DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2023/062-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: nova LAT 20 kV Galegos e ampliación de LAT 20 kV Hospital 1.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Galegos dirección CT 586 Pumariño con orixe no apoio proxectado 203381 tipo C-2000/14 e final no apoio existente A67580, cunha lonxitude de 267 metros en condutor LA-56 existente.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Galegos-enlace ST San Cibrao-ST Conde, tramo entre ST San Cibrao e CT 9606 Galegos, con orixe na ST San Cibrao e final no CT 9606 Galegos, cunha lonxitude de 2.960 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Galegos-enlace ST San Cibrao-ST Conde, tramo entre CT 9606 Galegos e ST Conde, con orixe no CT 9606 Galegos e final na ST Conde, cunha lonxitude de 1.970 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Galegos-enlace ST San Cibrao-ST Conde, tramo entre CT 9606 Galegos e novo apoio 203381, con orixe no CT 9606 Galegos e final no apoio proxectado 203381 tipo C-2000/14, cunha lonxitude de 635 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Hospital 1-enlace CT 2940 Hospital-CT 5640 Calzada Gándaras 1-3-5, con orixe no CT 2940 Hospital e final no CT 5640 Calzada Gándaras 1-3-5, cunha lonxitude de 2.525 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Reforma e automatización do CT 9606 Galegos, cunha potencia proxectada de 63 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, consistente na substitución da paramenta existente con corte ao aire por celas con illamento en SF6, instálanse tres celas de liña telemandadas e unha de protección, instalanse tamén novas pontes de MT e de BT e un novo cadro de baixa tensión con oito saídas, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe da LAT aérea a 20 kV Montirón entre o apoio A43706 e o novo apoio a instalar 203389 cunha lonxitude de 715 metros de LA-56 e 360 metros de circuíto de condutor RHZ1-150 mm entre o apoio A63440 e o CT 9606 Galegos.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 1.015.906,44 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para o Ministerio de Transportes (ADIF), (AESA) e Dirección Xeral de Estradas.

• Separata para a CHMS.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

• Separata para a Consellería de Cultura e Educación.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, de 19 de mayo, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de junio, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía, Industria e Innovación e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 16 de febreiro de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo