DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2024 Páx. 7448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2024,da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha resolución relativa a cambio de titularidade na zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución relativa a cambio de titularidade na zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Barbeito (Vilasantar-A Coruña)

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

76516862W

137

RDX 15.11.23