DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 7001/2024, seguido ante a Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, como consecuencia do recurso interposto contra o Decreto 129/2023, do 31 de agosto, de sanidade mortuoria de Galicia.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade recibiu do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un oficio por medio do cal se ordena a remisión do expediente administrativo correspondente ao Decreto 129/2023, do 31 de agosto, de sanidade mortuoria de Galicia, como consecuencia da interposición dun recurso contencioso-administrativo contra este.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade