DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao deslindamento do monte da parroquia de Bravos, no concello de Ourol (expediente 2018_3DES).

Na sesión realizada polo Xurado Provincial o día 9.10.2023 figura o seguinte acordo:

Monte veciñal en man común (en diante, MVMC) Carranco, Chao dos Nabás, Paiomouro, Seixo do Abertido, Moles Panda da Serra e Couteiro (expediente 118/78), pertencente aos veciños da parroquia de Bravos, no concello de Ourol.

– O 1.6.2018 tivo entrada unha proposta, aprobada pola Comunidade de Bravos, de deslindamento do seu monte veciñal con propiedades particulares. A solicitude tivo unha mellora presentada o 28.6.2018.

– De acordo co establecido no procedemento regulado polo artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, o 2.8.2018, logo de informe favorable do Servizo de Montes, publicouse no DOG o anuncio polo que se fixo pública a proposta de deslindamento e abriuse o prazo de alegacións para o expediente 2018_3DES. Así mesmo, o anuncio publicouose no Concello de Ourol e na web da Consellería do Medio Rural.

– O 22.5.2019 a comunidade propietaria do monte, tras a consideración das alegacións recibidas, presentou unha proposta de deslindamento. Sobre ela o 3.6.2019 o Servizo de Montes emitiu un informe favorable, de acordo co indicado no citado artigo 54.2.

– Presentouse con datas de entrada 11.3.2023 e 21.3.2023 a documentación da proposta definitiva, xunto coa documentación requirida no procedemento.

– O 12.9.2023 o Servizo de Montes elaborou unha memoria na cal se especifican as modificacións cartográficas e de medición que se producen como consecuencia do deslindamento.

Tras o deslindamento, o MVMC Carranco, Chao dos Nabás, Paiomouro, Seixo do Abertido, Moles Panda da Serra e Couteiro pasa a ter 507,38 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola Asemblea Xeral, darase traslado ao Xurado Provincial dos acordos acadados e o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditará a resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e realizar as correccións oportunas no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde co monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 3 de novembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO