DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Soutelo de Montes e Lamas (concello de Forcarei), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 2 de outubro de 2023, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Soutelo de Montes e Lamas (concello de Forcarei), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22102).

Feitos:

Primeiro. O 29.9.2022, o presidente da comunidade de montes veciñal en man común (en diante CMVMC) de Soutelo de Montes presentou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, co núm. de entrada 2022/2399855, solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Soutelo de Montes e a CMVMC de Lamas, ambas no concello de Forcarei.

Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Soutelo (ID monte: 2718) da CMVMC de Soutelo de Montes.

– MVMC de Lamas (ID monte: 2704) da CMVMC de Lamas.

Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta do apeo do deslindamento o 16.4.2022.

– Acta de conciliación (X53 conciliación 0000504/2022) entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 o 13.1.2023.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais de ambas CMVMC: CMVMC de Soutelo de Montes o 16.7.2022 e CMVMC de Lamas o 13.8.2022.

– Memoria descritiva co plano de deslindamento e cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829. Asinado o 31.8.2022 polo técnico colexiado núm. 296 do COETF de Galicia

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: 9EFH1E3ZT59X720Z (para a comunicación da alteración catastral consonte o artigo 55.3 da Lei 7/2012), que polo principio de colaboración entre administracións deberá verificar a Xerencia Territorial do Catastro.

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 1.176 metros e está composta polos seguintes puntos:

Punto 1 -

x: 559.849,30

y: 4.707.845,12

Punto 2 -

x: 559.566,71

y: 4.707.918,64

Punto 3 -

x: 559.554,86

y: 4.707.924,35

Punto 4 -

x: 559.540,71

y: 4.707.929,56

Punto 5 -

x: 559.502,57

y: 4.707.947,86

Punto 6 -

x: 559.482,45

y: 4.707.957,41

Punto 7 -

x: 559.469,40

y: 4.707.962,27

Punto 8 -

x: 559.450,89

y: 4.707.967,95

Punto 9-

x: 559.427,48

y: 4.707.973,24

Punto 10 -

x: 559.422,24

y: 4.707.974,44

Punto 11 -

x: 559.414,40

y: 4.707.977,98

Punto 12 -

x: 559.407,80

y: 4.707.982,55

Punto 13 -

x: 559.398,75

y: 4.707.991,88

Punto 14 -

x: 559.393,45

y: 4.707.996,95

Punto 15 -

x: 559.385,50

y: 4.708.004,19

Punto 16 -

x: 559.366,90

y: 4.708.015,79

Punto 17 -

x: 559.358,80

y: 4.708.020,81

Punto 18 -

x: 559.348,70

y: 4.708.028,38

Punto 19-

x: 559.334,47

y: 4.708.039,44

Punto 20-

x: 559.327,45

y: 4.708.044,08

Punto 21 -

x: 559.319,48

y: 4.708.048,46

Punto 22 -

x: 559.313,56

y: 4.708.050,90

Punto 23 -

x: 559.307,90

y: 4.080.52,20

Punto 24 -

x: 559.301,22

y: 4.708.052,43

Punto 25 -

x: 559.293,46

y: 4.708.050,93

Punto 26 -

x: 559.276,35

y: 4.708.043,91

Punto 27 -

x: 559.255,77

y: 4.708.029,53

Punto 28 -

x: 559.235,19

y: 4.708.015,29

Punto 29-

x: 559.214,18

y: 4.707.999,79

Punto 30-

x: 559.199,11

y: 4.707.989,07

Punto 31 -

x: 559.181,79

y: 4.707.978,10

Punto 32 -

x: 559.041,26

y: 4.707.891,81

Punto 33 -

x: 558.660,27

y: 4.707.326,52

Punto 34 -

x: 558.658,81

y: 4.707.324,73

Punto 35 -

x: 558.648,15

y: 4.707.330,42

Punto 36 -

x: 558.635,02

y: 4.707.331,88

Punto 37 -

x: 558.614,50

y: 4.707.335,13

Punto 38 -

x: 558.600,00

y: 4.073.38,04

Punto 39-

x: 558.580,80

y: 4.707.343,45

Punto 40-

x: 558.560,23

y: 4.707.350,97

Punto 41 -

x: 558.534,61

y: 4.707.360,68

Punto 42 -

x: 558.523,75

y: 4.707.362,29

Punto 43 -

x: 558.515,88

y: 4.707.361,65

Punto 44 -

x: 558.499,94

y: 4.707.359,21

Punto 45 -

x: 558.486,20

y: 4.707.358,61

Punto 46 -

x: 558.470,05

y: 4.707.359,37

Punto 47 -

x: 558.462,50

y: 4.707.359,36

Punto 48 -

x: 558.456,10

y: 4.707.358,69

Punto 49-

x: 558.450,48

y: 4.707.357,02

Punto 50-

x: 558.443,56

y: 4.707.353,83

Punto 51-

x: 558.432,63

y: 4.707.346,67

Punto 52-

x: 558.419,26

y: 4.707.337,24

Punto 53-

x: 558.415,48

y: 4.707.334,19

Punto 54-

x: 558.412,63

y: 4.707.329,05

Punto 55-

x: 558.408,33

y: 4.707.324,78

No traballo de gabinete establécese un punto de deslindamento secundario para axustar a liña do deslindamento desde o punto 32 ata o dominio público da estrada:

Punto 32a - x: 559.037,21 y: 4.707.889,32

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe estrema entre ambos e non afecta terceiros propietarios.

O deslindamento está formado por 2 tramos:

– Tramo 1: punto 1-punto 32a.

– Tramo 2: punto 33-punto 55.

O punto 1 é o punto no cal converxen a CMVMC da Ermida, a CMVMC de Lamas e a CMVMC de Soutelo de Montes, e coincide co punto 1 do expediente DC22105 (deslindamento entre a CMVMC do Soutelo de Montes e CMVMC da Ermida).

O punto 55 é o punto no que converxen a CMVMC do Sisto, a CMVMC de Lamas e a CMVMC do Soutelo de Montes, e coincide co punto 1 do expediente DC22104 (deslindamento entre a CMVMC do Soutelo de Montes e CMVMC do Sisto) e o punto P01 do expediente DC22O56 (deslindamento entre as CMVMC do Sisto e CMVMC de Lamas).

O deslindamento establécese mediante acordo das comunidades implicadas nel.

A liña do deslindamento produce unha modificación na cartografía dos esbozos de clasificación das seguintes comunidades:

– CMVMC de Soutelo de Montes: o expediente de revisión de esbozo RE22063 xa recolle o deslindamento actual.

– CMVMC de Lamas: o punto P01 pecha a liña do deslindamento co resto do esbozo a través do expediente DC22105. O punto P55 pecha a liña do deslindamento co resto do esbozo a través do expediente DC22104 e o DC22056. Achega un pequeno axuste para pechar os puntos 32a e punto 33 co resto do esbozo do seu MVMC.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53, polo que propón a aprobación do deslindamento segundo a liña presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Soutelo de Montes e a CMVMC de Lamas, ambas no concello de Forcarei, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito terceiro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 27 de decembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra