DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28747

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 3 de maio de 2024 polo que se dá publicidade á Resolución do 2 de maio de 2024 pola que se convoca, para contratación laboral indefinida, o proceso de selección por concurso-oposición para a cobertura dunha praza de enxeñeiro/a para o Centro de Fabricación de Inmunoterapias Celulares Avanzadas da Unidade de Produción de Fármacos, situado en Santiago de Compostela.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no Decreto 209/2022, do 17 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, co obxecto da posta en marcha e funcionamento de novos servizos públicos, na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, e na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e de acordo co establecido nos artigos 12 e 13 do Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas, e en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

Resolve:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de enxeñeiro/a para o novo servizo público que prestará o Centro de Fabricación de Inmunoterapias Celulares Avanzadas da Unidade de Produción de Fármacos, situado en Santiago de Compostela, con contratación laboral indefinida.

As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en: www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/Galaria).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.