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

LOMCE

LOMLOE

Artes Escénicas

Artes Escénicas II

Bioloxía e Xeoloxía

Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais

Cultura Audiovisual I

Cultura Audiovisual

Economía da Empresa

Empresa e Deseño de Modelos de Negocio

Fundamentos da Arte II

Fundamentos Artísticos

Primeira Lingua Estranxeira I

Primeira Lingua Estranxeira II

Lingua Estranxeira I

Lingua Estranxeira II

Tecnoloxía Industrial I

Tecnoloxía Industrial II

Tecnoloxía e Enxeñaría I

Tecnoloxía e Enxeñaría II

Xeoloxía

Xeoloxía e Ciencias Ambientais