DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cabeiras e Sela (concello de Arbo), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22017).

Feitos:

Primeiro. O 21.9.2022 o representante da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Cabeiras, presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co número de entrada 2022/2317535, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Cabeiras (Arbo) e a CMVMC de Sela (Arbo).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Cabeiras (ID Monte: 2444) da CMVMC de Cabeiras.

– MVMC de Sela (ID Monte: 2448) da CMVMC de Sela.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 30.1.2022.

• Acta de conciliación nº 3/2022 entre as comunidades no Xulgado de Paz de Arbo o 11.9.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Cabeiras coa conformidade do presidente do 23.5.2023 da aprobación en Asemblea do 19.6.2022.

• Certificado do secretario da CMVMC de Sela coa conformidade do presidente do 27.5.2022 da aprobación en Asemblea do 12.2.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 19.9.2022 pola enxeñeira técnica forestal colexiada núm. 482 do COETF de Galicia. Constan emendas posteriores que corrixen a dita memoria.

• Informe de validación gráfica catastral con CSV: 4HF05VFK850HZH7V (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.788 metros, e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1-x: 554.452,34 y: 4.661.531,73

Punto 2-x: 554.331,70 y: 4.661.639,45

Punto 3-x: 554.236,33 y: 4.661.787,98

Punto 4-x: 554.182,62 y: 4.661.855,51

Punto 5-x: 554.011,06 y: 4.662.221,25

Punto 6-x: 553.877,37 y: 4.662.371,69

Punto 7-x: 553.757,64 y: 4.662.551,53

Punto 8-x: 553.385,41 y: 4.663.101,58

Punto 9-x: 553.226,72 y: 4.663.334,18

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos MVMC detéctase que existe colindancia entre ambos a excepción dun tramo (entre o punto 1 e o punto 2) que invade o esbozo da CMVMC de Barcela. O 9.3.2023 dáselle audiencia a CMVMC de Barcela para que poida alegar o que considere oportuno en relación o deslindamento actual, sendo rexeitada por non acceder en prazo. Polo que continúase coa tramitación do expediente. O tramo da liña que invade o esbozo da CMVMC de Barcela, xustificase con base nos deslindamentos dos montes de utilidade pública:

– MUP161 Costa de Sabugueiro a pertenza corresponde a CMVMC de Cabeiras.

– MUP162 Cota da Moura a pertenza corresponde a CMVMC de Barcela.

– MUP164 Chan de Rozadas a pertenza corresponde a CMVMC de Sela.

O deslindamento está formado por 2 tramos:

Tramo 1: punto 1-o punto 4.

Tramo 2: punto 5-o punto 9.

O punto 1 é o punto no que converxen a CMVMC de Cabeiras, a CMVMC de Sela e a CMVMC do Barcela. E polo tanto no que converxían os MUP 161, MUP 164 e o MUP 162.

A liña presenta descontinuidade entre o punto 4 e o punto 5 pola existencia de propiedades particulares.

O tramo entre o punto 5 e o punto 6 invade parcialmente a parcela catastral con titularidade particular 36001A05200016 pero queda xustificada a colindancia polo indicado nas revisións de esbozo RE22065 da CMVMC de Cabeiras e a RE22056 da CMVMC de Sela.

O punto 9 é o punto no que converxen a CMVMC de Cabeiras, a CMVMC de Sela e a CMVMC do San Cibrán de Ribarteme e coincide co punto 229 do expediente DC22019 (deslindamento entre a CMVMC de Cabeiras e a CMVMC de San Cibrán de Ribarteme). Ambos puntos presentan unha pequena desviación, asociada á precisión dos diferentes aparellos topográficos empregados na medición.

Nos expedientes de revisión de esbozo RE22056 e RE22065 xa se recolle o actual deslindamento.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Cabeiras e a CMVMC de Sela (Arbo), respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 123 e 124 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de abril de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra