DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Baredo e Baíña (concello de Baiona), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22083).

Feitos:

Primeiro. O 28.9.2022, o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Baredo presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co número de entrada 2022/2386036, a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Baredo (Baiona) e a CMVMC de Baíña (Baiona).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Montes de Baredo (ID monte: 2457) da CMVMC de Baredo.

– MVMC de Montes de Baíña (ID monte: 2456) da CMVMC de Baíña.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 8.9.2022.

• Acta de conciliación nº 6/2023 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Baiona o 20.3.2023.

• Certificado do secretario da CMVMC de Baredo coa conformidade do presidente do 28.9.2022 da aprobación na asemblea do 11.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Baíña coa conformidade do presidente do 7.10.2022 da aprobación na asemblea do 1.10.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 26.3.2023 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 292 do COETF de Galicia. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: 12C3HRDP2P7EVJJM, 2W1TPCYM8MCVB7EG (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 2.166 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto P01-x: 511.538,51 y: 4.661.786,44

Punto P02-x: 511.526,47 y: 4.661.672,63

Punto P03-x: 511.528,98 y: 4.661.529,06

Punto P04-x: 511.512,40 y: 4.661.360,66

Punto P05-x: 511.495,10 y: 4.661.258,09

Punto P06-x: 511.468,79 y: 4.661.156,31

Punto P07-x: 511.387,61 y: 4.660.998,62

Punto P08-x: 511.425,64 y: 4.660.925,35

Punto P09-x: 511.438,04 y: 4.660.881,86

Punto P10-x: 511.503,19 y: 4.660.747,58

Punto P11-x: 511.562,38 y: 4.660.627,76

Punto P12-x: 511.622,51 y: 4.660.505,60

Punto P13-x: 511.649,07 y: 4.660.448,73

Punto P14-x: 511.593,31 y: 4.660.312,93

Punto P15-x: 511.605,82 y: 4.660.270,57

Punto P16-x: 511.542,32 y: 4.660.112,92

Punto P17-x: 511.525,44 y: 4.660.031,98

Punto P18-x: 511.504,18 y: 4.659.913,65

Punto P19-x: 511.476,87 y: 4.659.758,96

Punto P33-x: 511.167,92 y: 4.658.334,98

Punto P34-x: 511.165,51 y: 4.658.326,27

Punto P35-x: 511.157,23 y: 4.658.289,97

No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar o dominio público das estradas, polo que neste tramo non existe colindancia entre ambos os montes (o deslindamento realizarase coa Administración competente):

Punto S01-x: 511.527,24 y: 4.661.511,34

Punto S02-x: 511.526,27 y: 4.661.501,55

Punto S03-x: 511.497,23 y: 4.661.270,87

Punto S04-x: 511.495,94 y: 4.661.263,10

Punto S05-x: 511.426,30 y: 4.660.923,01

Punto S06-x: 511.428,06 y: 4.660.916,83

Unha vez revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe colindancia entre ambos e considérase que non afecta terceiros propietarios.

Na memoria presentada solicítase o deslindamento do tramo entre o punto P19 e o punto P33 (lonxitude: 1.892 m), neste treito non existe colindancia entre ambos os montes xa que a CMVMC de Baredo linda coa estrada EP-2022 (o deslindamento realizarase coa Administración competente).

O deslindamento está formado por 5 tramos:

Tramo 1: punto P01-punto S01

Tramo 2: punto S02-punto S03

Tramo 3: punto S04-punto S05

Tramo 4: punto S06-punto 19

Tramo 5: punto P33-punto 35

O punto P01 é o punto en que converxen a CMVMC de Santa María de Afora, a CMVMC de Baíña e a CMVMC de Baredo é coincidente co punto 001 do expediente DC22084 (deslindamento entre a CMVMC de Baredo e a CMVMC de Santa María de Afora).

O punto P35 é o punto en que converxen a CMVMC de Mougás, a CMVMC de Baíña e a CMVMC de Baredo é coincidente co punto P27 do expediente DC22082 (deslindamento entre a CMVMC de Baredo e a CMVMC de Mougás).

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Baredo: o punto P01 pecha a liña de deslindamento co esbozo a través do expediente DC22084 e no punto P35 a través do expediente DC22082.

– CMVMC de Baíña: achega uns pequenos axustes para pechar o punto P01 e o punto P35 do deslindamento co resto do seu esbozo.

No tramo entre o punto P19 e P33 ambas as comunidades pechan o esbozo coa liña levantada lindeira á estrada EP-2022 de xeito provisional.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta co establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Baredo e a CMVMC de Baíña (Baiona) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra