DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 29990

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 9 de maio de 2024 relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís, ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán de 2024 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Mediante a Orde do 3 de abril de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 16 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2024 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

De conformidade co disposto no artigo 9.5 da dita orde de convocatoria e tendo en conta as disposicións adicionais segunda e terceira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de xuventude.

Así mesmo, o artigo 10 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, o 9 de maio de 2024 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de adxudicación do uso de instalacións xuvenís para realizar programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2024.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de maio de 2024, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2024 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de maio de 2024 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 9 de maio de 2024, ditada no procedemento BS304A, relativa á adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2024 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2024 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A)

Mediante a Orde do 3 de abril de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 16 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de ocio educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2024 para colectivos xuvenís, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

Unha vez que o Instituto da Xuventude de Galicia, órgano instrutor do procedemento, comprobou as solicitudes, a Comisión de Valoración prevista no artigo 9 avaliou as solicitudes admitidas a trámite de acordo cos criterios de adxudicación e pola orde de preferencia e prioridade que se recollen no artigo 8.

Á vista do expediente e do informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 9.

Esta dirección xeral de Xuventude é competente para resolver, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de xuventude, segundo o disposto no artigo 9.5 e tendo en conta as disposicións adicionais segunda e terceira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlles o uso temporal de instalacións xuvenís para realizar programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2024 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na devandita relación.

Segundo. Denegarlles o uso de instalacións xuvenís para realizar programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2024 para colectivos xuvenís ás entidades relacionadas no anexo II, por aplicación dos criterios de preferencia e prioridade recollidos no artigo 8.

Terceiro. Aceptar a desistencia da solicitude presentada pola Asociación Sociocultural Raiceiros (expediente 2024/22) e declarar a terminación do procedemento para este expediente.

Cuarto. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 14 e 15 da Orde do 3 de abril de 2024.

A documentación indicada nos citados artigos deberá presentarse electronicamente e dirixirse ao Servizo de Xuventude e Voluntariado correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 7, 12 e 14 da orde.

Se transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos non se cumprisen as obrigas correspondentes, logo do trámite de audiencia da entidade interesada, declararase a perda do dereito á instalación adxudicada, a través da oportuna resolución, que será ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interporse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Sexto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 10 da Orde do 3 de abril de 2024 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (artigo 9 da Orde do 3 de abril de 2024), Lara del Carmen Meneses Álvarez, directora xeral de Xuventude.

ANEXO I

Procedemento BS304A

Entidades adxudicatarias:

Expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación adxudicada

Datas

Prazas

2023/2

Asociación cultural Escola de Música de Rianxo

Rianxo (A Coruña)

A. X. Mariña Española

25.6-28.6

70

2024/6

Asociación cultural Os Tres Reinos

A Mezquita (Ourense)

A. X. Mariña Española

1.9-10.9

30

2024/14

Asoc. Cultural Deportiva e Xuvenil Acuxuve

Vedra (A Coruña)

A. X. Mariña Española

3.9-7.9

30

2024/18

Concello de Viana do Bolo

Viana do Bolo (Ourense)

A. X. Mariña Española

1.9-7.9

40

2024/21

Escola de Tempo Libre Arenaria

Padrón (A Coruña)

C.X. Virxe de Loreto

26.8-4.9

40

2024/9

Concello da Estrada

A Estrada (Pontevedra)

C.X. Virxe de Loreto

26.8-4.9

60

2024/16

Xuncas Diversia

Lugo (Lugo)

C.X. Virxe de Loreto

28.8-1.9

20

2024/1

Concello de Negreira

Negreira (A Coruña)

C. X. Espiñeira

26.8-4.9

50

2024/10

Concello de Vedra

Vedra (A Coruña)

A. X. Area

21.6-29.6

100

2024/11

Organización Juvenil Española

A Coruña (A Coruña)

A. X. Benigno Quiroga

21.8-28.8

40

2024/4

Concello de Portomarín

Portomarín (Lugo)

A. X. Benigno Quiroga

21.8-28.8

10

2024/20

Asociación Amigos Banda de

Música de Agolada

Agolada (Pontevedra)

C. X. A Devesa

27.8-30.8

50

2024/8

Concello de Barbadás

Barbadás (Ourense)

C. X. A Devesa

2.9-4.9

40

2024/23

Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo

Santiago de Compostela (A Coruña)

C. X. Os Chacotes

26.8-4.9

32

2024/13

Asoc. Sociocultural ASCM

Ferrol (A Coruña)

A. X. As Sinas

25.6-29.6

23

2024/19

Asociación Limisi

Xinzo de Limia (Ourense)

A. X. As Sinas

24.6-29.6

20

2024/15

Concello de San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas

(Ourense)

A. X. As Sinas

21-29.6

77

2024/7

Asociación solidaria en actividades de ocio e tempo libre Mar de Touro

Ribeira (A Coruña)

C. X. Pontemaril

26.8-1.9

58

2024/17

Concello da Baña

A Baña (A Coruña)

C. X. Pontemaril

26.8-4.9

20

2024/12

Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia

Pontevedra (Pontevedra)

C. X. Illa de Ons

21.8-28.8

60

ANEXO II

Procedemento BS304A

Entidades non adxudicatarias:

Expediente

Entidades non adxudicatarias

Motivo

2024/5

Concello de Touro

Aplicación dos criterios de preferencia e prioridade regulados no artigo 8 da orde