DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58588

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2022 e 2023 (código de procedemento TR301V).

O obxecto da Orde do 24 de outubro de 2022, publicada no DOG número 206, do 28 de outubro, consiste en regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en concepto de bolsas e axudas destinadas ás persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas financiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade no marco da formación profesional para o emprego. Concreta, así mesmo, aquelas liñas formativas que quedan fóra do marco regulador da norma, como é o caso dos programas integrados de emprego, os obradoiros de emprego e as accións formativas financiadas con fondos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia.

O artigo 2.5 da dita orde establece que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Dado o elevado volume de solicitudes de bolsas e axudas presentadas e resoltas e coa finalidade de facer partícipes da subvención o maior número de persoas beneficiarias posible, cómpre ampliar, con remanentes procedentes doutras ordes de convocatoria, o importe dos créditos destinados á concesión directa de bolsas e axudas para o alumnado desempregado participante nas referidas accións formativas.

Consecuentemente con todo o anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG núm. 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás bolsas e axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 24 de outubro de 2022 nas seguintes contías e con cargo á aplicación e proxecto que se indican:

Crédito

Aplicación

Proxecto

Importe da anualidade

2022

2023

Inicial

11.50.323A.480.0

2013 00545

60.000,00 €

800.000,00 €

2021 00149

500.000,00 €

7.200.000,00 €

Crédito inicial

560.000,00 €

8.000.000,00 €

Ampliación

11.50.323A.480.0

2021 00149

0,00

1.300.000,00 €

Total (inicial+ampliación)

560.000,00 €

9.300.000,00 €

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade