DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 5 de marzo de 2024 Páx. 17132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2023/083-2).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: nova LAT 20 kV de enlace entre a SE Meira e a LAAT 20 kV Bretoña.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas principais:

– Liña aérea de alta tensión a 20 kV Bretoña (repotenciación), con orixe no apoio A36257 existente e final no apoio P18 proxectado tipo C-7000/16, cunha lonxitude de 2.008 metros en condutor LA-110 mm tensado sobre 7 apoios de celosía metálica e 9 apoios de formigón tipo HV.

– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV de enlace entre a SE Meira e a LAAT 20 kV Bretoña, con orixe no PAS que se vai realizar no apoio P18 proxectado e final na SE Meira, cunha lonxitude de 2.960 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

– Desmontaxe de 12 apoios de formigón e 3 apoios metálicos, e 2.008 metros de condutor tipo LA-30.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 393.050,02 euros.

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello da Pastoriza.

– Separata para a CHMS.

– Separata para a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

– Separata para a Consellería de Cultura e Educación.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería; do Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 16 de febreiro de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo