DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34019

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 27 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2023 a 2026) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU (código de procedemento TR341X).

BDNS (Identif.): 723311.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do título da orde

O título da orde queda modificado como segue: Orde do 20 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2024-2027) (código de procedemento TR341X).

Segundo. Modificación das anualidades

Para a concesión destas axudas destínanse seis millóns de euros (6.000.000 euros), repartidos por anualidades.

– Ano 2024: un millón cincocentos mil douscentos euros (1.500.200 euros).

– Ano 2025: dos millóns cincuenta e cinco mil seiscentos euros (2.055.600 euros).

– Ano 2026: dos millóns douscentos corenta e catro mil douscentos euros (2.244.200 euros).

– Ano 2027: douscentos mil euros (200.000 euros).

Terceiro. Modificación dos prazos de xustificación

As entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o investimento conforme a resolución de concesión e presentar a documentación xustificativa da axuda conforme o indicado no artigos 26 e 27, nos seguintes prazos máximos, ou nos que se indiquen na resolución de concesión, de ser o caso:

– Anualidade 2024 (que comprende desde o 16 de xaneiro de 2024 ata o 30 de setembro de 2024): o 10 de novembro de 2024.

– Anualidade 2025 (que comprende desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025): o 10 de novembro de 2025.

– Anualidade 2026 (que comprende desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026): o 10 de novembro de 2026.

– Anualidade 2027 (que comprende desde o 1 de outubro de 2026 ata o 15 de xaneiro de 2027 ou ata o día anterior a que se cumpran 3 anos desde o inicio da actividade formativa): o 10 de febreiro de 2027.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración