DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2024 Páx. 6345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.81754).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo el Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 27 de novembro de 2023, e como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios A Rapela de Almofrei unha concesión de 1.150 m3 anuais de auga que procede de tres mananciais situados nos montes comunais de Almofrei, na parroquia de Almofrei (San Lourenzo), no concello de Cerdedo-Cotobade, con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións