DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslinde con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Masgalán de Arriba, do concello de Forcarei.

Unha vez obtido informe favorable á proposta de deslinde con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Masgalán de Arriba, concello de Forcarei, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar para a exposición do plano e demais documentación do monte a casa do pobo, sita no lugar de Masgalán de Arriba, 1, Acibeiro, Forcarei.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer presenten alegacións e os títulos que acrediten a propiedade, no seguinte enderezo: Masgalán de Arriba, 1, Acibeiro, Forcarei.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 22 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra