DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de dotación para equipamento sanitario-asistencial (residencia terceira idade) na zona da Estación.

Logo da correspondente tramitación administrativa, de acordo coas disposicións legais aplicables, o Pleno do Concello de Arbo, en sesión extraordinaria do 21 de xullo de 2023, adoptou, por unanimidade, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotación para equipamento sanitario asistencial (residencia da terceira idade) na zona da Estación do concello de Arbo, promovido polo Concello de Arbo, e segundo versión asinada dixitalmente polo arquitecto municipal Teodoro de Francisco Antes o 13.6.2023, coas incorporacións resultantes dos informes sectoriais emitidos e en cumprimento do condicionado do punto II.2 do informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva do referido plan especial no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción do acordo de aprobación definitiva.

Igualmente, xunto coa publicación deste acordo, publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico na que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e xuntar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, e coas indicacións recollidas no punto II.3 do informe emitido o 25.5.2023: “3. Terase en conta o disposto no artigo 23 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (NNTTPP) e no resto da lexislación de protección de datos, de cara ao correcto tratamento de datos persoais contidos no documento do plan especial, e o documento para a súa inscrición remitirase debidamente ordenado, especialmente na parte gráfica (planos)”.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles tivese notificado a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro».

De acordo co disposto no artigo 82.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, indícase que as medidas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do citado plan especial se inclúen no propio documento técnico aprobado definitivamente, que se pode consultar no seguinte enderezo electrónico da páxina web do Concello de Arbo: www.concellodearbo.es e tamén no Portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Arbo: https://concellodearbo.sedelectronica.gal

De conformidade co disposto no artigo 82.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

En todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas á inscrición do planeamento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente en dereito.

Arbo, 24 de xullo de 2023

Horacio Gil Expósito
Alcalde