DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Mos (concello de Mos) e Cans (concello do Porriño), respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao Acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Mos (concello de Mos) e Cans (concello do Porriño), respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22011).

Feitos:

Primeiro. O 22.8.2022 Carmen Boente Cima, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Mos, presenta no rexistro electrónico da Xunta de Galicia co número de entrada 2022/2106211, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Mos (Mos) e a CMVMC de Cans (O Porriño).

Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Salgueirón e Baloutas (ID monte: 2901) da CMVMC de Mos.

– MVMC de Carrascal e Seixo e Pedra que Fala (ID monte: 2980) da CMVMC de Cans.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

• Acta do apeo do deslindamento o 3.3.2022.

• Acta de conciliación (X53 conciliación 0000336 /20022) entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, o 26.7.2022.

• Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas as CMVMC: CMVMC de Mos o 3.4.2022 e a CMVMC de Cans o 30.4.2022.

• Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado en xullo de 2022 polo técnico colexiado número 1227 do COETF de Galicia.

• Informes de validación gráfica catastral cos CSV: E6DVMHT8DV5SAQAX e BPMMX7CGHRB8ZDZ3 (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial de Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 434 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 0

X: 533.756,3086

Y: 4.669.705,8114

Punto 1

X: 533.703,6724

Y: 4.669.707,6092

Punto 2

X: 533.671,3491

Y: 4.669.706,8446

Punto 3

X: 533.572,1050

Y: 4.669.706,4924

Punto 4

X: 533.478,9720

Y: 4.669.709,1290

Punto 5

X: 533.410,3030

Y: 4.669.707,5593

Punto 6

X: 533.340,1405

Y: 4.669.700,9760

Punto 7

X: 533.322,8727

Y: 4.669.700,6376

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC detéctase que lindan entre ambos e non afecta terceiros propietarios.

A liña do deslindamento non respecta exactamente a liña do Instituto Xeográfico Nacional entre os concellos de Mos e O Porriño, obsérvase un pequeno desprazamento. O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas nel.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Mos: o expediente de revisión de esbozo RE22031 xa recolle o actual deslindamento. Ten en conta a mellora da Avinza 4/2012 (expediente actual DC23002) Mos e Xinzo e o deslindamento entre a CMVMC de Mos e CMVMC de Louredo (DC22014).

– CMVMC de Cans: achega uns pequenos axustes para pechar o punto 0 e o punto 7 do deslindamento co resto do seu MVMC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Mos (Mos) e a CMVMC de Cans (O Porriño), respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra