DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023 de notificación do inicio do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, á titular da parcela que se relaciona a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se vai notificar

Ref. catastral

polígono/parcela

Localización

Interesada

Persoa responsable

Orde de execución

(expediente 2011/2023)

36012A030002500000ZJ

O Enxido-San Xurxo

Mª Carmen Fontenla García

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, e para este fin comunícaselle que tanto a notificación como o expediente están á súa disposición no Concello de Cerdedo-Cotobade (A Chan-Carballedo, 11, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e que os custos repercutirán ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Cerdedo-Cotobade, 25 de outubro de 2023

Jorge Cubela López
Alcalde presidente