DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58590

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (TR341Q).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.04.322C.470.6 e 11.04.322C.770.0 da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (TR341Q).

Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario General de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social