DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de corrección de erros do anuncio de requirimento de xestión da biomasa.

O pasado día 17 de abril de 2024, publicouse anuncio do DOG núm. 76, de requirimento de xestión da biomasa vexetal a titulares descoñecidos, onde se inclue un cadro nos antecedentes que indicaba o seguinte:

Expediente

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

185/2023

19.1.2024

36005A024008160000TT

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1847/2023

19.1.2024

36005A025002710000TU

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1846/2023

19.1.2024

36005A025002700000TZ

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1842/2023

19.1.2024

36005A025002690000TH

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1849/2023

19.1.2024

36005A025002730000TW

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

Detectouse un erro na identificación do número de expediente no primeiro dos relacionados, corrixido o cal, o cadro quedaría da seguinte maneira:

Expediente

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

185/2024

19.1.2024

36005A024008160000TT

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1847/2023

19.1.2024

36005A025002710000TU

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1846/2023

19.1.2024

36005A025002700000TZ

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1842/2023

19.1.2024

36005A025002690000TH

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

1849/2023

19.1.2024

36005A025002730000TW

Lugar Casalderrique, parroquia Carracedo

Descoñecida

No mesmo anuncio, no punto cuarto, onde se inclúe un cadro que indica o seguinte:

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes 1270/2023, 1639/2023, 1670/2023, 1677/2023 e 2350/2023: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

 Expedientes 1255/2023, 1586/2023 e 1906/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación co artigo 21.1.s) da Lei reguladora das bases do réxime local (LRBRL) e 61.1.s) da Lei de Administración local de Galicia (LALGA).

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes 1270/2023, 1639/2023, 1670/2023, 1677/2023 e 2350/2023: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

 Expedientes 1255/2023, 1586/2023 e 1906/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se vai impoñer no caso de infracción leve

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007).

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Detectouse un erro nos dous primeiros recadros sobre competencias de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007), que corrixido este quedaría da seguinte maneira:

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

A persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria que se impón no caso de infracción leve

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007).

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Á vista do indicado no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administración común das administracións públicas, procédese a rectificar de oficio, mediante o presente anuncio, os erros materiais de feito detectados no anuncio publicado no DOG núm. 76, do 17 de abril de 2024, para os efectos oportunos.

Caldas de Reis, 25 de abril de 2024

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde