DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 23 de xullo de 2024 Páx. 43951

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F).

missing image file

A Comisión Europea presentou o pasado 9 de marzo de 2021 a Década dixital de Europa, unha visión da transformación dixital que Europa necesita para a próxima década, que ten como un dos seus obxectivos que en 2030 todos os fogares e as empresas da Unión Europea teñan conectividade xigabit e que tres de cada catro empresas dispoñan de computación na nube.

A crise derivada da COVID-19 obrigou a Europa a tomar medidas excepcionais e aproveitar a circunstancia para tratar de saír máis fortes da pandemia, transformando a economía europea e creando novas oportunidades. NextGenerationEU xorde como un plan de recuperación de 750.000 millóns de euros para crear unha Europa máis verde, máis dixital e máis resiliente.

O Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia (MRR), establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, é o elemento central de NextGenerationEU, destinado a financiar os plans de recuperación e resiliencia dos Estados membros da Unión Europea.

Sobre o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España (PRTR) emitiu informe favorable a Comisión Europea o 16 de xuño de 2021 e foi aprobado polo Consello da Unión Europea o 6 de xullo de 2021. O 2 de outubro de 2023, a Comisión Europea emitiu informe favorable da addenda de modificación do PRTR pola que se modifica o calendario e a definición dalgúns fitos.

O PRTR ten como obxectivo a posta en marcha dun plan de investimentos e reformas para a recuperación das empresas e a sociedade logo da crise da COVID-19, impulsando unha transformación estrutural para un desenvolvemento máis sustentable e resiliente, cun orzamento de máis de 163.000 millóns de euros ata 2026.

En febreiro de 2021, a Xunta de Galicia presentaba a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030), a cal define un marco de actuación común que facilite a actuación das tres administracións (nacional, autonómica e local) nun mesmo territorio de maneira complementaria, buscando as sinerxías e a suma de esforzos para consolidar a transición dixital da Comunidade, dando continuidade á Axenda dixital de Galicia 2020 e ao Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), coa visión posta en impulsar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital.

Facilitarlles a dispoñibilidade de conectividade de banda larga de moi alta capacidade ás empresas é de vital importancia, actuando como elemento tractor para avanzar na transformación dixital do tecido produtivo. Así, en 2016, a Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ditou resolución pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais (PR603A).

Estas medidas tiveron continuidade coas convocatorias de axudas a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida (PR604A) ditadas en 2017, 2018 e 2022, e coa convocatoria de subvencións en 2022 das liñas de actuación 1 e 2.i de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (código de procedemento PR603B).

Estas actuacións complementaranse coas convocatorias de axudas que se diten ao abeiro das bases aprobadas por medio desta resolución, que axudarán a emendar as carencias de conectividade que aínda persisten nalgúns polígonos industriais e áreas de concentración empresarial de ámbitos rurais de Galicia.

As axudas reguladas nestas bases dítanse en desenvolvemento da liña de actuación 3, prevista no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de diversas accións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, modificado polo Real decreto 1136/2023, do 19 de decembro, e polo Real decreto 520/2024, do 4 de xuño.

Estas medidas enmárcanse no investimento C15.I2 de accións de reforzo de conectividade en centros de referencia, motores socioeconómicos e proxectos tractores de dixitalización sectorial do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, que inclúe accións de reforzo da conectividade en centros de referencia, polígonos industriais e centros loxísticos.

As subvencións que se concedan ao abeiro desta convocatoria articularanse como axudas de minimis ao abeiro, segundo sexa de aplicación, do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE ás axudas de minimis no sector agrícola; do Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, modificado polo Regulamento (UE) nº 2023/2391 da Comisión, do 4 de outubro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura; do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE) ás axudas de minimis.

Con base no anterior, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (programa Unico-Industria e empresas), previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), modificado polo Real decreto 1136/2023, do 19 de decembro (BOE núm. 9, do 10 de xaneiro de 2024), e polo Real decreto 520/2024, do 4 de xuño (BOE núm. 136, do 5 de xuño), no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento AP400F).

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as citadas subvencións para o período 2024.

Artigo 2. Tipos de proxectos obxecto de axuda

1. Os proxectos presentados deberán dar cumprimento ao especificado no artigo 4 das bases reguladoras. En concreto, as subvencións destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para instalar unha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade, capaz de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps, en cada unha das fábricas, centros e dependencias que formen parte do ámbito de actuación material. Estas axudas están unicamente destinadas a microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.

2. O ámbito xeográfico das actuacións previstas nos proxectos deberá axustarse ás zonas elixibles establecidas no artigo 3 das bases reguladoras.

3. Cada solicitude deberá facer referencia á instalación dunha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade nunha única localización xeográfica (nave industrial, edificio, oficina...). Se un solicitante desexa solicitar subvencións para diferentes localizacións xeográficas, deberá presentar unha solicitude por cada unha desas localizacións.

4. O importe máximo de subvención por proxecto estará limitado a 60.000,00 € por solicitude, pola intensidade máxima de subvención establecida no artigo 4 e polos regulamentos de minimis que sexan de aplicación.

Artigo 3. Crédito

1. Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 4.570.853,14 € que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 07.A1.571A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024. Este orzamento execútase dentro do código de proxecto 2022 00003 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Segundo o disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a dotación orzamentaria poderase incrementar sen que se realice unha nova convocatoria, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

3. Este crédito financiarase con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 4. Intensidade máxima da subvención

A intensidade máxima destas subvencións será do oitenta por cento (80%) do custo elixible do proxecto.

Artigo 5. Realización do proxecto subvencionado

1. A execución dos gastos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2024.

2. As persoas beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da execución dos gastos subvencionables nun prazo máximo de tres (3) meses desde a finalización da actuación e, en todo caso, ata a data límite, que é o 31 de outubro de 2024.

3. En todo caso, a execución de investimentos por unha persoa solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que a persoa solicitante non resulte beneficiaria, nin garante a súa aprobación no caso de ser beneficiaria.

Artigo 6. Presentación de solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes de subvención iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 16 de setembro de 2024, incluído. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible, ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non reunise os requisitos establecidos, requirirase á persoa interesada para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo da posible aplicación das consecuencias sancionadoras que procedan, de conformidade co disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 7. Procedemento de concesión de subvencións

1. O procedemento de concesión será o de outorgamento de subvencións en concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente convocatoria.

2. Naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

3. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala ás persoas interesadas será de cinco (5) meses contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4. Transcorrido o prazo sen ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender como desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, de conformidade co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 8. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código AP400F, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través das seguintes canles:

1. A páxina web: http://amtega.xunta.gal/

2. O teléfono: 981 54 55 35.

3. O enderezo electrónico: amtega@xunta.gal

4. Presencialmente.

5. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12 se chama desde fóra de Galicia).

Disposición adicional única. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2024

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da
conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do
investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación
e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGeneration

CAPÍTULO I

Obxecto e ámbito

Artigo 1. Obxecto

Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondente á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (programa Unico-Industria e empresas), previstas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), modificado polo Real decreto 1136/2023, do 19 de decembro (BOE núm. 9, do 10 de xaneiro de 2024), e polo Real decreto 520/2024, do 4 de xuño (BOE núm. 136, do 5 de xuño), no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 2. Ámbito temporal

O ámbito temporal de vixencia das presentes bases será desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2024.

Artigo 3. Ámbito material

As convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases axustarán o seu ámbito material de actuación aos polígonos industriais e centros loxísticos, así como outras áreas de alta concentración empresarial como parques empresariais, viveiros de empresas e parques tecnolóxicos ou científicos, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Tipos de proxectos obxecto de subvención

Os proxectos que se presenten ás convocatorias ditadas ao amparo das presentes bases, destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para instalar unha rede de comunicacións electrónicas de alta velocidade, capaz de prestar servizos a velocidades de 1 Gbps, en cada unha das fábricas, centros e dependencias que formen parte do ámbito de actuación material.

CAPÍTULO II

Requisitos e deberes

Artigo 5. Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de persoa beneficiaria as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividade económica, titulares ou arrendatarios de bens inmobles situados no ámbito material de actuación. Estas axudas están unicamente destinadas a microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003.

2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias:

a) As persoas nas que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01), Diario Oficial da Unión Europea, do 31 de xullo de 2014, e o disposto no artigo 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, texto pertinente para os efectos do EEE, Diario Oficial de Unión Europea, do 26 de xuño de 2014.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda á persoa beneficiaria ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 6. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nestas bases; as contidas no Real decreto 988/2021, do 16 de novembro, modificado polo Real decreto 1136/2023, do 19 de decembro, e polo Real decreto 520/2024, do 4 de xuño, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. As persoas beneficiarias deberán comunicarlle ao órgano concedente no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

3. As persoas beneficiarias deberán manter un sistema de contabilidade separada, ou un código contable diferenciado que recolla adecuadamente todas as transaccións relacionadas coa actuación obxecto de axuda. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable á persoa beneficiaria, así como as facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da axuda concedida, garante o seu adecuado reflexo na contabilidade das persoas beneficiarias e deberá conservarse durante un prazo mínimo de dez (10) anos.

4. Cumprimento das obrigas de etiquetaxe climática e dixital, cunha porcentaxe do 0 por cento e do 100 por cento respectivamente, de acordo co previsto no PRTR e o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

5. En aplicación do disposto no artigo 29.4.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as infraestruturas e os equipamentos que sexan obxecto de axuda deberán permanecer afectos ao fin concreto do proxecto durante un período mínimo de cinco (5) anos, contados a partir da finalización deste, ou ata o final da súa vida útil se esta fose menor de cinco (5) anos.

6. As persoas beneficiarias comprométense a proporcionar ao organismo concedente, aos avaliadores designados ou a outros organismos nos que dito organismo delegue a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do proxecto.

7. As persoas beneficiarias deberán contribuír ao obxectivo de autonomía estratéxica e dixital da Unión Europea, así como garantir a seguridade da cadea de subministración tendo en conta o contexto internacional e a dispoñibilidade de calquera compoñente ou subsistema tecnolóxico sensible que poida formar parte da solución, mediante a adquisición de equipos, compoñentes, integracións de sistemas e software asociado a provedores situados na Unión Europea.

8. As persoas beneficiarias estarán obrigadas a crear en España todo o emprego necesario para a realización da actividade, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

9. Cumprir coas obrigas de información e publicidade, segundo se establece no artigo 28 das presentes bases.

10. As actuacións a que se refire o artigo 4 deberán cumprir as seguintes condicións:

a) Cumprimento das condicións específicas de aplicación do principio de non causar dano significativo (Do no significant harm-DNSH) establecidas no anexo III.

b) Realizarse por empresas instaladoras rexistradas no Rexistro de empresas instaladoras de telecomunicación ao que se refire o artigo 3 do Regulamento regulador da actividade de instalación e mantemento de equipos e sistemas de telecomunicación, aprobado polo Real decreto 244/2010, do 5 de marzo. En concreto, polo tipo de actividade B ou F, segundo o establecido na Orde ITC/1142/2010, do 29 de abril, pola que se desenvolve o Regulamento regulador da actividade de instalación e mantemento de equipos e sistemas de telecomunicación.

c) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas o requiran.

11. Nos casos nos que as persoas beneficiarias se atopen dentro do ámbito subxectivo de aplicación establecido no artigo 3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, deberán dar cumprimento ás disposicións relativas a publicidade activa que figuran no capítulo II do título I da dita lei. En particular, tal e como se menciona no punto 2 do artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, publicarán a información prevista na alínea c) do punto 1 do artigo 8 da devandita lei seguindo os principios xerais establecidos no seu artigo 5.

Adicionalmente aos deberes relativos á publicidade activa que marca a normativa de carácter básico, as persoas beneficiarias están suxeitas aos deberes de subministración de información conforme ao disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias de non atender a esta obriga ditaranse conforme o disposto na devandita lei.

12. As persoas beneficiarias están obrigadas a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

13. O incumprimento de calquera dos deberes sinalados nos puntos anteriores, poderá ser causa da perda de dereito ao cobro ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase procedemental en que se atope a tramitación do expediente.

CAPÍTULO III

Actividade subvencionable

Artigo 7. Investimentos e gastos subvencionables

1. As subvencións destinaranse a financiar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos proxectos subvencionados, acorde co estipulado nas presentes bases e convocatoria, e que se materialicen no período fixado en cada convocatoria.

2. Se consideran investimentos e gastos potencialmente subvencionables na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos, os seguintes conceptos asociados ao proxecto:

a) Infraestruturas e obra civil.

b) Equipamento e outros materiais.

c) Gastos de persoal propio, ata un máximo do 7% da cantidade subvencionable.

d) Outros custos xerais ou indirectos imputables ao proxecto. Cando na realización do proxecto se xeren custos indirectos, estes calcularanse a un tipo fixo de ata o 15 % dos custos directos de persoal propio subvencionable.

3. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou fornezan.

4. Os gastos subvencionables deberán ter sido efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación e nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sea de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

5. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables o Imposto sobre o valor engadido ou outros impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Artigo 8. Financiamento e intensidade máxima da subvención

1. As subvencións que se concedan, financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se determinen nas correspondentes convocatorias.

2. Enténdese por intensidade de subvención o importe da mesma expresado en porcentaxe dos custos subvencionables do proxecto. Todas as cifras empregadas entenderanse antes de deducións fiscais ou doutro tipo.

3. A intensidade máxima das subvencións fixarase, para cada caso, nas convocatorias ditadas ao amparo das presentes bases. En todo caso, esta intensidade máxima non poderá superar o 80 por cento (80 %) do custo de todos os conceptos subvencionables.

4. As subvenciones que se concedan ao amparo das presentes bases non serán compatibles con calquera outra axuda doutros programas ou instrumentos financiados con calquera outro fondo da Unión Europea.

5. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía, que illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

6. As subvencións concedidas nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases estarán limitadas polos importes totais de axudas acumuladas mencionados nos regulamentos que sexan de aplicación, segundo se detalla no artigo 9.

Artigo 9. Subvencións baixo condicións de minimis

As subvencións concedidas ao abeiro das presentes bases quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos seguintes regulamentos, segundo o sector ao que pertenzan os beneficiarios e o ámbito da súa actividade:

1. Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE) ás axudas de minimis (DOUE L do 15 de decembro). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 300.000,00 euros durante o período dos tres anos previos.

2. Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro (DOUE L 51, do 22 de febreiro). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 20.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

3. Regulamento (UE) nº 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), modificado polo Regulamento (UE) nº 2023/2391 da Comisión, de 4 de outubro (DOUE L, do 5 de outubro). Nos termos desta normativa, a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá os 40.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

CAPÍTULO IV

Comunicacións, representación e presentación de solicitudes

Artigo 10. Representación

1. As persoas físicas que realicen a firma da solicitude ou a presentación de declaracións responsables ou comunicacións, interposición de recursos, desistencia de accións ou renuncia a dereitos, en representación das persoas solicitantes ou beneficiarias das subvencións, deberán ter a representación necesaria para cada actuación, nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. A persoa asinante da solicitude deberá acreditar que no momento da presentación da solicitude ten representación suficiente para o acto. O incumprimento desta obriga, de non emendarse, dará lugar a que a persoa interesada se dea por desistida da súa solicitude.

3. Para o resto dos trámites indicados no punto 1, cando o representante sexa distinto da persoa que asinou a solicitude, deberase achegar igualmente a acreditación do poder con que actúa o novo asinante, que deberá ser suficiente para exercer a devandita representación.

4. O órgano instrutor poderá requirirlles en calquera momento ás persoas asinantes a acreditación da representación que posúan. A falta de representación suficiente da persoa solicitante ou beneficiaria en cuxo nome se presentou a documentación determinará que o documento en cuestión se dea por non presentado, cos efectos que diso derive para a continuación do procedemento.

5. A representación poderá acreditarse mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

Artigo 11. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será o indicado en cada convocatoria.

Artigo 12. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán presentadas directamente polas persoas interesadas ou pola persoa que acredite a súa representación segundo o indicado no artigo 10.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emenda través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non reunise os requisitos establecidos, requirirase a persoa interesada para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo da posible aplicación das consecuencias sancionadoras que procedan, de conformidade co disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.

b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

g) Concesións das axudas a que aplica a regra de minimis vixentes da persoa solicitante, rexistrados na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

h) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo do anexo IV).

b) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo do anexo V).

c) Acreditación válida do poder de representación, de ser precisa.

d) Acreditación de inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración tributaria foral, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolta na data de solicitude da axuda.

e) Acreditación de que a persoa solicitante é unha microempresa, pequena ou mediana empresa (peme), segundo se definen na Recomendación da Comisión Europea do 6 de maio de 2003. Poderá darse cumprimento a este aspecto mediante a presentación dun certificado de tamaño empresarial ou certificado de alta de autónomos entre outros.

f) Memoria descritiva do proxecto para o cal a persoa interesada solicita a subvención, na cal se deberá facer constar a localización obxecto da actuación, e co detalle suficiente que permita garantir o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4 para poder ser subvencionable.

g) Oferta seleccionada para a execución da actuación por parte da empresa instaladora, distinguindo os conceptos subvencionables e non subvencionables. As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar persoa beneficiaria da subvención.

h) De ser o caso, outras ofertas (mínimo dúas) para a execución das actuacións en caso de aplicación do disposto no artigo 7.3. No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas, deberá pórse de manifesto este feito mediante unha declaración responsable en que o solicitante deberá xustificar a dita imposibilidade, indicando os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, non terse recibido outras ofertas a pesar de terse solicitado, etc.).

i) Para solicitudes de subvención de importe superior a 30.000,00 € deberase acreditar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. A acreditación do nivel de cumprimento deste requisito farase segundo o disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Entenderase cumprido este requisito cando o nivel de cumprimento sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición final sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela en a que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 15. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Autorizacións e publicidade

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras, así como a asunción da veracidade dos datos nela recollidos e a responsabilidade sobre a inclusión destes datos, incluíndo a responsabilidade que se asume por posibles erros realizados a título de simple descoido.

2. A presentación da solicitude pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá opoñerse á consulta ou denegar expresamente o consentimento, e nese caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

3. Conforme o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro destas bases.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para o ano 2006, a Amtega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das subvencións concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas subvencións e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, incluído o Rexistro Público de Subvencións, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Con todo, as persoas interesadas poderán pedir que non se fagan públicos os seus datos cando poidan afectar a honra e a intimidade persoal e familiar das persoas físicas, segundo o establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio.

CAPÍTULO V

Regras do procedemento de concesión

Artigo 17. Órganos competentes

1. A Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convocará e resolverá as solicitudes formuladas ao abeiro das presentes bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

2. A Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será o órgano encargado da instrución e seguimento das solicitudes.

3. A Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será a encargada da xestión económica-orzamentaria dos gastos e ingresos deste programa e do seguimento da súa execución.

Artigo 18. Instrución dos procedementos

1. O órgano encargado da instrución recibirá e revisará as solicitudes así como o resto da documentación presentada e comprobará que as persoas solicitantes cumpren os requisitos precisos para obter a condición de persoas beneficiarias.

2. Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información previstas nas bases, ou na convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos; coa advertencia expresa de que, se así non o fixese, se dará por desistido na súa petición e arquivarase o expediente. Naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

3. O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Unha vez revisadas e analizadas as solicitudes e feitas as emendas, o órgano competente para a instrución elaborará a listaxe ordenada da relación de solicitudes que cumpran os requisitos para poder obter a axuda, por rigorosa orde de presentación, entendida esta tal e como se detalla no punto 2.

Artigo 19. Resolución provisional e audiencia

1. O órgano instrutor, en vista do expediente, formulará a proposta de resolución provisional, que deberá estar debidamente motivada e expresará, polo menos, os proxectos que se subvencionan, o seu custo, así como a subvención concedida, ou, de ser o caso, a causa de denegación, e elevaralla ao órgano competente para resolver.

2. A proposta de resolución terá en consideración as limitacións ao outorgamento de axudas en xeral e de minimis en particular, segundo a situación do solicitante, o cal pode supoñer a imposibilidade de recibir axudas ou a súa minoración. No caso de que as anteditas limitacións sexan de aplicación a solicitudes dun mesmo solicitante e convocatoria, outorgaranse subvencións a solicitudes por orde de presentación.

3. A proposta de resolución provisional poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións.

4. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

Artigo 20. Resolución

1. Examinadas as alegacións aducidas polas persoas interesadas no trámite de audiencia, se é o caso, formularase a proposta de resolución definitiva, que deberá estar debidamente motivada e elevarase ao órgano competente para resolver.

2. Na resolución de concesión da subvención farase constar, polo menos:

a) Compromisos asumidos polas persoas beneficiarias.

b) Créditos orzamentarios aos cales se imputa o gasto, a contía da subvención, a porcentaxe de financiamento e a referencia ao seu financiamento no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

c) Prazos e modos de pagamento da subvención, posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e pagamentos á conta, así como o réxime de garantías que, de ser o caso, deberán realizar as persoas beneficiarias.

d) Prazo e forma de xustificación por parte das persoas beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.

e) Condicións técnicas e económicas que debe cumprir o proxecto obxecto da subvención concedida.

f) Importe da axuda e o seu carácter de minimis, facendo unha referencia expresa e completa ao regulamento concreto de minimis que sexa de aplicación

3. Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

4. No caso de existiren solicitudes que non acaden o dereito á subvención, por terse esgotado o crédito dispoñible, pasarán a formar unha lista de agarda, cos solicitantes que poderán ser susceptibles de recibir a axuda se se produce un incremento do crédito, ben por dispor de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta subvención, de conformidade co disposto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

5. Notificada a proposta de resolución definitiva polo órgano competente, as persoas interesadas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

6. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificárllela ás persoas interesadas será de cinco (5) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que as subvencións reguladas nas presentes bases se amparan no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Artigo 22. Réxime de recursos

As resolucións de concesión da subvención porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Amtega, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produciu o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 23. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do orzamento aceptado polo órgano concedente e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. Unha vez ditada a resolución de concesión e, en todo caso, antes de que finalice o prazo para a realización do proxecto, a persoa beneficiaria poderá solicitar a modificación do seu contido, e deberá achegar xunto coa solicitude de modificación un novo exemplar actualizado e asinado do documento normalizado correspondente, para acreditar a non vinculación cos provedores.

No caso de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta na concesión, procederase a revisar o proxecto, e pode, neste caso, dar como resultado unha modificación, á baixa, da subvención concedida ou a perda do dereito a esta.

3. Para a modificación da resolución de concesión non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

4. As persoas beneficiarias terán o deber de comunicarlle ao órgano concedente calquera alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención.

5. As modificacións da resolución de concesión poderanse autorizar sempre que:

a) A modificación solicitada non desvirtúe a finalidade da subvención e non supoña incremento do orzamento.

b) Non exista prexuízo a terceiros.

c) Os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación, de concorrer na concesión inicial, non suporían a denegación da subvención.

A conformidade expresa do órgano concedente ás mencionadas modificacións só será outorgada cando non se altere significativamente o proxecto inicial e se cumpran os requisitos antes indicados.

Artigo 24. Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. No caso de que se comunicase a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida, os créditos liberados poderán asignarse aos proxectos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

Artigo 25. Xustificación e pagamento das subvencións

1. A xustificación da subvención realizarase polas persoas beneficiarias de acordo co establecido no capítulo IV, artigo 27 e sucesivos, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no título III, capítulo II do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei e co establecido na normativa aplicable do Mecanismo de recuperación e resiliencia e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

2. A modalidade de xustificación adoptada para a acreditación da realización do proxecto, o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectivos previstos na resolución de concesión, será a de conta xustificativa de acordo co previsto no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A documentación para presentar estará formada polos seguintes elementos:

a) Solicitude de pagamento, debidamente asinada polo representante legal da persoa beneficiaria.

b) Conta xustificativa segundo o establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asinada polo representante legal da persoa beneficiaria, que conterá:

1º. Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2º. Unha memoria económica xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

a. Unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento.

b. As facturas ou os documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior e a documentación acreditativa do pagamento.

c. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

c) Declaración responsable en que figuren os seguintes termos:

1º. Outras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto.

2º. As axudas de minimis recibidas ou solicitadas e pendentes de resolución, durante os tres últimos anos.

3º. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4º Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5º. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6º. Non atoparse en crise segundo a definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.

7º. Non atoparse suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión europea que declarase unha axuda á persoa beneficiaria ilegal e incompatible co mercado común.

d) Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social (soamente no caso de denegar expresamente o consentimento ao órgano xestor para que solicite de oficio os certificados).

e) Compromiso por escrito de conceder os dereitos e os accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía europea e as autoridades nacionais competentes exerzan as súas competencias, en virtude do establecido no artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro, e o artigo 129 do Regulamento financeiro.

f) Xustificación do cumprimento das obrigas de publicidade e información, segundo o disposto no artigo 28 destas bases.

4. Toda a documentación necesaria para a xustificación da realización do proxecto referida nos puntos anteriores será presentada a través dos medios sinalados no artigo 15, no prazo máximo que se fixe na convocatoria.

5. O órgano instrutor poderá ditar instrucións ou guías para a elaboración de calquera aspecto relativo á documentación xustificativa da realización do proxecto.

6. Tal e como se establece no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentar esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá á persoa beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido nesta epígrafe comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

7. O órgano competente procederá ao pagamento, unha vez realizada a comprobación da documentación xustificativa presentada polas persoas beneficiarias e terse verificado que se cumpren todos os requisitos exixidos nas bases reguladoras para proceder ao pagamento das subvencións.

Artigo 26. Pagamentos parciais e garantías

Non se prevé a realización de pagamentos anticipados nin pagamentos parciais.

Artigo 27. Actuacións de comprobación

1. As persoas beneficiarias da subvención estarán obrigadas a facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación cos proxectos obxecto de subvención, as persoas beneficiarias deberán someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes.

2. As persoas beneficiarias aseguraránse de que os orixinais dos documentos xustificativos presentados, estean ao dispor dos organismos encargados do control, referidos no punto anterior, durante un período de polo menos tres (3) anos a partir da presentación da xustificación, salvo que na resolución de concesión se especifique un prazo maior.

Artigo 28. Información e publicidade que debe realizar pola persoa beneficiaria

1. As persoas beneficiarias das subvencións deberán facer mención da orixe do financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración do financiamento adecuada que indique «Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU», en particular, cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

2. Nas publicacións, equipamentos, material inventariable, actividades de difusión, páxinas web e outros resultados a que poida dar lugar o proxecto e, en xeral, en calquera medio de difusión, deberán cumprir cos requisitos de imaxe do programa en vigor.

3. Para estes efectos, o órgano xestor poderá facilitar ás persoas beneficiarias instrucións, modelos e exemplos para cumprir coas obrigas de publicidade, que serán conformes co establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento europeo e do Consello, no artigo 9 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e no artigo 25 do Real decreto 988/2021, do 16 de novembro.

Artigo 29. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela dos deberes previstos no título I da citada lei. En caso de incumprimento desta obriga, terase en conta o disposto no punto 4 do artigo citado.

Artigo 30. Datos de carácter persoal

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

CAPÍTULO VI

Reintegro e infraccións

Artigo 31. Reintegros e infraccións

1. O incumprimento dos requisitos establecidos nas presentes bases e demais normas aplicables, así como das condicións que, de ser o caso, se estableceron na correspondente resolución de concesión, dará lugar, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver as subvencións percibidas e os intereses de demora correspondentes, conforme ao disposto no título II, capítulo I da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do seu regulamento.

Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto, ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento do deber de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento do deber de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeira, así como o incumprimento dos deberes contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo no que se alcanzan os obxectivos, realízase a actividade, execútase o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento dos deberes das persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo ou a realidade e regularidade das actividades subvencionadas.

2. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas.

3. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves de acordo cos artigos 54, 55 e 56 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A potestade sancionadora por incumprimento establécese no artigo 66 da mesma.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

1. No non previsto nas presentes bases, será de aplicación o Real decreto 988/2021, do 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa de axudas ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla para a execución de diversas accións de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como as modificacións realizadas polo Real decreto 1136/2023, do 19 de decembro, e polo Real decreto 520/2024, do 4 de xuño; a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno; a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; así como a Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

2. Así mesmo, aplicarase a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, no caso de que na execución das subvencións se subscriban contratos que deban someterse a esta lei.

3. Tamén é de aplicación a Lei 11/2020, do 30 de decembro, dos orzamentos xerais do Estado para 2021, en relación coa vinculación legal coa finalidade dos fondos recibidos para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

4. Así mesmo, son de aplicación as definicións de fraude, corrupción e conflito de intereses contidas na Directiva (UE) nº 2017/1371 do Parlamento europeo e do Consello, do 5 de xullo, sobre a loita contra a fraude que afecta os intereses financeiros da Unión a través do Dereito penal (Directiva PIF), e no Regulamento (UE Euratom) 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro da UE), traspostas ao dereito interno na Lei orgánica 1/2019, do 20 de febreiro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, para traspoñer directivas da Unión Europea nos ámbitos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional.

5. As axudas que se desenvolvan ao abeiro das presentes bases estarán así mesmo sometidas ao Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, así como á normativa interna aplicable á xestión, seguimento e control que se estableza para o Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, en particular, o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, cuxa aplicación será de obrigado cumprimento. En particular, é de aplicación o previsto nos seus artigos 37 e 46 en relación, respectivamente, coa afectación legal dos ingresos procedentes do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia, e as obrigas de información para o seguimento dos proxectos financiados a través do PRTR.

O anterior, sen prexuízo da aplicación de calquera outras disposicións tanto do dereito nacional como da Unión Europea que puidesen resultar de aplicación, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión dos fondos provenientes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, e o PRTR. En particular, será de aplicación o previsto no Regulamento xeral de exención por categorías, así como na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información para proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

6. Tamén será de aplicación a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

7. Será igualmente de aplicación o disposto na Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento; a Lei 11/2022, do 28 de xuño, xeral de telecomunicacións, e a súa normativa de desenvolvemento; o establecido no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa Sociedade da Información e medios de comunicación social.

8. As subvencións que se concedan ao abeiro destas bases reguladoras articularanse coma axudas de minimis ao abeiro, segundo sexa de aplicación, do Regulamento (UE) nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316, da Comisión, do 21 de febreiro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE ás axudas de minimis no sector agrícola; do Regulamento (UE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, modificado polo Regulamento (UE) nº 2023/2391 da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura; do Regulamento (UE) nº 2023/2831, da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE) ás axudas de minimis.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 18.2 e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, deberase transmitir á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto de cada convocatoria ditada ao abeiro das presentes bases reguladoras para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Condicións específicas en relación co principio
de non causar dano significativo (DNSH)

Entre as obrigas para cumprir co disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) 2021/241, do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, atópase a de respectar o chamado principio de non causar un dano significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

Por iso, as persoas beneficiarias das axudas deberán prever os mecanismos que aseguren o cumprimento en todas as fases do deseño e execución do proxecto das condicións específicas que se enumeran a seguir, asociadas a cada un dos obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento 2020/852, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088:

Obxectivo ambiental

Condición específica

Mitigación do cambio climático.

Espérase que a medida xere emisións importantes de gases de efecto invernadoiro?

– Os fabricantes dos equipos e compoñentes utilizados, o operador da rede e/ou o provedor dos servizos de rede adheríronse ao Código de conduta europeo sobre consumo enerxético de equipos de banda larga.

– Ou a persoa beneficiaria demostra que realiza os maiores esforzos para implementar prácticas relevantes sobre eficiencia enerxética nos equipos e instalacións.

Adaptación ao cambio climático.

Espérase que a medida dea lugar a un aumento dos efectos adversos das condicións climáticas actuais e das previstas no futuro, sobre si mesma ou nas persoas, a natureza ou os activos?

– No momento do deseño e a construción das instalacións de infraestruturas de despregamento de banda larga ultrarrápida, a persoa beneficiaria incorporará as solucións de adaptación que reduzan o risco climático de onda de calor e aplicaraas antes do inicio das operacións.

O uso sustentable e a protección dos recursos hídricos e mariños.

Espérase que a medida sexa prexudicial: (i) do bo estado ou ao bo potencial ecolóxico das masas de auga, incluídas as augas superficiais e subterráneas; ou (ii) para o bo estado ambiental das augas mariñas?

– No proxecto non se incluirán actuacións de infraestruturas que poidan alterar a hidroloxía.

Transición a unha economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos.

Espérase que a medida (i) dea lugar a un aumento significativo da xeración, incineración ou eliminación de residuos, excepto a incineración de residuos perigosos non reciclables; ou (ii) xere importantes ineficiencias no uso directo ou indirecto de recursos naturais en calquera das fases do seu ciclo de vida, que non se minimicen con medidas adecuadas; ou (iii) dea lugar a un prexuízo significativo e a longo prazo para o medio en relación á economía circular?

– Os equipos non conterán as substancias restrinxidas enumeradas no anexo II da Directiva 2011/65/UE, excepto cando os valores de concentración en peso en materiais homoxéneos non superen os enumerados no devandito anexo.

– Ao final da súa vida útil, o equipo someterase a unha preparación para operacións de reutilización, recuperación ou reciclaxe, ou un tratamento adecuado, incluída a eliminación de todos os fluídos e un tratamento selectivo de acordo co anexo VII da Directiva 2012/19/UE.

– Existe un plan de xestión de residuos que garante a máxima reciclaxe, ao final da súa vida útil, dos equipos eléctricos e electrónicos.

Prevención e o control da contaminación.

Espérase que a medida dea lugar a un aumento significativo das emisións de contaminantes á atmosfera, a auga ou o chan?

– Adoptaranse medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes durante a fase de obra e executaranse as actuacións asociadas a esta medida sempre cumprindo a normativa de aplicación vixente en canto á posible contaminación de chans e auga.

Protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas.

Espérase que a medida (i) vaia en gran medida en detrimento das boas condicións e a resiliencia dos ecosistemas; ou (ii) vaia en detrimento do estado de conservación dos hábitats e das especies, en particular daqueles de interese para a Unión?

– Asegurarase que as instalacións de infraestruturas IT non afectarán negativamente as boas condicións e a resiliencia dos ecosistemas, tampouco o estado de conservación dos hábitats e as especies, en particular, os espazos de interese da Unión incluídos a Rede Natura 2000 de áreas protexidas, sitios do patrimonio mundial da Unesco e outras áreas protexidas. Por iso, cando sexa preceptivo, realizarase a avaliación de impacto ambiental, de acordo co establecido na Directiva 2011/92/EU.

ANEXO IV

Modelo de aceptación da cesión de datos
entre as administracións públicas

Don/Dona........................................, con DNI............................, como conselleiro/a
delegado/a/xerente da entidade ………………………...………………………………………………….., con NIF …………………………., e domicilio fiscal en …………………………………………………………………………………………………… solicitante de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no compoñente 15, no marco da Resolución do ...... de ................ de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F); DECLARA coñecer a normativa que é de aplicación, en particular, os seguintes puntos do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia:

1. A letra d) do punto 2:

«Solicitar, para os efectos de auditoría e control do uso de fondos en relación coas medidas destinadas á execución de reformas e proxectos de investimento no marco do Plan de recuperación e resiliencia, nun formato electrónico que permita realizar procuras e nunha base de datos única, as categorías harmonizadas dos datos seguintes:

i. O nome do perceptor final dos fondos.

ii. O nome do contratista e do subcontratista, cando o perceptor final dos fondos sexa un poder adxudicador, de conformidade co dereito da Unión ou nacional en materia de contratación pública.

iii. Os nomes, apelidos e datas de nacemento dos titulares reais do perceptor dos fondos ou do contratista, segundo se define no artigo 3, punto 6, da Directiva (UE) 2015/849, do Parlamento Europeo e do Consello.

iv. Unha lista de medidas para a execución de reformas e proxectos de investimento no marco do Plan de recuperación e resiliencia, xunto co importe total do financiamento público das ditas medidas e que indique a contía dos fondos desembolsados no marco do mecanismo e doutros fondos da Unión».

2. Punto 3:

«Os datos persoais mencionados no punto 2, letra d) do presente artigo só serán tratados polos Estados membros e pola Comisión para os efectos e a duración da correspondente auditoría da aprobación da xestión orzamentaria e dos procedementos de control relacionados coa utilización dos fondos relacionados coa aplicación dos acordos a que se refire o artigo 15, punto 2, e 23, punto 1. No marco do procedemento de aprobación da xestión da Comisión, de conformidade co artigo 319 do TFUE, o mecanismo estará suxeito á presentación de informes no marco da información financeira e de rendición de contas integrada a que se refire o artigo 247 do Regulamento financeiro e, en particular, por separado, no informe anual de xestión e rendemento».

Conforme o marco xurídico exposto, en caso de resultar persoa beneficiaria destas subvencións, manifesta acceder á cesión e ao tratamento dos datos cos fins expresamente relacionados nos artigos citados.

……………………………..., ...... de …………… de 202...

…………………………………………….

Cargo: …………………………………………

ANEXO V

Modelo de declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento
dos principios transversais establecidos no PRTR

Don/Dona ………………………………, con DNI …………………….., como conselleiro/a
delegado/a/xerente da entidade ……………………………………………………………….., con NIF …………………………., e domicilio fiscal en …………………………………………………………………………………………………………………………………… solicitante de axudas financiadas con recursos provenientes do PRTR no desenvolvemento de actuacións necesarias para a consecución dos obxectivos definidos no compoñente 15, no marco da Resolución do ...... de ................ de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondentes á liña de actuación 3 de reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, no marco do investimento C15.I2 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400F); en caso de resultar persoa beneficiaria destas subvencións manifesta o compromiso da entidade que representa cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, e comunicándolles, de ser o caso, ás autoridades que proceda os incumprimentos observados.

Adicionalmente, atendendo ao contido do PRTR, comprométese a respectar os principios de economía circular e a evitar impactos negativos significativos no ambiente (DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco do dito plan e manifesta que non incorre en dobre financiamento e que, se é o caso, non lle consta risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado.

……………………………..., ...... de …………… de 202....

…………………………………………….

Cargo: …………………………………………