DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36044

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B).

O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa NextGenerationEU como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada polo coronavirus.

O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúe os fondos NextGenerationEU e o Marco financeiro plurianual 2021-2027, creándose o Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidos pola COVID-19.

O Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a el e alcanzar os obxectivos establecidos, e serán presentados formalmente polos Estados, como moi tarde, o 30 de abril.

A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias a seguir no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o Plan cumpren cos seis alicerces establecidos polo Regulamento da UE e articúlanse ao redor de catro eixes principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero). Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran, pola súa vez, 30 compoñentes, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.

O 23 de xaneiro de 2024 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de decembro de 2023, sobre repartición territorial de crédito correspondente ao orzamento de 2023, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE núm. 20, do 23 de xaneiro).

As actuacións que se van desenvolver neste ámbito teñen como finalidade a execución da submedida 2 «Financiamento de proxectos de eficiencia enerxética e economía circular», incluída no investimento 4 «Actuacións especiais no ámbito da competitividade», no marco do compoñente 14 «Plan de modernización e competitividade do sector turístico», ao tempo que contribúen á consecución do obxectivo CID 227.

Este investimento ten por obxecto a adecuación das empresas do sector turístico aos máis elevados estándares en materia de eficiencia enerxética e economía circular, reducindo a súa pegada de carbono.

O citado Acordo do 29 de decembro de 2023 ten por obxecto ampliar a repartición territorial de crédito, previsto no Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de marzo de 2022. Así mesmo, os recursos da transferencia de 2022 que non fosen comprometidos ou que, a xuízo da comunidade convocante, en razón do número de solicitudes recibidas, non vaian ser comprometidos, poderán ser destinados ao financiamento das actividades comprendidas neste acordo. Na Comunidade Autónoma de Galicia consta un remanente de fondos non comprometidos con cargo á convocatoria anterior de 4.652.085,62 €, que se acumulan aos 5.496.727,00 € correspondentes á asignación financeira do Acordo do 29 de decembro de 2023, que suman un total de 10.148.812,62 €.

Sinala que o número total de establecementos que percibirán axuda en 31 de decembro de 2024 sexan de aloxamento turístico ou doutros subsectores turísticos, computarán indistintamente para os efectos do cumprimento do fito de execución contido no anexo V do Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de marzo de 2022, co número de beneficiarios final que figura actualizado na cláusula cuarta, conforme a nova repartición do orzamento obxecto deste acordo.

A execución deste programa contribuirá a alcanzar os obxectivos ambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, segundo o establecido polo artigo 7 da Directiva 2012/27/UE, do 25 de outubro de 2012, revisada pola Directiva 2018/2002, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables, de conformidade coas condicións establecidas polas respectivas convocatorias que efectúen as comunidades e cidades autónomas. A Axencia de Turismo de Galicia é o organismo encargado da xestión deste programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta resolución tramítase en cumprimento da obriga establecida na base 6ª do citado acordo da conferencia sectorial, no cal se indica que as comunidades autónomas serán as responsables de elaborar as bases reguladoras para a concesión das subvencións, conforme os criterios, requisitos e obrigas segundo o disposto no citado acordo e na normativa europea en materia de axudas de estado.

De conformidade coas facultades atribuídas nas bases 7ª e 9ª, para a configuración de determinados elementos deste programa, a Comunidade Autónoma de Galicia considera, por razóns de eficacia e axilidade na súa xestión, acoutar, por unha banda, as persoas e entidades beneficiarias destas axudas e, por outra, limitar as actuacións.

Tampouco se pode deixar de mencionar que os beneficiarios finais deberán reunir a condición de pequena ou mediana empresa (peme) ou ben grandes empresas, toda vez que as etiquetas climáticas asignadas ao Compoñente 14, medida 4, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en que se encadran as actuacións que se van desenvolver, son a 024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», 024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», e a 044 «Xestión de residuos comerciais e industriais: medidas de prevención, minimización, separación, reutilización e reciclaxe».

Esta resolución establece como sistema único de presentación das solicitudes a presentación electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, xa que a complexidade do programa e das actuacións subvencionadas exixe a necesaria participación de persoal cualificado que, de conformidade coa lexislación vixente, está obrigado a relacionarse electronicamente coas administracións públicas.

Tendo en conta que o financiamento de proxectos de eficiencia enerxética e economía circular en empresas turísticas do Plan de modernización e competitividade do sector turístico está incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, é financiado con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, serán de aplicación as obrigas de control, seguimento da execución e reingreso dos devanditos fondos.

Consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 94 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 95 da dita lei e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, e de conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

1. Convocatoria e bases reguladoras.

1º. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Axencia de Turismo de Galicia para actuacións de eficiencia enerxética e economía circular, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas turísticas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TU986B).

2º. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado na base 6ª do Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo do 29 de decembro de 2023, sobre repartición territorial de crédito correspondente ao orzamento de 2023, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, Acordo do 29 de decembro de 2023), e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección da dita axencia.

2. Solicitudes.

2.1. Para poder ser persoa ou entidade beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras.

2.2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 9 das bases reguladoras.

3. Prazo de duración do procedemento de concesión.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos 4 meses contados desde a data de presentación da solicitude.

4. Información ás persoas interesadas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia de Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/canle-institucional/transparencia/axudas-e-subvencions

b) Páxina web https://sede.xunta.gal/portada, e introducindo no buscador o código de procedemento.

c) Os teléfonos 981 54 74 04 e 981 54 63 60.

d) Enderezo electrónico: fomento.turismo@xunta.gal

5. Réxime de recursos.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

6. Base de datos nacional de subvencións.

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

7. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B)

Artigo 1. Obxecto e réxime xurídico

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en empresas turísticas, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual.

2. A xestión destas axudas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

3. Son aplicables as condicións establecidas no Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo, do 29 de decembro de 2023, sobre repartición territorial de crédito correspondente ao orzamento de 2023, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, Acordo do 29 de decembro de 2023), publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 20, do 23 de xaneiro de 2024.

4. Para o non establecido nestas bases, aplicarase o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo. As axudas obxecto desta convocatoria réxense, ademais, polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas, en particular, polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia; Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021; Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia; Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro).

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. As axudas previstas nesta convocatoria financiaranse cun crédito total de 10.148.812,62 euros, imputables á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.3, proxecto 2022 00004, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2024 e 2025.

2. As subvencións previstas nesta resolución financiaranse co seguinte detalle:

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

7.000.000,00 €

3.148.812,62 €

10.148.812,62 €

3. Estas axudas están financiadas ao 100 % polos fondos NextGenerationEU a través do Mecanismo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, dentro do compoñente 14: Plan de modernización e competitividade do sector turístico, liña de investimento I4. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas, medidas integradas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

4. A modificación da distribución inicialmente aprobada rexerase segundo o previsto no artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, de ser o caso, o reaxuste de anualidades farase de acordo co preceptuado no artigo 27 do mesmo corpo legal.

5. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

6. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e quedará suxeito ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro).

A aplicación do réxime de minimis implica que a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 300.000,00 euros durante o período dos tres anos previos. Este límite aplicarase independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido.

En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e, ao ser unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, as subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas ata que se esgote o orzamento da convocatoria. Non obstante, naqueles supostos nos que se lles requira ás persoas solicitantes a emenda dos erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido. Considerarase esgotado o orzamento cando se efectúe o rexistro da última solicitude de axuda que totalice o importe total do crédito desta convocatoria.

Artigo 3. Réxime de compatibilidade das subvencións

A percepción destas axudas non é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración, entes públicos ou privados.

Así mesmo, será incompatible a solicitude de axudas de establecementos turísticos que resultasen beneficiarios de subvención ao abeiro da convocatoria de eficiencia enerxética a empresas turísticas (TU986B) do ano 2022 (DOG núm. 230, do 2 de decembro).

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas que estean dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria e que sexan titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

2. Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención.

No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.

3. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) e grandes empresas que proxecten levar a cabo un proxecto localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.

4. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias:

a) As persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa ou entidade solicitante.

b) As empresas que se atopen en situación de crise, de acordo coa definición establecida no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014). A acreditación deste requisito realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante, sen menoscabo das accións de comprobación que poida realizar, para estes efectos, a Axencia de Turismo de Galicia.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.

d) No caso de que a subvención supere os 30.000,00 euros e a entidade solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital, para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei.

e) Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.

6. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria á realización do investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 24 destas bases.

7. Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

8. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa beneficiaria da subvención, por cambio na titularidade do establecemento, terán que ser previamente autorizados pola Administración concedente, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, subrogándose o/a novo/a titular na posición xurídica da persoa beneficiaria da subvención e nas obrigas dimanantes desta.

Artigo 5. Actuacións subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse actuacións subvencionables aquelas que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable, nos termos previstos no artigo 1 destas bases, e se realicen no prazo establecido nestas bases.

2. Pódense diferenciar as seguintes tipoloxías de proxectos subvencionables:

A. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

1. Obxectivo. Reducir a demanda enerxética en calefacción e climatización dos edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante a mellora da eficiencia enerxética da súa envolvente térmica no seu conxunto ou nalgún dos elementos que a compoñen.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables as que se realicen na envolvente térmica do edificio completo, dun local ou sobre partes dun edificio destinado a establecemento turístico, que separan os recintos habitables do ambiente exterior (aire, terreo ou outro edificio) e as particións interiores que separan os recintos habitables dos non habitables, segundo o definido no Código técnico da edificación. As actuacións enerxéticas consideradas dentro desta medida serán aquelas que consigan unha redución da demanda enerxética de calefacción e refrixeración do edificio completo, dun local ou sobre partes dun edificio destinado a establecementos turístico, mediante actuacións sobre a súa envolvente térmica. As actuacións enerxéticas sobre a envolvente térmica poderán recoller solucións construtivas convencionais e non convencionais.

Enténdense por solucións construtivas convencionais as utilizadas habitualmente nos edificios para reducir a súa demanda enerxética como, por exemplo, as que afectan as fachadas, cubertas, carpintarías exteriores (incluídas as portas ao exterior con sistemas de apertura e peche automático), vidros e proteccións solares.

Enténdense como solucións construtivas non convencionais as coñecidas como medidas de «arquitectura bioclimática», como, por exemplo: muros trombe, muros parietodinámicos, invernadoiros encostados, sistemas de sombreado, ventilación natural etc.

Consideraranse tamén custos elixibles as instalacións auxiliares necesarias para levar a cabo esta actuación, como estadas ou guindastres.

As actuacións deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Consideraranse subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando cumpra, establecidos nas táboas 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do Documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación. Estes valores deben ser acreditados e/ou xustificados polo/a técnico/a competente no proxecto e/ou a memoria técnica.

Ao tratarse dun edificio completo, local ou parte dun edificio existente destinado a establecemento turístico, será de aplicación o punto IV da súa Parte I, denominado «Criterios de aplicación en edificios existentes». E, en particular, o criterio 2 de flexibilidade, de forma que nos casos en que non sexa posible alcanzar o nivel de prestación establecido con carácter xeral, desde o punto de vista do cumprimento das exixencias básicas de aforro de enerxía, poderán adoptarse solucións que permitan o maior grao de adecuación posible cando, entre outros motivos, as solucións non sexan técnica ou economicamente viables.

b) As actuacións deben cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.

c) Para a verificación do cumprimento dos requisitos establecidos na letra a) será necesario presentar o Certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas.

d) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €.

B. Mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, reguladas polo Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).

B.1. Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou parte do edificio destinado a establecemento turístico mediante o uso da enerxía solar térmica para a produción de auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración ou climatización de piscinas.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables aquelas en que se substitúa enerxía convencional para produción de auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración ou climatización de piscinas en edificios completos, locais ou partes de edificios existentes, por enerxía solar térmica.

Serán subvencionables as instalacións solares novas e rehabilitacións e/ou ampliacións de instalacións existentes sempre que supoñan a substitución e/ou incremento da potencia de xeración solar e que se realicen en edificios completos, locais ou partes de edificios existentes destinados a establecementos turísticos.

As instalacións solares térmicas deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Responderán á definición de «instalación solar térmica». Enténdese por instalación solar térmica o conxunto de compoñentes encargados de realizar as funcións de captar a radiación solar incidente mediante captadores solares térmicos (captadores de aire, de concentración, captadores planos, híbridos, tubos sen carga etc.), transformala directamente en enerxía térmica útil quentando un fluído, transportar a enerxía térmica captada ao sistema de intercambio ou de acumulación a través dun circuíto para poder utilizala despois de forma directa como calor, ou como frío a través de máquinas de absorción, adsorción etc., nos puntos de consumo.

b) As instalacións e equipamentos cumprirán coa normativa vixente establecida no RITE, así como co documento «Guía técnica da enerxía solar térmica», elaborada polo IDAE e dispoñible na súa páxina web.

As actuacións deben cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.

c) Para a verificación do aforro enerxético esperado será necesario presentar o Certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas.

d) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 10.000,00 €.

e) Establécese un custo elixible unitario máximo de 1.190,00 €/kW. A potencia de produción térmica calcularase tendo en conta o cociente de 0,7 kW/m2 área total captador. No caso de incorporar sistemas de produción de frío mediante enerxía térmica, como máquinas de absorción, adsorción, etc., o custo subvencionable unitario máximo verase incrementado nun 50 %.

B.2. Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico mediante o uso da enerxía xeotérmica para un ou varios dos seguintes usos: calefacción, climatización, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables aquelas en que se substitúa enerxía convencional para produción de auga quente sanitaria, calefacción, refrixeración ou climatización de piscinas en edificios completos, locais ou partes de edificios existentes, por enerxía xeotérmica.

Serán actuacións subvencionables as realizadas nas instalacións de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas, tanto se o sistema de xeración se sitúa no propio edificio completo, local ou parte de edificio usuario destinado a establecemento turístico, como externo a el, subministrando a un ou varios edificios completos, locais ou partes de edificios existentes destinados a establecementos turísticos, sempre que substitúan instalacións de enerxía convencional, incluíndo a modificación de redes de calefacción/climatización, empregando instalacións que utilicen a enerxía xeotérmica. As instalacións de xeotermia poderán ser de circuíto aberto ou pechado, ou ben sistemas de aproveitamento xeotérmico de uso directo.

No caso das instalacións de xeotermia, consideraranse custos elixibles os seguintes conceptos: o investimento en equipamentos efectuado, os custos de execución da instalación, obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias, así como o custo da realización dos estudos, ensaios, sondaxes e simulacións preliminares previas á realización do deseño da instalación, sondaxes exploratorias e TRT, escavacións, cimentacións, gabias, urbanización e demais elementos necesarios para a súa explotación, así como redes de calor/frío e estacións de intercambio. Adicionalmente, terá consideración de custo elixible a distribución interior e equipamentos terminais en instalacións de bomba de calor sempre que se instalen equipamentos terminais de alta eficiencia como radiadores de baixa temperatura, chan radiante ou ventiloconvectores.

As instalacións xeotérmicas deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) As instalacións realizadas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE), así como coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.

b) As instalacións de xeotermia mediante bomba de calor deberán xustificar un rendemento medio estacional (SPF) superior a 2,5.

c) Para a verificación do aforro enerxético esperado, será necesario presentar o Certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas.

d) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €.

e) Establécese un custo elixible unitario máximo de 2.355,00 €/kW no caso de instalacións con circuíto aberto, e de 3.530,00 €/kW para instalacións en circuíto pechado, con captación vertical. Tomarase como potencia Ps da instalación a potencia en calefacción extraída da ficha técnica ou especificacións do fabricante de acordo cos ensaios da norma UNE-EN 14511, é dicir, para as bombas de calor xeotérmicas tomarase o valor da potencia de calefacción B0W35. Naqueles casos onde a potencia Ps non se poida xustificar con base na dita norma, presentarase un informe asinado por técnico/a competente ou empresa instaladora que xustifique a dita potencia.

B.3. Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante o uso de biomasa como combustible para calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables as realizadas en instalacións de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas, que inclúan sistema de intercambio fumes/auga e que substitúan instalacións de enerxía convencional existentes en edificios completos, locais ou partes dun edificio destinados a establecementos turísticos, incluíndo investimentos en redes de calefacción centralizada que dean servizo a máis dun edificio completo, local ou parte de edificio destinados a establecementos turísticos. Considérase que unha instalación pertence á actuación de redes de calor cando, utilizando unha ou varias tecnoloxías renovables, forneza enerxía polo menos a dous centros consumidores mediante as correspondentes estacións de intercambio. Tamén se consideran subvencionables os apararellos de calefacción local, é dicir, dispositivos de calefacción de espazos que emiten calor por transferencia directa soa ou en combinación coa transferencia de calor a un fluído, co fin de alcanzar e manter unha temperatura agradable para os seres humanos no espazo pechado en que o produto está situado, eventualmente combinado coa produción de calor para outros espazos, e equipado cun ou máis xeradores que converten directamente os combustibles sólidos en calor, coa parte frontal pechada.

As instalacións de biomasa deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) As instalacións realizadas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE), así como coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.

b) As instalacións de biomasa deberán lograr unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro de polo menos un 80 %, co fin de que se alcance un «Coeficiente para o cálculo da axuda aos obxectivos climáticos» do 100 %, de acordo co establecido no anexo VI do Regulamento (UE) nº 2021/241, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

c) O beneficiario manterá un rexistro documental suficiente que permita acreditar que o combustible empregado no equipamento dispón dun certificado outorgado por unha entidade independente acreditada relativo ao cumprimento da clase A1, segundo o establecido na norma UNE-EN-ISO 17225-2, da clase A1 da norma UNE-EN-ISO 17225-3, da clase A1 da norma UNE-EN-ISO 17225-4, da clase A1 da norma UNE-EN-ISO 17225-5, da clase A1 da norma UNE-164003 ou da clase A1 da norma UNE-164004. Tamén se poderán subvencionar actuacións que inclúan equipamentos alimentados con leña de madeira sempre que cumpran a clase de propiedade M20, segundo o establecido na norma UNE-EN-ISO 17225-5 e non se realicen en municipios de máis de 50.000 habitantes ou capitais de provincia. Só se poderán subvencionar os equipamentos que funcionen exclusivamente con estes combustibles. Este rexistro, cos albarás ou facturas de venda do biocombustible, manterase durante un prazo de cinco anos.

d) Con independencia da súa potencia, deberán manterse de acordo cun programa de mantemento preventivo cuxas operacións e periodicidades deberán adecuarse ao previsto na táboa 3.3 Operacións de mantemento preventivo e a súa periodicidade, da IT 3.3 Programa de mantemento preventivo do Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios. Así mesmo, o equipamento disporá dun programa de xestión enerxética, que cumprirá co punto IT.3.4 do Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios.

e) A biomasa cumprirá os criterios de sustentabilidade establecidos nos artigos 29 a 31 da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, así como os correspondentes actos delegados e de execución.

f) No caso de que os equipamentos finalmente instalados non sexan os mesmos que se fixeron constar na solicitude, deberá presentarse xunto á documentación requirida para xustificar as actuacións realizadas, para o equipamento definitivamente instalado, unha acreditación por parte do fabricante do equipamento do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia utilizar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (Regulamento (UE) nº 2015/1189 da Comisión).

g) Para a verificación do aforro enerxético esperado, será necesario presentar o Certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas.

h) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €. No caso de redes de calor, serán subvencionables os proxectos que supoñan un custo elixible superior a 100.000,00 €.

i) Establécese un custo elixible unitario máximo de 560,00 €/kW. Tomarase como potencia Ps da instalación a potencia nominal do/dos equipamento/s de xeración térmica, de acordo coa documentación técnica do fabricante achegada.

B.4. Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas anteriores.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía das instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación, produción de auga quente sanitaria ou climatización de piscinas de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante actuacións no sistema de xeración térmica non incluídas nos puntos B.1 a B.3.

2. Actuacións subvencionables. Considéranse actuacións subvencionables as realizadas en instalacións térmicas de calefacción, refrixeración, ventilación ou produción de auga quente sanitaria destinadas a atender a demanda do benestar térmico e hixiene das persoas nos edificios completos, locais ou parte de edificios destinados a establecementos turísticos, así como a climatización das piscinas, dentro do ámbito de aplicación do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación térmica que se renove son as que figuran no Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) vixente.

Terá consideración de custo elixible a distribución interior e equipamentos terminais nas novas instalacións de bomba de calor, sempre que se instalen equipamentos terminais de alta eficiencia como radiadores de baixa temperatura, chan radiante ou ventiloconvectores.

En ningún caso se considerará custo elixible a substitución dun equipamento de xeración térmica por outro que utilice combustible de orixe fósil.

As actuacións enerxéticas subvencionables serán as seguintes:

a) Solucións de aerotermia e hidrotermia de alta eficiencia enerxética que impliquen a substitución total ou parcial de equipamentos de xeración térmica existentes que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria.

As instalacións de aerotermia e hidrotermia mediante bomba de calor deberán ter un rendemento medio estacional (SPF) superior a 2,5.

b) Sistemas de ventilación natural e forzada.

c) Sistemas de arrefriado gratuíto por aire exterior.

d) Sistemas de recuperación de calor e do aire de extracción e aproveitamento de enerxías residuais.

e) Sistemas que utilicen técnicas evaporatorias que reduzan o consumo de enerxía da instalación: arrefriado evaporatorio, condensación evaporatoria, pre-arrefriado evaporatorio do aire de condensación, arrefriado evaporatorio directo e indirecto previo á recuperación de calor do aire de extracción, etc.

f) Tamén serán subvencionables os equipamentos para a mellora da calidade e salubridade do aire de ventilación, a condición de que o sistema proposto aforre enerxía respecto a unha solución técnica de referencia, alternativa á proposta que obteña a mesma calidade e salubridade do aire que, a título indicativo e non limitativo, se relacionan a seguir:

– Implantación de sistemas de xestión da calidade do aire.

– Incorporación regulación de ventilación por concentración de CO2.

– Actuacións para mellora da calidade do aire CAI, mediante aumentos de caudais de aire, filtrado de aire de recirculación, uso de purificadores, etc.

g) As actuacións realizadas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE), así como coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.

h) Para a verificación do aforro enerxético esperado será necesario presentar o Certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas.

i) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €.

C. Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía convencional en edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante o uso da enerxía solar fotovoltaica para a produción de electricidade.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables aquelas destinadas ao desenvolvemento de instalacións solares fotovoltaicas para produción de electricidade de orixe renovable, incluídas as instalacións de almacenamento de enerxía.

Enténdese por instalacións de autoconsumo as establecidas no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica. Así mesmo, para os efectos desta resolución, tamén se consideran actuacións subvencionables as instalacións illadas da rede non reguladas no citado Real decreto 244/2019.

Enténdese por instalacións de almacenamento aquelas en que se difire o uso final de electricidade a un momento posterior a cando foi xerada, ou que realizan a conversión de enerxía eléctrica nunha forma de enerxía que se poida almacenar para a subseguinte reconversión da dita enerxía en enerxía eléctrica. Para que estas instalacións sexan elixibles, deberase dar a condición de que o almacenamento non estea directamente conectado á rede, senón que será parte da instalación de autoconsumo.

As características que deberán verificar as instalacións para ser consideradas subvencionables serán as seguintes:

a) As instalacións realizadas deberán cumprir cos requisitos establecidos no Regulamento electrotécnico para baixa tensión (REBT), así como coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.

b) Deberase xustificar que, en cómputo anual, a suma da enerxía eléctrica consumida por parte do consumidor á instalación obxecto de axuda sexa igual ou maior ao 80 % da enerxía anual xerada pola instalación (as instalacións deberán inscribirse no Rexistro de instalacións sen excedentes).

c) Só serán consideradas elixibles as instalacións de almacenamento que non superen un cociente de capacidade instalada de almacenamento fronte a potencia de xeración de 2 kWh/kW. Ademais, deberán contar cunha garantía mínima de 5 anos.

As tecnoloxías chumbo-ácido para almacenamento non serán elixibles.

d) Deberán dispoñer dun sistema de xestión, control activo e monitorización tanto da xeración como da acumulación e a demanda de enerxía eléctrica.

e) A xustificación da produción esperada e o autoconsumo proxectado realizarase con base no consumo histórico do inmoble.

f) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €.

g) Establécese un custo elixible unitario máximo de 1.450,00 €/kW pico instalado, considerando a potencia instalada no campo xerador.

No caso de instalacións de acumulación, consideraranse uns custos elixibles máximos de 850,00 €/kWh de capacidade de acumulación.

D. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

1. Obxectivo. Reducir o consumo de enerxía das instalacións de iluminación de edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico.

2. Actuacións subvencionables. Serán consideradas subvencionables todas aquelas que permitan mellorar a eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación interior, dos edificios, locais ou partes dos edificios en uso destinados a establecementos turísticos, así como a iluminación exterior ornamental e aparcadoiros de vehículos ao aire libre anexos ao edificio, regulados polo Regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior, aprobado polo Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro. Entre as actuacións subvencionables serán con carácter indicativo e non limitativo as que se relacionan a seguir:

a) Luminarias, lámpadas e equipamento: substitución do conxunto por outro con luminarias de maior rendemento podendo incluír tecnoloxía TIC, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación, cumprindo cos requirimentos de calidade e confort visual regulamentados.

b) Sistemas e elementos que permitan o control local, remoto ou automático por medios dixitais de aceso e regulación de nivel de iluminación: incluirán aqueles sistemas de control por presenza, por zona do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, ou regulación de nivel de iluminación segundo a achega de luz natural.

c) Cambio de sistema de iluminación: recolocación dos puntos de luz con utilización das tecnoloxías anteriores, de forma que se reduza o consumo eléctrico anual respecto ao sistema actual de iluminación.

d) Sistemas e elementos que permitan o control remoto ou o control automático por medios dixitais de instalacións destinadas a controlar:

– Sistemas de iluminación eficientes axustándoa ás necesidades de cada momento.

– Sistemas de control automático de toldos, persianas ou cortinas do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, que permitan o aproveitamento óptimo da luz solar.

– Sistemas de control automático do acendido, apagado e regulación da iluminación dos edificios completos, locais ou partes de edificios destinados a establecementos turísticos.

As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a instalación de iluminación que se rehabilite son as que figuran no documento HE-3, Eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, do Código técnico da edificación.

e) Para a verificación do aforro enerxético esperado será necesario presentar o Certificado de eficiencia enerxética do inmoble no seu estado final, considerando realizadas as actuacións previstas.

f) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.

E. Renovación de electrodomésticos.

1. Obxectivo. Reducir o consumo eléctrico debido aos electrodomésticos e armarios de conservación profesionais utilizados nos inmobles de uso turístico.

2. Actuacións subvencionables.

• A substitución de electrodomésticos domésticos existentes por equipamentos novos, con etiquetaxe de alta clase enerxética A, B ou C, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento (UE) nº 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello, do 4 de xullo de 2017, polo que se establece un marco para a etiquetaxe enerxética e se deroga a Directiva 2010/30/UE).

• A substitución de electrodomésticos incluídos no ámbito de aplicación da Directiva 2006/42/CE e deseñados principalmente para fins profesionais, por equipamentos novos e máis eficientes. Para xustificar a mellora da eficiencia naqueles equipamentos eximidos de dispoñer de etiqueta enerxética será necesario achegar a ficha técnica do fabricante que recolla os cocientes de consumo e eficiencia do equipamento.

• A substitución de armarios de conservación refrixerados profesionais existentes por equipamentos novos, con etiquetaxe de alta clase enerxética A ou superior, regulados no Regulamento delegado (UE) 2015/1094 da Comisión, do 5 de maio de 2015, en relación coa etiquetaxe enerxética dos armarios de conservación refrixerados profesionais.

Considérase unha única actuación o cambio de varios electrodomésticos.

Considéranse custos elixibles os derivados da compra, transporte e instalación do electrodoméstico novo, así como o custo da retirada do antigo.

Para aqueles equipamentos que dispoñan de etiquetaxe enerxética, para calcular o aforro de enerxía final obtido pola actuación para a que se solicita axuda, se o equipamento existente que se vai a substituír non dispón da citada etiqueta enerxética, supoñerase que ten un G; se o equipamento que se vai a substituír ten a etiqueta enerxética, o cálculo do aforro realizarase comparando o consumo enerxético anual que aparece en ambas as etiquetas.

No caso dos equipamentos industriais, o aforro de enerxía final farase con base nos datos de potencia e/ou consumo actuais e nos declarados polo fabricante do novo equipamento, utilizando en ambos os casos os mesmos períodos de funcionamento.

Para ser consideradas subvencionables, deberá verificarse:

a) A substitución realizarase por electrodomésticos de igual tipoloxía e características análogas con maior eficiencia enerxética.

b) No caso dos armarios de conservación refrixerados, os equipamentos subvencionados por esta tipoloxía de actuación deberán estar incluídos na base europea EPREL na súa correspondente ca-tegoría: https://eprel.ec.europa.eu/screen/home

c) Para acceder á subvención será necesario xustificar a entrega do electrodoméstico retirado a un xestor autorizado para o seu tratamento, primando o principio de proximidade.

d) En ningún caso o custo de adquisición poderá ser superior ao valor de mercado.

e) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 5.000,00 €.

F. Sistemas de automatización e control.

1. Obxectivo. Reducir o consumo enerxético do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, mediante a instalación e xestión dun sistema de automatización e control global das instalacións consumidoras e/ou produtoras de enerxía, así como outras actuacións nos equipamentos dos subsistemas de xeración, distribución, regulación e emisión.

2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables a instalación dun novo sistema de automatización e control global, a ampliación ou mellora dun existente, a condición de que se reduza o consumo enerxético do edificio completo, local ou parte do edificio, mantendo ou mellorando as condiciones de confort e salubridade establecidas pola normativa.

Entenderase por sistema de automatización e control de edificios completos, locais ou partes de edificios: sistema que inclúa todos os produtos, programas informáticos e servizos de enxeñaría que poidan apoiar o funcionamento eficiente enerxeticamente, económico e seguro das instalacións técnicas do edificio completo, local ou parte do edificio mediante controis automatizados e facilitando a xestión manual das ditas instalacións técnicas do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico.

Non se consideran sistemas de automatización e control global aqueles destinados á xestión dun único equipamento/sistema, sendo requisito imprescindible para que teñan esta consideración que integren un mínimo de 3 sistemas, como poden ser: climatización, xeración eléctrica, iluminación, antiincendios, seguridade, etc.

Estes sistemas de automatización e control de edificios completos, locais ou partes de edificios destinados a establecementos turísticos deberán ser capaces de:

a) Monitorizar, rexistrar, analizar e permitir a adaptación do consumo de enerxía de forma continua.

b) Permitir a comunicación con instalacións técnicas conectadas e outros aparellos que estean dentro do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, así como garantir a interoperabilidade con instalacións técnicas do edificio completo, local ou parte do edificio destinado a establecemento turístico, de distintos tipos de tecnoloxías patentadas, dispositivos e fabricantes.

c) O custo elixible das actuacións debe ser igual ou superior a 20.000,00 €. Este custo inclúe gastos de deseño e implantación, equipamentos de medición, sistemas de transmisión de datos, actuadores, posta en marcha, formación ao persoal do establecemento etc. Non inclúe a adquisición de equipamentos de acceso en remoto para control do sistema, como ordenadores, móbiles ou tabletas.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Considéranse custos elixibles aqueles que sexan necesarios para acadar os obxectivos perseguidos para cada unha das tipoloxías de actuación, conforme se determinen nas convocatorias autonómicas e, especificamente, os que se relacionan a seguir:

a) Os honorarios profesionais satisfeitos para a elaboración, polo/a técnico/a competente, dos certificados de eficiencia enerxética previstos no Real decreto 235/2013, do 5 de abril, cando estes sexan exixidos.

b) Os custos de xestión de solicitude da axuda.

c) Os custos da redacción dos proxectos técnicos relacionados coas tipoloxías de actuación obxecto de axuda.

d) Os custos da dirección facultativa das actuacións.

e) Os custos de execución das obras e/ou instalacións.

f) O investimento en equipamentos e materiais efectuado.

g) Os custos de redacción de informes e demais documentación requirida para a solicitude e xustificación destas axudas.

h) Os custos de xestión da xustificación da realización das actuacións.

i) O informe xustificativo que acredite a adecuada realización das actuacións obxecto da axuda, emitido por un organismo de control ou entidade de control.

j) Cando, por motivo da actuación, sexa necesario retirar aqueles produtos de construción que conteñan amianto, a retirada deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido na Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, e no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

k) Os custos para implantar as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir os criterios da «Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente», publicada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

2. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e pagados entre a data de presentación da solicitude de axuda e o 30 de abril de 2025.

3. Non serán subvencionables proxectos xa iniciados na data de presentación da solicitude de axuda. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinados entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

A Axencia de Turismo de Galicia poderá realizar as comprobacións oportunas para verificar o cumprimento deste requisito.

4. Non serán subvencionables os gastos a que se refire o artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, como non subvencionables. Ademais, non se considerarán subvencionables os gastos englobados nos seguintes conceptos:

a) Taxas, impostos ou tributos.

b) Autorizacións administrativas, licenzas, permisos, custo de avais e/ou fianzas, ou multas.

c) Calquera gasto asociado a xestións, contratacións, consultas ou trámites administrativos, aínda sendo necesarios para a obtención de permisos ou licenzas.

d) Seguros subscritos polo/a solicitante.

e) Gastos financeiros, reestruturacións de pasivo ou refinanciamentos, circulante e outros impostos ou taxas. Así mesmo, non serán subvencionables os gastos bancarios de calquera tipo de operación, así como aqueles que xeren autofacturación.

f) Os inmobles e artigos de exposición e de proba susceptibles de posterior venda ao público e a instalación de expositores de carácter temporal.

g) Custos asociados a sancións penais, así como gastos de procedementos xudiciais.

h) Calquera gasto de operación e mantemento das actuacións ou gastos propios da Administración.

i) Elementos de transporte.

j) Proxectos que non respecten plenamente as normas e prioridades da Unión Europea e nacionais en materia climática e medioambiental e o principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088. En calquera caso, non serán financiables as actividades incluídas na lista de exclusión establecida na Decisión de execución do Consello para este investimento:

i. As actividades relacionadas cos combustibles fósiles, incluída a utilización ulterior destes. Exceptúanse os proxectos relacionados coa xeración de electricidade e/ou calor utilizando gas natural, así como coa infraestrutura de transporte e distribución conexa, que cumpran as condicións establecidas no anexo III da Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DO C 58 do 18.2.2021, p. 1).

ii. As actividades no marco do réxime de comercio de dereitos de emisión da UE (RCDE) en relación coas cales se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro que van provocar non se situarán por debaixo dos parámetros de referencia pertinentes. Cando se prevexa que as emisións de gases de efecto invernadoiro provocadas pola actividade subvencionada non van ser significativamente inferiores aos parámetros de referencia pertinentes, deberá facilitarse unha explicación motivada respecto diso. Parámetros de referencia son os establecidos para a asignación gratuíta de dereitos de emisión en relación coas actividades que se inscriben no ámbito de aplicación do réxime de comercio de dereitos de emisión, segundo o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 2021/447 da Comisión.

iii. As actividades relacionadas con vertedoiros de residuos.

iv. As actividades relacionadas con incineradoras. Esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas en plantas dedicadas exclusivamente ao tratamento de residuos perigosos non reciclables, nin ás plantas existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a eficiencia enerxética, capturar os gases de escape para o seu almacenamento ou utilización, ou recuperar materiais das cinzas de incineración, sempre que tales accións comporten un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a unha prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta.

v. As actividades relacionadas con plantas de tratamento mecánico-biolóxico. Esta exclusión non se aplica ás accións emprendidas respecto das plantas de tratamento mecánico-biolóxico existentes, cando as ditas accións teñan por obxecto aumentar a súa eficiencia enerxética ou o seu reacondicionamento para operacións de reciclaxe de residuos separados, como a compostaxe e a dixestión anaerobia de biorresiduos, sempre que tales accións non comporten un aumento da capacidade de tratamento de residuos das plantas ou a prolongación da súa vida útil; estes pormenores deberán xustificarse documentalmente por cada planta.

vi. As actividades en que a eliminación a longo prazo de residuos poida causar danos ao ambiente.

k) Os gastos de arrendamento de establecementos ou gastos correntes da actividade do beneficiario.

l) Actuacións relacionadas coa adaptación da actividade turística á COVID-19.

m) Os gastos correspondentes ás retribucións ordinarias do persoal fixo ou eventual laboral que teña unha relación laboral dependente das comunidades e cidades autónomas executoras.

n) Os gastos correntes para o funcionamento das entidades beneficiarias finais, incluíndo: arrendamentos, adquisición de material e subministración, ou gastos correntes en xeral.

5. Para estes efectos, consideraranse como custos de xestión de solicitude da axuda aqueles gastos que o/a solicitante ou destinatario/a último/a da axuda puidese satisfacer a unha empresa ou profesional por levar a cabo a xestión administrativa e documental da súa solicitude ante a Comunidade Autónoma, polo que tales gastos, para seren admitidos como custo elixible, deberán de encontrarse debidamente recollidos e detallados en documento ou oferta vinculante contractual formalizados co/coa empresario/a ou profesional correspondente, cuxa copia se presentará xunto co resto de documentación que debe acompañar a solicitude de axuda, xustificándose a realidade dos ditos gastos mediante a achega de factura independente onde consten debidamente especificados estes, ademais da documentación que puidese resultar exixible para xustificar o seu pagamento. En ningún caso se admitirá que tales gastos de xestión superen o 4 % do importe da axuda concedida, cun límite de 3.000,00 euros por expediente.

6. Igualmente, e para estes efectos, consideraranse como custos de xestión da xustificación da realización das actuacións obxecto de axuda aqueles gastos que o/a destinatario/a último/a da axuda puidese satisfacer a empresas ou profesionais por levar a cabo a xestión técnica, administrativa e documental da xustificación ante o órgano instrutor da realización das actuacións que conforman o proxecto.

O custo elixible máximo total admitido para sufragar os gastos derivados:

a) Da elaboración do informe que acredite a adecuada realización das actuacións emitido por un organismo ou entidade de control.

b) Da xestión da xustificación da realización das actuacións.

c) Da elaboración do informe do auditor sobre a conta xustificativa do proxecto.

Non poderá superar globalmente o 7 % do importe da axuda concedida, cun límite de 7.000,00 euros por expediente. A realización e facturación destes servizos poderá efectuarse durante o período concedido para presentar a documentación xustificativa.

7. De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía prevista para o contrato menor no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a persoa interesada deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación, salvo que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se responden ás definicións de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecidas nos puntos 2 e 3, respectivamente, do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

8. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Así mesmo, deberán estar efectuados os pagamentos con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido no artigo 25.

9. Así mesmo, de seren necesarias para levar a cabo a actuación para a cal se solicita a subvención, deberase contar coa autorización ou licenza urbanística ou sectorial, tanto municipal como por parte doutros organismos ou administracións públicas, en materia de dominio público hidráulico, patrimonio cultural ou estradas, entre outras.

Artigo 7. Compromiso de non causar dano significativo ao ambiente

1. As persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución deberán garantir o pleno cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do no significant harm-DNSH») e a etiquetaxe climática e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España (Council Implementing Decision-CID), do 13 de xullo de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, así como na súa normativa de desenvolvemento, en todas as fases do deseño e execución dos proxectos e de maneira individual para cada actuación.

2. As liñas de axudas contribúen a obxectivos climáticos en distintas áreas diferenciadas, para as cales se consideran distintos gastos subvencionables.

Así, as distintas actuacións financiables cumprirán co indicado na etiquetaxe climática establecida, cumprindo co seguinte peso ou porcentaxe das seguintes etiquetas climáticas segundo a tipoloxía de liña subvencionable:

A. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

044 «Xestión de residuos comerciais e industriais: medidas de prevención, minimización, separación, reutilización e reciclaxe», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

B. Mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, reguladas polo Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).

B.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

B.2. Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

B.3. Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

B.4. Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas anteriores.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

C. Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

D. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

E. Renovación de electrodomésticos.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

F. Sistemas de automatización e control.

024 «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en pemes e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

024 bis «Eficiencia enerxética e proxectos de demostración en grandes empresas e medidas de apoio», cunha contribución a obxectivos climáticos do 40 %.

3. En todo caso, as persoas beneficiarias preverán mecanismos de verificación do cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do no significant harm-DNSH») para asegurar a súa implementación, do cal deixarán constancia na memoria xustificativa da subvención.

4. Segundo as regulacións do principio, nas actuacións de rehabilitación, as entidades beneficiarias deberán ter en conta o seguinte:

a) Na rehabilitación de edificios terase en consideración as directrices recollidas na Directiva (UE) nº 2018/844 relativa á eficacia enerxética dos edificios para que sexan edificios de consumo de enerxía case nulo, permitindo reducir de forma significativa o consumo de enerxía primaria non renovable.

b) As medidas de rehabilitación permitirán contribuír á adaptación dos edificios ao cambio climático, adoptando as solucións de adaptación que sexan posibles no marco das opcións que permita a edificación existente e a súa protección no caso de que sexan edificios protexidos, como a utilización de cubertas vexetais, toldos, zonas de sombreado…

c) Non se prevé que a medida sexa prexudicial para o uso sustentable e a protección dos recursos hídricos e mariños. A medida está destinada a mellorar a adaptación dos destinos turísticos e as empresas que os conforman ás estratexias de economía circular, á redución do consumo de recursos hídricos e á protección dos recursos naturais, en especial, os mariños.

d) Cando se instalen aparellos de auga, estes terán unha etiqueta de produto existente na Unión. Para evitar o impacto da obra, identificaranse e abordaranse os riscos de degradación ambiental relacionados coa preservación da calidade da auga e a prevención do estrés hídrico, de acordo cun plan de xestión de uso e protección da auga.

e) No caso de que o proxecto responda á definición do artigo 5.3.b) da Lei 21/2013, de avaliación de impacto ambiental (AIA), e estea incluído nalgún dos supostos de avaliación de impacto ambiental (AIA) recollidos no artigo 7 da citada lei, as persoas beneficiarias deberán contar coa declaración de impacto ambiental (DIA) do proxecto favorable á súa execución ou o informe de impacto ambiental favorable do proxecto, segundo se trate de avaliación de impacto ambiental ordinaria ou simplificada, respectivamente.

f) Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluído o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/CE) xerados, nas actuacións previstas neste investimento, será preparado para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

g) Os operadores limitarán a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE e tendo en conta as mellores técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de sustancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición.

h) Os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade no referido á norma ISO 20887 para avaliar a capacidade de desmonte ou adaptabilidade dos edificios, como estes están deseñados para ser máis eficientes no uso dos recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e a reciclaxe.

i) Os compoñentes e materiais de construción utilizados na construción non conterán amianto nin sustancias moi preocupantes identificadas sobre a base da lista de sustancias suxeitas á autorización que figura no anexo XIV do Regulamento (CE) 1907/2006 do Parlamento e do Consello. Os compoñentes e materiais de construción utilizados na construción que poidan entrar en contacto coas persoas usuarias emitirán menos de 0,06 mg de formaldehido por m3 de material ou compoñente e menos de 0,001 mg de compostos orgánicos volátiles canceríxenos de categorías 1A e 1B por m3 de material ou compoñente, logo de proba de acordo co CEN/TS 16516 e ISO16000-3 ou outras condicións de proba estandarizadas e métodos de determinación comparables.

Artigo 8. Contía da axuda

A intensidade da axuda será ata un 70 % do custo total subvencionable do proxecto.

Poderán optar a unha axuda dun 10 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 20 %, sen que o total da axuda poida exceder do 80 % do custo total subvencionable.

Poderán optar a unha axuda dun 20 % adicional aqueles proxectos que acrediten un aforro de enerxía primaria non renovable dun 30 %, sen que o total da axuda poida exceder do 90 % do custo total subvencionable.

No caso das actuacións das tipoloxías A, B, C e D, o cálculo do aforro en enerxía primaria non renovable realizarase a partir do certificado enerxético do edificio na situación actual e o certificado enerxético do edificio coas melloras propostas que inclúa as actuacións específicas para as que se solicita a axuda. Para o resto de tipoloxías, o cálculo realizarase a partir dos aforros xustificados en enerxía final, utilizando os coeficientes de paso establecidos no documento recoñecido do RITE «Factores de emisión de CO2 e coeficientes de paso a enerxía primaria de diferentes fontes de enerxía final consumidas no sector de edificios en España» e de aplicación a partir do 14 de xaneiro de 2016 (https://www.miteco.gob.es/
content/dam/miteco/es/energia/files-1/Eficiencia/RITE/documentosreconocidosrite/Otros%20documentos/Factores_emision_CO2.pdf

No caso de proxectos que combinen actuacións de diferentes tipoloxías, as porcentaxes de aforro deberán acadarse coa combinación das diferentes actuacións subvencionables.

Artigo 9. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes (anexo II) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das entidades solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días hábiles, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Non serán admitidas a trámite, en ningún caso, as solicitudes presentadas fóra do prazo e de forma distinta ao que se establece nesta resolución.

2. Só se admitirá como máximo unha solicitude por establecemento turístico. Cada solicitude poderá recoller gastos das distintas categorías de proxecto recollidas nestas bases reguladoras.

3. No modelo de solicitude constan como de obrigada consignación os seguintes campos: os datos do edificio ou establecemento en que se van realizar as actuacións, o consumo de enerxía primaria non renovable e a cualificación enerxética actuais e as previstas tras as actuacións que se van realizar, o investimento total, o gasto subvencionable e o importe total da axuda solicitada.

Tamén será de obrigada consignación o número de inscrición do certificado de eficiencia enerxética do edificio no seu estado actual no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE).

Non se admitirán certificados de eficiencia enerxética que, estando rexistrados, non se axusten ao estado actual do edificio. Neste caso, deberá tramitarse un novo certificado do edificio actual. Isto supón a necesidade de emenda da solicitude presentada e entenderase por rexistro de entrada da dita solicitude a data en que se xunte o novo certificado do edificio actual.

4. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta resolución para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser persoa beneficiaria dela.

5. No modelo de solicitude deberán realizarse as seguintes declaracións:

a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de solicitar ou obter algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía, así como o organismo concedente.

b) Compromiso de comunicar calquera outra axuda que solicite ou lle sexa concedida para esa mesma finalidade, con indicación da súa contía e do organismo concedente.

c) Se se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha axuda de minimis.

d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 1/2009, do 8 de xaneiro.

f) Declaración responsable de que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

h) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

i) Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

j) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal se solicita a axuda.

k) De ser o caso, declaración responsable de que a empresa, de acordo coa definición que se establece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, non está en crise, segundo o establecido polas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crises (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).

l) Se a subvención solicitada supera o importe de 30.000,00 euros, a entidade solicitante está incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpre os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital, para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable de que se atopa ao día no cumprimento dos prazos de pagamento establecidos no artigo 4 da devandita Lei 3/2004, do 29 de decembro.

m) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

n) Conservar toda a documentación relativa á subvención segundo o establecido nos regulamentos de aplicación aos fondos que financian a axuda concedida durante o período indicado no artigo 24.

ñ) Declaración responsable relativa á execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), entre as que se atopan os estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, así como o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).

o) De ser o caso, declaración de que a empresa cumpre cos criterios de definición de microempresa, pequena, mediana ou grande empresa, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, e a categoría na que se encadra.

p) Non ter sido sancionada con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.

q) Non ter iniciado o investimento na data de presentación da solicitude de axuda.

r) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa empresa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose que existe vinculación entre empresas se responden ás definicións de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecidas nos puntos 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

s) Que se compromete a manter o investimento subvencionado durante un período mínimo de cinco anos no caso de grandes empresas e tres anos para pequenas e medianas empresas. En todo caso, o dito prazo será de cinco anos cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

t) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 24 das bases reguladoras.

u) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán presentar, coa solicitude, a seguinte documentación, segundo o modelo do anexo II:

a) Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

b) Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos

c) Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble. No caso de que o/a solicitante da actuación non sexa o/a propietario/a, deberase achegar adicionalmente a documentación ou contrato que acredite a facultade expresa para poder executar as obras correspondentes á actuación obxecto de axuda (contrato de arrendamento, de explotación, etc.).

d) Proxecto da actuación que se vai realizar ou, se é o caso, memoria técnica da actuación, que deberán estar subscritos por unha persoa técnica titulada competente. A documentación mínima desta memoria será descrición e xustificación do cumprimento dos requisitos, orzamento desagregado e planos que definan completamente a actuación.

O proxecto ou memoria técnica incluirá un estudo de xestión de residuos onde se xustifique o cumprimento de que polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/CE) xerados no sitio de construción, prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e valorización, incluídas as operacións de recheo, de forma que se utilicen residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos establecida no artigo 8 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados e co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE.

e) Certificado da eficiencia enerxética de partida do edificio, inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE), e o que se prevé alcanzar coas melloras propostas e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinados por un/unha técnico/a competente. Con estes certificados achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración. O certificado enerxético do edificio mellorado e o certificado do edificio actual deben achegarse elaborados coa mesma versión e programa recoñecido de certificación, de xeito que os datos sexan comparables. O certificado mellorado incluirá todas as actuacións incluídas na solicitude de axuda.

f) Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desagregado/s.

No caso de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000,00 euros para obras e/ou 15.000,00 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Os orzamentos deberán referirse a actuacións análogas e ser comparables entre si.

g) Documento ou oferta vinculante contractual formalizados coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, de ser o caso.

h) Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación en que se van levar a cabo as actuacións subvencionables e/ou dos equipamentos e sistemas sobre os que se vai actuar.

i) Anexo VII de declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo», segundo o establecido no artigo 7.

j) Aceptación de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VIII).

k) Declaración responsable do cumprimento dos principios transversais establecidos no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) e o cumprimento do principio DNSH (anexo IX).

Para cada unha das tipoloxías, ademais de todo o anterior, deberá presentar:

A. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

a) Todos os valores de transmitancia utilizados polo/a técnico/a competente na elaboración dos certificados de eficiencia do edificio que non sexan «por defecto», deberán estar xustificados da forma seguinte: se o valor seleccionado é «estimado» ou «coñecido», deberá achegar a composición do cerramento. Se o valor seleccionado é «coñecido» e o material utilizado non está na base de datos do programa informático de cualificación da eficiencia enerxética utilizado, deberá achegar o documento de idoneidade técnica europeo (DITE) ou ficha técnica do material utilizado. Deberase achegar sempre, no caso de vidros e cerramentos, a marcación CE ou ficha técnica da carpintaría e dos vidros, onde figuren as características térmicas destes. Os valores das características térmicas de materiais, carpintarías e vidros deben ser coherentes cos utilizados na elaboración dos certificados enerxéticos.

b) Os orzamentos presentados deberán detallar as solucións construtivas orzadas, que deberán coincidir coas descritas no proxecto e/ou memoria e nos certificados enerxéticos.

B.1. Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica.

a) Ficha técnica dos principais equipamentos proxectados (colector solar, acumulación etc.).

b) O proxecto ou memoria técnica deberá incluír un estudo de produción de enerxía térmica, e os seus resultados deberán ser coherentes cos utilizados no cálculo do certificado enerxético do estado final.

B.2. Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica.

a) Documentos que xustifiquen os rendementos do equipamento xerador, como por exemplo:

– Ficha técnica ou etiqueta enerxética da bomba de calor onde aparezan os rendementos medios estacionais.

– Certificado Eurovent ou similar.

– Informe subscrito polo/a técnico/a competente. Para este informe poderá usarse o documento recoñecido do RITE: prestacións medias estacionais das bombas de calor para produción de calor en edificios.

b) Os valores de rendemento enerxéticos xustificados deberán ser coherentes cos utilizados nos certificados enerxéticos.

c) Fotografías dos equipamentos que se van a substituír, incluíndo imaxes lexibles das placas de características.

B.3. Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas.

a) Ficha técnica do equipo xerador proxectado, que recolla o seu rendemento enerxético.

b) Declaración de que todos os combustibles que se van utilizar teñen un valor por defecto de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro do 80 % ou superior, segundo os indicados para produción de calor establecidos no anexo VI da Directiva 2018/2001/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, tendo en conta o sistema de produción e resto de condicións que determinan o devandito valor por defecto, indicando a descrición do combustible ou dos combustibles e o valor ou os valores por defecto. No caso de que algún dos combustibles que se van utilizar non cumpra co requisito anterior, achegarase unha memoria asinada por un/unha técnico/a competente independente onde, para as condicións previstas para o proxecto e de acordo coa metodoloxía do citado anexo VI se xustifique que para o devandito combustible a redución de gases de efecto invernadoiro é igual ou superior ao 80 %.

c) Información sobre o combustible que se vai utilizar segundo a norma UNE-EN-ISO 17225, a norma UNE 164003 ou a norma UNE 164004.

d) Acreditación por parte do fabricante do equipamento do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia utilizar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (segundo corresponda, Regulamento (UE) nº 2015/1185 da Comisión ou Regulamento (UE) nº 2015/1189 da Comisión).

e) Fotografías dos equipamentos que se van a substituír, incluíndo imaxes lexibles das placas de características.

B.4. Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas anteriores.

a) Documentos que xustifiquen os rendementos do equipamento xerador, como por exemplo:

– Ficha técnica ou etiqueta enerxética dos equipamentos proxectados, en que se poidan consultar os valores de rendemento enerxético declarados polo fabricante, onde aparezan os rendementos medios estacionais.

– Certificado Eurovent ou similar.

– No caso das bombas de calor: informe subscrito polo/a técnico/a competente. Para este informe poderá usarse o documento recoñecido do RITE: prestacións medias estacionais das bombas de calor para produción de calor en edificios.

b) Fotografías dos equipamentos para substituír, incluíndo imaxes lexibles das placas de características.

C. Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo.

a) Fotografías aéreas da localización do campo captador proxectado.

b) Ficha técnica dos principais equipamentos proxectados (panel solar, inversores, baterías, equipo de monitorización e control etc.).

c) O proxecto ou memoria técnica deberá incluír un estudo de produción e autoconsumo de enerxía eléctrica. Os seus resultados deberán ser coherentes cos utilizados no cálculo do certificado enerxético do estado final e verificaran un autoconsumo de, polo menos, o 80 % da enerxía xerada, achegando a documentación necesaria para a correcta xustificación da demanda actual: facturas de electricidade da última anualidade completa ou ben dos últimos 12 meses ou curvas de carga facilitadas pola compañía comercializadora e/ou distribuidora.

D. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

a) O proxecto ou memoria técnica incluirá un inventario dos equipamentos actuais, indicando tipoloxía, potencia e período de uso e elementos de control existentes, así como a lista dos futuros equipamentos, coas súas características. Os valores resultantes deberán ser coherentes cos utilizados nos certificados enerxéticos.

b) Ficha técnica dos principais equipamentos proxectados (luminarias, sensores, etc.).

E. Renovación de electrodomésticos.

a) O proxecto ou memoria técnica incluirá un inventario dos equipamentos actuais, indicando tipoloxía, potencia e período de uso, así como a lista dos futuros equipamentos, coas súas características.

b) Fotografías dos equipamentos para substituír, incluíndo imaxes lexibles das placas de características.

c) Etiqueta enerxética dos equipamentos existentes, ou documentación xustificativa do seu consumo (Ficha técnica, manual, etc.).

d) Etiqueta enerxética dos equipos proxectados ou, en caso de non dispoñer dela, ficha técnica do fabricante que recolla os datos de consumo e eficiencia do equipamento.

F. Sistemas de automatización e control.

O proxecto ou memoria técnica incluirá o cálculo do aforro enerxético esperado coa implantación do sistema de xestión, con base na información do subministrador ou de experiencias previas debidamente documentadas.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, esta deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de mediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 11. Forma de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a corrección.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles, de maneira motivada, que presenten unha copia autenticada electrónica.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.

f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

g) Consulta de concesións pola regra de minimis.

h) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

i) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

j) Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Órganos competentes

A Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención e corresponderá á persoa titular da Dirección da Axencia ditar a resolución de concesión.

Artigo 15. Instrución do procedemento

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, a Axencia de Turismo de Galicia poderá requirir a persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

2. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

3. En caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda, pero que non se inclúen na proposta anterior por esgotarse o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, se é o caso, ben co crédito que quedase libre debido á renuncia doutros/as solicitantes, á modificación dos proxectos inicialmente subvencionados ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención.

Artigo 16. Audiencia

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución provisional debidamente motivada, que será notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

Artigo 17. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas, logo da fiscalización da proposta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, corresponde á persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia.

2. A resolución de concesión emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscrita pola persoa que a realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade reguladas na Lei 9/2007, do 13 de xuño. Na devandita resolución informarase á persoa beneficiaria sobre o importe da axuda expresado en equivalente de subvención bruta e o seu carácter de minimis, de acordo co establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro).

3. Tendo en conta que os requisitos para ser persoa beneficiaria desta axuda deben cumprirse antes da presentación da solicitude e que os compromisos asumidos pola persoa beneficiaria se recollen na presente resolución, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, ao terse aceptada coa presentación da solicitude.

4. O prazo para resolver e notificar a resolución das axudas será de 4 meses desde a presentación da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas.

Artigo 18. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Turismo de Galicia. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso. Transcorrido o dito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles interesadas poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

No caso de interpoñer o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do dito recurso.

b) Directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se esta for expresa, ou de seis meses a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 19. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario/a ou programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Igualmente, será aplicable o réxime de publicidade establecido na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

As persoas interesadas poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, en cumprimento do disposto nos artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións, que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

Non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a tres mil euros (3.000,00 €), non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas no portal web da Axencia de Turismo de Galicia.

Así mesmo, a solicitude para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións estarán obrigadas a subministrar á Administración, aos organismos ou á entidade prevista no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculados, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 21. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efecuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 22. Modificación da resolución de concesión

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, as persoas beneficiarias poderán solicitar a modificación do seu contido antes de que remate o prazo para a realización da actividade.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non se danen os dereitos de terceiros. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da subvención, as actuacións subvencionables e non dar lugar a actuacións deficientes e incompletas.

3. Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Xunto coa solicitude, as persoas beneficiarias deberán presentar unha memoria xustificativa, o orzamento modificado e a relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

5. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ás persoas interesadas nos termos previstos no artigo 15.

6. Cando as persoas beneficiarias da subvención poñan de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar os dereitos de terceiros.

Esta aceptación por parte do órgano concedente non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a citada Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo III, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da citada lei.

Artigo 24. Obrigas das persoas beneficiarias

Ademais das obrigas recollidas nos artigos 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable, as persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:

a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada, de conformidade co proxecto presentado ou, se é o caso, ao modificado coa autorización da Axencia de Turismo de Galicia.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Dispoñer da capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se concede a axuda.

d) Manter o investimento subvencionado durante un período mínimo de cinco anos, cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público, e non inferior a dous anos para o resto de bens, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un prazo non inferior a cinco anos. Ao longo deste período deberanse levar a cabo as obras de mantemento e limpeza necesarias para a correcta conservación do investimento.

f) Conservar os documentos xustificativos e demais documentación relacionada co financiamento da actuación en formato electrónico durante un período mínimo de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros. Todo isto de acordo co establecido no artigo 22.2, alínea f), do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e no artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018.

g) Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que a Axencia de Turismo de Galicia considere pertinentes ao longo do proceso de execución e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás comprobacións da Comisión Europea, da Fiscalía Europea, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), ou do Tribunal de Contas da Unión Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

Para tal fin, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, así como da documentación xustificativa da aplicación dos fondos recibidos, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, polo menos, durante o período establecido na aliña f).

h) Recadar e asegurar, para os efectos de auditoría e control e para dispoñer de datos comparables sobre o uso de fondos en relación coas medidas destinadas á execución de reformas e proxectos de investimento no marco do Plan de recuperación e resiliencia, o acceso ás categorías harmonizadas de datos recollidas no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

i) Ser responsable da fiabilidade e o seguimento da execución das actuacións subvencionables, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación.

j) Establecer mecanismos que aseguren que as actuacións que se van desenvolver por terceiros contribúen ao logro das actuacións previstas e que os devanditos terceiros acheguen a información que, de ser o caso, fose necesaria para determinar o valor dos indicadores, fitos e obxectivos pertinentes do Plan de recuperación.

k) Asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.

l) Comunicar á Axencia de Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos concorrentes que financien as actuacións, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a dita concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente a solicitude de pagamento coa xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento desta obriga considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

m) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

n) Cumprir coas obrigas de comunicación e publicidade, segundo o establecido no artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro. Os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando cumpra, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios/as, incluídos os medios de comunicación e o público. Polo tanto, as persoas beneficiarias deben dar a adecuada publicidade e información de que as actuacións están subvencionadas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, de conformidade co establecido no artigo 9.3.b) da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dándolle visibilidade, cando cumpra, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular, nas medidas de información e comunicación das actuacións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, portais web, anuncios e insercións en prensa, certificados etc.). Na ligazón https://www.miteco.gob.es/es/ministerio/recuperacion-transformacion-resiliencia/comunicacion/ pode descargarse o Manual de comunicación para xestores e beneficiarios dos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

En relación coa publicidade do financiamento, durante a realización do proxecto, e durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos que se recolle na liña f), a persoa beneficiaria deberá informar o público do apoio obtido colocando, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que se mencionará a axuda financeira nun lugar ben visible para o público, segundo o modelo do anexo XI. A Axencia de Turismo facilitará modelos ás persoas beneficiarias a través do seu portal web.

ñ) Subministrar toda a información necesaria para que a Axencia de Turismo de Galicia poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.

o) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

p) No caso de non ser quen de realizar a actuación para a cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente no momento en que se produza a certeza da non execución.

q) No deseño e execución das actuacións subvencionadas, garantir o respecto ao principio de «non causar un prexuízo significativo» ou, segundo as súas siglas en inglés, DNSH (do no significant harm) conforme o previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, en particular, a Comunicación da Comisión, Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», en virtude do Regulamento relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como o requirido na Decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, así como cumprir coa normativa ambiental autonómica, estatal e comunitaria (anexo VII).

r) Cumprir coas obrigas relacionadas coa cesión e o tratamento de datos sobre a execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) e de compromiso en relación coa execución de actuacións do mesmo plan (PRTR), coa finalidade de cumprir cos números 2 e 3 do artigo 22 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021 (anexo VIII).

s) Declarar o seu compromiso de cumprir os principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto da xestión, empregando para o efecto o modelo do anexo IX.

t) As persoas beneficiarias garantirán o cumprimento das obrigas de etiquetaxe ambiental e dixital.

u) Todo o anterior sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 25. Xustificación da subvención

1. As persoas beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar como data límite o 30 de abril de 2025, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do investimento subvencionable en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do investimento subvencionable, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, a beneficiaria deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 30 % do investimento subvencionable; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito a cobrar a subvención concedida. Se a xustificación é superior ao 30 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirase a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que se cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os que se concedeu a axuda.

Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia de Turismo de Galicia na resolución de concesión da subvención e responder, de xeito indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión da subvención ou coas modificacións autorizadas.

2. A solicitude do pagamento efectuaraa a beneficiaria a través de medios electrónicos e con anterioridade a que remate a data límite a que se refire o punto 1, mediante a presentación do anexo IV, que estará accesible na Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Á dita solicitude xuntaráselle a documentación xustificativa do investimento requirida. A Administración poderá, excepcionalmente, requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de 10 días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados segundo o establecido nas presentes bases reguladoras.

Igual requirimento se efectuará no suposto do resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), consellería da Xunta de Galicia con competencia en materia de facenda, así como a verificación do DNI da solicitante (persoa física) e de quen represente a persoa xurídica e o NIF da solicitante (persoa xurídica), ou cando, como resultado da comprobación, se obteña un resultado negativo na comprobación de causas de inhabilitación para recibir subvencións ou axudas. Neste caso, quen realice a solicitude terá que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación ningunha, requirirase igualmente a persoa beneficiaria para que, no prazo improrrogable de 10 días hábiles, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa das sancións que conforme a lei correspondan.

Artigo 26. Documentación xustificativa do investimento

1. Para cobrar a subvención concedida as persoas beneficiarias deberán presentar, mediante a modalidade de conta xustificativa (conforme o artigo 44 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), xunto coa solicitude de cobramento (anexo IV), a seguinte documentación:

a) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, conforme o exixido polas bases reguladoras e pola resolución de concesión da axuda, con indicación das actividades realizadas, dos resultados obtidos e a data de conclusión das actuacións.

No caso de que os equipamentos finalmente instalados non sexan os mesmos que os que constaban na solicitude, deberá presentarse a documentación técnica requirida na solicitude referida aos cambios realizados (certificados enerxéticos, proxecto ou memoria técnica, fichas técnicas, etc.).

b) Informe que acredite a adecuada realización das actuacións obxecto da axuda concedida, de acordo coa documentación presentada na solicitude da axuda, emitido por organismo de control ou entidade de control que cumpra os requisitos técnicos establecidos no Real decreto 410/2010, do 31 de marzo, polo que se desenvolven os requisitos exixibles ás entidades de control de calidade da edificación e aos laboratorios de ensaios para o control de calidade da edificación, para o exercicio da súa actividade; ou por entidade de control habilitada para o campo regulamentario das instalacións térmicas reguladas pola Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, na especialidade ou especialidades que mellor se adecúen á natureza da actuación.

Este documento non será necesario no caso das solicitudes que só inclúan actuacións das tipoloxías E e F.

c) Certificado de eficiencia enerxética obtido unha vez realizadas as actuacións, realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado previo á intervención, subscrito por unha persoa técnica competente, que recolla as actuacións finalmente realizadas. O certificado enerxético final deberá estar inscrito no RGEEE.

d) Licenza de obras ou, no caso de comunicación previa, xustificante da comunicación cunha declaración responsable de que non foron requiridas polo concello para a súa emenda.

Este documento non será necesario no caso das solicitudes que só inclúan actuacións das tipoloxías D, E e F.

e) Certificado da persoa instaladora/provedora en que se indique a data de finalización da instalación/actuación subvencionada e en que se certifique o cumprimento da normativa vixente, dos requisitos técnicos exixidos na presente resolución e das condicións establecidas na resolución de concesión, asinado por técnico/a competente.

Este documento non será necesario no caso das solicitudes que só inclúan actuacións das tipoloxías A e E.

f) Relación certificada e copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes bancarios de pagamento, relativos ao investimento elixible realizado e que respondan o orzamento e contratos presentados, conforme o modelo incluído no anexo V.

g) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, copias, captura de pantallas) do cumprimento da obriga de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada.

h) Documentación xustificativa sobre o proceso de contratación das actuacións por parte do/da destinatario/a último/a das axudas.

i) Anexo VI: modelo de declaracións actualizado.

2. Para cada unha das tipoloxías, ademais de todo o anterior, deberá presentar:

A. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

a) Certificado final da obra subscrito pola dirección facultativa.

b) Proxecto ou memoria técnica onde se inclúa un estudo de xestión de residuos de construción e demolición, así como do correspondente plan de xestión dos residuos de construción e demolición no que se concrete como se aplicará, segundo o regulado polo Real decreto 105/2008, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. A xustificación do anterior realizarase da forma seguinte:

1º. Para a correcta acreditación do cumprimento da valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición (base 17.11.c), o adxudicatario presentará unha memoria resumo onde se recolla a cantidade total de residuos xerados, clasificados por códigos LER, e os certificados dos xestores de destino, onde se indique a porcentaxe de valorización alcanzada en cada unha das instalacións. Os residuos perigosos non valorizables non se terán en conta para a consecución deste obxectivo.

2º. O cumprimento do establecemento de medidas para realizar unha demolición selectiva acreditarase mediante os códigos LER incluídos nos certificados expedidos polos xestores como xustificación da entrega dos residuos xerados. Estes códigos serán os correspondentes ás fraccións retiradas selectivamente, por exemplo 170101, 170102, 170201, 170202, 170203, 170402, 170403 ou 170405.

3º. No caso de que se valoricen residuos na propia obra, o adxudicatario incluirá na memoria resumo información sobre as cantidades valorizadas, por código LER, e os medios utilizados (planta móbil, xestor, etc.).

4º. No caso de que se utilicen áridos reciclados procedentes de residuos, o adxudicatario incluirá na memoria resumo a documentación que acredite a compra destes materiais, en que se indicará a cantidade e o tipo de material.

5º. No caso de que se produzan residuos de amianto, será necesario xustificar o seu adecuado tratamento a través da notificación previa do traslado dos residuos de amianto desde o lugar de xeración ata o xestor de residuos e os documentos de identificación dos traslados de residuos asociados a eses movementos, en aplicación do Real decreto 553/2020, do 2 de xuño, polo que se regula o traslado de residuos no interior do territorio do Estado.

B. Mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, reguladas polo Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE).

a) Certificado da instalación térmica, subscrito polo/a director/a da instalación ou instalador/a autorizado/a, rexistrado no órgano competente da Comunidade Autónoma de acordo co RITE, achegando o código de acceso, para ter a posibilidade de verificación, se for necesario. No caso de non ser necesario, escrito asinado por técnico/a competente que acredite a non obrigatoriedade da inscrición.

b) Copia do certificado de entrega a xestor autorizado ou punto limpo dos equipamentos retirados.

No caso da execución de obra civil, presentarase, ademais, a documentación xustificativa do cumprimento do indicado no punto anterior.

C. Instalacións fotovoltaicas para autoconsumo.

a) Xustificante de solicitude de inscrición da instalación eléctrica no rexistro correspondente da consellería competente en que se recolla tanto a identificación do titular da instalación como o código de acceso, para ter a posibilidade de verificación, se for necesario, ou, en caso de non ser necesario, escrito asinado por técnico/a competente que acredite a non obrigatoriedade da inscrición.

b) Solicitude de punto de conexión, se for necesario pola normativa vixente. No caso de non ser necesario, escrito asinado por técnico/a competente que acredite a non obrigatoriedade da dita solicitude.

c) No caso de instalacións de xeración de potencia superior a 100 kW, deberá achegarse xustificante de autorización previa e de construción. Para estes efectos, considerarase a suma da nova potencia e das eventuais instalacións de xeración preexistentes.

D. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación.

a) Copia do certificado de entrega a xestor autorizado ou punto limpo dos equipamentos retirados.

E. Renovación de electrodomésticos.

a) Copia do certificado de retirada do electrodoméstico antigo por un xestor autorizado, identificando o electrodoméstico, ou xustificante de recollida.

3. Os gastos xustificados deberán ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas na resolución de concesión da subvención e responder, de xeito indubidable, á natureza da actividade subvencionada.

4. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Artigo 27. Pagamento da axuda

1. O pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable e logo da presentación por parte da persoa beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nestas bases reguladoras.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados de ata o 50 % do importe da subvención concedida, sen superar o importe da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os pagamentos anticipados supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. Estes pagamentos deberán ser solicitados (anexo X) pola entidade beneficiaria tras a notificación da resolución de concesión, no prazo máximo dun mes.

3. O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 110 % do importe anticipado.

4. A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación previsto nestas bases reguladoras.

5. A garantía deberá constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia ou nas súas sucursais, situadas nas delegacións territoriais da consellería competente en materia de facenda. O resgardo orixinal de depósito da garantía na Caixa Xeral de Depósitos deberá presentarse xunto coa solicitude de anticipo.

6. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada do órgano correspondente.

7. En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados a persoas beneficiarias cando se solicitase a declaración de concurso, fosen declaradas insolventes en calquera procedemento ou se atopen declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estean suxeitas a intervención xudicial ou sexan inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

Artigo 28. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. De acordo co establecido no artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida calquera incumprimento das seguintes obrigas:

a) Cando se obtivese a subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Cando se incumpran totalmente o obxectivo, a actividade, o proxecto ou non se adopte o comportamento que fundamentou a concesión da subvención.

c) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. No suposto previsto no número 3 do artigo 17 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, procederá o reintegro do exceso obtido sobre o custo da actividade subvencionada, así como a exixencia do xuro de mora correspondente.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refiren os números anteriores, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

4. Con anterioridade ao requirimento previo da Administración, as persoas beneficiarias poderán realizar, con carácter voluntario, a devolución do importe da axuda obxecto de reintegro.

Artigo 29. Réxime de infraccións e sancións

1. As persoas beneficiarias destas axudas quedan suxeitas ao réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. O incumprimento das obrigas contidas nesta resolución ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de mora correspondentes. Para estes efectos, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento, e en función do seguinte:

a) Incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención: reintegro do 100 % da axuda concedida.

b) Incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desta mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable, e non recollido nas epígrafes anteriores: reintegro de ata o 100 % da axuda concedida.

3. O incumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no sentido do artigo 8, punto 1.e), da Orde HFP/1030/2021, do 28 de setembro, dará lugar á devolución total da subvención percibida, así como os xuros de mora correspondentes.

4. Igualmente, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a persoa beneficiaria.

5. As cantidades que teñan que reintegrar as persoas beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 9/2007, do 13 de xuño; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

6. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a persoa beneficiaria poderá realizar a devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de mora. No documento de ingreso deberán identificarse o número do expediente, o concepto da devolución e o nome e NIF da persoa beneficiaria. Unha vez ingresado, deberase comunicar á Axencia de Turismo de Galicia a devolución voluntaria realizada.

Artigo 30. Seguimento, control e comprobación

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia de Turismo de Galicia, antes de proceder ao seu pagamento final, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2009, do 13 de xuño, así como o cumprimento do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no sentido do artigo 8, punto 2.e), da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

2. Ademais, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

3. A Axencia de Turismo de Galicia realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados na resolución. O persoal encargado da verificación redactará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

Artigo 31. Medidas antifraude

1. As persoas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Axencia de Turismo para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e ás de control dos órganos competentes do PRTR e dos servizos financeiros da Comisión Europea, do Tribunal de Contas Europeo, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) ou da Fiscalía Europea e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Eu-ropea poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunica-ción 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude (https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias) que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https: www.xunta.ga/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langld=g._ES).

3. Na loita contra a fraude a Axencia de Turismo de Galicia actuará de conformidade co seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, que se aplica a esta convocatoria. A ligazón ao citado plan no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia é a seguinte:

https://ficheiros-web.xunta.gal/transparencia/plans/antifraude/plan-antifraude-
vicepresidencia1-gal.pdf

Artigo 32. Análise sistemática do risco de conflito de intereses no procedemento de concesión de subvencións no marco do PRTR

A presente convocatoria está suxeita a análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésima décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano competente na concesión da subvención poderá solicitar ás persoas beneficiarias a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano que concede no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando en lugar do/da solicitante, os/as titulares reais recuperados/as polo órgano outorgante.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI

PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO COMUNITARIO

TU986B - SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EMPRESAS TURÍSTICAS

Ao tratarse de subvencións financiadas con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, ao estar incluído no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 34, do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e coa Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos de publicidade e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, a persoa beneficiaria deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia, conforme o manual de identidade corporativa que estea vixente, e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional correspondente, e mostrando:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Industria e Turismo, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

O formato que se utiliza é o seguinte:

missing image file

2. Durante a realización do proxecto e durante un período mínimo igual ao da obriga de conservación da documentación xustificativa da aplicación dos fondos:

i. Breve descrición no seu sitio da Internet do que dispoña a entidade beneficiaria, do proxecto desenvolvido ao abeiro da subvención concedida, dos obxectivos perseguidos e resultados acadados, en que se destaque a procedencia da financiamento e o emblema da UE, incluíndo a imaxe institucional correspondente, incluída a da Xunta de Galicia e a do Ministerio de Industria e Turismo e mostrando:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Industria e Turismo, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

d) Mención ao título da operación: «Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas».

ii. Colocar, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que se mencionará o apoio financeiro da Xunta de Galicia e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional correspondente, e mostrando:

a) O emblema da Unión cunha declaración de financiamento adecuada que diga «financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU».

b) Referencia ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) O emblema do Ministerio de Industria e Turismo, ao ser este o órgano competente de coordinación e seguimento.

d) Mención ao título da operación: «Subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas».

O cartel, elaborado con materiais que permitan certa perdurabilidade no tempo, deberase colocar nun lugar visible para o público.

Para efectos do sinalado, deberase empregar o seguinte modelo tanto para a publicación en web como para a elaboración do cartel:

missing image file