DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Baredo (concello de Baiona) e Mougás (concello de Oia), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22082).

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022 o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Baredo presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co núm. de entrada 2022/2386036, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Baredo (Baiona) e a CMVMC de Mougás (Oia).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Montes de Baredo (ID Monte: 2457) da CMVMC de Baredo.

– MVMC de Mougás (ID Monte: 2932) da CMVMC de Mougás.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 8.9.2022.

• Acta de conciliación entre as comunidades no Xulgado de Paz de Oia o 27.3.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de Baredo coa conformidade do presidente do 28.9.2022 da aprobación en Asemblea do 11.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Mougás coa conformidade do 30.11.2022 presidente do da aprobación en Asemblea do 8.10.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 2.4.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada número 292 do COETF de Galicia. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: 008MTB4601J37VTD, 0PR4K2Q7N7S1WM25 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 3.753 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01-x: 509.303,06 y: 4.660.463,60

Punto P02-x: 509.304,39 y: 4.660.417,74

Punto P03-x: 509.327,69 y: 4.660.099,71

Punto P04-x: 509.340,03 y: 4.660.030,45

Punto P05-x: 509.330,52 y: 4.659.965,32

Punto P06-x: 509.378,09 y: 4.659.932,53

Punto P07-x: 509.383,41 y: 4.659.884,86

Punto P08-x: 509.408,82 y: 4.659.855,51

Punto P09-x: 509.428,73 y: 4.659.747,16

Punto P10-x: 509.479,12 y: 4.659.689,32

Punto P11-x: 509.538,67 y: 4.659.507,41

Punto P12-x: 509.646,03 y: 4.659.445,79

Punto P13-x: 509.834,39 y: 4.659.329,70

Punto P14-x: 509.868,34 y: 4.659.295,16

Punto P15-x: 510.199,43 y: 4.659.280,23

Punto P16-x: 510.231,20 y: 4.659.122,07

Punto P17-x: 510.304,07 y: 4.658.875,77

Punto P18-x: 510.328,03 y: 4.658.630,55

Punto P19-x: 510.358,22 y: 4.658.421,34

Punto P20-x: 510.341,96 y: 4.658.337,56

Punto P21-x: 510.381,87 y: 4.658.244,30

Punto P22-x: 510.543,07 y: 4.658.263,64

Punto P23-x: 510.645,34 y: 4.658.313,66

Punto P24-x: 510.774,52 y: 4.658.431,49

Punto P25-x: 510.963,71 y: 4.658.447,57

Punto P26-x: 510.957,84 y: 4.658.357,52

Punto P27-x: 511.157,23 y: 4.658.289,97

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

O punto P01 invade a parcela de titularidade catastral particular 36036A00400910. Xustificase polo fito situado xunto o muro que delimita a propiedade particular, polo que existe unha pequena desviación da cartografía catastral con respecto á realidade.

O punto P27 é o punto no que converxen a CMVMC de Bahiña, a CMVMC de Mougás e a CMVMC de Baredo e coincidente co punto P35 do expediente DC22083 (deslindamento entre a CMVMC de Baredo e CMVMC de Bahiña).

A liña de deslindamento non respecta a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Baiona e Oia.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Baredo: achega un pequeno axuste para pechar o punto P01 do deslindamento co resto do seu bosquexo. No punto P27 pecha o bosquexo tendo en conta o expediente DC22083.

– CMVMC de Mougás: achega uns pequenos axustes para pechar o punto P01 e o punto P027 co resto dos seus bosquexos.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Baredo (Baiona) e a CMVMC de Mougás (Oia) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra