DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO do 21 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se publica a Resolución do 20 de febreiro de 2024 mediante a cal se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, se arquiva o expediente instruído do parque eólico Monte Carrio II, sito nos concellos de Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido por Iberdrola Renovables, S.A., e se cancela unha garantía económica depositada para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2020/069).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, letras a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 23 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, se arquiva o expediente instruído do parque eólico Monte Carrio II, sito nos concellos de Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra) e promovido por Iberdrola Renovables, S.A., e se cancela unha garantía económica depositada para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2020/069).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A dita Resolución do 23 de xaneiro de 2024 dispón o seguinte:

Primeiro. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Monte Carrio II, sito nos concellos de Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra) e promovido por Iberdrola Renovables, S.A. tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 30.3.2023.

Segundo. Arquivar o expediente do parque eólico Monte Carrio II, sito nos concellos de Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra) e promovido por Iberdrola Renovables, S.A.

Terceiro. Cancelar a garantía económica depositada por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 360.000 €, data 27.4.2020 e número de rexistro 2020/90/319, para responder das súas obrigas en relación coa tramitación do procedemento de solicitude de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Monte Carrio II.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:

1. O 27.4.2020, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. depositou unha garantía económica por importe de 360.000 € e número de rexistro 2020/90/319, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Monte Carrio II.

2. O 8.5.2020, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. presentou solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Monte Carrio II, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro). O 4.9.2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas comunicoulle á empresa promotora o cumprimento dos requisitos de capacidades do solicitante e da solicitude establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009. O 8.10.2020 achegaron o xustificante de pagamento das taxas correspondentes á autorización administrativa das instalacións de parques eólicos.

3. O 28.6.2021, Iberdrola Renovables Galicia, S.A. presentou unha solicitude de modificación substancial do parque eólico Monte Carrio II, ao abeiro da Lei 8/2009. O 9.11.2021 notificóuselle á dita sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

4. Pola Resolución do 10 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, sométense a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Monte Carrio II, sito nos concellos de Lalín e Vila de Cruces da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/069). A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 18.1.2023.

5. O 30 de marzo de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Monte Carrio II, que fixo pública mediante o Anuncio do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 72).

6. O 30.6.2023, esta dirección xeral notificoulle ao promotor o acordo da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais polo que se inician os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e de arquivamento do expediente instruído do parque eólico Monte Carrio II, sito nos concellos de Lalín e Vila de Cruces (Pontevedra) e promovido por Iberdrola Renovables de Galicia, S.A. (expediente IN408A 2020/069), e concedeulle o prazo máximo de 15 días para presentar as alegacións que considerase oportunas. O dito prazo rematou sen recibir alegacións ao respecto.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais