DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34015

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 27 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2023 a 2026) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TR341X).

O 31 de outubro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, do 20 de outubro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2023 a 2026) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TR341X).

Segundo o artigo 47 da orde de axudas, o inicio da actividade será o 1 de outubro de 2023, agás no caso en que os prazos desde que se publique a convocatoria imposibiliten resolver a autorización da actividade formativa nesa data, caso en que se ditará resolución da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social en que se indique a data de comezo da actividade.

Estableceuse que a data de comezo da actividade formativa fose o 16 de xaneiro 2024 mediante Resolución do 3 de xaneiro de 2024 da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

O financiamento a través do Mecanismo de recuperación e resiliencia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia establecido no artigo 4 da orde non pode ser empregado debido a que o inicio da actividade se enmarca en 2024 en lugar de 2023, que é cando finaliza o seu período de execución, sendo por tanto esta orde de axudas financiada soamente con fondos finalistas do Estado recibidos a través do Servizo Público de Emprego Estatal.

A orde é de tres anos e, por tanto, para dar cumprimento así ao seu carácter trianual, a duración da orde abarcará o período 2024-2027 en lugar de 2023-2026, modificando por tanto os períodos de xustificación.

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 20 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2023 a 2026) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TR341X)

Modifícase a Orde do 20 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2023 a 2026) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TR341X), que queda modificada como segue:

Un. O título da orde queda modificado como segue:

Orde do 20 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2024 a 2027) (código de procedemento TR341X).

Dous. O parágrafo primeiro do artigo 2 queda redactado como segue:

As solicitudes, a súa tramitación e resolución axustaranse ao disposto nesta orde e ao establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024. No que resulte de aplicación, someterase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Tres. O punto 1 do artigo 4 queda redactado como segue:

O programa regulado nesta orde está financiado con fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal.

Catro. O artigo 45 queda redactado como segue:

1. O crédito asignado inicialmente a esta convocatoria é de 6.000.000,00 euros con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, distribuídos nas seguintes anualidades e aplicacións orzamentarias do código de proxecto 2024 00082:

Anualidade

Aplicación orzamentaria 44.04.324C.470.6

Aplicación orzamentaria 44.04.324C.481.6

Orzamento da

convocatoria 2024- 2027

2024

1.318.200 €

182.000 €

1.500.200 €

2025

1.800.000 €

255.600 €

2.055.600 €

2026

1.973.800 €

270.400 €

2.244.200 €

2027

170.000 €

30.000 €

200.000 €

Total

5.262.000 €

738.000 €

6.000.000 €

2. A dita distribución poderá alterarse, despois das modificacións orzamentarias precisas, en función da tipoloxía de entidades que vaian realizar os proxectos de formación dual.

3. Esta orde queda supeditada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos exercicios orzamentarios dos anos 2025, 2026 e 2027.

4. De conformidade co artigo 4 destas bases reguladoras, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan, poderase aumentar o importe desta convocatoria.

Cinco. O artigo 48 queda redactado como segue:

As entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o investimento conforme a resolución de concesión e presentar a documentación xustificativa da axuda conforme o indicado nos artigos 26 e 27, nos seguintes prazos máximos, ou nos que se indiquen na resolución de concesión, no seu caso:

– Anualidade 2024 (que comprende desde o 16 de xaneiro de 2024 ata o 30 de setembro de 2024): o 10 de novembro de 2024.

– Anualidade 2025 (que comprende desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025): o 10 de novembro de 2025.

– Anualidade 2026 (que comprende desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026): o 10 de novembro de 2026.

– Anualidade 2027 (que comprende desde o 1 de outubro de 2026 ata o 15 de xaneiro de 2027 ou ata o día anterior a que se cumpran 3 anos desde o inicio da actividade formativa): o 10 de febreiro de 2027.

Seis. O artigo 49 queda redactado como segue:

Poderán realizarse pagamentos anticipados da axuda concedida en cada anualidade, previa solicitude por parte do CEE, nas seguintes porcentaxes:

– Anualidade 2024: 80 %.

– Anualidades 2025, 2026 e 2027: 80 %.

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración