DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de notificación de requirimento de xestión da biomasa.

O Concello de Betanzos fai públicas unhas notificacións relativas ao requirimento de limpeza aos titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosas, por causas non imputables a esta administración a notificación, a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente

Ref. castral

Titular

Acto notificado

2024/V001/000022

15009A007004800000ER

Domínguez María

Requerimiento de limpieza de la parcela

2024/V001/000022

15009A007004560000EU

En investigación

Requirimento de limpeza da parcela

2024/V001/000022

15009A007006310000ET

Vázquez Fernández José Ángel

Requirimento de limpeza da parcela

2024/V001/000022

15009A007006270000EL

Muíño Mosquera María Carmen (herdeiros de)

Requirimento de limpeza da parcela

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza de Galicia, 1 (Edificio Arquivo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4º do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Betanzos, 24 de abril de 2024

María Barral Varela
Alcaldesa