DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36032

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2024 pola que se modifican os anexos II, III, IV e VI da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 9 de decembro de 2020 aprobou os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados na Comunidade Autónoma de Galicia e regulou o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

Para adaptar os anexos da devandita orde aos diversos cambios normativos efectuados modificáronse estes nas resolucións da Axencia Tributaria de Galicia do 25 de xaneiro, do 4 de marzo e do 14 de maio de 2021, así como do 10 de xaneiro de 2022 e do 10 de xaneiro de 2023.

Na Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, introdúcese unha modificación do tipo de gravame aplicable no caso de transmisión de vehículos de motor usados, que pasan do 8 ao 3 %, excepto os vehículos que tributan por cota fixa, e establécese un tipo do 0 % cando se trate de vehículos usados clasificados no Rexistro de Vehículos coa categoría ambiental «0 emisións» e bicicletas, bicicletas de pedais con pedaleo asistido e vehículos de mobilidade persoal. Ademais, nesta lei, para os casos de adquisición dun inmoble que vaia ser obxecto de inmediata rehabilitación, fíxase un tipo de gravame do 6 % ou 4 %. Este último aplícase cando o inmoble está nalgunha das parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais.

Ademais, modifícanse os modelos de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o pagamento en metálico do imposto que grava os documentos mercantís admitidos a negociación ou cobranza por entidades colaboradoras (modelo 610), para o pagamento en metálico do imposto que grava a emisión de documentos que leven aparellada acción cambiaria ou sexan endosables á orde (modelo 615), e para o pagamento en metálico do imposto que grava as letras de cambio (modelo 630). Estas modificacións derivan de que se habilitou a posibilidade de presentar declaración complementaria deses modelos.

O exposto fai necesario modificar no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 o cadro de concepto/clave/tipo do modelo 600, así como os anexos III, IV e VI da dita orde, e é competente para iso a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar no anexo II da Orde do 9 de decembro de 2020 o cadro de claves e conceptos, que pasa a ser o seguinte:

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Quinto. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación.

Disposición transitoria

As persoas obrigadas á presentación do modelo 600 poderán seguir empregando o antigo modelo para a presentación en papel da autoliquidación, tendo en conta que o cadro de concepto/clave/tipo deste modelo é o que se modifica nesta resolución. O devandito cadro pode ser consultado na Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2024

Sonia Lafont Sendino
Directora da Axencia Tributaria de Galicia