DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30096

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 8 de maio de 2024 pola que se convocan bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2023/24.

BDNS (Identif.): 760156.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto íntegro se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/760156)

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado en titulacións oficiais de grao e mestrado no curso académico 2023/24.

Segundo. Obxecto

O obxectivo que se persegue é que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, e resida nel para coñecelo en profundidade e convivir e colaborar coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2023/24.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas é de sesenta e dous mil novecentos trinta e cinco euros con cincuenta e oito céntimos (62.935,58 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 10 ao 30 de maio de 2024.

Vigo, 8 de maio de 2024

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 31.10.2023; DOG do 10 de novembro)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade