DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2023 Páx. 68370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO do 28 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se publica a Resolución do 17 de outubro de 2023 mediante a que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, se arquiva o expediente instruído do parque eólico A Espada, sito nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U., e se cancela unha garantía económica depositada para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2019/056).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 17 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, se arquiva o expediente instruído do parque eólico A Espada, sito nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. e se cancela unha garantía económica depositada para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2019/056).

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A antedita Resolución do 17 de outubro de 2023 dispón o seguinte:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico A Espada, sito nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. logo da declaración de impacto ambiental desfavorable, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 27 de xuño de 2023.

2. Arquivar o expediente do parque eólico A Espada (expediente IN408A 2019/056).

3. Cancelar a garantía depositada por Naturgy Renovables, S.L. o 29 de maio de 2019, por importe de 1.980.000 € e número de rexistro 918/2019, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico A Espada.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

1. O 29 de maio de 2019, Naturgy Renovables, S.L. depositou unha garantía económica por importe de 1.980.000 € e número de rexistro 918/2019, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico A Espada.

2. O 26 de xullo de 2019 Naturgy Renovables, S.L.U. presentou solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico A Espada, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

O 24 de setembro de 2019 notificóuselles o cumprimento dos requisitos a que fan referencia os artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 22 de novembro de 2019 Naturgy Renovables, S.L.U. presentou o xustificante de pagamento das taxas correspondentes á autorización administrativa do parque eólico A Espada.

3. O 11 de decembro de 2021 Naturgy Renovables, S.L.U. presentou solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico A Espada, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

O 6 de xullo de 2022 notificóuselles o cumprimento dos requisitos da solicitude de modificación a que fan referencia os artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

4. O 10 de marzo de 2023 publicouse no DOG núm. 49 a Resolución do 28 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico A Espada, sito nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2019/056).

5. O 27 de xuño de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico A Espada.

6. O 10 de xullo de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle a Naturgy Renovables, S.L.U. o Acordo da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais polo que se inician os procedementos de denegación da solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e de arquivamento do expediente instruído do parque eólico A Espada, sito nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U (expediente IN408A 2019/056).

7. O 13 de xullo de 2023 Naturgy Renovables, S.L.U. respondeu o antedito acordo e solicita a devolución da garantía económica.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais