DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 11 de xuño de 2024 relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Penelas e mais da Seara, no concello de Cartelle.

Unha vez examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Penelas, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) do Carballal, e mais da Seara, pertencente á CMVMC da Seara, no concello de Cartelle, resulta o seguinte:

Feitos.

Primeiro. O 31.8.2022 a CMVMC do Carballal presentou un escrito (Rexel 2022/2166664) en que solicitan a aprobación dun deslindamento coa CMVMC da Seara.

Coa solicitude achegouse a seguinte documentación:

– Acta-informe de deslindamento.

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Cartelle.

– Certificacións dos acordos das respectivas asembleas xerais.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 14 de setembro de 2023 fai constar que o deslindamento comprende o tramo que empeza no vértice 1, Marco do Valiño das Aceas (o situado máis ao NL), e remata no vértice 8, Alto da Serra Pista (o situado máis ao SO).

O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que lle propón ao Xurado Provincial a súa aprobación.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se deberá seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará a resolución correspondente, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 14 de setembro de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 14 de maio de 2024:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Penelas, pertencente á CMVMC do Carballal, e mais do MVMC da Seara, pertencente á CMVMC da Seara, no concello de Cartelle.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 18 de xuño de 2024

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense