DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53745

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta do acordo de prorrogar o plan de xubilación parcial anticipada para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela ata o 31 de decembro de 2024.

Visto o texto da acta do acordo de prorrogar o plan de xubilación parcial anticipada para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela ata o 31 de decembro de 2024, que se subscribiu con data do 18 de xullo de 2023, entre a representación da USC e o Comité Intercentros, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 y 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Plan de xubilación parcial anticipada para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela

O acordo de xubilación parcial anticipada para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela, asinado o 5 de xullo de 2019, está vixente ata o 31 de decembro de 2023 e pódese prorrogar por anos sucesivos, por acordo expreso de ambas as partes, ata o 31 de decembro de 2027.

A Xerencia, no exercicio das competencias que ten atribuídas, e o Comité Intercentros negociaron e acordaron a prórroga ata o 31 de decembro de 2024 do dito acordo, e se procede á actualización dos requisitos da persoa traballadora de conformidade coa lexislación vixente de aplicación, recollidos no artigo 2 do referido acordo:

2. Requisitos da persoa traballadora:

– Ter a idade mínima establecida pola lexislación aplicable, así como o período de cotización exixido no momento do feito causante:

Ano

Idade exixida segundo os períodos cotizados

Idade con 33* anos cotizados

2023

62 anos e 4 meses

35 anos e 9 meses ou máis

63 anos e 8 meses

2024

62 anos e 6 meses

36 anos ou máis

64 anos

2025

62 anos e 8 meses

36 anos e 3 meses ou máis

64 anos e 4 meses

2026

62 anos e 10 meses

36 anos e 3 meses ou máis

64 anos e 8 meses

2027 e seguintes

63 anos

36 anos e 6 meses ou máis

65 anos

* 25 anos no suposto de persoas con discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %.

En mostra de conformidade, asinan o presente acordo en Santiago de Compostela o 18 de xullo de 2023.