DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 4 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica no concello de Lousame (expediente IN407A 2022/234-1).

Para os efectos do establecido no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), nos artigos 115, 125 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), modificado polo Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño), e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese ao trámite de información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción do proxecto:

Expediente: IN407A 2022/234-1.

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación: novo Statcom 150 MVAr e ampliación da subestación 220 kV Lousame.

Situación: concello de Lousame.

1. Antecedentes:

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de marzo de 2017, a entón denominada Dirección Xeral de Enerxía e Minas outorgoulle a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e recoñeceu, en concreto, a utilidade pública da instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica situado no concello de Lousame denominada nova subestación a 220 kV de Lousame (expediente IN407A 2009/471-1).

Segundo. O 10 de decembro de 2019, a Xefatura Territorial da Coruña da entón denominada Consellería de Economía, Emprego e Industria emitiu a autorización de explotación da dita subestación.

Terceiro. O 18 de agosto de 2022, o promotor presentou a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, da infraestrutura novo Statcom 150 MVAr e ampliación da subestación 220 kV Lousame, acompañada do preceptivo proxecto de execución redactado por técnico competente, no cal se desenvolven os aspectos técnicos da instalación de referencia nos termos dispostos nos artigos 123 e 130 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e da declaración responsable subscrita polo técnico proxectista, de cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico. Para a súa tramitación asinóuselle o número de expediente administrativo IN407A 2022/234-1.

Cuarto. Na relación de bens e dereitos afectados pola ampliación da subestación 220 kV Lousame, que é necesaria para a instalación do Statcom (compensador síncrono estático), identifícase como titular catastral o Monte Veciñal en Man Común Fontefría (en diante, MVMC Fontefría). Red Eléctrica de España, S.A.U. incluíu na súa solicitude o inicio dos trámites previstos no artigo 6 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (DOG núm. 202, do 20 de outubro), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ou norma que o substitúa, consonte establece o artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), coa finalidade de declarar a prevalencia da utilidade pública ou interese social da ampliación proxectada da subestación 220 kV Lousame respecto aos do propio MVMC Fontefría.

Quinto. O 19 de xuño de 2023, Red Eléctrica de España, S.A.U. comunicou a esta xefatura territorial que alcanzou un mutuo acordo para a totalidade das afeccións recollidas na relación de bens e dereitos afectados pola ampliación da subestación 220 kV Lousame coa Comunidade de Propietarios Fontefría, titular do monte veciñal.

Sexto. O 28 de xuño de 2023, Red Eléctrica de España, S.A.U. presentou a solicitude de desistencia dos trámites de declaración de utilidade pública, en concreto, e de prevalencia sobre a utilidade pública do MVMC Fontefría recollidos na súa solicitude do 18 de agosto de 2022.

Sétimo. O 17 de agosto de 2023, a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación resolveu aceptar a solicitude presentada por Red Eléctrica de España, S.A.U. de desistencia dos trámites de declaración de utilidade pública, en concreto, e de prevalencia da utilidade pública ou interese social da ampliación proxectada da subestación 220 kV Lousame respecto aos do propio MVMC Fontefría e dispoñer o seu arquivamento, sen que isto supoña que o promotor quede eximido de realizar calquera outro trámite que estea previsto na normativa específica de aplicación ante o organismo competente en materia de ordenación dos montes veciñais.

2. Obxecto da instalación:

A instalación, que formará parte da rede de transporte secundario de enerxía eléctrica nos termos establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ten por obxecto axudar ao amortecemento das oscilacións de potencia interárea e locais que puideren afectar o sistema eléctrico peninsular español mediante a inxección de potencia reactiva e controlar a tensión en barras de 220 kV da subestación Lousame, tal e como se recolle no Plan de desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica 2021-2026, aprobado por Acordo do Consello de Ministros do 22 de marzo de 2022 e publicada no BOE núm. 93, do 19 de abril, por Resolución do 8 de abril de 2022, da Secretaría de Estado de Enerxía.

3. Órgano substantivo:

De conformidade co artigo 3.13. da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e coa disposición final segunda da dita lei, segundo o disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), o órgano substantivo competente para resolver a solicitude presentada por Red Eléctrica de España, S.A.U., é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación. A condición de unidade tramitadora correspóndelle á xefatura territorial da Coruña da dita consellería.

4. Características técnicas:

– Instalación dun novo compensador síncrono estático (Statcom) cunha capacidade nominal de + 150 MVAr (indutivos/capacitivos), que é un sistema integrado composto por un transformador 220/MT, bobinas de illamento, transformador de servizos auxiliares con apoio de grupo electróxeno e dun edificio para aloxar os módulos de potencia refrixerados por auga, os sistemas de servizos auxiliares e os sistemas de control, protección, telecomunicacións e refrixeración. Para o acceso empregarase o existente da subestación.

Ampliación do parque 220 kV da subestación Lousame, convencional de intemperie con tecnoloxía AIS, cunha configuración en dobre barra, consistente na construción dunha nova posición, de conexión do Statcom, que pasaría a ocupar a posición 9 dentro da disposición existente na subestación, nun dos espazos recollidos na Resolución do 30 de marzo de 2017 (DOG núm. 90, do 11 de maio-BOP núm. 70, do 12 de abril), da entón denominada Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Red Eléctrica de España a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación de transporte de enerxía eléctrica denominada nova subestación 220 kV de Lousame (expediente IN407A 2009/471-1). A dotación eléctrica desta nova posición estará composta pola seguinte aparellaxe:

– Interruptor automático: tensión nominal/máis elevada para o material: 220 kV/245 kV/intensidade nominal/límite térmica (corte): 3.150/40 kA. Tecnoloxía da cámara de corte: SF6.

– Seccionador de illamento (seccionador de posición): tripolar, con mando eléctrico, tensión nominal/máis elevada para o material: 220 kV/245 kV/intensidade nominal/límite térmica (corte): 2.000/40 kA.

– Seccionador de posta a terra: tripolar, con coitela de posta a terra, de mando unipolar motorizado, tensión nominal/máis elevada para o material: 220 kV/245 kV/intensidade nominal/límite térmica (corte): 2.000/40 kA.

– Equipos convencionais (pararraios-autoválvulas): tensión nominal: 198 kV/tensión de operación>152 kV/intensidade nominal de descarga: 10 kA.

– Transformadores de intensidade e de tensión, de características consonte o Real decreto 1110/2007, do 24 de agosto, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico.

– Incorporación ao mallado de rede de terras superiores e inferiores e aos sistemas de control, protección, telecontrol e comunicacións (sistemas tele xestionados) e servizos auxiliares da subestación.

– Bastidor de relés.

– LAT soterrada de 152 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-RA+2OL(AS) 127/220 kV 3(1×630 mm2 KAl+T375Al), de conexión do Statcom coa nova posición anterior.

– Sistema de media tensión (66 kV): aplicarase a normativa de 66 kV, independentemente do nivel de tensión escollido polo fabricante que será igual ou inferior.

– Localización das instalacións: subestación 220 kV Lousame, lugar de Alto da Laguiña, Fontefría (acceso: por desvío coa orixe no p.q. 23,5 da estrada C-543). Concelello de Lousame.

– Orzamento: 11.239.034 €.

5. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas seguintes dependencias:

– Taboleiro de anuncios do Concello de Lousame.

– Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

– Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e de todas aquelas persoas ou entidades titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes no prazo de trinta (30) días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 4 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña