DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 17 de novembro de 2023 Páx. 63578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos de Agacer-Asociación Gallega de Ceramistas.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos de Agacer-Asociación Gallega de Ceramistas.

(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: a asociación está integrada por empresas situadas en Galicia que fabriquen produtos de cerámica estrutural para a construción e outras pezas especiais de cerámica, así como empresas produtoras de materias primas, centros tecnolóxicos e outros organismos relacionados ou afíns coa industria cerámica.

– Asinantes: Jacobo Nicolás Campo Sáez e José Francisco Romero González.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais