DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de modificación da convocatoria e das bases específicas do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de longa duración para cubrir unha praza de profesor/a de percusión (I-a).

No Boletín Oficial da provincia núm. 138, do 20 de xullo de 2023, publicouse a modificación da convocatoria e das bases específicas do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de longa duración para cubrir unha praza de profesor de percusión, persoal laboral fixo pertencente ao grupo I-a, mediante o procedemento de concurso de méritos, en quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), onde figurará a oportuna referencia ao lugar onde están publicadas as bases específicas e a súa modificación.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es), cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O anterior faise público para xeral coñecemento.

Culleredo, 7 de agosto de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución núm. 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior