DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 1 de xullo de 2024 Páx. 40129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas os trámites de audiencia en relación coas propostas de exclusión de varias parcelas do polígono 13 das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín, Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín (rúa Polideportivo, nº 1, baixo), das 9.00 á 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 18 de xuño de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de titular

Interesado/a

Acto que se notifica

216-2

25291030T

Trámite de audiencia

375

05404663P

Trámite de audiencia

377

76784048C

Trámite de audiencia

1406-1

70409130N

Trámite de audiencia

1406-2

44087264J

Trámite de audiencia

1406-3

44087263N

Trámite de audiencia