DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao deslindamento do monte veciñal Caxigal de San Martiño, no concello do Corgo (expediente 15_78/2023_6DES).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 4.6.2024, figura o seguinte acordo:

MVMC Caxigal de San Martiño (expediente 15/78), pertencente aos veciños de Coedo, Seoane, Vilacorbe e Coto, da parroquia de San Martiño de Folgosa, no concello do Corgo.

O 22.6.2023, a citada comunidade presentou unha proposta de deslindamento do seu monte, respecto de propiedades particulares, coa que solicitaba o inicio do correspondente procedemento, de acordo co disposto no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

O 17.7.2023 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable sobre proposta formulada.

O 8.8.2023 publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abría o prazo de alegacións para o expediente 2023_6DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no concello do Corgo e na web da Consellería do Medio Rural.

O 7.12.2023 a comunidade ratificouse na proposta con indicación de que non recibiron alegacións. O 14.12.2023 o Servizo de Montes emitiu un novo informe favorable sobre o deslindamento solicitado.

O 9.2.2024, tivo entrada a proposta definitiva da liña de deslindamento, nos termos requiridos no citado artigo 54.

O 27.2.2024, o Servizo de Montes emitiu un informe no que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Caxigal de San Martiño pasa a ter una superficie de 95,84 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados. O xurado provincial de montes veciñais en man común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e proceder a realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, correspondente ao monte veciñal tralo deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xuño de 2024

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

Plano do MVMC Caxigal de San Martiño tras o deslindamento

missing image file