Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unifersa 2006, S.A. (A70063383).
Domicilio social: polígono industrial Vilar do Colo, rúa Leme, s/n, 15500 Fene (A Coruña).
Denominación: proxecto de LMTS e CS prefabricado para Unifersa 2006, S.A., no lg. Raxido, A214, 15146 A Laracha (A Coruña).
Situación: parque empresarial da Laracha (referencia catastral 0896614NH3809N0000DD), lugar Raxido, A214, 15146 A Laracha (A Coruña).
Características técnicas:
– Liña soterrada de alta tensión de 15 kV, con inicio e final na liña de distribución de interconexión polígono CT4-CT5, entre os centros CT4 e CT5, logo de entrar e saír no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) KAL+H16 Al, lonxitude aproximada de 48 m.
– Centro de seccionamento en edificio prefabricado en superficie e manobra exterior. Con celas de illamento en SF6, tres celas de liña con interruptor-seccionador (2 con telecontrol) e unha de SS.AA. con elementos de protección (400 A, 24 kV, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial
RESOLVE:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 27 de febreiro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña