DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28740

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ante a imposibilidade de efectuar a comunicación ás persoas titulares das parcelas con referencias catastrais que se relacionan a continuación, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícaselles ás persoas responsables a obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas, que deberán levar a cabo no prazo de quince (15) días naturais, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do anuncio pertinente no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das ditas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Servizo de Medio Ambiente do Concello de Bergondo, na estrada da Coruña, número 12, 15165 Bergondo (A Coruña).

Número de expediente

Referencia catastral

Localización

2024/V001/000032

15008A018001320000XX

Polígono 18, parcela 132, A Fraga

2024/V001/000032

1500A018001600000XO

Polígono 18, parcela 160, A Fraga

Advírteselles ás persoas responsables que se procederá á imposición de multas coercitivas ata lograr o cumprimento da obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas, sen prexuízo da apertura do oportuno expediente sancionador.

Bergondo, 18 de abril de 2024

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa presidenta