DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao deslindamento parcial do monte Vilapena, no concello de Trabada (expediente 24_81/2018_5DES).

Na sesión realizada polo Xurado Provincial o día 9.10.2023 figura o seguinte acordo:

Monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Vilapena (expediente 24/81), pertencente aos veciños da parroquia de Vilapena, no concello de Trabada.

– O 14.9.2018 tivo entrada unha proposta, aprobada pola Comunidade de Vilapena, de deslindamento parcial do seu monte con propiedades particulares.

– De acordo co establecido no procedemento regulado polo artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, o 6.11.2018, logo de informe favorable do Servizo de Montes, publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e se abriu o prazo de alegacións para o expediente 2018_5DES. Así mesmo, o anuncio foi publicado no Concello de Trabada e na web da Consellería do Medio Rural.

– O 24.1.2019 a comunidade propietaria do monte, trar a consideración das alegacións recibidas, presentou unha proposta de deslindamento. Sobre ela, o 12.2.2019 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable, de acordo co indicado no citado artigo 54.2.

– Con datas de entrada 24.4.2023 e 5.7.2023 presentouse a proposta definitiva, aprobada pola Comunidade de Vilapena, así como a documentación requirida no procedemento.

– O 26.7.2023 o Servizo de Montes elaborou unha memoria na cal se especifican as modificacións cartográficas e de medición que se producen como consecuencia do deslindamento. Tras o deslindamento, o MVMC Vilapena pasa a ter 428 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola Asemblea Xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos alcanzados e o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 3 de novembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO