DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2023/292-1).

Expediente: IN407A 2023/292-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA VIM-802-apoio nº 64-66-4.

Situación: concello de Zas.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña VIM-802 autorizado no expediente 34.857, no seu tramo de 224 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio nº 64-66-3, metálico tipo A-AG-CH-1600/11-CR1-CA e o apoio nº 64-66-5, de formigón tipo pórtico 2×12/2B-CR1-CT no cal se atopa instalado o CT intemperie Pudenza (expediente IN407A 2016/2925-1/matrícula 15XHR6), consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do actual apoio nº 64-66-4, que implica a desconexión e desmontaxe do treito de liña de 162 metros en condutor LA-30, comprendido entre o apoio que se vai desmontar e o apoio nº 64-66-5.

– En substitución do apoio nº 64-66-4 antes indicado, instalarase un novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2000/14-H35-CAIII, a 62 metros de distancia do apoio nº 64-66-3, no cal se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas.

– Instalación, nun dos apoios que forma o pórtico nº 64-66-5, dun paso soterrado-aéreo (PS/A) dotado de pararraios autoválvulas.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no novo van da liña VIM-802 de 62 metros de lonxitude, que se forma entre o apoio nº 64-66-3 existente e o novo apoio metálico nº 64-66-4 proxectado.

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 186 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio nº 64-66-5 e remate no paso soterrado-aéreo (PS/A) instalado nun dos apoios que forma o pórtico nº 64-66-5.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, de ser o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se for o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 24 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/292-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA VIM-802-apoio nº 64-66-4.

Situación: concello de Zas.

Lugar e referencia castastral

Cultivo

Nome

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

CT/nº do apoio

Superf. (m2)

Lonx. (m)

Superf. (m2)

1

O Pinal

15094A506050360000RD

Prado

Matilde Santos Amigo

Novo apoio

nº 64-66-4

2

3

9