DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30092

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 6 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para o ano 2024 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento IN421J).

BDNS (Identif.): 761240.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán acceder á condición de entidades beneficiarias das presentes subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases, as empresas legalmente constituídas, que acrediten a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da provincia da Coruña, sempre que o centro de traballo sobre o que se actúe estea localizado na provincia da Coruña, e cuxa actividade teña un CNAE que comece pola división da 07 a 39, salvo os sectores excluídos polo Regulamento 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías; e segundo o seguinte cadro de beneficiarios en función da liña de axuda pola que se opte:

Denominación da liña

Entidades beneficiarias

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes

Pemes

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 %

Pemes e grandes empresas

2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías.

3. Os requisitos para obter a condición de entidades beneficiarias deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

Apoiar grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial. Apoiarase o desenvolvemento de proxectos singulares que xustifiquen a redución de consumo enerxético e de emisión recollidos no seguinte cadro, en función da liña da convocatoria pola que se opte:

Denominación da liña

Proxectos subvencionables

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,1 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de investimento elixible

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 % (PAD)

Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,01 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de investimento elixible e que ademais reduzan polo menos un 30 % as emisións de GEI

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 6 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para o ano 2024 de subvencións para proxectos singulares de mellora da sustentabilidade enerxética en empresas do sector industrial da provincia da Coruña, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027 (código de procedemento IN421J).

Cuarto. Financiamento

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega coa repartición coa plurianual por proxecto recollida na seguinte táboa. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 7.000.000 de €.

O crédito máximo segundo a tipoloxía do proxecto será o seguinte:

Liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

2024

2025

2026

Total

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

09.A3.733A.770.2

2023 00006

500.000,00

500.000,00

923.077,00

1.923.077,00

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 % (PAD)

09.A3.733A.770.2

2023 00007

2.500.000,00

1.000.000,00

1.576.923,00

5.076.923,00

Total

3.000.000,00

1.500.000,00

2.500.000,00

7.000.000,00

Quinto. Contía da axuda

1. Intensidade da axuda:

Denominación da liña

Intensidade de axuda

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA)

45 % do custo subvencionable

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes ou grandes empresas que reduzan as emisións de GEI en, polo menos, un 30 % (PAD)

45 % do custo subvencionable para grandes empresas e 55 % para pemes

2. A contía máxima da axuda por proxecto será de 3.000.000 de €.

3. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 5.000.000,00 de euros, salvo no caso de que non houbese solicitudes alternativas.

4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Sexto. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes (anexo I) subscribiraas a persoa que acredite a representación da entidade solicitante por calquera medio válido en dereito.

2. O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil prorrogarase ata o seguinte día hábil.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Sétimo. Prazo para a execución e xustificación da instalación

O prazo de execución iniciarase unha vez presentada a solicitude de axuda e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de setembro de 2026. A data establecida na resolución de concesión como data límite para a execución do proxecto, será a que facilite a entidade solicitante no anexo I (solicitude), no punto «Data estimada de finalización do proxecto».

Dentro da data límite de execución deberá presentarse a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa do investimento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia