DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mañón (expediente IN407A 2022/171-1).

Expediente: IN407A 2022/171-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: proxecto para LMT, CT e RBT Labrada (Mañón).

Concello: Mañón.

Feitos:

1. O día 13.5.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de mellorar a calidade da subministración eléctrica no lugar de Labrada (Mañón).

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado proxecto para LMT, CT e RBT Labrada (Mañón), asinado o 3.5.2022 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo.

• Anexo de proxecto LMT, CT e RBT Labrada (Mañón), asinado o 7.6.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid.

• Anexo de proxecto para LMT, CT e RBT Labrada (Mañón), asinado por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñería Eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• Diaro Oficial de Galicia (DOG): 16.3.2023.

• Boletín Oficial da provincia (BOP): 28.2.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 16.3.2023.

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 24.5.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte co artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Mañón como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

5. O día 21.8.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

Situación: lugar de Labrada, concello de Mañón.

• Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, para instalar na parcela con referencia catastral 15045A033004530000UT sita no lugar de Labrada (Mañón).

• Instalación, respectando a actual traza da liña MEA-811 no treito comprendido entre o CT Grañas Eirexa (expediente IN407A 2016/2624-1/matrícula 15AHQT) e o CT Pesegueiro (expediente IN407A 2015/404-1/matrícula 15AV53), dun novo apoio metálico tipo A-AL-C-1000/12-H35-CA (cs)III de xeito intercalado entre os apoios de formigón nº 117-37-3 (matrícula BES0D9RS) e nº 117-37-4 (matrícula BEVL3UAV) existentes.

• Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) nos novos vans que se formarán entre os apoios nº 117-37-3 e nº 117-37-4 existentes e o apoio proxectado.

• Instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e de elementos de seccionamento tipo XS no apoio metálico tipo A-AL-C-1000/12-H35-CA (cs)III proxectado.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 22 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm2 Al), con orixe no paso aéreo-soterrado anterior e remate en cela de liña do CT proxectado.

• Instalación dunha liña soterrada de baixa tensión (RBTS), de 33 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al) con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede de baixa tensión existente que se vai realizar en paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-250/9 existente.

Observacións: na descrición técnica que aparece no acordo de información pública do 22 de febreiro de 2023 (DOG do 16 de marzo), indicouse por erro que a tensión das instalacións é 15 kV.

4. Nas comprobacións realizadas non se detectou ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso e ocupación en pleno dominio.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 22 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2022/171-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: proxecto para LMT, CT e RBT Labrada (Mañón).

Concello: Mañón.

Nº de parcela

Lugar

Datos catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Poula

Polígono 33

Parcela 453

Rústico

Agrario

Jaime Vázquez Calvo

María Vázquez Calvo

Centro transformación+ apoio

(PAS)

22.41

3.0

8.67

Abreviacións:

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.