DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58586

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 11 de outubro de 2023 pola que se dá de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza desta comunidade autónoma, por cesamento de actividades, a Escola de Música Municipal da Capela.

Mediante a Orde do 18 de xullo de 2000 (DOG do 21 de agosto), autorízase a inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Ddanza desta comunidade autónoma da Escola de Música Municipal da Capela, aténdose á Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) que regula as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O alcalde do Concello da Capela comunica o cesamento da actividade da escola desde xuño de 2018, polo que por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Baixa no rexistro

Dar de baixa no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia a Escola de Música Municipal da Capela, código do centro 15032091.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades