De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-CO-0147/2023-BA.
Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Gandería, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente: SAN-CO-0147/2023-BA.
Interesado: 33557566Z.
Acto de notificación: resolución.