DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32160

I. Disposicións xerais

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

DECRETO 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, establece no punto 1 do artigo 27 que os decretos de estrutura determinarán os distintos órganos de dirección, as competencias e as funcións dos órganos que deles dependen e, en particular, dos postos con rango de subdirección xeral e xefatura de servizo. De igual modo, o punto 5 do artigo 25 da referida lei establece que lle corresponde á Xunta de Galicia determinar a estrutura orgánica superior da vicepresidencia ou vicepresidencias, de existiren estas, así como a das consellerías da Xunta de Galicia.

O 14 de abril de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Esa estrutura desenvolveuse mediante o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no cal se determina o nivel organizativo dos órganos superiores e de dirección e das diversas entidades do sector público adscritas á Consellería.

Consonte o anterior decreto, son órganos superiores e de dirección a Secretaría Xeral Técnica, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, a Secretaría Xeral da Emigración, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, a Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e a Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e quedan adscritos o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, o Consello Galego de Relacións Laborais, o Instituto Galego de Consumo e da Competencia e as delegacións exteriores da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración.

En consecuencia, neste decreto establécense a estrutura e as funcións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, respectando os principios básicos de actuación da Xunta de Galicia, como a optimización dos recursos públicos, a eficacia na xestión, a racionalización, o logro da máxima coordinación das distintas unidades administrativas e a mellora continua.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do vinte de maio de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Ámbito competencial e organización xeral da Consellería

Artigo 1. Ámbito competencial

A Consellería de Empleo, Comercio e Emigración é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal, ademais daquelas competencias e funcións establecidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, lle corresponden, de conformidade co Estatuto de autonomía e coa Constitución:

a) Propor, deseñar, coordinar e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito laboral e do emprego, que engloba, ente outras, as competencias en materia de políticas activas de emprego, emprendemento, emprego autónomo, cooperativas e outras entidades de economía social, formación para o emprego, orientación e colocación, intermediación laboral, así como política laboral, relacións laborais, seguridade e saúde laboral, e responsabilidade social empresarial.

b) Promover e impulsar o diálogo social na Xunta de Galicia, como elemento clave para facer fronte aos retos do emprego, sen prexuízo da súa transversalidade e das áreas competenciais do resto das consellerías.

c) As relacións e o apoio ás persoas e ás comunidades galegas no exterior, así como o fomento e a promoción da súa actividade e funcionamento.

d) A promoción de medidas que favorezan o retorno a Galicia dos galegos residentes no exterior e faciliten a súa integración na sociedade galega.

e) A planificación, coordinación e control do comercio interior e exterior, artesanía e consumo.

Artigo 2. Estrutura da Consellería

Para o exercicio das súas funcións, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración estrutúrase nos seguintes órganos superiores e de dirección:

1. Conselleiro/a.

2. Secretaría Xeral Técnica.

3. Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

3.1. Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

3.2. Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social.

4. Secretaría Xeral da Emigración.

5. Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

6. Direccións territoriais.

Artigo 3. Entidades instrumentais e demais órganos colexiados

1. Quedan adscritas a esta consellería as seguintes entidades:

a) O organismo autónomo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, creado pola Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e se regula o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

b) O ente público Consello Galego de Relacións Laborais, regulado pola Lei 5/2008, do 23 de maio, polo que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.

c) O organismo autónomo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, creado polo Decreto 118/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos. Están adscritos, baixo a dependencia do Instituto, o Laboratorio de Consumo de Galicia e a Escola Galega de Consumo.

2. Así mesmo, quedan adscritos a esta consellería, co carácter e funcións establecidos nas súas respectivas normas reguladoras, os seguintes órganos colexiados:

a) O Consello Galego de Cooperativas, creado pola Lei 5/1998, do 18 de decembro.

b) O Consello da Economía Social de Galicia, creado pola Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia.

c) O Consello Galego do Traballo Autónomo, creado polo Decreto 19/2013, do 17 de xaneiro.

d) O Consello Autonómico de Emprego, os consellos provinciais de Emprego e os comités territoriais de Emprego, creados polo Decreto 192/2011, do 29 de setembro.

e) A Comisión Galega de Formación Profesional Continua, creada polo Decreto 7/2005, do 13 de xaneiro.

f) O Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, creado pola Lei 14/2007, do 30 de outubro.

g) O Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, creado polo Decreto 147/2011, do 30 de xuño.

h) A Comisión Tripartita Galega para a Inaplicación de Convenios Colectivos, creada polo Decreto 101/2015, do 18 de xuño.

i) A Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, creada pola Orde do 21 de febreiro de 2008.

j) A Comisión de Prezos de Galicia, regulada polo Decreto 106/1984, do 24 de maio.

k) O Consello Galego de Consumidores e Usuarios, creado polo Decreto 127/1998, do 23 de abril.

l) O Consello de Cooperación de Consumo de Galicia, creado polo Decreto 98/2021, do 24 de xuño.

m) A Comisión Galega da Artesanía, creada pola Lei 1/1992, do 11 de marzo.

n) O Observatorio do Comercio de Galicia, creado pola Lei 13/2010, do 17 de decembro.

ñ) O Consello de Comunidades Galegas, regulado pola Lei 7/2013, do 13 de xuño, de galeguidade, e polo Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas.

TÍTULO II

Órganos centrais

CAPÍTULO I

Persoa titular da Consellería

Artigo 4. O/a conselleiro/a

O/a conselleiro/a é a superior autoridade da Consellería e con tal carácter está investido/a das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia.

CAPÍTULO II

Secretaría Xeral Técnica

Sección 1ª. Atribucións e estrutura

Artigo 5. Atribucións

Baixo a dirección superior da persoa titular da Consellería, conforme o artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións nel establecidas, así como aqueloutras que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da Consellería e as restantes que lle atribúa o ordenamento xurídico, entre elas as seguintes:

a) O asesoramento e a coordinación de todos os órganos, servizos e entidades instrumentais adscritos á Consellería.

b) A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos correspondentes aos asuntos de que coñezan a Consellería ou as entidades públicas instrumentais adscritas a ela.

c) A remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisións delegadas.

d) O seguimento da tramitación e rexistro dos convenios, acordos, protocolos e declaracións subscritos no ámbito competencial da Consellería.

e) A representación da Consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.

f) Calquera outra que lle atribúa a normativa en vigor.

Artigo 6. Estrutura

A Secretaría Xeral Técnica estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. Vicesecretaría Xeral.

1.1. Servizo de Calidade de Procedementos e Sistemas.

1.2. Servizo de Recursos Humanos.

2. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico.

2.1. Servizo Técnico-Xurídico I.

2.2. Servizo Técnico-Xurídico II.

3. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

3.1. Servizo de Xestión Orzamentaria.

3.2. Servizo de Verificación de Fondos.

3.3. Servizo de Contratación, Proxectos e Obras.

4. Adscríbense organicamente á Secretaría Xeral Técnica, con nivel de subdirección xeral, a Asesoría Xurídica da Consellería e a Intervención Delegada, que dependerán funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, respectivamente.

Sección 2ª. Vicesecretaría Xeral

Artigo 7. Vicesecretaría Xeral

1. Con nivel orgánico de subdirección xeral, a Vicesecretaría Xeral exercerá as funcións de coordinación e apoio na dirección e xestión das competencias da Secretaría Xeral Técnica, a execución dos proxectos, obxectivos ou actividades e as demais atribucións que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Directamente, ou a través dos servizos que nela se integran, desenvolverá as funcións seguintes:

a) A coordinación do funcionamento das subdireccións integrantes da Secretaría Xeral Técnica e a coordinación desta última cos centros directivos, así como cos organismos e entidades dependentes da Consellería.

b) A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, modernización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

c) A coordinación da elaboración dos plans, programas e estratexias da Consellería.

d) A coordinación das funcións que lle corresponden á Consellería en materia de transparencia e protección de datos.

c) A xestión dos asuntos relacionados cos recursos humanos da Consellería, así como o seguimento e o control do rexistro de personal, sen prexuízo das atribucións que lle correspondan aos órganos da Consellería competente en materia de función pública.

e) A coordinación, o seguimento e o control dos expedientes de contratación, dos convenios e dos protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería.

f) A coordinación das obras e proxectos de competencia da Consellería.

g) A coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da Consellería que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia ou noutros boletíns oficiais, así como a coordinación da publicación das notificacións por anuncios que sexan publicados no Boletín Oficial del Estado.

h) A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica para o estudo e a preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

i) A organización do rexistro e arquivo da Consellería.

j) A suplencia da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, en caso de vacante, ausencia, enfermidade e nos casos en que fose declarada a abstención ou recusación desta.

k) En xeral, prestar asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Vicesecretaría Xeral disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

3.1. Servizo de Calidade de Procedementos e Sistemas.

3.2. Servizo de Recursos Humanos.

Artigo 8. Servizo de Calidade de Procedementos e Sistemas

Baixo a dependencia directa da persoa titular da Vicesecretaría Xeral, ao Servizo de Calidade de Procedementos e Sistemas correspóndelle o exercicio das funcións seguintes:

a) A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos a estruturación, planificación, organización, modernización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

b) A coordinación da elaboración dos plans, programas e estratexias da Consellería, así como da súa tramitación administrativa.

c) A xestión dos obxectivos estratéxicos e operativos, indicadores e actuacións de todo o sector público da Consellería, en aplicación do Plan estratéxico de Galicia e de todos os plans sectoriais da propia Consellería.

d) A coordinación e o exercicio das funcións que lle correspondan á Consellería en materia de transparencia, ao abeiro da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (delegado de protección de datos), así como as de atención á cidadanía, establecidas na Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.

e) A coordinación e o exercicio das funcións que teña encomendadas a Consellería con relación ás fundacións de interese galego sobre as que exerza o protectorado e as funcións como sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

f) A xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da Consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.

g) O estudo, preparación e informe dos asuntos que se eleven ao Consello da Xunta de Galicia.

h) A coordinación e xestión dos servizos de carácter xeral, da organización do rexistro da Consellería e do arquivo.

i) A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á Consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos e a coordinación e xestión do inventario dos bens.

j) A formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da Consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da Consellería.

k) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral Técnica e pola Vicesecretaría Xeral no exercicio das competencias que lles sexan propias.

Artigo 9. Servizo de Recursos Humanos

O Servizo de Recursos Humanos exercerá as funcións seguintes, sen prexuízo das que exerzan outros órganos e entidades instrumentais da Consellería, así como das que poidan corresponderlles aos restantes órganos con competencia en materia de persoal da Xunta de Galicia:

a) A ordenación e o control da xestión de todo o persoal da Consellería e, en especial, a xestión e a administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito aos servizos centrais.

b) A coordinación dos servizos periféricos da Consellería e das súas entidades instrumentais en materia de persoal.

c) A tramitación dos expedientes administrativos relativos a persoal funcionario, laboral e eventual.

d) A programación das necesidades de persoal da Consellería e das súas entidades instrumentais.

e) A formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo da Consellería, así como a coordinación das propostas que formulen neste ámbito as entidades instrumentais adscritas.

f) O mantemento e a actualización da base de datos de persoal funcionario e laboral dos servizos centrais da Consellería, a coordinación nesta materia da actuación dos servizos periféricos e das entidades instrumentais adscritas, así como a organización, a custodia e o arquivo dos expedientes do persoal dos servizos centrais da Consellería.

g) A tramitación e a xestión dos permisos, vacacións e licenzas do persoal dos servizos centrais da Consellería, así como o apoio nesta materia aos servizos periféricos e entidades instrumentais adscritas, sen prexuízo das funcións que teñan atribuídas outros órganos da Consellería e da Xunta de Galicia.

h) Controlar a asistencia e a puntualidade do persoal dos servizos centrais, así como coordinar e supervisar o control que neste ámbito efectúen os servizos periféricos e as entidades instrumentais adscritas á Consellería.

i) O estudo, a coordinación e a elaboración de propostas de resolución dos procedementos disciplinarios cuxa resolución lle corresponda á persoa titular da Consellería ou ao Consello da Xunta de Galicia, con respecto ao persoal dependente da Consellería e das súas entidades instrumentais.

j) O estudo, a tramitación e a elaboración das propostas de resolución das reclamacións e recursos que se formulen en materia de persoal.

k) A elaboración dos correspondentes informes e a coordinación da documentación necesaria en relación coas demandas e recursos interpostos na vía xudicial, así como, de ser o caso, da execución de sentenzas, en materia de persoal dos servizos centrais da Consellería, e a coordinación e apoio nesta materia con respecto ao persoal dos servizos periféricos e entidades instrumentais adscritas á Consellería.

l) A habilitación de gastos de persoal dos servizos centrais da Consellería, sen prexuízo das atribucións doutros órganos da Consellería e das entidades instrumentais.

m) A xestión e a tramitación da nómina do persoal adscrito aos servizos centrais da Consellería.

n) O cumprimento das obrigas en materia de seguridade social e dereitos pasivos.

ñ) O estudo, o seguimento e o control da execución do estado de gastos en materia orzamentaria do capítulo I da Consellería, así como a elaboración, de ser o caso, das correspondentes propostas de modificación de crédito.

o) Aqueloutras funcións que lle sexan asignadas polas persoas titulares da Secretaría Xeral Técnica e da Vicesecretaría Xeral, dentro do seu ámbito de atribucións.

Sección 3ª. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico

Artigo 10. Subdirección Xeral de Réxime Xurídico

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico exercerá de maneira directa, ou a través das unidades administrativas que nela se integran, as funcións seguintes:

a) O estudo, a tramitación e a proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

b) A tramitación dos requirimentos e peticións formulados á Consellería polos xulgados, tribunais, Defensor/a do Pobo, Valedor/a do Pobo e outros órganos e institucións, así como as peticións de información pública.

c) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere axeitado, coas unidades da Consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

d) O estudo, a coordinación e a tramitación de expedientes sancionadores que lle resulten atribuídos, conforme a normativa aplicable.

e) A instrucción e a tramitación dos procedimientos de revisión de oficio dos actos administrativos nulos, declarar a lesividade dos actos anulables e a revogación dos actos de gravame ou desfavorables, así como dos procedementos de responsabilidade patrimonial.

f) A tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos órganos superiores e de dirección da Consellería.

g) A supervisión e coordinación da tramitación e xestión dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería, así como a súa remisión ao órgano encargado de realizar os trámites necesarios para o seu rexistro, sen prexuízo das atribucións que lle correspondan nesta materia á Vicesecretaría Xeral e a outros órganos da Xunta de Galicia.

h) A asistencia e o apoio xurídico nas diferentes materias que sexan competencia da consellería aos órganos e entidades dependentes desta.

i) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

2. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Réxime Xurídico disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo Técnico-Xurídico I.

2.2. Servizo Técnico-Xurídico II.

Artigo 11. Servizo Técnico-Xurídico I

O Servizo Técnico-Xurídico I exercerá as funcións seguintes:

a) O estudo, a tramitación e a proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da Consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta.

b) O estudo, a coordinación e a tramitación de expedientes sancionadores que lle resulten atribuídos, conforme a normativa aplicable.

c) A instrucción e a tramitación dos procedimientos de revisión de oficio dos actos administrativos nulos, declarar a lesividade dos actos anulables e a revogación dos actos de gravame ou desfavorables, así como dos procedementos de responsabilidade patrimonial.

d) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico.

Artigo 12. Servizo Técnico-Xurídico II

O Servizo Técnico-Xurídico II exercerá as funcións seguintes:

a) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere axeitado, coas unidades da Consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.

b) A tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos órganos superiores e de dirección da Consellería.

c) A supervisión e coordinación da tramitación e xestión dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a Consellería, así como a súa remisión ao órgano encargado de realizar os trámites necesarios para o seu rexistro, sen prexuízo das atribucións que lle correspondan nesta materia á Vicesecretaría Xeral e a outros órganos da Xunta de Galicia.

d) E en xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados por razón da súa competencia pola persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.

Sección 4ª. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación

Artigo 13. Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación

1. Baixo a dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, a Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación exercerá de maneira directa, ou a través das unidades administrativas que nela se integran, as funcións seguintes, sen prexuízo das que exerzan outros órganos e entidades instrumentais da Consellería, así como as que poidan corresponder aos restantes órganos da Xunta de Galicia con competencia na área económica e orzamentaria:

a) A coordinación da confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos dos órganos da Consellería e entidades instrumentais adscritas, o seguimento e o control interno da execución orzamentaria, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias, en coordinación cos órganos e entidades implicados.

b) A execución da xestión orzamentaria, efectuando os trámites económico-administrativos dos expedientes de gasto e as propostas de pagamento da Consellería.

c) O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos e entidades instrumentais da Consellería.

d) A supervisión, coordinación e elaboración das instrucións necesarias para que os órganos e entidades da Consellería efectúen unha correcta execución do orzamento.

e) A planificación, coordinación e verificación do cumprimento da normativa comunitaria, estatal e autonómica, con posterioridade á súa execución, dos programas de axudas e subvencións en materia de programas de emprego e de formación profesional para o emprego e, en xeral, para todas as medidas de políticas activas de emprego xestionadas na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

f) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

g) A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da Consellería, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

h) O control, a coordinación e a execución dos proxectos de obra da Consellería, sen prexuízo das atribucións correspondentes á Vicesecretaría Xeral.

i) A conservación, o mantemento e a utilización das dependencias, edificios e instalacións adscritos á Consellería, así como dos vehículos da Consellería.

j) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica no ámbito das súas competencias.

2. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Xestión Orzamentaria.

2.2. Servizo de Verificación de Fondos.

2.3. Servizo de Contratación, Proxectos e Obras.

Artigo 14. Servizo de Xestión Orzamentaria

O Servizo de Xestión Orzamentaria exercerá as funcións seguintes:

a) A execución da xestión orzamentaria, efectuando e, de ser o caso, impulsando os trámites económico-administrativos dos expedientes de gasto e as propostas de pagamento dos servizos centrais da Consellería, sen prexuízo das atribucións doutros órganos neste campo.

b) A habilitación dos gastos correntes dos servizos centrais da Consellería e a coordinación e supervisión destas tarefas nos servizos periféricos da Consellería e nas entidades instrumentais adscritas.

c) A planificación, habilitación e seguimento da provisión de créditos para gastos de mantemento dos distintos órganos, unidades administrativas e oficinas que se lle asignen, tanto de servizos centrais como periféricos, baixo a modalidade de pagamentos para xustificar.

d) A xestión orzamentaria dos recursos derivados de transferencias internas e de capital ás entidades adscritas á Secretaría Xeral Técnica e o seguimento dos adscritos, de ser o caso, a outros centros xestores.

e) A coordinación, a tramitación, o impulso e a preparación do anteproxecto de orzamentos da Consellería e das súas entidades adscritas.

f) A tramitación das propostas de modificacións orzamentarias da Consellería e das súas entidades instrumentais, así como a tramitación da variación dos límites orzamentarios.

g) O asesoramento en materia orzamentaria aos órganos e entidades instrumentais da Consellería.

h) A elaboración das instrucións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta xestión orzamentaria, así como a análise e a supervisión da súa execución, de acordo coa normativa vixente.

i) A xestión de taxas e de prezos públicos da Consellería e entidades instrumentais, así como a coordinación neste campo con todos os órganos e entidades dependentes, xunto coa tramitación dos expedientes de devolución de ingresos indebidos de taxas.

j) A elaboración do escenario de ingresos propios das entidades adscritas á Consellería, así como o seguimento e a análise da execución orzamentaria correspondente aos devanditos ingresos.

k) A coordinación, o impulso e o seguimento das axudas públicas xestionadas pola Consellería mediante ordes e convenios, así como a súa coherencia co Plan estratéxico de Galicia, e de todos os plans sectoriais da propia consellería.

l) O seguimento da execución dos proxectos do orzamento de gastos cofinanciados con fondos europeos ou con outros recursos catalogados como financiamento condicionado.

m) A realización de estudos e informes nas materias a que fan referencia as funcións anteriores.

n) O aprovisionamento, mantemento e renovación do equipamento e material funxible non inventariable necesario para o funcionamento dos servizos centrais da Consellería e a coordinación e supervisión neste ámbito dos servizos periféricos.

ñ) Calquera outra función que lles poidan encomendar en materia de xestión económica as persoas titulares da Secretaría Xeral Técnica e da Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

Artigo 15. Servizo de Verificación de Fondos

Ao Servizo de Verificación de Fondos corresponderanlle as funcións seguintes:

a) A planificación, a coordinación e a verificación do cumprimento da normativa comunitaria, estatal e autonómica, con posterioridade á súa execución, dos programas de axudas e subvencións en materia de programas de emprego e de formación profesional para o emprego e, en xeral, para todas as medidas de políticas activas de emprego xestionadas na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

b) A elaboración anual dos plans de verificación e control posteriores ao pagamento das axudas concedidas e a coordinación das auditorías e as actuacións de verificación e control realizadas dentro destes plans anuais, en materia de políticas activas de emprego, tanto nos servizos centrais como nas direccións territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co fin de determinar os resultados das verificacións realizadas e os importes elixidos para a súa certificación ao Fondo Social Europeo ou outros fondos europeos, sen prexuízo das competencias de seguimento e control que, no procedemento de tramitación, concesión e pagamento dos incentivos, lles correspondan aos órganos concedentes.

c) A formación teórica e práctica do persoal encargado da realización destas funcións de verificación e control posteriores, así como para a realización das visitas in situ, tanto en servizos centrais como nas direccións territoriais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co obxecto de dar cumprimento aos requirimentos establecidos na normativa estatal e comunitaria que resulte de aplicación.

d) O seguimento e a coordinación dos asuntos que se traten no Grupo de interconferencias sectoriais de preparación do Consello de Ministros da Unión Europea de política social, sanidade e consumidores, do cal forma parte a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como o estudo e a compilación da normativa comunitaria existente en materia de emprego e a procura daqueles proxectos existentes en materia de cooperación territorial europea nos cales a Consellería poida participar.

e) Cantas outras funcións lle sexan expresamente asignadas ou delegadas pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e da Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, no ámbito das súas competencias.

Artigo 16. Servizo de Contratación, Proxectos e Obras

O Servizo de Contratación, Proxectos e Obras exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión dos expedientes de contratación administrativa que sexan competencia da Consellería, excepto aqueles cuxa xestión estea atribuída a outros órganos da Consellería.

b) O seguimento e o control da execución dos contratos.

c) O impulso e a coordinación das necesidades en materia de contratación dos distintos órganos e unidades administrativas da Consellería, así como das entidades instrumentais a ela adscritas.

d) A coordinación e a elaboración de instrucións e a fixación de criterios en materia de contratación.

e) A tramitación e a elaboración de convenios, así como de encomendas de xestión e encargas a medios propios, no ámbito das súas atribucións.

f) A coordinación dos contratos administrativos que se tramiten nos servizos periféricos en materia de obras e servizos relacionados con elas, así como equipamentos.

g) A programación da execución de calquera fondo finalista destinado a investimentos nos centros dependentes da Consellería e a súa xestión.

h) A xestión ante as entidades, órganos ou organismos públicos correspondentes das autorizacións sectoriais preceptivas e das licenzas necesarias para a execución dos expedientes de obras que sexan da súa competencia.

i) A supervisión, a coordinación técnica e a inspección dos proxectos de obras da Consellería e das súas entidades instrumentais, así como da correspondente execución material.

j) A realización dos traballos facultativos propios das obras de construción, reforma e reparación das instalacións adscritas á Consellería.

k) A elaboración dos informes técnicos que lle sexan requiridos polas persoas titulares da Secretaría Xeral Técnica e da Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

l) Aqueloutras funcións que lle sexan asignadas polas persoas titulares da Secretaría Xeral Técnica e da Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, dentro do seu ámbito de atribucións.

Sección 5ª. Asesoría Xurídica

Artigo 17. Asesoría Xurídica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

1. A Asesoría Xurídica, con nivel de subdirección xeral, adscríbese organicamente á Secretaría Xeral Técnica e depende funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral.

2. A Asesoría Xurídica rexerase polo disposto na Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público, e desenvolverá as funcións previstas na devandita lei e no Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo.

3. A Asesoría Xurídica terá adscrito o persoal que se estableza na correspondente relación de postos de traballo.

Sección 6ª. Intervención Delegada

Artigo 18. Intervención Delegada

1. A Intervención Delegada, con nivel de subdirección xeral, adscríbese organicamente á Secretaría Xeral Técnica e depende funcionalmente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

2. As súas funcións e estrutura serán as especificamente previstas no decreto polo que se estableza a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública.

CAPÍTULO III

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Sección 1ª. Atribucións e estrutura

Artigo 19. Atribucións

Como órgano superior da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, corresponderanlle á Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais as funcións seguintes:

a) A participación na elaboración e deseño das estratexias e políticas públicas de emprego dos correspondentes plans anuais de fomento do emprego digno, así como a formulación de propostas de inclusión de medidas e programas concretos neles.

b) A participación na elaboración e deseño de estratexias, instrumentos e medidas que contribúan a evitar situacións de falta de estabilidade do emprego ou poidan conducir á diminución da actividade.

c) A dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de apoio, fomento e mantemento do emprego, traballo autónomo, cooperativas e economía social, apoio á integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade e formación profesional para o emprego en toda a súa extensión.

d) A dirección das competencias da Comunidade Autónoma en materia de emprendemento e a coordinación das atribuídas a outros órganos, así como a promoción de políticas públicas e programas que impulsen, promocionen e apoien a cultura emprendedora.

e) A convocatoria e a execución de calquera outra axuda ou actuación derivada de plans estatais, autonómicos ou europeos que contribúan á creación de emprego, por conta propia ou allea, e ao seu mantemento, ou que sexan autorizados mediante acordo do Consello da Xunta.

f) A dirección e xestión das funcións atribuídas á Consellería en materia de fomento do emprego en colaboración coas administracións e institucións públicas e con entidades sen ánimo de lucro.

g) O exercicio das competencias atribuídas pola normativa reguladora dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de emprego e de persoas traballadoras autónomas e de entidades de economía social.

h) A elaboración do anteproxecto de orzamento e a memoria de funcionamento do órgano superior, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

i) A dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, e todas aquelas que como autoridade laboral debe desenvolver en virtude das competencias que lle corresponden á Consellería.

j) O impulso e o desenvolvemento das políticas de igualdade laboral e de medidas de conciliación corresponsable da vida persoal, familiar e laboral nas empresas.

k) A coordinación e o impulso do diálogo social en Galicia.

l) As competencias funcionais sobre a Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia laboral e de prevención de riscos laborais asignadas á Comunidade Autónoma de Galicia, así como as de coordinación coa Administración xeral do Estado para a execución dos plans de actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

m) O coñecemento e a resolución dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións ditadas nos procedementos tramitados polos órganos territoriais para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector, de conformidade co Decreto 70/2008, do 27 de marzo, sobre distribución de competencias entre os órganos da Administración autonómica galega para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector, e calquera outra competencia atribuída por este.

n) Promover e adoptar as accións necesarias para aplicar o principio de igualdade entre mulleres e homes no ámbito das políticas autonómicas en materia de emprego, relacións laborais, traballo autónomo, economía social e formación.

ñ) A coordinación do Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación da Comunidade Autónoma de Galicia, previsto no Real decreto 818/2021, do 28 de setembro, polo que se regulan os programas comúns de activación para o emprego do Sistema nacional de emprego, sen prexuízo das competencias que lle correspondan á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

o) A dirección e a coordinación da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego e da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, dependentes dela.

Artigo 20. Estrutura

1. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Emprego.

1.1. Servizo de Emprego por Conta Allea.

1.2. Servizo de Emprego Autónomo.

1.3. Servizo de Programas de Cooperación.

2. Subdirección Xeral de Relacións Laborais.

2.1. Servizo de Recións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral.

2.2. Servizo de Réxime Xurídico.

3. Unidade Administrativa de Igualdade.

4. Baixo a dirección e dependencia da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais estará a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, que se estrutura, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

4.1. Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia.

4.1.1. Servizo de Intermediación.

4.1.2. Servizo de Orientación Laboral.

4.2. Subdirección Xeral de Formación para o Emprego.

4.2.1. Servizo de Planificación da Formación para o Emprego.

4.2.2. Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego.

4.3. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego.

4.3.1. Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades.

4.3.2. Servizo de Promoción de Competencias para o Emprego.

4.4. Subdirección Xeral de Coordinación, Avaliación e Seguimento de Programas.

4.4.1. Servizo de Coordinación e Xestión de Programas.

4.4.2. Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo.

5. Centro de Novas Tecnoloxías.

6. Baixo a dirección e dependencia da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais estará a Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, que se estrutura, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

6.1. Subdirección Xeral de Emprendemento.

6.1.1. Servizo de Fomento do Emprendemento.

6.2. Subdirección Xeral de Economía Social.

6.2.1. Servizo de Promoción da Economía Social.

6.2.2. Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social.

Sección 2ª. Subdirección Xeral de Emprego

Artigo 21. Subdirección Xeral de Emprego

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Emprego levará a cabo as funcións seguintes:

a) A planificación, a execución e o control dos programas e axudas para o fomento e mantemento do emprego por conta allea, de apoio ao traballo autónomo e ás iniciativas xeradoras de emprego e ao seu mantemento, así como ás accións correspondentes ao seu ámbito competencial recollidas nos plans de emprego.

b) A participación no deseño, seguimento, desenvolvemento e avaliación dos programas e servizos dirixidos á promoción do emprego autónomo, o emprego por conta allea e os programas de promoción e mantemento do emprego no ámbito local e con entidades sen ánimo de lucro.

c) A xestión do Rexistro Administrativo das Iniciativas Locais de Emprego (ILE) e do Rexistro das Asociacións Profesionais de Persoas Traballadoras Autónomas da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) A xestión de programas de iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

e) A elaboración da proposta do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu programa de gasto, así como a súa xestión, seguimento e avaliación e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

f) A coordinación coas direccións territoriais na tramitación dos expedientes e procedementos competencia da subdirección xeral.

g) A elaboración de estudos ou informes nas materias propias da subdirección xeral.

h) As demais funcións que expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no ámbito das súas competencias.

2. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Emprego disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas, con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Emprego por Conta Allea.

2.2. Servizo de Emprego Autónomo.

2.3. Servizo de Programas de Cooperación.

Artigo 22. Servizo de Emprego por Conta Allea

O Servizo de Emprego por Conta Allea exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión e o seguimento dos programas de apoio, fomento e mantemento da contratación por conta allea e de todas as actuacións da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais para a mellora do emprego estable.

b) Os labores de información, asesoramento, difusión, elaboración de estatísticas, control e avaliación dos programas e medidas da súa competencia.

c) A preparación dos contratos e convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades e particulares nas materias competencia do servizo.

d) A xestión dos procedementos de xustificación do Fondo Social Europeo e dos proxectos europeos, e a coordinación das accións de auditoría en materia de emprego por conta allea, sen prexuízo das competencias doutras unidades ou órganos da Consellería.

e) A elaboración e a tramitación das convocatorias de axudas e subvencións e demais programas de apoio, fomento e mantemento da contratación por conta allea.

f) Aquelas que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Artigo 23. Servizo de Emprego Autónomo

O Servizo de Emprego Autónomo exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión e o seguimento dos programas e accións de apoio, asesoramento, fomento e mantemento da actividade das persoas autónomas, así como daqueles que se lle asignen dentro da súa área funcional.

b) A xestión do Rexistro Administrativo das Iniciativas Locais de Emprego.

c) A xestión do Rexistro de Asociacións Profesionais de Persoas Traballadoras Autónomas da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Aquelas que as normas de desenvolvemento en Galicia da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, lle atribúan á Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

e) Os labores de información, asesoramento, difusión, elaboración de estatísticas, control e avaliación dos programas e medidas da súa competencia.

f) A preparación dos contratos e convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades e particulares nas materias competencia do servizo.

g) A xestión dos procedementos de xustificación do Fondo Social Europeo e dos proxectos europeos e a coordinación das accións de auditoría en materia de emprego autónomo, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras entidades ou órganos da Consellería.

h) A elaboración e tramitación das convocatorias de axudas e subvencións para accións de apoio, asesoramento, fomento e mantemento da actividade ás persoas autónomas.

i) Aquelas que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Artigo 24. Servizo de Programas de Cooperación

O Servizo de Programas de Cooperación exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión técnica, a coordinación e o seguimento dos programas de apoio, fomento, promoción e mantemento do emprego no ámbito local e con entidades sen ánimo de lucro.

b) Os labores de información, asesoramento, difusión, elaboración de estatísticas e control e avaliación dos programas e medidas da súa competencia.

c) A preparación dos contratos e convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades e particulares nas materias competencia do servizo.

d) A xestión dos procedementos de xustificación do Fondo Social Europeo e dos proxectos europeos, e a coordinación das accións de auditoría en materia de promoción e mantemento do emprego no ámbito local e con entidades sen ánimo de lucro, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras entidades ou órganos da Consellería.

e) A elaboración e a tramitación das convocatorias de axudas e subvencións para programas de apoio, fomento, promoción e mantemento do emprego no ámbito local e con entidades sen ánimo de lucro.

f) Aquelas que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Sección 3ª. Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Artigo 25. Subdirección Xeral de Relacións Laborais

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, a Subdirección Xeral de Relacións Laborais desenvolverá as funcións seguintes:

a) A promoción, coordinación, desenvolvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia laboral, responsabilidade social empresarial e de medidas de conciliación corresponsable da vida persoal, familiar e laboral nas empresas, así como a modulación das relacións laborais cos axentes económicos e sociais.

b) A promoción, a coordinación e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de prevención de riscos laborais, así como o establecemento de vías de colaboración e cooperación técnica e institucional con organismos e institucións con competencias na materia, sen prexuízo das competencias que a lexislación vixente lle atribúe ao Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

c) A elaboración do anteproxecto do orzamento correspondente ao seu programa de gasto, así como a súa xestión, seguimento e avaliación e a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

d) A coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais, de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

e) A coordinación coas direccións territoriais na tramitación dos expedientes e procedementos competencia da subdirección xeral.

f) A coordinación dos servizos de mediación, arbitraxe e conciliación.

g) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais no ámbito das súas competencias.

2. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Relacións Laborais disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral.

2.2. Servizo de Réxime Xurídico.

Artigo 26. Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral

O Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral exercerá as funcións seguintes:

a) A tramitación e instrución dos expedientes de procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos de traballo e redución temporal de emprego, e daqueloutros sobre relacións individuais ou colectivas atribuídas á Administración laboral.

b) A xestión e a tramitación das axudas e subvencións en materia laboral e de responsabilidade social empresarial competencia da subdirección.

c) A tramitación e a instrución do depósito, rexistro e publicación de convenios e acordos colectivos de traballo, adhesión e instrución dos procedementos de extensión de convenios colectivos.

d) A tramitación e a instrución do depósito de estatutos dos sindicatos e das asociacións empresariais e a expedición de certificación de documentación en depósito.

e) A coordinación e tramitación das funcións correspondentes aos procesos de eleccións sindicais.

f) A recepción, o seguimento e a coordinación das declaracións de folgas e peches patronais, así como a xestión e instrución dos procedementos e o desenvolvemento das funcións de mediación, arbitraxe e conciliación.

g) A tramitación das autorizacións administrativas e o rexistro das empresas de traballo temporal.

h) A preparación de ditames, normativa, estatísticas e demais informes na área de traballo e relacións laborais.

i) O desenvolvemento das actuacións en materia de responsabilidade social empresarial.

j) A xestión do Rexistro de Empresas Acreditadas no Sector da Construción (REA).

k) A tramitación das comunicacións de desprazamentos transnacionais de persoas traballadoras.

l) A promoción, a coordinación e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de prevención de riscos laborais, así como o establecemento de vías de colaboración e cooperación técnica e institucional con organismos e institucións con competencias na materia, sen prexuízo das competencias que a lexislación vixente lle atribúe ao Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.

m) A tramitación, a inscrición e o seguimento das autorizacións dos servizos de prevención alleos, así como as funcións correspondentes aos servizos de prevención mancomunados e auditorías de prevención.

n) A tramitación, a xestión e o seguimento dos programas de fomento para a mellora das condicións de seguridade e saúde laboral.

ñ) A coordinación coa Inspección de Traballo e Seguridade Social para a elaboración e resolución dos expedientes administrativos en materia de prevención de riscos laborais.

o) A coordinación co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos procedementos administrativos en materia de prevención de riscos laborais.

p) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais e a Subdirección Xeral de Relacións Laborais no exercicio das competencias que lle sexan propias.

Artigo 27. Servizo de Réxime Xurídico

O Servizo de Réxime Xurídico exercerá as funcións seguintes:

a) A ordenación e a instrución dos expedientes sancionadores na orde social, segundo o ámbito competencial establecido pola normativa reguladora da distribución de competencias entre órganos da Administración autonómica galega, para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos, por infracción da normativa cooperativa e por obstrución do labor inspector.

b) A tramitación dos recursos de alzada en materia de sancións por infraccións na orde social.

c) A tramitación dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións ditadas nos procedementos tramitados polos órganos territoriais para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector, de conformidade co Decreto 70/2008, do 27 de marzo, sobre distribución de competencias entre os órganos da Administración autonómica galega para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector.

d) O seguimento das sancións impostas ata o seu pagamento efectivo.

e) A coordinación coa Inspección de Traballo e Seguridade Social para a elaboración e resolución dos expedientes sancionadores e a unificación de criterios.

f) A coordinación cos gabinetes xurídicos para a mellora do procedemento sancionador.

g) A coordinación coa xurisdición competente respecto dos procedementos sancionadores.

h) A coordinación coa Administración da Seguridade Social nos procedementos con recarga de prestacións.

i) O mantemento do Rexistro de Sancións.

j) A proposta de disposicións normativas e a elaboración de informes en materia laboral.

k) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais e a Subdirección Xeral de Relacións Laborais no exercicio das competencias que lles sexan propias.

Sección 4ª. Unidade Administrativa de Igualdade

Artigo 28. Unidade Administrativa de Igualdade

A Unidade Administrativa de Igualdade, con rango orgánico de servizo e con dependencia directa da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, é o órgano de apoio que integrará a dimensión de xénero no ámbito das competencias en materia de emprego atribuídas á Consellería, e estará coordinada coa Dirección Xeral de Promoción da Igualdade. Desenvolverá as funcións recollidas no artigo 175 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Sección 5ª. Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Artigo 29. Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

1. Á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, como órgano de dirección directamente dependente da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, correspóndelle a dirección, coordinación, programación e xestión das actuacións da Consellería en materia de formación profesional para o emprego en toda a súa extensión, incluídos os graos A, B e C da Lei orgánica 3/2022, do 1 de marzo, sen prexuízo das competencias da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e en coordinación con ela, de cualificación profesional, intermediación e orientación laboral, promoción da empregabilidade e, singularmente, as funcións seguintes:

a) O deseño, a planificación e a execución das medidas dirixidas á prestación dos servizos previstos na Carteira común de servizos do Sistema nacional de emprego e na Estratexia española de activación para o emprego, a confección e a execución do plan anual de fomento do emprego digno, así como a formulación de propostas de inclusión de medidas e programas concretos.

b) A dirección, programación e xestión das funcións atribuídas á Consellería en materia de formación para o emprego, formación no traballo, cualificacións e recualificacións profesionais ao longo da vida laboral, intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo.

c) O deseño e o desenvolvemento de instrumentos de planificación no ámbito da formación profesional dos graos A, B e C en coordinación co resto de departamentos da Xunta de Galicia.

d) A programación, o seguimento, o control e a xestión dos programas de formación no traballo.

e) O exercicio das competencias para o reforzo da capacidade de actuación do Servizo Público de Emprego de Galicia, a súa modernización, infraestrutura, recursos humanos e materiais e soporte técnico.

f) A coordinación da participación das entidades colaboradoras, con e sen ánimo de lucro, na execución e desenvolvemento dos servizos de políticas activas de emprego, a través da colaboración público-privada.

g) A programación, o seguimento, o control e, de ser o caso, a xestión dos programas integrais de capacitación para a mellora da inserción laboral.

h) A coordinación da xestión e supervisión do funcionamento dos centros de formación, tanto propios como dependentes doutras entidades, así como a prestación da asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento das súas actividades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica.

i) As funcións de execución relativas ao cumprimento das obrigas das empresas e das persoas traballadoras e, de ser o caso, o exercicio da potestade sancionadora nas materias relativas ao emprego e ao desemprego.

j) As funcións que lle correspondan á Consellería en materia de expedición de certificados profesionais, certificados de competencia profesional ou das acreditacións parciais de competencia.

k) A resolución dos procedementos de inscrición e acreditación ou, de ser o caso, de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na súa normativa reguladora, así como a autorización dos centros previstos no Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan, e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolven actividades que emiten gases fluorados, sen prexuízo das competencias doutros órganos directivos.

l) O exercicio das competencias atribuídas pola normativa reguladora dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materias da competencia da Dirección Xeral.

m) A elaboración do anteproxecto de orzamento e a memoria de funcionamento do seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

n) A expedición e rexistro das habilitacións profesionais, sen prexuízo das competencias doutros órganos directivos.

ñ) O exercicio das competencias previstas no Real decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual, sen prexuízo das que lles corresponden a outras administracións competentes.

o) O desenvolvemento da normativa que contribúa á ordenación e á regulación dun sistema de formación para o emprego que responda ás necesidades de formación e cualificación das persoas, co fin de promover a aprendizaxe ao longo da vida.

p) O desenvolvemento, a través da Axenda galega de capacidades para o emprego, de accións estratéxicas innovadoras e integrais, para a mellora das capacidades e para atraer e fidelizar o talento.

q) O fomento da relación constante co tecido produtivo que permita a definición de plans de cooperación sectoriais a través da formación modular e itinerarios personalizados.

r) Desenvolvemento, no ámbito da Consellería, de programas de cualificación e recualificación da poboación activa, con atención prioritaria aos sectores clave tradicionais e a aqueles afectados pola transición verde e dixital para responder á súa recuperación e adaptación ás novas claves económicas, apoiando a orientación e a formación das persoas que traballan nestes sectores, para garantir a adecuación dos seus perfís profesionais ás necesidades e cambios que se producen no mercado laboral.

s) Velar pola aplicación efectiva do principio de igualdade entre mulleres e homes nas políticas autonómicas en materia de intermediación laboral, cualificación profesional, promoción da empregabilidade e formación profesional para o emprego, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

t) A promoción e a xestión da certificación galega en competencias dixitais, para mellorar a formación da poboación e promover o seu desenvolvemento profesional, co obxectivo de que as persoas adquiran novas competencias que lles faciliten adaptarse á contorna cambiante da sociedade dixital.

u) O fomento de asociacións de capacidades en ecosistemas industriais clave para facer fronte ás transicións dixital e ecolóxica, co obxectivo de afrontar os riscos de desaxustes e carencias de capacidades.

v) A adopción de medidas ao nivel adecuado para permitir que as persoas adquiran, actualicen e melloren os coñecementos, capacidades e competencias que necesitan para prosperar nun mercado de traballo e sociedade cambiantes, para beneficiarse plenamente dunha recuperación socialmente xusta e dunhas transicións xustas cara á economía ecolóxica e dixital e para estar mellor preparadas para facer fronte aos retos presentes e futuros.

w) O deseño e o fomento do desenvolvemento de programas innovadores co obxectivo de afrontar o reto da diminución da poboación en idade laboral e dirixidos a fidelizar e a atraer talento.

2. Baixo a súa dirección e dependencia, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego estrutúrase, para o desenvolvemento das súas funcións, nas seguintes unidades administrativas:

1. Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia.

1.1. Servizo de Intermediación.

1.2. Servizo de Orientación Laboral.

2. Subdirección Xeral de Formación para o Emprego.

2.1. Servizo de Planificación da Formación para o Emprego.

2.2. Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego.

3. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego.

3.1. Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades.

3.2. Servizo de Promoción de Competencias para o Emprego.

4. Subdirección Xeral de Coordinación, Avaliación e Seguimento de Programas.

4.1. Servizo de Coordinación e Xestión de Programas.

4.2. Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo.

5. Centro de Novas Tecnoloxías.

Sección 6ª. Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia

Artigo 30. Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, a Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia levará a cabo as funcións seguintes:

a) As funcións de intermediación no mercado de traballo e, en concreto, as relativas á inserción e rexistro das persoas demandantes de emprego e das ofertas de traballo, rexistro de contratos, autorización de axencias de colocación e Rede Eures (European Employment Services), e daqueloutros programas de cooperación competencia da dirección xeral.

b) A xestión dos programas de orientación laboral e os de apoio e asistencia na procura de emprego, co obxectivo de garantir a adecuación e a capacitación dos perfís profesionais ás necesidades do mercado de traballo, así como a axeitada detección das necesidades formativas e a selección das persoas asistentes ás accións formativas.

c) O impulso do proceso de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia potenciando as funcionalidades dispoñibles polas canles dixitais coa finalidade de achegar os servizos á cidadanía e garantindo a atención presencial nas oficinas de emprego, especialmente dos colectivos con maiores dificultades.

d) A elaboración do plan de formación do persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia.

e) A coordinación das actuacións derivadas dos incumprimentos das obrigas como demandantes de emprego das persoas perceptoras e non perceptoras de prestacións por desemprego.

f) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, no ámbito das súas competencias.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Intermediación

2.2. Servizo de Orientación Laboral.

Artigo 31. Servizo de Intermediación

O Servizo de Intermediación exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión técnica e a coordinación do sistema de información propio da Comunidade Autónoma e a súa integración co Sistema nacional de emprego.

b) A coordinación e o soporte técnico da actividade das oficinas de emprego en materia de políticas activas de emprego, impartindo as instrucións precisas para a mellora da calidade dos servizos e procurando unha atención adecuada ás persoas usuarias dos servizos públicos de emprego.

c) A xestión e a tramitación dos expedientes derivados da colaboración público-privada con axencias de colocación.

d) A elaboración dos procedementos e a coordinación das oficinas de emprego e das direccións territoriais na execución dos expedientes sancionadores incoados como consecuencia dos incumprimentos das obrigas como demandantes de emprego, tanto das persoas perceptoras como das persoas non perceptoras de prestacións por desemprego.

e) A xestión e a coordinación dos programas de intermediación laboral e da prospección e servizos de emprego a empresas, a coordinación da Rede Eures-Galicia e o seguimento da actividade desenvolvida polas entidades colaboradoras e polas axencias de colocación.

f) A elaboración de estatísticas relativas aos programas e medidas da súa competencia e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

g) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Artigo 32. Servizo de Orientación Laboral

O Servizo de Orientación Laboral exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión do programa de actividades de información, orientación e prospección do emprego ás persoas desempregadas para facilitarlles o acceso ao mercado laboral.

b) A coordinación e o soporte técnico da actividade das oficinas de emprego en materia de orientación laboral, impartindo as instrucións precisas para o avance da calidade dos servizos e procurando unha atención adecuada ás persoas usuarias dos servizos públicos de emprego.

c) A coordinación do Plan nacional de garantía xuvenil e daqueloutros programas específicos de emprego relativos a colectivos de persoas desempregadas que, de ser o caso, se poidan establecer.

d) A elaboración de estatísticas relativas aos programas e medidas da súa competencia e a execución, seguimento contable e xustificación das partidas orzamentarias correspondentes.

e) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Sección 7ª. Subdirección Xeral de Formación para o Emprego

Artigo 33. Subdirección Xeral de Formación para o Emprego

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, a Subdirección Xeral de Formación para o Emprego levará a cabo as funcións seguintes:

a) A planificación, a programación, a xestión, o seguimento e a avaliación das accións de formación profesional dos graos A, B e C no marco do Sistema integrado de formación profesional, en coordinación con outras consellerías que desenvolvan accións neste ámbito, de ser o caso, así como das accións formativas de formación no traballo.

b) O mantemento do Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) A xestión administrativa dos programas da formación dirixida ás persoas traballadoras desempregadas e ocupadas.

d) A asistencia á Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego na dirección e coordinación dos órganos territoriais da Consellería no que respecta á materia de formación profesional dos graos A, B e C e de formación para o traballo.

e) Aqueloutras funcións que expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, no ámbito das súas competencias.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Planificación da Formación para o Emprego.

2.2. Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego.

Artigo 34. Servizo de Planificación da Formación para o Emprego

O Servizo de Planificación da Formación para o Emprego exercerá as funcións seguintes no ámbito da Consellería e en coordinación, se é o caso, coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

a) A xestión técnica da planificación, programación, avaliación e seguimento das accións de formación profesional dos graos A, B e C no marco do Sistema integrado de formación profesional, así como das accións formativas de formación no traballo.

b) O exercicio das funcións que, en relación co Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, lle correspondan á Dirección Xeral segundo a normativa reguladora de aplicación.

c) A programación das accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas e ocupadas, coordinando as súas actuacións de seguimento e avaliación.

d) A xestión da tramitación dos procedementos de contratación dos centros propios de formación dependentes da Consellería.

e) A coordinación das distintas ferramentas de xestión da formación profesional dos graos A, B e C no marco do Sistema integrado de formación profesional, así como das accións formativas de formación no traballo.

f) A organización e a xestión da rede de centros integrados de titularidade da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

g) A detección de necesidades funcionais e a coordinación e enlace co equipo técnico para a súa implementación nos sistemas informáticos de xestión.

h) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Artigo 35. Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego

O Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión administrativa dos programas de formación para o emprego e a xustificación, así como a elaboración das diferentes estatísticas de formación para o emprego.

b) A xestión dos procedementos de xustificación e liquidación das accións formativas.

c) A xestión dos procedementos de coordinación das accións de auditoría en materia de formación.

d) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Sección 8ª. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

Artigo 36. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, a Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego desenvolverá as funcións seguintes no ámbito da Consellería:

a) A colaboración na planificación e programación das accións de formación profesional dos graos A, B e C no marco do Sistema integrado de formación profesional, en coordinación con outras consellerías que desenvolvan accións neste ámbito, de ser o caso, así como das accións formativas de formación no traballo.

b) A coordinación cos distintos órganos e organismos competentes en materia de formación profesional.

c) O desenvolvemento da Axenda galega de capacidades para o emprego a través dos programas e medidas que se implanten ao abeiro desta.

d) A atención ás necesidades das persoas traballadoras desempregadas de aumentar a súa empregabilidade mediante a adquisición de formación adaptada ás necesidades do sistema produtivo galego, á vez que se potencia que as empresas poidan contar cunha bolsa de persoas formadas e tamén para formar as súas persoas traballadoras ocupadas nas novas necesidades formativas que demanden os sectores de actividade.

e) O fomento e o desenvolvemento de programas de formación máis flexibles e accesibles mediante a diversificación da oferta de formación a través de oportunidades novas e innovadoras dirixidas ao perfeccionamento e reciclaxe profesional e que faciliten as transicións laborais.

f) O desenvolvemento de ofertas de aprendizaxe tamén en contextos non formais ou informais para favorecer a inclusión e accesibilidade á formación dos colectivos desfavorecidos e vulnerables (como as persoas cunha baixa cualificación, as minorías ou as persoas de orixe migrante).

g) A promoción do enfoque europeo das microcredenciais, mediante o uso destas, cando proceda, como unha ferramenta para reforzar e complementar as oportunidades de aprendizaxe existentes.

h) Desenvolvemento de programas innovadores co obxectivo de afrontar o reto da diminución da poboación en idade laboral, dirixidos a fidelizar e a atraer talento para cubrir os postos de traballo que ofertan as empresas e atendendo de xeito específico a promover o retorno a Galicia da poboación galega residente no exterior, así como a incorporación ao mercado laboral das persoas que estean traballando de xeito precario ou irregular.

i) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, no ámbito das súas competencias.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades.

2.2. Servizo de Promoción de Competencias para o Emprego.

Artigo 37. Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades

O Servizo de Acreditación das Cualificacións e Fomento das Capacidades exercerá as funcións seguintes no ámbito da Consellería e en coordinación, se é o caso, coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

a) A participación na confección do Catálogo nacional de estándares de competencias profesionais, así como na súa actualización permanente.

b) A elaboración de propostas para o Catálogo nacional de estándares de competencias profesionais, de acordo cos resultados dos estudos realizados no tecido empresarial galego.

c) A participación na elaboración do Repertorio nacional de certificados profesionais, así como na súa actualización permanente.

d) A expedición e o rexistro dos certificados profesionais, dos certificados de competencias profesionais e das acreditacións parciais de competencias do Catálogo nacional de estándares de competencias.

e) A expedición e o rexistro das unidades de competencia das cualificacións profesionais do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

f) A expedición e o rexistro de certificacións persoais para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, de acordo coa distribución de competencias recollidas no Decreto 100/2011, do 19 de maio.

g) A planificación, a coordinación e a xestión do procedemento de avaliación de competencias clave para o acceso á formación dos cursos de certificados profesionais de niveis 2 e 3.

h) A xestión de liñas de acción que se implementen ao abeiro da Axenda galega de capacidades para o emprego dirixidas a facilitar a capacitación que as persoas e o tecido produtivo poidan requirir, adaptándose ás súas necesidades e obxectivos.

i) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Artigo 38. Servizo de Promoción de Competencias para o Emprego

O Servizo de Promoción de Competencias para o Emprego exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión de programas integrais de capacitación para a mellora da inserción laboral.

b) A execución de programas dirixidos a atender as necesidades das persoas traballadoras desempregadas de aumentar a súa empregabilidade mediante a adquisición de formación adaptada ás necesidades do sistema produtivo galego.

c) O deseño e a xestión de liñas de acción dirixidas a promover as competencias para o emprego das persoas galegas residentes no exterior que desexen retornar a Galicia e incorporarse ao seu mercado laboral.

d) O desenvolvemento de programas de formación en competencias para o emprego dirixidos á poboación migrante en situación irregular para promover a súa regularización e incorporación ao mercado laboral.

e) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Sección 9ª. Subdirección Xeral de Coordinación, Avaliación e Seguimento de Programas

Artigo 39. Subdirección Xeral de Coordinación, Avaliación e Seguimento de Programas

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, a Subdirección Xeral de Coordinación, Avaliación e Seguimento de programas levará a cabo as funcións seguintes:

a) A coordinación dos programas dependentes da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

b) O seguimento, a análise e a avaliación dos resultados das políticas activas de emprego impulsadas pola Dirección Xeral.

c) A coordinación na elaboración do anteproxecto do orzamento da Dirección Xeral.

d) A coordinación dos fondos finalistas, sen prexuízo das competencias da Secretaría Xeral Técnica.

e) O desenvolvemento de actuacións destinadas á dotación e modernización das unidades e centros dependentes da Dirección Xeral.

f) O asesoramento e o apoio que precise o Servizo Público de Emprego de Galicia no marco das funcións que ten encomendadas.

g) A coordinación e a elaboración de informes sobre o impacto das actuacións desenvolvidas pola Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

h) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, no ámbito das súas competencias.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará coas seguintes unidades administrativas, co nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Coordinación e Xestión de Programas.

2.2. Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo.

Artigo 40. Servizo de Coordinación e Xestión de Programas

O Servizo de Coordinación e Xestión de Programas levará a cabo as funcións seguintes:

a) A coordinación e o seguimento das liñas de acción da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, sen prexuízo das que lles correspondan á Secretaría Xeral Técnica e aos outros órganos da Consellería.

b) A preparación do anteproxecto do orzamento e a memoria de funcionamento da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, con base nas propostas de gastos elaboradas polos distintos órganos e unidades da devandita dirección xeral, así como o control e o seguimento da súa xestión e execución.

c) A coordinación coas unidades e centros dependentes da Dirección Xeral para a dotación dos medios necesarios para o seu funcionamento.

d) A avaliación dos programas da Dirección Xeral para os efectos de analizar o impacto dos investimentos en materia de políticas activas de emprego, competencia desta dirección xeral.

e) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Artigo 41. Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo

Para lograr un maior coñecemento do mercado de traballo e para alcanzar unha maior adecuación á oferta e á demanda do tecido produtivo e unha maior adecuación á realidade formativa e aos requirimentos das persoas e do sector produtivo, o Servizo de Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo exercerá as funcións seguintes:

a) A análise permanente dos datos estatísticos oficiais dispoñibles sobre a situación laboral en Galicia.

b) A realización de informes técnicos que compilan a evolución das variables máis relevantes e a difusión de información a través de ferramentas en calquera formato.

c) A análise, o seguimento e a información sobre as profesións reguladas, as estruturas ocupacionais e os perfís profesionais asociados ás cualificacións profesionais.

d) A detección das necesidades de cualificación dos/das traballadores/as e o seguimento da inserción laboral resultante das accións formativas da formación profesional para o emprego e outros programas desenvolvidos pola Dirección Xeral.

e) O desenvolvemento de instrumentos e/ou metodoloxías de intervención e investigación innovadora sobre o mercado de traballo.

f) A orientación e o apoio no deseño das políticas activas de emprego e formación.

g) Colaborar con outras unidades, especialmente co Servizo de Orientación Laboral, e/ou departamentos para a obtención de información temperá sobre a demanda de traballadores/as das empresas galegas e os potenciais desaxustes futuros respecto ao persoal cualificado no mercado laboral galego, cun enfoque nas ocupacións e nos sectores económicos.

h) Xerar coñecemento sobre os cambios constantes do mercado laboral actual derivados da introdución das tecnoloxías emerxentes.

i) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Sección 10ª. Centro de Novas Tecnoloxías

Artigo 42. Centro de Novas Tecnoloxías

O Centro de Novas Tecnoloxías, órgano de apoio co nivel orgánico de servizo, baixo a dependencia da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, ten como obxectivo e competencia impartir formación profesional para o emprego dirixida ás persoas profesionais do sector das novas tecnoloxías e a sociedade da información, así como a promoción da adquisición da Certificación galega en competencias dixitais. Correspóndenlle a este centro as funcións seguintes:

a) A realización de actividades formativas e cursos técnicos especializados destinados ás persoas profesionais do sector das TIC.

b) A detección de tendencias tecnolóxicas que permitan ofertar actividades formativas actualizadas e adaptadas ás innovacións tecnolóxicas e ás necesidades e demandas do mercado.

c) A organización e o apoio loxístico para a realización de actividades, foros, seminarios e xornadas que supoñan transferencia de coñecemento para as persoas profesionais do sector.

d) A promoción e a xestión da Certificación galega en competencias dixitais para mellorar a formación da poboación e promover o seu desenvolvemento profesional, co obxectivo de que as persoas adquiran novas competencias que lles faciliten adaptarse á contorna cambiante da sociedade dixital.

e) A relación co sector das tecnoloxías da información que permita a cooperación no deseño e desenvolvemento da formación de interese para o dito sector produtivo.

f) As restantes que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Sección 11ª. Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Artigo 43. Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

1. A Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, como órgano de dirección directamente dependente da Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais, exercerá as funcións seguintes:

a) Asumirá as competencias de apoio ao emprendemento durante todas as fases da actividade emprendedora, tanto as actuacións necesarias para o comezo da actividade como a súa realización efectiva posterior, e incluirá a implementación e mantemento, con servizos de asesoramento, mentoría (mentoring), así como de apoio económico ou doutra índole, ao crecemento e o mantemento do emprego, e cantas funcións lle sexan atribuídas por parte da persoa titular da Secretaría Xeral e, en particular, a coordinación coas restantes direccións xerais da Consellería, así como cos outros centros directivos ou organismos da Comunidade Autónoma en todo canto se trate de actuacións vinculadas ao emprendemento, crecemento e mantemento de emprego.

b) A planificación, a coordinación, a execución e o control das competencias da Comunidade Autónoma en materia de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e as relacións coas súas organizacións representativas, así como a promoción e o fomento da economía social, sen prexuízo das competencias doutras consellerías en materias relativas ás distintas tipoloxías de entidades.

c) A dirección e a coordinación dunha única rede de emprendemento, distribuída por todo o territorio de Galicia, da cal formarán parte os medios e instrumentos que hoxe en día xa existen ou que se encontran en proceso de creación.

d) A prestación, a coordinación e a asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

e) A coordinación con outros órganos ou entidades das actuacións que contribúan a evitar a falta de estabilidade do emprego, ou poidan conducir á diminución da actividade.

2. Esta dirección xeral desenvolverá especificamente, entre outras, as funcións seguintes:

a) A xestión directa e indirecta e a coordinación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia.

b) O impulso e a coordinación dos espazos de cotraballo (coworking) e viveiros que permitan acelerar e posicionar no mercado pequenas empresas e contar cun único instrumento integrador de empresas xeradoras de emprego de calidade.

c) O impulso e coordinación da Rede de persoal técnico de emprego de Galicia (Xatemprego).

d) O impulso e a coordinación do emprego xuvenil, así como o fomento do emprendemento no eido educativo nas súas distintas modalidades, en coordinación coa consellería competente en materia de educación.

e) A coordinación dos servizos e unidades de emprendemento e iniciativas emprendedoras.

f) Impulso e a coordinación da creación e desenvolvemento de produtos e procesos innovadores, no marco do emprendemento makers da nosa Comunidade.

g) A colaboración e a coordinación das diferentes actuacións con outros axentes territoriais, organismos, institucións públicas e privadas de ámbito nacional, autonómico e local vinculadas ou que realicen actividades de fomento ao emprendemento e apoio ao emprego.

h) En xeral, apoiar e promover calquera tipo de actividade que contribúa á mellora do emprendemento de Galicia.

i) A elaboración do anteproxecto do orzamento e a memoria de funcionamento do seu centro directivo, así como a súa xestión, seguimento e avaliación.

j) Os servizos de información, asistencia e coordinación á persoa titular da Secretaría Xeral en todo canto se trate de actuacións vinculadas ao crecemento e consolidación de emprego.

3. Baixo a súa dirección e dependencia, a Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social estrutúrase, para o desenvolvemento das súas funcións, nas seguintes unidades administrativas:

3.1. Subdirección Xeral de Emprendemento.

3.2. Subdirección Xeral de Economía Social.

Sección 12ª. Subdirección Xeral de Emprendemento

Artigo 44. Subdirección Xeral de Emprendemento

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, levará a cabo as funcións seguintes:

a) A programación, a coordinación, a execución, o seguimento, as propostas e a avaliación, o control e, de ser o caso, a xestión dos programas e instrumentos específicos que se definan no apoio ao emprendemento.

b) O deseño e a xestión dos instrumentos económicos que se definan no apoio ao emprendemento.

c) A xestión da Unidade Galicia Emprende como programa transversal de información, orientación e apoio ás persoas emprendedoras.

d) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social no exercicio das competencias que lle sexan propias.

2. Para o desenvolvemento das funcións propias da Subdirección Xeral de Emprendemento, a súa persoa titular contará coa seguinte unidade administrativa, con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Fomento do Emprendemento.

Artigo 45. Servizo de Fomento do Emprendemento

Baixo a dependencia directa da persoa titular da Subdirección Xeral de Emprendemento, o Servizo de Fomento do Emprendemento exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión técnica, seguimento e coordinación dos programas de fomento e apoio á Rede do emprendemento.

b) A xestión e a coordinación dos distintos servizos de soporte inicial, de consolidación de emprego, a dinamización e o aproveitamento das redes de mentores, así como a coordinación dos servizos específicos de apoio á capacitación e profesionalización das persoas emprendedoras.

c) A preparación dos contratos e convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades e particulares nas materias competencia da Subdirección Xeral.

d) A xestión dos servizos e ferramentas esenciais para persoas emprendedoras.

e) En xeral, cantas funcións lle sexan encomendadas pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e a Subdirección Xeral de Emprendemento, no exercicio das competencias que lles sexan propias.

Sección 13ª. Subdirección Xeral de Economía Social

Artigo 46. Subdirección Xeral de Economía Social

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, á Subdirección Xeral de Economía Social corresponderanlle:

a) A planificación, a coordinación, a execución e o control das competencias da Comunidade Autónoma en materia de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e as relacións coas súas organizacións representativas, así como a promoción e o fomento da economía social, sen prexuízo das competencias doutras consellerías en materias relativas ás distintas tipoloxías de entidades.

b) O impulso do funcionamento do Consello Galego de Cooperativas, creado pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e do Consello da Economía Social de Galicia, creado pola Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia.

c) A coordinación de accións conxuntas e a promoción da colaboración en rede de institucións, organizacións e entidades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, creada polo Decreto 225/2012, do 15 de novembro.

d) A elaboración da proposta do anteproxecto do orzamento anual correspondente ao seu programa de gasto, a súa xestión, seguimento e avaliación, así como a elaboración de estatísticas nas materias da súa competencia.

e) A coordinación coas direccións territoriais na tramitación dos expedientes e procedementos competencia da Subdirección Xeral.

f) A planificación e a coordinación na preparación dos contratos e convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades nas materias competencia da Subdirección Xeral.

g) A planificación e a coordinación na preparación, xestión e tramitación das axudas e subvencións en materias de competencia da Subdirección.

h) A elaboración, a promoción e a difusión de informes, estudos e investigacións sobre cuestións relacionadas con materias de competencia da Subdirección Xeral.

i) O apoio e a coordinación da Comisión de Seguimento de Contratos Reservados.

j) Cantas outras funcións expresamente lle sexan asignadas ou delegadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, no ámbito das súas competencias.

2. Baixo a súa dirección e dependencia, a Subdirección Xeral de Economía Social disporá, para o desenvolvemento das súas funcións, das seguintes unidades administrativas, con nivel orgánico de servizo:

2.1. Servizo de Promoción da Economía Social.

2.2. Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social.

Artigo 47. Servizo de Promoción da Economía Social

O Servizo de Promoción da Economía Social exercerá as funcións seguintes:

a) A información, o asesoramento e a difusión en materia de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral e outras entidades de economía social, así como a elaboración de estatísticas, estudos e informes.

b) A xestión e o seguimento dos programas de promoción e divulgación da economía social, especialmente no marco da Rede Eusumo.

c) O desenvolvemento das accións de coordinación, apoio e impulso do funcionamento do Consello Galego de Cooperativas e do Consello da Economía Social de Galicia.

d) A coordinación e o impulso da administración electrónica nos rexistros de cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

e) A xestión do Rexistro de Cooperativas e a coordinación dos rexistros provinciais.

f) A xestión do Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais.

g) A xestión do Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego.

h) A xestión do Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral.

i) A preparación, a xestión e o seguimento dos contratos e convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades en materia de promoción da economía social.

j) A preparación, a xestión e a tramitación e o seguimento das axudas e subvencións en materias de promoción da economía social.

k) Aquelas que se lle asignen dentro da súa área funcional.

Artigo 48. Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

O Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión e o seguimento dos programas de fomento do autoemprego colectivo nas entidades de economía social.

b) A información, o asesoramento e a difusión en materia de fomento do emprego na economía social.

c) A xestión, a coordinación e o seguimento dos programas de fomento da integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade en centros especiais de emprego e empresas de inserción.

d) A preparación, a xestión, a tramitación e o seguimento das axudas e subvencións en materias de fomento da economía social.

e) A preparación, a xestión e o seguimento dos contratos ou convenios de colaboración que se subscriban con outras entidades en materia de fomento da economía social.

f) A elaboración de estatísticas, o control e a avaliación dos programas e medidas da súa competencia.

g) Aquelas que se lle asignen dentro da súa área funcional.

CAPÍTULO IV

Secretaría Xeral da Emigración

Sección 1ª. Atribucións e estrutura

Artigo 49. Atribucións

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias en materia de emigración e retorno e, en particular:

a) As relacións e o apoio ás persoas e ás comunidades galegas no exterior, así como o fomento e a promoción da súa actividade e funcionamento.

b) A promoción de medidas que favorezan o retorno a Galicia dos galegos residentes no exterior e que faciliten a súa integración na sociedade galega.

c) O Rexistro de Galeguidade e o Asento de galegas e galegos do exterior.

d) A representación e a participación nos órganos e foros relacionados coas políticas de emigración e retorno que lle encomende a persoa titular da Presidencia da Xunta.

e) A coordinación dos órganos de participación das comunidades galegas e, en particular, do Consello de Comunidades Galegas e da súa comisión delegada.

f) A execución das previsións contidas no capítulo V do título II da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, e en particular, a adopción de medidas para facilitar o retorno e o asentamento das persoas galegas retornadas.

g) As previstas na Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, concretamente as previsións dos artigos 53 e 54, así como os artigos 110 e 111 e aquelas que lle correspondan a través das delegacións exteriores da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 108 da indicada lei.

h) As atribuídas á Comunidade Autónoma na Lei 40/2006, do 14 de decembro, do Estatuto da cidadanía española no exterior, e en particular, as que melloren o benestar social e a calidade de vida da cidadanía galega no exterior.

i) As funcións recollidas nas disposicións adicionais deste decreto.

j) En xeral, e como órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma no ámbito da emigración e do retorno, as recollidas na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Artigo 50. Estrutura

1. Para o cumprimento das súas funcións, a Secretaría Xeral da Emigración estrutúrase nas seguintes unidades:

a) Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais.

1º. Servizo de Xestión Orzamentaria e Réxime Interior.

2º. Servizo de Apoio Técnico-Xurídico e Contratación.

3º. Servizo de Programas Sociais.

b) Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas.

1º. Servizo de Promoción das Entidades Galegas.

2º. Servizo de Relacións coa Emigración.

c) Subdirección Xeral do Retorno.

1º. Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno.

2. Quedan adscritas á Secretaría Xeral da Emigración as delegacións exteriores da Xunta de Galicia, reguladas polo Decreto 178/2015, do 26 de novembro.

Sección 2ª. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

Artigo 51. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

1. Correspóndenlle á Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais as funcións seguintes:

a) A asistencia técnica e administrativa á persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración en todos os asuntos que esta lle encomende.

b) A elaboración de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos, así como aqueloutros estudos e informes de carácter técnico nas materias competencia do departamento que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral.

c) A coordinación de todas as unidades administrativas da Secretaría Xeral para efectos administrativos, orzamentarios e de programas e instrumentos de planificación, sen prexuízo das competencias de cada unidade administrativa.

d) A elaboración do anteproxecto de orzamento da Secretaría Xeral e a coordinación destes traballos entre os servizos existentes. O seguimento e o control do orzamento e a avaliación dos distintos programas de gastos da Secretaría Xeral da Emigración.

e) A dirección da organización do rexistro e a coordinación con outros rexistros, sen prexuízo das competencias da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes. Todos os aspectos relacionados co réxime interno e asuntos xerais da Secretaría Xeral da Emigración, sen prexuízo das competencias doutros órganos, e a organización do seu arquivo.

f) A contratación administrativa, o seu seguimento e control. A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da Secretaría Xeral da Emigración, sen prexuízo das competencias que poidan ter atribuídas outros órganos.

g) A tramitación administrativa das convocatorias dos programas de axudas e subvencións, así como dos convenios e protocolos de colaboración que se subscriban con outras consellerías, entidades, centros galegos, persoas físicas e xurídicas, e o control dos fondos transferidos.

h) O control da asistencia e puntualidade do persoal da Secretaría Xeral da Emigración, así como a elaboración do cadro anual de vacacións e do informe da concesión de permisos e licenzas do persoal, seguindo as indicacións da Secretaría Xeral Técnica nos termos previstos na normativa aplicable.

i) A remisión das disposicións oficiais ou actos da Secretaría Xeral da Emigración ao Diario Oficial de Galicia e demais diarios ou boletíns oficiais, así coma a remisión a bases de datos e rexistros oficiais en que deban constar por imperativo normativo.

j) A tramitación dos procedementos de reintegro por proposta das unidades que xestionan as subvencións e a instrución dos procedementos sancionadores.

k) O asesoramento, o apoio técnico e a coordinación do Consello de Comunidades Galegas, da Comisión Delegada e doutros órganos de consulta e asesoramento das institucións da Comunidade Autónoma, de acordo co previsto na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

l) A asistencia á persoa titular do órgano superior con competencias en materia de política social a favor da cidadanía galega no exterior.

m) A elaboración de programas sociais e de axudas que melloren o benestar social e a calidade de vida da cidadanía galega no exterior, corrixindo aquelas desigualdades que poidan existir entre mulleres e homes.

n) A elaboración de propostas de disposicións normativas, de estudos, de informes e dos programas necesarios para a execución da política en relación coa cidadanía galega no exterior.

ñ) A colaboración coas delegacións exteriores da Xunta de Galicia e coas oficinas de información e asesoramento en materia de programas sociais e asistenciais á cidadanía galega no exterior.

o) A coordinación e a dirección das xefaturas de servizo en que se estrutura a Subdirección Xeral, no desenvolvemento das competencias específicas que teñan atribuídas, e poderáselle encomendar, por razón da súa competencia, calquera outra función para a execución dos proxectos, obxectivos e actividades da subdirección.

p) A dirección e a coordinación da Oficina de Información da Secretaría Xeral da Emigración no desenvolvemento das competencias específicas que teña atribuídas.

q) En xeral, prestar asistencia e desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración.

2. Para o exercicio das súas funcións contará coas unidades recollidas nos artigos 52, 53 e 54, con nivel orgánico de servizo, ás cales lles corresponderán, ademais das funcións previstas no artigo 36 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, as sinaladas nos seguintes artigos.

Artigo 52. Servizo de Xestión Orzamentaria e Réxime Interior

A este servizo correspóndelle realizar as funcións seguintes:

a) A xestión económica, así como a tramitación dos expedientes de modificacións orzamentarias e habilitación de pagamentos, agás os relativos ao capítulo I.

b) A elaboración do anteproxecto de orzamento da Secretaría Xeral da Emigración, así como o seguimento da súa execución orzamentaria.

c) A xestión dos asuntos relativos ao rexistro, ás tarefas de arquivamento e ás funcións de réxime interior e asuntos xerais da Secretaría Xeral da Emigración.

d) A xestión da Oficina de Información da Secretaría Xeral da Emigración no desenvolvemento das competencias específicas que teña atribuídas.

Artigo 53. Servizo de Apoio Técnico-Xurídico e Contratación

A este servizo correspóndelle realizar as funcións seguintes:

a) Asistir as unidades da Secretaría Xeral da Emigración na preparación de todo tipo de documentos administrativos e propostas normativas, así como formular os borradores e anteproxectos de iniciativas normativas que lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración en execución das súas atribucións.

b) As funcións inherentes á preparación, licitación e adxudicación dos expedientes de contratación competencia da Secretaría Xeral da Emigración, así como as súas modificacións.

c) O asesoramento previo e a tramitación administrativa dos convenios, acordos e protocolos de colaboración que se subscriban, así como das convocatorias de programas de axudas e subvencións nas materias competencia da Secretaría Xeral.

d) O asesoramento, no relativo ao apoio técnico e á coordinación, do Consello de Comunidades Galegas e da súa comisión delegada, así como doutros órganos de consulta e asesoramento das institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) A remisión das disposición oficiais ou actos da Secretaría Xeral da Emigración ao Diario Oficial de Galicia e aos demais diarios ou boletíns oficiais.

Artigo 54. Servizo de Programas Sociais

A este servizo correspóndelle realizar as funcións seguintes:

a) A proposta, articulación e deseño das medidas de actuación e dos programas de axudas en materia socioasistencial, tendentes á mellora da calidade de vida das persoas galegas residentes fóra de Galicia.

b) A xestión dos programas de axudas de carácter socioasistencial e para a promoción social, ocupacional e formación profesional e empresarial da cidadanía galega no exterior.

c) A promoción e o desenvolvemento de actividades culturais e de tempo libre dirixidas á mocidade galega do exterior para reforzar os seus vínculos con Galicia, así como o fomento da participación desta nos programas e servizos que ao seu favor organice a Xunta de Galicia.

d) A xestión dos programas e axudas de carácter social destinados ás persoas emigrantes galegas e aos seus descendentes.

e) A elaboración dos estudos, dos informes e a xestión dos programas que lle sexan encomendados, así como a promoción da publicación de traballos e investigacións que sexan convenientes para un maior achegamento entre Galicia e as persoas emigrantes galegas residentes no exterior.

Sección 3ª. Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas

Artigo 55. Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas

1. Correspóndenlle á Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas as funcións seguintes:

a) A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración no eido das relacións institucionais coas entidades galegas asentadas no exterior.

b) A elaboración de propostas de disposicións normativas, estudos, informes e programas necesarios para a execución da política en relación coas entidades galegas, relativas a materias propias desta subdirección xeral.

c) A xestión administrativa dos programas, das axudas e das subvencións destinados ás entidades galegas no exterior, nas áreas asistenciais, formativas e culturais, e a preparación de convenios con estas, así como de protocolos de colaboración con outros órganos da Administración.

d) A elaboración de programas orientados á conservación e ao enriquecemento dos fondos patrimoniais, documentais e artísticos, e a realización das xestións necesarias para tales fins.

e) A promoción e o desenvolvemento das actividades e programas culturais e de acción solidaria dirixidos á mocidade das entidades galegas no exterior, así como o fomento da participación desta nos programas e servizos que ao seu favor organice a Xunta de Galicia.

f) A elaboración dos estudos, dos informes e a xestión de programas que lle sexan encomendados, así como a promoción da publicación de traballos e investigacións que sexan convenientes para un maior achegamento entre Galicia e as entidades galegas no exterior e un mellor coñecemento.

g) A preparación e a xestión dos convenios de colaboración coas distintas administracións públicas, cos seus organismos e coas demais institucións, persoas físicas e xurídicas que, en relación cos centros e comunidades galegas no exterior, teñan por obxecto a consecución das actividades nos campos social, educativo, formativo e cultural que procedan.

h) A colaboración coas delegacións exteriores da Xunta de Galicia en relación coas entidades galegas asentadas no seu ámbito xeográfico.

i) A dirección e a organización do Rexistro da Galeguidade, a tramitación de altas, baixas e modificacións e a tramitación dos expedientes de recoñecemento e de perda da condición de entidade galega rexistrada.

j) A dirección, a coordinación e o control da oficina responsable do Asento de galegos e galegas do exterior (Asge), regulado nos artigos 110 e 111 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

k) En xeral, prestar asistencia e desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración.

2. Para o exercicio das súas funcións contará coas unidades recollidas nos artigos 56 e 57, con nivel orgánico de servizo, ás cales lles corresponderán, ademais das funcións previstas no artigo 36 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, as sinaladas nos artigos seguintes.

Artigo 56. Servizo de Promoción das Entidades Galegas

A este servizo correspóndelle realizar as funcións seguintes:

a) A xestión administrativa dos programas, das axudas e das subvencións destinados ás entidades galegas no exterior, nas áreas asistenciais, formativas e culturais, e a preparación de convenios con estas, así como de protocolos de colaboración con outros órganos da Administración.

b) A elaboración de programas orientados á conservación e ao enriquecemento dos fondos patrimoniais, documentais e artísticos, e a realización das xestións necesarias para tales fins.

c) A promoción e o desenvolvemento das actividades e programas culturais e de acción solidaria dirixidos á mocidade das entidades galegas no exterior, así como o fomento da participación desta nos programas e servizos que ao seu favor organice a Xunta de Galicia.

d) A elaboración dos estudos, dos informes e a xestión de programas que lle sexan encomendados, así como a promoción da publicación de traballos e investigacións que sexan convenientes para un maior achegamento entre Galicia e as entidades galegas no exterior.

e) A preparación e a xestión dos convenios de colaboración coas distintas administracións públicas, cos seus organismos e coas demais institucións, persoas físicas e xurídicas que, en relación cos centros e comunidades galegas no exterior, teñen por obxecto a consecución das actividades nos campos social, educativo, formativo e cultural que procedan.

f) A colaboración coas delegacións exteriores da Xunta de Galicia en relación coas entidades galegas asentadas no seu ámbito xeográfico.

Artigo 57. Servizo de Relacións coa Emigración

A este servizo correspóndelle realizar as funcións seguintes:

a) A xestión e o mantemento da oficina responsable do Asento de galegos e galegas do exterior (Asge), regulado nos artigos 110 e 111 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia.

b) O apoio á elaboración e á proposta de normativa que desenvolva ou regule as funcións relacionadas co Asento de galegos e galegas do exterior (Asge).

c) A asistencia á cidadanía galega no exterior para a súa relación coa Administración autonómica a través de medios electrónicos.

d) O seguimento das solicitudes de acceso ao Asento de galegos e galegas do exterior (Asge) e a supervisión da súa actualización.

e) O apoio á difusión de información dos programas da Secretaría Xeral da Emigración en prol das persoas emigrantes galegas residentes no exterior e dos seus descendentes.

f) A xestión e a custodia do Rexistro da Galeguidade, tramitación de altas, baixas, modificacións e tramitación dos expedientes de recoñecemento e da perda da condición de entidade galega rexistrada.

g) Aqueloutras que, pola materia que desenvolve, lle sexan encomendadas.

Sección 4ª. Subdirección Xeral do Retorno

Artigo 58. Subdirección Xeral do Retorno

1. Correspóndenlle á Subdirección Xeral do Retorno as funcións seguintes:

a) A asistencia á persoa titular da Secretaría Xeral no eido das políticas de retorno dirixidas ás persoas emigrantes galegas e ás súas familias residentes no exterior.

b) A elaboración de propostas de instrumentos de planificación en materia de retorno e de disposicións normativas e dos programas necesarios para a execución destas políticas.

c) A ordenación e a planificación das medidas e programas de atención ás persoas retornadas e ás súas familias. As propostas e a execución de liñas de axudas, subvencións e convenios de colaboración relativos á política de retorno en Galicia e, en especial, á consecución da integración social, educativa e laboral das persoas emigrantes retornadas e das súas familias.

d) Promover, participar e colaborar na xestión e coordinación dos programas destinados ás persoas emigrantes retornadas que se desenvolvan nos distintos ámbitos, como o sanitario, o educativo, de vivenda, o laboral e calquera outro relativo á efectividade dos seus dereitos.

e) A xefatura, a coordinación e a dirección das oficinas integrais de asesoramento e seguimento do retorno, no desenvolvemento das funcións previstas na Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia.

f) En xeral, prestar asistencia e desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle encomende a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración.

2. Para o exercicio das súas funcións contará coa unidade recollida no artigo 59, con nivel orgánico de servizo, á cal lle corresponderán, ademais das funcións previstas no artigo 36 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, as sinaladas no artigo seguinte.

Artigo 59. Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

A este servizo correspóndelle realizar as funcións seguintes:

a) A preparación e a execución de programas, das axudas, das subvencións e dos convenios de colaboración que, en prol das persoas emigrantes retornadas e das súas familias, estableza a Secretaría Xeral da Emigración.

b) A elaboración de estudos, informes e propostas de actuación derivados da participación da Secretaría Xeral da Emigración nos órganos e foros relacionados co retorno.

c) Asistir a persoa titular da Subdirección Xeral do Retorno na elaboración dos instrumentos de planificación en materia de retorno, das disposicións normativas e dos programas necesarios para a execución destas políticas en Galicia.

d) A coordinación funcional coas oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno no desenvolvemento das competencias específicas que teñan atribuídas.

CAPÍTULO V

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Sección 1ª. Atribucións e estrutura

Artigo 60. Atribucións

Á Dirección Xeral de Comercio e Consumo corresponderalle a planificación, a coordinación e o control das competencias da Consellería en materia de comercio interior e exterior, artesanía e consumo; a planificación e o desenvolvemento das estruturas comerciais, feiras, mercados e lonxas, agás as pesqueiras en primeira venda; a tutela e a coordinación das actividades das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación e, ademais, a intervención en materia de prezos sobre os cales se deba pronunciar a Comisión de Prezos de Galicia.

Artigo 61. Estrutura

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo estrutúrase, para o exercicio das súas funcións, nas seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial.

1.1. Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial.

2. Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial.

2.1. Servizo de Promoción Comercial e Artesanía.

2.2. Servizo de Entidades e Coordinación Comercial.

Sección 2ª. Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial

Artigo 62. Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, a Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial terá atribuídas funcións de planificación da política comercial e proposta normativa en materia de comercio e artesanía, así como o estudo, a innovación e a adaptación das estruturas comerciais e artesanais á realidade. Correspóndelle tamén a planificación e o desenvolvemento das estruturas comerciais, feiras, mercados e lonxas, agás as pesqueiras en primeira venda, así como a autorización en materia de prezos sobre os cales se deba pronunciar a Comisión de Prezos de Galicia.

2. Á marxe das funcións que no correspondente ámbito sectorial asuma directamente a Subdirección, para a tramitación administrativa e a xestión directa das súas funcións contará coa seguinte unidade con rango orgánico de servizo: o Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial.

Artigo 63. Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial

O Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial exercerá as funcións seguintes:

a) A proposta da normativa relativa ao comercio interior, artesanía e materias de competencia da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

b) A comprobación e a vixilancia do cumprimento da normativa vixente en materia de comercio e artesanía.

c) A reforma, a coordinación e a mellora das estruturas e dos procesos de distribución comercial.

d) A programación, a planificación, a coordinación, o seguimento e o control da actividade inspectora do sector comercial e artesanal.

e) A tramitación de autorizacións en materia comercial.

f) A planificación e a posta en marcha de estratexias para a innovación e a mellora da actividade comercial.

g) A elaboración, a programación, a execución, o seguimento e a difusión de estudos e estatísticas en materia de comercio e artesanía.

h) A programación, a coordinación e a execución de actividades formativas do sector comercial e artesanal.

i) O estudo, a tramitación e a información dos expedientes en materia de prezos que deban someterse á Comisión de Prezos de Galicia.

j) Calquera outra función que lle sexa encomendada, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Sección 3ª. Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Artigo 64. Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

1. Baixo a inmediata dependencia xerárquica da persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, a Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción terá atribuídas funcións de promoción, apoio, impulso e modernización do sector comercial e artesanal, a xestión económica e os traballos para a confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos e posterior execución do correspondente orzamento do centro directivo, así como a coordinación, participación, relación e colaboración cos organismos, centros, entidades, corporacións e institucións públicas e privadas de calquera índole en materia de comercio e artesanía.

2. Á marxe das funcións que no correspondente ámbito sectorial asuma directamente a Subdirección, para a tramitación administrativa e a xestión directa das súas funcións contará cos seguintes órganos de apoio con nivel orgánico de servizo:

a) Servizo de Promoción Comercial e Artesanía.

b) Servizo de Entidades e Coordinación Comercial.

Artigo 65. Servizo de Promoción Comercial e Artesanía

O Servizo de Promoción Comercial e Artesanía exercerá as funcións seguintes:

a) A planificación, programación e dirección das actuacións orientadas á promoción comercial de determinados sectores da economía galega que se consideren estratéxicos e de especial relevancia.

b) A promoción, o fomento, a modernización e o desenvolvemento do comercio e a artesanía, así como a programación e xestión de axudas destinadas a estes fins.

c) A programación e a xestión das diferentes medidas orientadas a favorecer a creación, a modernización, a innovación e o incremento da competitividade das empresas comerciais e artesanais.

d) A planificación, a programación e a execución de actuacións destinadas a un maior coñecemento dos produtos galegos nos diferentes mercados.

e) A actuación como órgano de relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades e institucións públicas e privadas de calquera índole en materia de artesanía e, en particular, da Comisión Galega de Artesanía, así como a tramitación dos procedementos previstos na normativa artesanal.

f) A xestión do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

g) A xestión económica e traballos de confección e tramitación do anteproxecto de orzamentos e a execución posterior do correspondente orzamento.

h) Calquera outra función que lle sexa encomendada, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Artigo 66. Servizo de Entidades e Coordinación Comercial

O Servizo de Entidades e Coordinación Comercial exercerá as funcións seguintes:

a) A actuación como órgano de relación, participación e colaboración cos organismos, centros, entidades, corporacións e institucións públicas e privadas de calquera índole en materia de comercio.

b) A coordinación, a tutela, a promoción e o impulso de actividade das cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Comunidade Autónoma de Galicia, e a elaboración das resolucións da Dirección Xeral de Comercio e Consumo no exercicio da tutela sobre as ditas corporacións, as cales esgotarán a vía administrativa.

c) A asistencia aos concellos en materia de establecementos e espazos comerciais.

d) O fomento de proxectos de cooperación económica entre empresas do sector, o impulso do asociacionismo comercial e a asistencia técnico-comercial en colaboración con outras institución e entidades.

e) A promoción e a coordinación da actividade dos recintos feirais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o apoio técnico da participación institucional da Administración autonómica nelas.

f) Calquera outra función que lle sexa encomendada, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

TÍTULO III

Órganos territoriais

Artigo 67. Atribucións

1. Para o exercicio das súas competencias, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración organízase nos depatamentos territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, con sede en Vigo, que desenvolverán as súas funcións nas áreas competenciais da devandita consellería no ámbito territorial da provincia correspondente, de conformidade coa normativa de aplicación, sen prexuízo das funcións de coordinación do exercicio das competencias que asume cada delegación territorial no seu correspondente ámbito, de acordo co disposto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, e das atribucións de dirección e coordinación que este decreto de estrutura establece para cada un dos órganos superiores e de dirección da Consellería.

2. Á fronte dos depatamentos territoriais estarán os directores e as directoras territoriais, dos cales dependerán todos os servizos, unidades ou centros da Consellería que radiquen no ámbito territorial da súa competencia. As persoas titulares das direccións territoriais dependerán funcionalmente da persoa titular da Consellería, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar dos órganos superiores e de dirección da Consellería, e exercerán as funcións seguintes:

a) A dirección, o despacho e a resolución dos asuntos ordinarios.

b) A coordinación dos servizos e unidades que a integran.

c) A elaboración do anteproxecto de orzamentos do departamento territorial.

d) A xestión, a administración e a habilitación dos medios económicos e materiais do departamento territorial.

e) A tramitación e a xestión dos expedientes de gasto, o control contable e a xustificación dos créditos asignados.

f) A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e de subvencións que sexan competencia do departamento territorial.

g) A xefatura inmediata do persoal respecto a todos os órganos e servizos que integran o departamento, sen prexuízo das competencias que nesta materia lles correspondan ás persoas titulares das delegacións territoriais e aos órganos correspondentes da Consellería.

h) A resolución dos recursos administrativos que correspondan.

i) A imposición das sancións que lles correspondan de acordo coas disposicións vixentes en materia sancionadora.

j) A tramitación e a resolución das reclamacións administrativas que lles correspondan.

k) A resolución dos procedementos cuxa instrución e proposta lles corresponda aos servizos periféricos e que non estea atribuída expresamente a outro órgano superior ou de dirección da Consellería.

l) A supervisión, o seguimento e o control do cumprimento, polas unidades administrativas periféricas, das directrices que emanen, segundo a área funcional e competencial, dos correspondentes órganos superiores e de dirección da Consellería.

m) Cantas outras funcións lles sexan expresamente atribuídas ou delegadas.

3. Nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, as persoas titulares das direccións territoriais serán suplidas polas persoas titulares das xefaturas de servizo, seguindo a orde de prelación establecida no número 1 do artigo 69.

Artigo 68. Estrutura

1. Para o exercicio das súas funcións, os depatamentos territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra contarán coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servizo:

1.1. Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica.

1.2. Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social.

1.3. Servizo de Formación e Cualificación para o Emprego.

2. As xefaturas de servizo dependerán funcionalmente dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dentro do ámbito das atribucións que lle correspondan a cada centro directivo, sen prexuízo da coordinación xeral que exerza a persoa titular da dirección territorial, así como das funcións que a esta lle corresponden segundo o artigo 67, singularmente, en materia de xefatura inmediata do persoal, resolución de procedementos e supervisión, seguimento e control do cumprimento de directrices dos órganos superiores e de dirección.

A Secretaría Xeral Técnica poderá ditar instrucións sobre as materias de ámbito horizontal da Consellería, para a debida coordinación dos distintos servizos dos departamentos e un adecuado seguimento na execución orzamentaria, sen prexuízo das funcións que neste ámbito lles poidan corresponder ás persoas titulares das delegacións territoriais.

3. A Rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

As oficinas de emprego, parte integrante do Servizo Público de Emprego de Galicia, son unidades de xestión e atención personalizada ás persoas e empresas da Comunidade Autónoma de Galicia e o seu instrumento de acceso á carteira de servizos do Sistema nacional de emprego, que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas demandantes, facilitar o acceso ao emprego e promover a cobertura das necesidades laborais do sistema produtivo.

Co devandito obxectivo ofrecerán, entre outros, os seguintes servizos:

a) Rexistro e clasificación das persoas demandantes de emprego.

b) Información e xestión das ofertas e programas de formación para o emprego.

c) Xestión e difusión das ofertas de emprego.

d) Orientación laboral.

e) Comunicación da contratación laboral.

As oficinas de emprego terán dependencia orgánica e funcional da respectiva dirección territorial, sen prexuízo das facultades de coordinación atribuídas a outros órganos da Consellería.

Artigo 69. Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

A este servizo correspóndenlle as funcións seguintes:

a) A coordinación administrativa do funcionamento dos servizos dependentes da dirección territorial.

b) A habilitación e a xestión do persoal que preste servizos na dirección territorial e nos centros dependentes.

c) As cuestións de réxime interior, información e atención á cidadanía, rexistro xeral, publicacións, tramitación administrativa, arquivo e inventario de bens.

d) A execución de actuacións de inspección da organización e o funcionamento dos servizos administrativos da dirección territorial.

e) O asesoramento e a asistencia técnica e administrativa á persoa titular da dirección territorial.

f) O control contable, a xestión e a xustificación dos créditos que se lle asignen ou desconcentren.

g) A elaboración do estudo do anteproxecto de orzamento anual correspondente aos programas de gasto da dirección territorial e dos centros dela dependentes.

h) A coordinación e a supervisión da xestión económica dos servizos da dirección territorial e dos centros dependentes dela.

i) A administración, o control contable, a xestión e a xustificación dos créditos desconcentrados e asignados á dirección territorial.

j) A habilitación dos medios materiais.

k) A tramitación dos expedientes de contratación.

l) Calquera outro asunto que non sexa de competencia específica dos demais servizos da dirección territorial.

Artigo 70. Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social

O Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social exercerá as funcións seguintes:

a) A xestión dos programas de apoio ao emprego e emprendemento, promoción do emprego por conta allea e autónomo, promoción do emprego en economía social, integración laboral e programas de cooperación.

b) O desenvolvemento das funcións en materia laboral, seguridade e saúde laboral e responsabilidade social empresarial e igualdade no ámbito laboral.

c) A instrución e a tramitación dos expedientes sancionadores na orde social que lle corresponden, e tamén a coordinación coas persoas titulares das xefaturas dos centros provinciais do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos supostos de investigación de accidentes laborais e naqueloutros asuntos que se determinen.

d) A xestión do rexistro de cooperativas.

e) As restantes funcións que lle poidan ser asignadas.

Artigo 71. Servizo de Formación e Cualificación para o Emprego

O Servizo de Formación e Cualificación para o Emprego desenvolverá as funcións seguintes:

a) A coordinación na prestación do servizo de orientación laboral.

b) A xestión dos recursos materiais e persoais das oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

c) O seguimento e o control dos programas mixtos de emprego e formación.

d) A instrución dos procedementos que en materia de orientación e promoción laboral lle correspondan á dirección territorial.

e) A asistencia e a colaboración na planificación, programación e avaliación, así como o seguimento das accións de formación para o emprego.

f) A tramitación da acreditación da competencia docente para impartir a formación correspondente a certificados de profesionalidade. Para tales efectos, entenderase que unha persoa formadora cumpre cos requisitos para impartir un determinado módulo formativo no ámbito territorial dunha dirección territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración se foi acreditada en tal sentido por calquera outro departamento territorial da mesma consellería.

g) A instrución dos procedementos de autorización dos centros previstos no Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan, e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolven actividades que emiten gases fluorados.

h) As restantes funcións que lle poidan ser asignadas, no ámbito das atribucións da Consellería en materia de políticas activas de emprego.

Disposición adicional primeira. Desconcentración de competencias

1. Quedan desconcentradas na persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración as seguintes competencias:

a) Administrar os créditos para gastos dos orzamentos do seu centro directivo, aprobar e comprometer os gastos que non sexan da competencia do Consello da Xunta, recoñecer as obrigacións económicas e propor o seu pagamento, e as demais competencias atribuídas ás persoas titulares das consellerías en materia orzamentaria, excepto o capítulo I.

b) Todas as facultades que a normativa vixente na materia lles atribúe aos órganos de contratación.

c) A aprobación das bases, a convocatoria e as resolucións en materia de axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

d) As competencias en materia sancionadora que a normativa lles atribúa ás persoas titulares das consellerías, nos procedementos e materias de competencia da Secretaría Xeral.

e) A competencia para resolver os procedementos de revisión de oficio dos actos administrativos nulos, declarar a lesividade dos actos anulables e revogar os actos de gravame ou desfavorables, así como resolver as reclamacions de responsabilidade patrimonial.

f) A designación de comisións de servizos con dereito a indemnización, prevista no artigo 4 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño (LG 2001, 211), de todo o persoal da Secretaría Xeral.

2. As resolucións administrativas ditadas pola persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, no ámbito das súas competencias, poñen fin á vía administrativa.

Disposición adicional segunda. Suplencia

No non previsto neste decreto, nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a abstención ou recusación das persoas titulares dos órganos superiores e de dirección da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, as competencias atribuídas por este decreto aos correspondentes órganos serán exercidas, temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias, polos órganos superiores e de dirección da Consellería, seguindo a orde de prelación que a continuación se establece:

1. Nos casos de vacante, ausencia, enfermidade, abstención ou recusación da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, as competencias atribuídas por este decreto a este órgano serán exercidas pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

2. Nos casos de vacante, ausencia, enfermidade, abstención ou recusación da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego e da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, as competencias atribuídas por este decreto a estes órganos serán exercidas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

3. Nos casos de vacante, ausencia, enfermidade, abstención ou recusación da persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración e da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, as competencias atribuídas por este decreto a estes órganos serán exercidas pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.

Disposición adicional terceira. Referencias normativas a outros órganos

As referencias que a normativa vixente realiza aos órganos correspondentes nas materias recollidas no artigo 1 deste decreto entenderanse efectuadas aos órganos correspondentes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Disposición adicional cuarta. Mantemento de nomeamentos

Non serán precisos un novo nomeamento e toma de posesión das persoas titulares dos órganos superiores e directivos cuxa denominación varíe como consecuencia do disposto no presente decreto.

Disposición adicional quinta. Mantemento da antigüidade no posto de traballo

As persoas que estean a desempeñar os postos de traballo cuxa denominación ou adscrición varíen como consecuencia deste decreto manterán a antigüidade do posto de traballo de orixe, sempre que se conserve o seu contido funcional.

Disposición adicional sexta. Integración da dimensión de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

No exercicio das funcións a que se refire este decreto integrarase de xeito activo a dimensión de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Disposición adicional sétima. Presenza equilibrada de mulleres e homes

Nos nomeamentos de altos cargos da Consellería, así como das persoas titulares e membros de órganos de entidades integrantes do sector público autonómico no seu ámbito de competencias, atenderase ao principio de presenza equilibrada entre mulleres e homes.

Disposición adicional oitava. Centros de formación

Os centros de formación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, nos cales ademais se impartan ciclos formativos de formación profesional, sen prexuízo da dependencia orgánica desta, formarán parte da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia, e establecerán a súa oferta formativa e os criterios e proxectos de centro mediante instrumentos de coordinación coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Disposición adicional novena. Colaboración

Sen prexuízo das competencias establecidas no artigo 29 relativas á formación para o emprego dos graos A, B e C, poderán establecerse instrumentos de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para que esta desenvolva actuacións de programación e xestión da formación profesional nos referidos graos, co fin de atender a demanda das necesidades do tecido produtivo.

Disposición transitoria primeira. Rexistro de Empresas de Base Tecnolóxica

Mentres non entre en funcionamento o Rexistro de Empresas de Base Tecnolóxica da Consellería de Economía e Industria, o actual rexistro de iniciativas de emprego de base tecnolóxica seguirá a xestionalo a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Disposición transitoria segunda. Modificación de unidades administrativas

Cando, como consecuencia da estrutura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido funcional das subdireccións xerais ou servizos existentes, autorízase a persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, por proposta da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería, para adscribir o persoal funcionario que ocupaba o posto existente ao posto equivalente que figura neste decreto. No caso de supresión ou amortización das subdireccións xerais ou xefaturas de servizo, será de aplicación o establecido na normativa vixente en materia de función pública.

Disposición transitoria terceira. Adscrición de postos con nivel orgánico inferior a servizo

As unidades e postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo correspondentes ás subdireccións xerais ou servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios, ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, mediante resolución da persoa titular da consellería, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto, en función das atribucións que teñen asignadas.

As unidades e os postos de traballo con nivel orgánico inferior ao de servizo, correspondentes aos servizos suprimidos ou amortizados como consecuencia deste decreto, continuarán subsistentes e retribuiranse con cargo aos mesmos créditos orzamentarios ata que se aprobe a nova relación de postos de traballo adaptada á estrutura orgánica establecida neste decreto. As unidades e os postos de traballo encadrados nos órganos suprimidos adscribiranse provisionalmente, mediante resolución da persoa titular da Consellería, por proposta da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, aos órganos establecidos neste decreto en función das atribucións que teñen asignadas.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1. Queda derrogado o Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

2. Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido no presente decreto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Autorízase a persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para ditar as disposicións necesarias para a execución e o desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración