DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO das obras de ordenación dun espazo libre na Travesía de Pastoriza e aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa para a execución das referidas obras.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que, con data do 18 de abril de 2024, mediante a Resolución de Alcaldía número 1043/2024, foron aprobadas as obras de ordenación dun espazo libre na Travesía de Pastoriza e, inicialmente, o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta) por razóns urbanísticas para a execución das devanditas obras.

Así mesmo, consonte a devandita resolución, procede someter a información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de maior circulación da provincia, así como a notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

• Ref. catastral: 3482323NH4938S0001EA.

• Titular catastral: Souto Lozano, José Antonio.

• Superficie afectada: 25 m2.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na Travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulguen pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación, ou ben, tentada esta, non se puidese practicar, sirva a presente de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 23 de abril de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano e Medio Rural