DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se lles notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 3 de xaneiro de 2024, relativa ao parque eólico Airas, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido por Fergo Galicia Vento, S.L.U. (expediente 121-EOL).

Mediante a Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de decembro de 2023, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Airas, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (121-EOL).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de persoas interesadas descoñecidas, de domicilio ignorado
ou non notificadas, coa identificación das parcelas afectadas

Acto que se notifica: declaración de utilidade pública.

Expediente: parque eólico Airas (121-EOL).

Solicitante: Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U.

Persoa interesada

Número de parcela do proxecto

Datos catastrais

Concello

Polígono

Parcela

Descoñecida

6

Alfoz

69

545

Descoñecida

15

Alfoz

56

239

Descoñecida

30

Alfoz

56

145

Herdeiros de Alicia Martínez Lorenzo

54

Alfoz

47

28

Humberto Díaz Ramil

76

Alfoz

47

272

Juan José Cao Fernández

78

Alfoz

47

274

Descoñecida

100

Alfoz

69

787a

Marina Pardiñas Pena

102

Alfoz

56

438

Cristina Rubal Díaz

103

Alfoz

56

437

Descoñecida

104

Alfoz

56

436

Descoñecida

105

Alfoz

56

435

Herdeiros Jesús Palmeiro

117

Alfoz

56

423

José Reigosa Lorenzo

119

Alfoz

56

421

Francisco Cayón Lorenzo

120

Alfoz

56

417

Descoñecida

123

Alfoz

56

414

Descoñecida

135

Alfoz

47

540

Josefa Díaz Maseda

141

Alfoz

55

208

M. Josefa Reigosa Lorenzo

142

Alfoz

55

209

M. Esther Reigosa Lorenzo

143

Alfoz

55

361